Aspecto da cor da auga corrente durante o día de hoxe nun fogar ordense. |
Segundo declaracións do edil de Medio Ambiente, Xesús Pedreira, pese a este color, a auga é "totalmente potable"
A empresa concesionaria do servizo de abastecemento de auga de Ordes, Espina y Delfín, quixo pedir disculpas a todos os usuarios do servizo pola calidade da auga que están a recibir durante o día de hoxe.
Responsables da empresa explicaron que o problema vén dado por dúas circunstancias que se deron onte no municipio, como foi a tormenta caída durante a tarde que provocou un maior desprendimento de terra sobre o río no que se capta a auga, que supuxo que a ETAP non puidese depurar ao 100%; e por outra banda, a masiva afluencia de xente a Ordes con motivo da celebración da IV Gala contra o Cancro que supuxo que o consumo de auga fose moi superior ao habitual.
Disculpas de Espina y Delfín
Estas cuestións foron as que provocaron que a auga aparecese con certa cor marrón e polo que dende a empresa queren pedir disculpas a todos os veciños e veciñas de Ordes.
Ademais engadiron que dende onte pola noite se está traballando nesta cuestión, agardando que nas próximas horas poida estar o problema solucionado e esperando que non se volva a repetir.