lunes, 28 de febrero de 2011

Aplazada a recollida de sinaturas do BNG contra a Lei de Augas


Terá lugar o xoves 3 de marzo ás 21:00 h. no restaurante El Túnel

O BNG de Ordes lanzou hoxe un comunicado polo que informa do aplazamento para a recollida que sinaturas contra a Lei de Augas que ía ter lugar mañán martes na nosa vila. Finalmente o acto realizarase o xoves 3 de marzo no restaurante El Túnel a partires das 21:00 h.

Poder ver a continuación, un vídeo explicativo da Lei de Augas a cargo de Gonzalo Castro na súa calidade de asesor xurídico do BNG:




*

O Concello pídenos que reciclemos as bombillas e fluorescentes

Contedores de reciclaxe de lámpadas de Ambilamp.
Podes levar as túas lámpadas ao Punto Limpo de Ordes, a ferreterías, tendas de iluminación, supermercados e grandes superficies 

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ordes a través do seu programa Ordes Recicla, colabora coa Asociación para a Reciclaxe de Lámpadas (Ambilamp) lanzando unha campaña de concienciación para enseñar aos veciños e veciñas da vila a reciclar os fluorescentes e as bombillas de baixo consumo e que coñezan onde se atopan os puntos de recollida destes residuos.


Os puntos de recollida de Ambilamp ubícanse nos establecementos que venden lámpadas: ferreterías, tendas de iluminación, grandes superficies ou supermercados para que os cidadáns poidan desfacerse fácilmente dos seus residuos de lámpadas cando se dirixan a estas tendas a adquirir unha nova.

Dende o Concello informan ademais que o Punto Limpo do municipio ten a disposición de todos os ordenses un colector específico para estos residuos nos que se poden depositar de forma gratuíta. Contactando co Departamento de Medio Ambiente do Concello, chamando ó número de teléfono 981 68 00 02, todos aqueles que estean interesados recibirán toda a información necesaria sobre este sistema de recollida selectiva.

A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente de Ordes
“Con esta iniciativa, o Departamento de Medio Ambiente do noso concello, pretende ser un punto de información complementaria á extensión da rede de recollida en pequenos e grandes comercios desta asociación, informándolles de cómo acceder a estos puntos de recollida e por qué é tan importante esa labor de reciclaxe
 
*

Noite de tasca en Trazo este venres

sábado, 26 de febrero de 2011

Martínez Sanjurjo comprométese a implantar un comedor social en Ordes

A presidenta de Cáritas Ordes entre José Luis Martínez Sanjurjo, Pilar Farjas e Diego Calvo.
O 'cocido solidario' recada mil euros doados integramente para Cáritas Ordes

O candidato do Partido Popular á alcaldía de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, comprometeuse hoxe a implantar un comedor social na nosa localidade promovido polo Concello. Sanjurjo efectuou o anuncio esta tarde, no trancurso dun cocido solidario organizado por Cáritas e polo Partido Popular local, e que contou coa asistencia da conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, e do delegado da Xunta de Galicia na provincia de A Coruña e secretario provincial do PP, Diego Calvo.
Martínez Sanjurjo amosouse convencido de que “en Ordes temos capacidade, imaxinación e recursos para facer moito máis para axudar aos que peor o están pasando”.

Ao remate do acto, Martínez Sanjujo entregou á presidenta de Cáritas de Ordes o importe recadado nesta actividade solidaria, 1.000 euros, que a responsable da ONG agradeceu en nome propio e no de toda a a organización.

A frase de José Luis Martínez Sanjurjo, candidato do PP á alcaldía de Ordes
“Máis que nun acto político, estamos nunha celebración solidaria de apoio a Cáritas, unha organización da que destacou o esforzo que está a desenvolver neste momento de crise para axudar aos máis desfavorecidos"
 
"Axudando a Cáritas axudámonos a todos


*

O mellor do debate da Lei de Augas

Extraemos para todos vos os mellores momentos do debate de onte en Radio Ordes

Podes coñecer o contido íntegro da charla a través deste enlace



O enxeñeiro Francisco Menéndez, de Augas de Galicia.
 Francisco Menéndez, presidente de Augas de Galicia
“Gustaríame saber de onde saiu a subida do 300 por cento da que fala o portavoz do BNG, e do 140 por cento que di o representante do PSOE porque eu non o sei e nós fixemos a lei. Non sei de onde saíron eses cálculos”

"Non se pararon obras en Ordes"
“En Ordes non houbo ningunha obra en tramitación en Augas de Galicia que se paralizara con motivo do cambio de Goberno na Xunta de Galicia”

“O ano pasado, a empresa que máis pagou polo canon de saneamento foron 800.000 euros, non sei de onde saíron os cinco millóns de máis dos que se fala aquí”

“Coa nova lei agora existe un gravame aos usos hidroeléctricos que antes non existía e que agora non interesa dicilo [por parte dos outros participantes]”

"Dentro dun ano veremos se se cobra ou non"
“Eu estou abraiado cos cálculos que estades dando, de verdade. Co tema dos usos agrarios e gandeiros, si estades tan convencidos de que vaise aplicar imos facer unha aposta aquí con el [Quinteiro] de testigo, dentro dun ano vémonos aquí mesmo e vemos se se cobra ou non”

“Esta lei aprobouse en moitos outros sitios, con este canon como é Cataluña por exemplo, é non houbo ningún problema”

"Tivemos tres reunións coa FEGAMP"
“O único problema que prantexou a FEGAMP nas tres reunións que tivemos con eles foi respecto a que non estaban de acordo en que foran os concellos os recadadores

“É absurdo dicir que se está privatizando a auga, en todo caso sería o contrario porque as traídas veciñais se chaman redes privadas de augas. O que se vai facer é pública a auga que é de todos”

“Creo que fixemos algo mal en canto á comunicación da Lei, nós pensamos que este é un bo instrumento, que non terá un impacto negativo, quen non hai nada electoralista, máis ben ao contrario, e que o tempo da e quita a razón”



O concelleiro de Medio Rural, Xesús Pedreira.
  Xesús Pedreira, conselleiro de Medio Ambiente e Medio Rural de Ordes
“Dende o Goberno de Ordes xa votamos en Pleno a retirada desta lei

“A Lei de Augas tamén foi rexeitada pola Deputación de Ourense e mesmo polo goberno do Concello de Frades, ambos gobernados polo Partido Popular”

"As obras hidráulicas irán para os concellos amigos"
“Este canon, xa o dixo o presidente de Augas de Galicia agora, o que quere é cobrar para facer obras hidráulicas que pola experiencia que temos xa sabemos onde van ir; van ir aos concellos amigos

“A Xunta vai a facer agora que os concellos fagan de recadadores. Non contan primeiro con nós e logo queren que lles recademos. O que deben facer vostedes é crear as ferramentas axeitadas para que os cidadáns sexan conscientes de que non van ser os concellos quen cobra este canon”

"Coas enmendas do PSdG-PSOE facíamos unha nova lei de augas" 
“Nós [o PSdG-PSOE] presentamos 171 emendas á lei, aceptáronse dúas e nós, coas nosas emendas, practicamente facíamos unha nova lei de augas

“A mi o que máis me doe e que Xóvenes Agricultores crea en esto e que sexa cómplice do que vostedes están facendo”


Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes.
 Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes
“A principal novidade que plantexa esta lei é a creación de dous novos impostos: o canon da auga e o coeficiente de vertido que vai supoñer un impacto brutal nas economías domésticas”

“O alcalde do PP de Frades tense manifestado en contra da lei de augas unha vez que o BNG de Frades ten empezado a explicarlle aos veciños en que consiste esta lei e as consecuencias moi negativas que tería para eles”

"Non hai vontade de suprimir o canon da auga"
“O retraso manifesto na tramitación desta lei no Parlamento galego por parte do PP e que acaba de recoñecer o presidente de Augas de Galicia é unha proba de que existe un cálculo electoral porque non se ten vontade de suprimir o canon da auga”

“O regulamento da Lei de Augas do País Vasco contempla unha exención total nos usos domésticos. Isto é o que non pretende facer o Partido Popular no caso galego e por iso están retrasando a aprobación do regulamento ata despois das eleccións municipais

"Hai encuberto un beneficio fiscal ás empresas que máis consumen e máis teñen" 
“ENCE, en Pontevedra pagou o ano pasado, co antigo canon de saneamento, cinco millóns de euros. Como se prevé agora recadar sete millóns de euros co total das industrias do país si xa unha soa pagou cinco? O que hai encuberto é un beneficio fiscal ás industrias que máis consumen e as que máis teñen”

“Por que non eliminan o canon, se coma di o conselleiro de Medio Ambiente, non compensa cobrar aos pozos e traídas particulares? É evidente… porque se quere cobrar

*

viernes, 25 de febrero de 2011

O BNG recollerá sinaturas contra a Lei de Augas

Terá lugar este martes 1 de marzo no restaurante El Túnel, a partires das 21:00 h.

O candidato do BNG á alcaldía de Ordes, Gonzalo Castro, anunciou hoxe que os nacionalistas levarán a campaña que están a desenvolver contra a Lei de Augas ás zonas urbanas da vila de Ordes, con este obxectivo, celebrarán un acto informativo e de recollida de sinaturas o vindeiro martes, 1 de marzo, ás 21:00, no Restaurante El Túnel.

Castro informou de que “unha vez finalizada a campaña nas zonas rurais do concello, trasladaremos a mesma á vila de Ordes, xa que tamén os veciños e veciñas dos núcleos urbáns van a verse afectados por esta lei que vai a suponer unha considerábel suba de impostos sobre a auga, xa que, por exemplo, unha persoa que viva soa verá como a carga tributaria do seu recibo se incrementa en máis dun 363%; e unha familia de tres membros, terá que soportar un incremento do 171%”.

Máis de 800 persoas e 2.000 sinaturas
O candidato do BNG salientou de que “nos 18 actos informativos realizados nas parroquias rurais do concello, temos constatado que os veciños e veciñas de Ordes rexeitan de forma clara e contundente esta lei de augas, como o demostra a asistencia de máis de 800 persoas aos actos e a recollida de máis de 2.000 sinaturas”.

*

Finalizado un novo ciclo dos cursos de conducción eficiente


Debido á demanda destes cursos, está previsto que o próximo xoves 3 de marzo se celebre unha nova convocatoria

O Concello de Ordes finalizou este mediodía unha nova convocatoria dos cursos de conducción eficiente levados a cabo no municipio, promovidos pola Concellería de Medio Ambiente en colaboración coa FAEPAC.

Nesta ocasión foron un total de 16 persoas as que participaron nos diferentes cursos que se celebraron onte e hoxe no Centro Comarcal, e que pudieron coñecer as diferentes técnicas que lles permitirán aforrar nos consumos do seu coche.

Inscricións no teléfono 981 680002
Por demanda de varios veciños e veciñas do municipio interesados en participar, está previsto que se realicen dous cursos máis o próximo xoves día 3 de marzo. Así, todos aqueles que estean interesados en participar poden inscribirse nas últimas prazas chamando ao Concello no teléfono 981 680002. Os cursos son totalmente gratuítos.

*

O III Cross Ambiental Concello de Ordes chega o 6 de marzo

O prazo de inscrición para participar nas diferentes probas estará aberto ata o 3 de marzo na web http://championchipnorte.com

O vindeiro día 6 de marzo, Ordes acollerá a celebración dunha das súas citas deportivas ineludibles nos últimos anos, o III Cross Ambiental Concello de OrdesMemorial Estebo Jose”, que incluirá tamén unha proba de canicross puntuable para a Liga Galega. Unha cita deportiva, organizada polo Clube Atletismo Ordes e que conta coa colaboración do Concello de Ordes.

A primeira das probas que se disputará será a de canicross a partir das 10:15 horas, unha proba dunha distancia de 8.500 metros e que será puntuable para a Liga Galega.

Tras esta proba seguirán as do resto das categorías, que irán dende os 0 anos a máis de 65, e que suporán o percorrido de diferentes distancias dependendo da categoría. Todas as saídas realizaranse dende o campo da feira de Ordes.

Inscricións ata o 3 de marzo
Todas aquelas persoas que estean interesadas en participar deberán realizar a súa inscrición ata o 3 de marzo ás 20:00 horas a través de http://championchipnorte.com. O día da proba non se admitirán inscricións.

En canto aos trofeos, haberá para os tres primeiros de cada categoría, para os tres primeiros corredores do municipio na carreira absoluta, e premios en metálico para os tres primeiros da carreira absoluta e os tres primeiros da proba de canicross. Ademais haberá medallas para as categorías dos máis pequenos e regalo dunha entrada para o Museo do Traxe Juan José Liñares de Ordes a todos os participantes.

*

jueves, 24 de febrero de 2011

Pilar Farjas confirma a súa asistencia ao Cocido Solidario deste sábado

A conselleira Pilar Farjas.
Terá lugar no recinto feiral do Mesón do Vento e un custe de 15 euros

A conselleira de Sanidade da Xunta de Galicia, Pilar Farjas, ven de confirmar a súa presenza este sábado no cocido solidario organizado por Cáritas e polo Partido Popular de Ordes, e que se celebrará no recinto feiral do Mesón do Vento a partires das 14:00 horas.

As entradas para asistir a esta actividade solidaria –cun custe total de 15 euros dos cales, cinco serán doados integramente a esta onegué-, poden adquirirse en diferentes establecementos da localidade (Bar Salón, Cafetería Nogallás, Restaurante Avelino, Floristería As Camelias) e nas sedes de Cáritas e do Partido Popular de Ordes.

*

Clausurado o curso de mantemento industrial no que participaron vinte desempregados


Tratáronse contidos relacionados coa electricidade, electrónica, neumática, hidráulica e fontanería

O Concello de Ordes deu onte por clausurado o curso de mantemento industrial dirixido a desempregados que puxo en marcha a principios deste mes en colaboración coa Federación de Industria de Comisións Obreiras.


En total foron 20 persoas desempregadas de Ordes as que participaron nesta iniciativa, que se desenvolveu no Mercado Agrario Comarcal de Mesón do Vento dende o 31 de xaneiro ata onte en horario de luns a venres de 16:00 a 20:00 horas. No curso tratáronse contidos relacionados coa electricidade, electrónica, neumática, hidráulica e fontanería.

No acto de clausura, o encargado de facer entrega dos diplomas a todos os participantes nesta actividade formativa foi José Mª González Cibes, secretario xeral de industria de Comisións Obreiras de Santiago de Compostela.

*

miércoles, 23 de febrero de 2011

Nova sesión de 'Tardes de Contos e Lendas' na biblioteca municipal

Terá lugar nos baixos da Alameda o próximo venres 25 a partires das 18:30 h.

A Biblioteca Municipal do Concello de Ordes acollerá unha nova sesión das "Tades de Contos e Lendas”. Unha iniciativa que terá lugar o vindeiro venres 25 de febreiro a partir das 18:30 horas nas instalacións da biblioteca municipal, ubicada nos baixos da Alameda ordense.

Un contacontos será o encargado de entreter aos nenos e nenas do municipio que participen nesta iniciativa, na que disfrutarán do conto “Entroido no zoolóxico”.

Con esta nova sesión, continúase co programa “Tardes de Contos e Lendas” dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 8 anos, e que unha vez ao mes, achega aos máis pequenos do municipio ao mundo dos contos nas instalacións da biblioteca municipal, contribuíndo así ao fomento da lectura entre os máis pequenos.

Máis de 1.300 socios activos
A Biblioteca Municipal do Concello de Ordes, segue a ser un referente en toda a comarca, contando na actualidade con máis de 1.300 socios activos e aumentando o número de usuarios e o abano de idades dos mesmos, e sendo ademais pioneira en canto a horario, instalacións e fondos bibliográficos. O horario de apertura da biblioteca é de luns a venres de 8:30 a 14:30 e de 15:30 a 20 horas, e os sábados de 10 a 14 horas.

*

Un cento de rapaces, 'diplomados' en educación afectivo sexual

O concelleiro de Sanidade Xesús Pedreira, dirixíndose a un grupo de estudantes do IES Maruxa Mallo.
O Concello deu por finalizados os talleres de saúde nos que participaron alumnos do IES Maruxa Mallo

O Concello de Ordes, deu onte por finalizados os talleres de saúde dirixidos á mocidade do municipio, que realizou en colaboración co Consello da Xuventude de Galicia.

Uns talleres, nos que participaron máis de 100 alumnos do IES Maruxa Mallo e que se celebraron durante todo o mes de febreiro nas instalacións deste centro educativo.

Adoptar medidas promotoras de saúde
Nesta ocasión tratouse de talleres de educación afectivo sexual cos que se intentou sensibilizar ós mozos e mozas na necesidade de adoptar conductas promotoras de saúde a nivel individual e colectivo, facilitar o análise crítico dos aspectos sociais e culturais relacionados coa saúde e os comportamentos saudables, aportar información e orientación sobre recursos en saúde e servizos de atención dirixidos á mocidade, e previr e reducir riscos aportando información sobre as medidas de prevención axeitadas.

O edil de Sanidade, Xesús Pedreira, foi o encargado de clausurar esta iniciativa no último dos talleres celebrado onte no centro educativo ordense, onde explicou aos mozos e mozas participantes a importancia de adoptar conductas saudables e responsables.

*

O pleno avala a posta en marcha do mercado de abastos

Momento do pleno municipal de febreiro celebrado onte no salón de plenos da Casa do Concello de Ordes.
Onte foi aprobado o seu novo regulamento municipal que permitirá ofertar distintos postos a través de concesión administrativa

Habilitarase nos baixos da Alameda un local de ocio xuvenil

Astray convocará o Consello de Administración de Radio Ordes antes de que remate a lexislatura  

O pleno da corporación municipal aprobou na sesión ordinaria celebrada onte, o novo regulamento municipal da Praza de Abastos. Un regulamento co que, como xa explicara o grupo de goberno, se pretende actualizar o existente que ten máis de 30 anos, e regular o réxime de explotación do mercado.

Así, entre outras cuestións, a través desta nova normativa o Concello establecerá como zona para os postos de venda a planta baixa da praza, ofertando os diferentes postos a través dunha concesión administrativa. Ademais dos postos de venda permanentes, poderanse ofertar produtos da horta de xeito puntual, abrindo así ó mercado os produtos típicos de cultivo na comarca.

Praza de abastos: enmendas rexeitadas
No pleno rexeitáronse tres enmendas ao regulamento propostas polo BNG pero redactadas polos comerciantes que foron acollidas polos grupo municipal nacionalista, en palabras de Castro porque, "ademáis de ser lóxicas e necesarias, defendemos que se debe escoitar aos veciños e veciñas de Ordes e non gobernar de forma despótica como está a facer o alcalde”. Estas enmendas propoñían destinar toda a praza a locais comerciais e non só a planta baixa como é a proposta o goberno municipal, ampliar o prazo da concesión dos postos até 15 anos renovables por períodos de cinco, e eliminar a posibilidade que prevé o Regulamento de decretar o peche dun local de forma unilateral por parte do goberno, e sen alternativa para o comerciante, no caso da realización de obras na praza.

Á primeira das cuestións o edil de Comercio e Industria, José Manuel Tobío insistiu en que non existe unha demanda suficiente para a ocupación da primeira planta, explicando ademais que nos 30 anos da praza nunca foi ocupado este espazo. Ademais volveu a lembrar que durante o ano pasado se mantiveron contactos con cadeas comerciais para a súa posible implantación nesta zona, proposta rexeitada dado á necesidade dun espazo maior por parte de ditas superficies comerciais. Aínda así, indicou que se nalgún momento houbese unha maior demanda bastará cunha simple modificación puntual do regulamento para facer uso comercial desta primeira planta.

A segunda das enmendas presentadas polos nacionalistas solicitaba aumentar o prazo de concesión que establece o regulamento. Aquí, o concelleiro ordense explicou que baseándose nun estudio do interventor, os dez anos establecidos no regulamento son suficientes.

En canto á terceira das enmendas do BNG, na que pedían suprimir un apartado do regulamento no que se especificaba que en caso de obras poderíase pechar a praza ou os postos, Tobío explicou que “evidentemente en caso de que houbese obras proporíanse alternativas e solucións aos afectados, iso cae de caixón”.

"Houbo un periodo de exposición pública"
Por outra banda, o edil de Comercio e Industria tamén quixo desmentir as acusacións dos nacionalistas respecto a que “o alcalde presente unha modificación do regulamento da praza de abastos sen falar antes coa asociación de comerciantes, que se teñen enterado da existencia deste regulamento polos xornais”. Tal e como explicou Tobío, houbo un período de exposición pública do regulamento, un período de alegacións, unha comisión informativa e falouse coa Asociación de Comerciantes de Ordes.

Finalmente o novo regulamento da Praza de Abastos foi aprobado cos votos a favor do grupo de goberno, os edís do Partido Popular e os do grupo dos non adscritos.

Local para a mocidade
Por outra banda o pleno ordense abordou tamén dúas mocións presentadas polo BNG, das que non se aprobou a urxencia. Unha delas na que se solicitaba a dotación dun local para a xuventude no centro do municipio. O portavoz nacionalista Gonzalo Castro lembrou que “esta moción é consecuencia do compromiso adquirido nunha conversa mantida polo BNG coas promotoras da recollida de máis de 1.000 sinaturas que piden un local social xuvenil para os adolescentes de Ordes” saíndo na defensa dunha inicitativa que “resulta máis que necesario fomentar actividades de ocio  entre os rapaces entre 12 e 17 anos, que son uns dos grandes esquecidos na actualidade, o que constitue un grave problema para a formación integral das persoas, nun tramo de idade que é especialmente sensíbel”.

A concelleira de Educación, Mocidade e Discapacidade, Silvia Marín, explicou que non se aprobaría a urxencia desta moción, xa que o tema xa estaba tratado e solucionado. Así, indicou que tras manter conversas cos pais e nais que presentaron un escrito no Concello para solicitar este local para a mocidade, acordouse habilitar para este fin un dos locais dos baixos da Alameda que próximamente serán inaugurados.

Ademais Marín quixo destacar o gran número de alternativas dirixidas á xuventude coas que conta o municipio, como a biblioteca municipal con diferentes postos informáticos ademais do fondo bibliográfico, as instalacións deportivas, a escola de música municipal, ou o amplo abano de actividades que organiza o Concello, ademais da existencia de asociacións xuvenís que contan co seu espazo no municipio.

Ao rematar o pleno, as declaracións da concelleira respecto do encontro co grupo de pais e nais, fixo que unha portavoz do mesmo fixera pública unha declaración polo que negaban ese encontro, tanto con ela coma con calquera outro membro do goberno municipal. Asimesmo, tamén exixen a aclaración da expresión vertida durante a sesión plenaria de "estar utilizando os fillos con fins políticos" por parte deste grupo de veciños.

Radio Ordes, no punto de mira dos nacionalistas
A segunda das mocións presentada polos nacionalistas fixo referencia á radio municipal. Durante o debate, o concelleiro nacionalista Ramiro Recouso manifestou que “nos últimos anos tense evidenciado a utilización de Radio Ordes por parte do goberno de forma manifestamente partidaria e vulnerando as normas máis elementais do respecto ao pluralismo político e social existente no noso concello”.

Recouso sinalou como exemplos disto “o feito de que haxa dous anos que non se celebra un debate con participación dalgún dos membros dos grupos políticos municipais da oposición, ou a ausencia na páxina web de radio ordes de noticias relacionadas coa actividade política dos grupos políticos municipais que forman parte da oposición, limitándose a incluir as noticias relacionadas coa acción do goberno municipal”.

Neste punto foi o concelleiro de Comunicación, Manuel Astray, o encargado de defender o funcionamento da radio, negando as acusacións de falta de pluralismo verquidas polos nacionalistas. Astray asegurou que Radio Ordes é unha radio na que poden participar todos os colectivos ou partidos políticos e comprometeuse a convocar o Consello de Administración antes de que remate a lexislatura.

O edil incidiu en que unha mostra desta transparencia no tratamento dos contidos da radio municipal, é a emisión en directo de todos os plenos, e lembrou tamén que tal e como solicitara o BNG no pleno anterior, o próximo xoves celebrarase un debate sobre a Lei de Augas na emisora municipal. Astray calificou as acusacións dos nacionalistas como infundadas. Finalmente a proposta foi rexeitada cos votos en contra do goberno e dun concelleiro non adscrito do PP.

*

martes, 22 de febrero de 2011

O debate da lei de augas en Radio Ordes terá lugar o xoves 24 de febreiro

Intervirán Xesús Pedreira (Goberno do Concello de Ordes), Francisco Menéndez (Augas de Galicia), Gonzalo Castro (BNG de Ordes) e un representante de Xóvenes Agricultores 

O espazo 'Toca debate' de Radio Ordes acollerá finalmente o xoves 24 de febreiro a partires das 17:00 h. o debate sobre a lei de augas. Ao mesmo comparecerán Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente e Medio Rural de Ordes, Francisco Menéndez, presidente de Augas de Galicia e Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes.

Tamén participará, aínda por confirmar o seu nome, un representante do sindicato Xóvenes Agricultores.


*

lunes, 21 de febrero de 2011

O PP de Ordes propón unha felicitación unánime á 'Eurovisiva' Lucía Pérez


A intérprete de O Incio (Lugo) recordan os populares que comezou a súa carreira no Festival da Canción de Ordes

Lamentan que o Goberno local eliminase o Festival , que serviou de trampolín a numerosos artistas

O grupo municipal do Partido Popular proporá, no Pleno de mañá, un acordo unánime para que a corporación local remita unha felicitación institucional á artista Lucía Pérez, recentemente seleccionada para representar a España no Festival de Eurovisión. Como a propia intérprete recoñece sempre que ten ocasión, a carreira da primera galega que participará en Eurovisión iniciouse no Festival da Canción de Ordes.

Co gallo deste éxito da intérprete galega, os populares ordenses tamén quieron recordaron que a chegada do cuadripartito que goberna en Ordes "marcou o declive e, finalmente, a desaparición do Festival da Canción, que non só serviu de trampolín para numerosos intérpretes galegos, senón que tamén actuaba como elemento de promoción exterior do municipio, especialmente a través da TVG, que retransmitía o evento". O actual Goberno, insisten, "rematou con esas retransmisións e introduciu unha serie de cambios que acabaron facendo desaparecer definitivamente o certame dous anos atrás".


Obras paralizadas
Tamén mañá o grupo municipal popular preguntará ao equipo de Goberno, entre outros asuntos, polas razóns que explican a paralización das obras da rolda Leste. O Partido Popular atribúe a paralización das obras ás débedas que o Concello mantén coa empresa construtora. Segundo as mesmas fontes que cita o PP, os traballos non se reanudarán mentres o Concello non salde parte das débedas pendentes.

A xuízo dos populares, "a situación de bancarrota na que está inmerso o Concello de Ordes tamén explica, por exemplo, que non se arranxe un aparello expendedor de tickets da ORA, ou un semáforo na zona escola do Paraiso,avariados desde hai varias semanas, pero que non se reparan por falta de fondos nas arcas municipais".

*

Orde do día do pleno de mañá martes, 22 de febreiro de 2011

ORDE DO DÍA

Día: 22/02/2011
Hora: 09:30 h.
Lugar: Salón de Plenos Casa do Concello de Ordes
Entrada: Libre e gratuíta


- PUNTO PRIMEIRO: APROBACIÓN, SE PROCEDE, ACTA DA SESIÓN ANTERIOR, DE DATA 25/01/11

- PUNTO SEGUNDO: INFORMES DA ALCALDÍA.


- PUNTO TERCEIRO: APROBACIÓN INICIAL, SE PROCEDE, REGULAMENTO MUNICIPAL DA PRAZA DE ABASTOS.

- PUNTO CUARTO: DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS E DECRETOS DA ALCALDÍA.

- PUNTO QUINTO: MOCIÓNS.

- PUNTO SEXTO: ROGOS E PREGUNTAS.
 
*

sábado, 19 de febrero de 2011

"Quero darlle a Ordes a visión dun concello para vivir e traballar"

Gonzalo Castro, candidato á alcaldía de Ordes.
Respostas ao encontro dixital con Gonzalo Castro, candidato do BNG á alcaldía de Ordes

"Estou en política por valores, por ideas e por principios"

"O asunto de Carrumeiro constitúe un bó exemplo do meu compromiso polos veciños e veciñas de Ordes"

Pregunta ANONIMO 1: É a nova Lei de Augas de Galicia unha medida con afán recadatorio?
É o único afán que ten. A única consecuencia práctica da lei para a xente, é que a Xunta do PP vai cobrar máis pola auga a máis persoas.

Pregunta XABIER I. LOUZAO: Que é o que leva a unha persoa xoven e moi preparada como vostede a meterse en política? Recoméndallle a xente nova que tome máis interese pola política?
É sabido que levo participando en política desde moi novo, xa na organización xuvenil do BNG e nas organizacións estudantís nacionalistas. Móveme o mesmo que me movía daquela, o compromiso co meu país e o compromiso social. Recoméndolle a toda a sociedade, tamén á xente nova, máis interese pola política. Sobre todo hoxe, cando estamos vendo que, ou manda a sociedade ou mandan os banqueiros. No BNG cremos na democracia, na política ao servizo da maioría social, e, sinceiramente, creo que na política de Ordes fai moita falta vocación e principios.

Pregunta PITONISO MAN. ¿Se vostede é alcalde visitará as parroquias e terá reunións cos veciños durante o mandato ou só se acordará delas durante a campaña?
Xa o fixen sin ser alcalde. Gústame dar a cara e estar coa xente nas duras e nas maduras. Estivemos nas parroquias por cuestión de suma importancia para a xente, polas concentracións parcelarias, pola Lei de Augas, e por moitos problemas concretos. Non poderei estar en doce sitios a un tempo, pero non vai ser difícil falar comigo. Todo o mundo sabe xa que un dos meus compromisos será escoitar a todos os vecinos e veciñas.

"O exercicio dun cargo público debe vir acompañado dun escrupuloso respecto ás normas máis esenciais da ética"
Pregunta ANÓNIMO 2. ¿Teme que a polémica do Carrumeiro na que se involucrou o seu nome vaia pasarlle factura agora nas eleccións municipais?
Mais ben todo o contrario, ese asunto constitue un bo exemplo do meu compromiso cos veciños e veciñas de Ordes, un compromiso de transparencia e de adicación plena a Ordes, como supón o feito de ter deixado as miñas lexítimas e legais actividades profesionais antes de acceder ao cargo público de concelleiro do BNG en Ordes, a pesar de que non tiña ningunha obriga legal de facelo, mais, ainda así, decidín deixar a miña actividade profesional antes de ser concelleiro polo meu compromiso co pobo de Ordes e cos seus veciños e veciñas, e porque considero que o exercicio dun cargo público debe vir acompañado dun escrupuloso respecto ás normas máis esenciais da ética.

Este compromiso constitue tamén unha das principais características do proxecto do BNG, e estou convencido de que os vecinos e veciñas de Ordes xa coñecen con claridade quen é a alternativa do BNG, con transparencia e sen anonimatos, e escollerán o seu futuro en liberdade, sen deixarse manipular.

Pregunta MARIA SUÁREZ. Ante a barbaridade que supón a obra de ampliación do Concello, se vostede goberna, ¿vai replantexar o uso de todo o complexo municipal ou tamen o destinará todo a oficinas admistrativas? En canto ao persoal municipal, ¿qué política de persoal municipal vai seguir?, ¿reducción de empregados públicos, consolidación do emprego temporal, redistribución...ect? ¿qué pensa de toda a política de gasto en festas, certames, feiras e demais que leva a cabo este goberno?. ¿suprimiría algunha?
É o compromiso do BNG impulsar unha transformación do noso concello. Trátase de prioridades e coincido en que a ampliación do Concello non era unha prioridade, por esta razón redefiniremos tamén este proxecto, no tocante aos empregados públicos: o respecto á negociación colectiva e a estabilidade das condicións laborais serán obxectivos básicos.

Asi mesmo, comprometémonos a abrir un proceso de diálogo cos sectores sociais para definir as prioridades da acción do goberno do BNG, partindo de tres premisas: impulsar o desenvolvemento económico de Ordes como cabeceira de comarca; mellorar os servizos sociais básicos para atender as necesidades das persoas; e facer do Concello a casa de todos os veciños e veciñas por igual, para facilitar dereitos a todos, non para vender favores a uns poucos. Ordes precisa ter norte, precisa ter rumbo. Todo o demáis debemos organizalo en función de avanzar nese rumbo. A reforma que precisa o Concello de Ordes é ter un alcalde e un Goberno que atenda realmente as necesidades dos seus veciños.

"O BNG nunca participou en ningún dos pactos e cambalaches políticos de Ordes"
Pregunta DESASTRINHO. Non parece claro que o BNG poida acadar a alcadía en Ordes por si mesmo, e por outra parte, todo apunta a que o PSOE vaia ter unha importante caída de votos como castigo a ZP. Logo, estaría disposto a pactar entrar nun goberno municipal con partidos da dereita?
Estamos preparados e dispostos para gobernar en Ordes, para asumir as maiores responsabilidades que os veciños nos queiran dar. O BNG leva anos facendo traballo e propostas, e mesmo conseguindo melloras para Ordes. Agora ímonos esforzar en explicar o noso proxecto de futuro, no convencemento de que pode ser merecente do maior apoio. Polo demais en Ordes temos visto todo tipo de pactos e de cambalaches, pero nunca vimos ao BNG en ningún. Temos unha traxectoria e unha coherencia aquí e en todo o país que nos dá credibilidade, con esa credibilidade é coa que nos presentamos ás eleccións, e podo asegurarle que, por coherencia, o BNG traballará porque en Ordes haxa o cambio que demanda a xente, un cambio que só ten unha opción segura: o BNG. Iso sábenno todos os veciños e veciñas de Ordes.

Pregunta ANA. ¿Por qué en Ordes sempre hai tantos partidos e tantos concejales que cambian dun partido para outro? Vostede tamén vai facer iso se tivera ocasion para formar parte do goberno?
Sigo no BNG desde rapaz e seguirei mentres sexa alcalde de Ordes. Estou en política por valores, por ideas e por principios. As miñas necesidades persoais cubrinas co apoio dos meus e co meu propio esforzó e traballo. Ser alcalde non é unha necesidade persoal, é unha responsabilidade que estou disposto a asumir por conviccións. O exemplo de Teo, de Arzúa, de Allariz, de Carballo, de Pontevedra e tantos outros reafírmame na convicción de que para Ordes tamén será mellor un alcalde e un goberno do BNG. Eu sigo no mesmo sitio no que empecei, e aí seguirei.

"A miña ilusión é ser alcalde do meu pobo"
Pregunta A.A.: ¿Está usando a política municipal en Ordes como trampolín para maiores metas? Pode confirmar que ser alcalde de Ordes é a gran aspiración da súa carreira política?
Se me permite a broma, coa miña idade, agardo que non me teñan que aguantar de alcalde até a xubilación, sobre todo agora que a amplían aos 67. Asumirei esa responsabilidade o tempo razoábel que dure a confianza dos veciños e das veciñas. A vida pode dar moitas voltas, pero teño que dicir que a miña ilusión é ser alcalde do meu pobo, e ese é o meu obxectivo político.

Pregunta Ordessiete. Pensa que o problema do paro xuvenil en Ordes débese en boa parte á falta dun espazo físico idóneo? Que esperanzas alberga respecto a isto coa construcción dun viveiro de empresas, tan reclamada por vostede nesta lexislatura?
Non hai unha soa causa do paro xuvenil. Tampouco a formación parece ser o único problema, ¿canta xente nova formada está en paro ou ten que emigrar? Creo que os gobernos, tamén os municipais, deben impulsar a actividade económica. Os viveiros de empresas acompañados de asesoramento e orientación contribúen en moitos concellos a que a xente nova se anime a materializar ideas e proxectos para gañarse a vida sen ter que marchar, xa que permiten asegurar os primeiros anos de inicio da actividade empresarial ou profesional, que son os máis difíciles. Hai que dicir tamén que os mercados equidistantes de Santiago e A Coruña fan de Ordes un lugar estratéxico con potencial para moitas actividades económicas, e esa vantaxe debese explotar.

Pregunta Ordessiete. Que é o que vostede como candidato á alcaldía pode ofrecer aos veciños de Ordes e os demais candidatos non?
A visión de Ordes como parte dun país, que contribuirá a erradicar o noso aillamento. A visión de Ordes como un concello para vivir e traballar, con desenvolvemento económico e sensibilidade social e ambiental. A visión do Concello como un ben comunitario e non particular. A visión da política desde a honradez e os principios. E moito, moito traballo e cercanía aos problemas dos vecinos e veciñas.

*

Cáritas e o PP de Ordes organizan un cocido solidario o próximo sábado no Mesón do Vento


viernes, 18 de febrero de 2011

Castro trasladará ao Pleno a proposta de destinar un espazo de ocio xuvenil nos baixos da Alameda

O candidato nacionalista asume o compromiso de impulsar dende o próximo goberno un local social amplo na centro da vila

O candidato do BNG á alcaldía de Ordes, Gonzalo Castro mantivo hoxe unha conversa coas promotoras da recollida de máis de 1.000 sinaturas que piden un local social xuvenil para os adolescentes de Ordes.

Gonzalo Castro, transmitiu ás nais promotoras desta iniciativa o compromiso do BNG “para fomentar actividades de ocio entre os rapaces entre 12 e 17 anos, que son uns dos grandes esquecidos na actualidade, o que constitue un grave problema para a formación integral das persoas, nun tramo de idade que é especialmente sensíbel”.

O nacionalista comprometeuse coas nais “a trasladar ao Pleno da corporación municipal, que se celebrará o vindeiro martes, a proposta de destinar, de xeito inmediato, un espazo da infraestructura construida nos baixos da Alameda a dar cobertura ás necesidades de ocio dos xóvenes entre 12 e 17 anos

O candidato nacionalista comprometeuse, así mesmo, “a impulsar, desde o próximo Goberno Municipal, a dotación dun local social xuvenil amplo e convenientemente equipado, no centro da Vila de Ordes” .

Sociedade ordense viva e activa
Gonzalo Castro, aproveitou esta conversa para felicitar ás promotoras desta iniciativa “que demostra que a sociedade ordense esta viva e activa” e salientou “o compromiso do próximo goberno do BNG de escoitar a todos os veciños e veciñas de Ordes”.

*

O goberno leva ao pleno o novo regulamento da praza de abastos

Trala aprobación do mesmo, o Concello ofertará os postos de venda da planta baixa da praza

Tamén poderase comercializar produtos de horta de xeito puntual

O goberno local do Concello de Ordes proporá no pleno que terá lugar o vindeiro martes, a aprobación dun novo regulamento municipal para a Praza de Abastos. A necesidade de modificar o actual regulamento, que ten máis de 30 anos, xorde de adecualo ás necesidades que requiren as estruturas comerciais de Ordes, normalizando ademais a situación dos praceiros.

Trala aprobación deste novo regulamento o Concello establecerá como zona para os postos de venda a planta baixa da praza, ofertando os diferentes postos a través dunha concesión administrativa.

Que sucederá coa primeira pranta
En canto á primeira planta, o concelleiro de Comercio e Industria, José Manuel Tobío, explicou que non existe unha demanda suficiente para a ocupación de dito espazo, indicando ademais que durante o ano pasado se mantiveron contactos con cadenas comerciais para a súa posible implantación nesta zona, proposta rexeitada dado á necesidade dun espazo maior por parte de ditas superficies comerciais.

Aínda así, dende o goberno local, indicaron que no momento no que haxa unha maior demanda bastará cunha simple modificación puntual do regulamento para facer uso comercial desta primeira planta.

Con este novo regulamento preténdese promover a concorrencia e aumentar a variedade de postos de venda de xeito que se preste un servizo máis amplo que beneficie a toda a poboación, poñendo a disposición dos cidadáns os produtos de consumo na mellor calidade posible e os prezos máis razonables.

Ademais dos postos de venda permanentes, poderanse ofertar produtos da horta de xeito puntual, abrindo así ó mercado os produtos típicos de cultivo na comarca.

*

"Nos dous meses posteriores á miña toma de posesión haberá local social para adolescentes en Ordes"

O candidato á alcadía do PP de Ordes toma en consideración a proposta dos pais e nais firmantes desta solicitude

O candidato do Partido Popular á alcaldía de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, informoou hoxe do seu compromiso coa totalidade da proposta dun grupo de pais e nais de Ordes solicitantes de habilitar un local social para adolescentes nos baixos da Alameda. O candidato popular comprometeuse a executar ese compromiso nos dous meses posteriores á súa toma de posesión como alcalde no caso de acadar a maioría nos comicios do vindeiro 22 de maio. Ainda así, Martínez Sanjurjo tamén informou de que o propio Partido Popular de Ordes xa tiña contemplada unha medida similar a esta para engadir ao seu programa electoral.

Martínez Sanjurjo adiantou tamén que, nunha primeira fase, o Partido Popular contempla habilitar parte dos baixos da Alameda de Ordes para albergar o local social para adolescentes, aínda que agarda poder contar cunhas instalacións máis amplas e acaídas a este uso na primeira metade do vindeiro mandato.

A frase de José Luis Martínez Sanjurjo, candidato do Partido Popular á alcaldía de Ordes
“Non é de recibo que como consecuencia da falta de sensibilidade do actual Goberno local, moitos rapaces de Ordes continúen a carecer de un lugar no que reunirse e practicar actividades alternativas

*

jueves, 17 de febrero de 2011

"Queremos un local para a xuventude"

Esta e a peticiòn que un grupo  de pais e nais veciñas de Ordes,
co nexo de unión de ter fillos adolescentes
Ordessiete recibiu hoxe a carta de dúas lectoras que a continuación reproducimos:

Ordes carece de lugares apropiados para disfrutar desta etapa da vida, no que os nenos/as teñen intensos cambios, tanto físicos como mentales. A inestabilidade emocional nesta etapa da vida fan que sexan máis vulnerables a situacións de risco e " ter que mollarse ou estar nun bar" é a ùnica alternativa posible para estar cos amigos cando chove en Ordes.


Por iso, emprendemos fai duas semanas unha iniciativa de recollida de sinaturas para que o Concello habilite un espazo da infraestrutura construida nos baixos da Alameda, ou no seu defecto outro situado no centro da vila que sexa idòneo para esta finalidade, Ordes precisa un local para a xuventude que esté equipado adecuadamente para o disfrute do tempo libre de neno/as comprendidos entre 12 e 17 anos, con instalciòns como billar, tenis de mesa.. proxecións audiovisuais.. etc.

Hoxe entregaremos no rexistro municipal, xunto coas mil sinaturas de veciños/as de Ordes,unha copia das nosas inquedanzas a tódolos grupos politicos, coa ilusión de adquirir un compromiso real e non electoral por parte de toda a corporaciòn municipal, e tamén, coa decepción que vivimos o ver, que, algunha xente, alguns deles integrados nunha lista electoral, pretenderon facer un boicot e crear un ambiente de crispación nesta iniciativa. Non queremos facer màis demagoxia e poñernos a súa altura, con isto, darànse por aludidos, só recordalle que isto non é contra ninguén senòn para todos. Que recapaciten a sua postura, e que non é tarde para sumarse a peticiòn.

*

O Concello organiza unha nova edición dos cursos de conducción eficiente

Terán lugar os vindeiros 24 e 25 de febreiro no Centro Comarcal

O Concello de Ordes organiza a súa terceira convocatoria de cursos de conducción eficiente, totalmente gratuítos, que terán lugar a vindeira semana, os días 24 e 25 de febreiro no Centro Comarcal de Ordes, de 10.00 a 14.30 horas.

Trátase de unidades didácticas orientadas a conductores habituais, non teñen que ser profesionais. Este curso vai orientado, tanto a colectivos de profesionais, policías, bombeiros, parques móbiles, como a particulares.

Teñen unha parte teórica, na que se dan as técnicas de conducción eficiente, e as súas implicacións, e unha parte práctica na que os alumnos desenvolven ditas técnicas. O obxectivo do curso, é que os alumnos coñezan diferentes técnicas que lles permitirán aforrar nos consumos do coche e reducir as emisións contaminantes do mesmo. Esta iniciaiva parte dun convenio do IDAE, INEGA e FAEPAC.

A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente de Ordes
“Estos cursos son unha resposta á necesidade de aforro enerxético e respecto ao medio ambiente. Segundo as experiencias recollidas, podemos saber que o aforro medio de combustible por alumno está arredor do 15%, ao tempo que contribuímos á reducción das emisións contaminantes de maneira considerable”

*

martes, 15 de febrero de 2011

Castro non asinará o pacto preelectoral do PP

Afirma que o BNG ten un compromiso firme cos veciños para liderar o cambio en Ordes

O candidato do BNG á alcaldía de Ordes, Gonzalo Castro, afirmou, en resposta ao Partido Popular, que “o PP e o alcalde non evitarán que en Ordes haxa o cambio real que demandan os veciños e veciñas”. Castro reiterou que “os veciños de Ordes saben que o BNG é a única alternativa que garantirá un cambio real en Ordes, e iso é o que pretenden evitar tanto o alcalde como o PP”.

O nacionalista salientou que “o único causante da inestabilidade política de Ordes é o PP e os continuos casos de transfuguismo nacidos de intereses persoais dentro deste partido, como no caso das próximas eleccións municipais, onde parece que concurrirán tres candidaturas vinculadas no pasado e na actualidade co PP”.

A este respeito o candidato do BNG afirmou que “cada día resulta máis evidente que o PP e o alcalde, se poden, non dubidarán en unir as súas forzas para tratar de evitar que o BNG lidere o cambio que queren os veciños e veciñas de Ordes”.

"Non se precisa ningún pacto preelectoral"
Gonzalo Castro fixo fincapé en que “o BNG non precisa asinar un pacto preelectoral con ningún partido, nós xa temos un compromiso inquebrantábel cos veciños, que é o de liderar o cambio en Ordes e gobernar para todos sen discriminacións, para todos por igual”.

O candidato do BNG á alcaldía finalizou manifestando que “mal que lle pese ao PP e ao alcalde, cada día máis veciños e veciñas confían en que o BNG é a única alternativa para que haxa un cambio real en Ordes, unha alternativa que será a que gañe as vindeiras eleccións municipais”.

*

lunes, 14 de febrero de 2011

Conta atrás para o Entroido 2011!

Momento do pasarrúas do Carnaval 2010 polas avenidas e prazas da vila de Ordes.
O Concello repartirá máis de 4.000 euros en premios aos mellores disfraces

Abertas as inscripcións no departamento de Cultura do Concello de Ordes (Tlf. 981 680002 / 981 680157)

O Concello de Ordes ten preparado o programa de actividades que se desenvolverán no municipio con motivo da celebración do Entroido 2011.

Aínda que como é costume, o día grande destes festexos será o 12 de marzo, Sábado de Piñata, o martes de Entroido día 8 de marzo tamén terá lugar unha gran “Tarde de Entroidada” a partir das 16:30 horas na Alameda. Unha festa na que os máis pequenos poderán disfrutar cun bo número de obradoiros, entre eles, os de maquillaxe, disfraces, globoflexia, ademais de xogos cooperativos e animación de rúa. En caso de choiva a festa realizarase no pavillón Campomaior.

Uns días máis tarde, o sábado 12 de marzo “Sábado de Piñata”, terán lugar os actos que centrarán a festividade do Entroido no municipio, co tradicional desfile e concurso de disfraces para nenos e maiores.

Un concurso no que haberá diferentes categorías, a de carrozas, a de comparsas infantís e de adultos, e a individual tamén diferenciada entre nenos e maiores. En canto ás caracterísiticas de cada unha das categorías, na de carrozas non haberá límite de idade ou número de integrantes, aínda que sí se limitarán as dimensións da carroza.

A categoría de comparsas estará dirixida a grupos de persoas de máis de cinco integrantes, sendo o apartado de adultos para maiores de 16 anos e o de infantís ata os 16 anos. Por último na categoría individual poderanse presentar disfraces de ata un máximo de cinco integrantes coa mesma diferenciación que a anterior en canto a adultos e infantís.


Máis de 4.000 euros en premios
O Concello de Ordes repartirá máis de 4.000 euros en premios aos mellores disfraces deste concurso que estarán repartidos da seguinte maneira:

Categoría de carrozas: haberá un primeiro premio de 700 euros e un segundo de 500 euros.

Categoría de Comparsas: para adultos haberá un primeiro premio de 500 euros, un segundo de 400 e un terceiro de 300 euros. Para o apartado de infantís os premios serán de 250, 200 e 175 euros respectivamente.

Categoría Individuais: para adultos haberá tres premios, o primeiro de 200 euros, o segundo de 150 euros e o terceiro de 100 euros. Para o apartado de infantís o primeiro premio será de 150 euros, o segundo de 100 euros e o terceiro de 90 euros.

Ademais a estes galardóns sumarase tamén outro premio á simpatía dotado de 200 euros, e un premio especial do Concello de Ordes á mellor comparsa municipal dotado de 300 euros.


Inscripcións ata o 9 de marzo
Todas aquelas persoas que estean interesadas en participar no concurso xa poden realizar a súa inscrición ata o vindeiro 9 de marzo no departamento de Cultura e Deporte do Concello de Ordes en horario de 9 a 14 horas, ou ben chamando aos teléfonos 981 680002/ 981 680157.

Dende o goberno local ordense, o alcalde, Manuel Regos, anima aos veciños e veciñas de Ordes a que participen nesta festa adicada ao entroido que, ano tras ano, se ten convertido xa en todo un referente na comarca.

*

Unha produtora de Ardemil gaña o Primeiro Premio da XII Feira do Queixo de Abegondo

O queixo de Abegondo (na foto), é moi similar ao que fai en Arzúa. 
Celebrouse onte no campo da feira de San Marcos coa participación de vinte produtores da provincia

Pilar Candal Carrillo, veciña de Ardemil (Ordes), alzouse onte domingo 13 de febreiro, co Primeiro Premio da XII Feira do Queixo de Abegondo. A produtora ordense impúxose á segunda e terceira gañadoras, as abegondesas Josefa Sánchez Quindimil, quen xa fora gañadora da edición pasada, e a Antonia Suárez Vales.

O campo da feira de San Marcos acolleu unha vintena de produtores do produto lácteo procedentes de municipios da comarca con tradición na súa elaboración, como o propio Ordes,  Abegondo, Mesía, Carral, Bergondo, Oza dos Ríos, Cesuras ou Curtis.

*

domingo, 13 de febrero de 2011

Clausurados os dous cursos de iniciación a informática



Foron postos en marcha polo Concello de Ordes durante o mes de xaneiro

O Concello de Ordes clausurou os dous cursos de iniciación a Windows XP que celebrou dende o pasado mes de xaneiro ata esta semana. Un acto de clausura que consistiu na entrega dos diplomas acreditativos aos participantes no curso.

En total foron 20 os veciños e veciñas de Ordes que participaron nestes dous cursos, que deron por finalizado o primeiro ciclo do circuito deportivo e cultural posto en marcha pola Concellería de Cultura e Deporte para os meses de novembro, decembro e xaneiro.

Novos cursos febreiro-abril
Por outra banda, xa se puxeron en marcha algúns dos cursos da nova convocatoria do circuito deportivo e cultural para os meses de febreiro, marzo e abril. Ademais o departamento de Cultura e Deporte mantén aberto o prazo para inscribirse nos cursos de photoshop, no de iniciación a internet e correo electrónico, e no de perfeccionamento de Windows XP nivel 2, que están previstos para o mes de marzo.

*

"Nós non imos descartar ningún partido para pactar, falaremos con todos"

De esq. a der. Xesús Pampín, Ana María Álvarez (candidata de CideGa á alcaldía de Ordes), e Adolfo Reymóndez.
Falamos co médico Adolfo Reymóndez, fundador e presidente de Cidadáns de Galicia

Foi concelleiro do Partido Popular (1995-2003), e mesmo candidato ao Parlamento Europeo por ese partido en 1994

Esta fin de semana, os ordenses fomos testemuñas do nacemento dunha nova formación política que concurrirá ás eleccións municipais de maio na noso municipio. Trátase de Cidadáns de Galicia (CideGa), un partido fundado e presidido polo médico do centro de saúde ordense, José Adolfo Reymondez Collazo. Ordessiete falou esta mañá con el.

Pregunta. Por que Cidadáns de Galicia se presenta en Ordes?
Resposta. Bueno, creemos que Cidadáns de Galicia pode ter o seu espazo político en Ordes. Somos un partido de centro transversal, abarcamos dende o centro esquerda ao centro dereita. Ademais cremos que as ideoloxías é algo xa trasnoitado.

P. A quen teñen previsto chamar para participar nas súas listas, a antigos membros da política ordense ou a xente nova?
R. Ese vai ser unha das nosas características, queremos dar a oportunidade de participar na política á xente que ainda non tivo ocasión de participar nela.

P. Cando presentarán a súa formación?
R. Neste momento estamos aínda conformando a lista electoral. Logo a mediados de marzo faremos a presentación oficial á cidadanía, con Ana María Álvarez de candidata á alcaldía de Ordes por Cidadáns de Galicia.

P. E concretamente en Ordes, que carencias considera que existen e van ser correxidas por Cidadáns de Galicia unha vez cheguen ao Concello?
R. En Ordes é evidente que existen múltiples deficiencias, a principal delas e que en Ordes non hai un posto de traballo, vivimos sempre á sombra de Cerceda, e isto ten que ser correxido. A actividade política de Cidadáns de Galicia centrarase nas políticas de creación de emprego.

"As listas electorais deberían ser abertas"
P. Considera que deben gobernar sempre as listas máis votadas? Como ve os pactos de goberno, os considera lícitos?
R. Si, eu penso que si debería gobernar a lista máis votada, pero tamén considero lícitos os pactos de goberno. Realmente o que considero máis necesario sería que as listas electorais foran abertas e ademais que existira un límite de tempo no goberno municipal. Ninguén debería permanecer no poder máis de oito anos seguidos.

P. Cales son os seus obxectivos electorais en Ordes?
R. Pois acadar un resultado suficiente para poder gobernar a través de pacto ou como sexa. Nós non imos a descartar a ningún partido para isto, falarase con todos, porque esa ademais será uha das nosas premisas, o diálogo.

Que vai saber aportar Cidadáns de Galicia aos veciños de Ordes?
Cidadáns de Galicia vai saber darlle participación aos veciños na política municipal, vai ofrecer un Concello aberto a todos y vai saber crear políticas dirixidas á creación de emprego.

Quen son Cidadáns de Galicia?
Cidadáns de Galicia (CideGa) é un partido político fundado e presidido por José Adolfo Reymondez Collazo. Foi constituído como tal o 22 de setembro de 2006 e o seu enderezo social está na Rúa do Vilar 43, 1º de Santiago de Compostela. Nas eleccións de maio de 2007 preséntanse en A Estrada (Pontevedra) e acadan 1.390 votos (9,69%), o que tradúcese en dúas actas de concelleiro que finalmente ocuparían José Manuel Reboredo e Juan Antonio Torres. Ambos edís causarían baixa deste grupo político durante o pleno de 3 de setembro de 2010 para constituírse en grupo municipal de non adscritos e solicitar á vez a disolución de CideGa no municipio. Tal decisión fai reaccionar a Reymóndez ata o punto de denunciar á Consellería de Presidencia unha revisión deste acordo plenario e instar a súa nulidade.

Pouco despois, o 9 de setembro de 2010, o presidente do PP local de A Estrada, Juan Constela, confirma a fichaxe dos dous ex CideGa para as listas populares. “Volven á casa de onde nunca tiveron que marchar”, declararía o líder local do PP á prensa. Este municipio sería o único pontevedrés no que CideGa presentaría candidatura en 2007.

Na nosa provincia, a formación presentaríase nas Municipais de 2007 en Melide, onde alcanzarían 213 votos (3,98%), aínda que peor sorte correrían en Noia, onde acadaría un total de 157 votos (1,67%). En ámbolos dous casos, votos insuficientes para formalizar acta de concelleiro.

En Lugo probarían sorte no concello de Monterroso, onde CideGa foi a forza menos votada das catro que concurrentes, acadando tan só 34 votos (1,09%). En Ourense non presentarían ningunha candidatura ás Elección Municipais de 2007.

Quen é o seu presidente?
Adolfo Reymóndez Collazo nace en Touro (A Coruña), o 15 de maio de 1959. En 1983 licénciase en Mediciña pola Universidade de Santiago de Compostela, e na actualidade exerce coma médico na sanidade pública, concretamente na praza en propiedade que dende 2006 posúe no centro de saúde de Ordes.

Foi candidato á alcaldíaconcelleiro do Partido Popular (1995-2003) en Rianxo, e mesmo presidente do PP desa localidade arousá. Foi subdirector do Centro Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), e director xerente do Hospital Comarcal de Valdeorras. Nas eleccións ao Parlamento Europeo de 26 de maio de 1994 forma parte da lista do Partido Popular no posto 50º que encabezaría Abel Matutes.

En setembro de 2006 funda Cidadáns de Galicia e se presenta nun simbólico posto (suplente 3º) na lista por Melide (A Coruña).

*

sábado, 12 de febrero de 2011

Ana Álvarez podría volver a la política municipal de la mano de Cidadáns

Según anuncia un periódico gallego, la ex del PSOE formará una candidatura junto a Xesús Pampín

El partido político Cidadáns de Galicia (Cidega) presentará, según adelanta hoy un medio de comunicación, candidatura al Concello de Ordes de la mano de la ex concelleira socialista Ana María Álvarez. La conocida comerciante ordense estará acompañada al menos del también ex concelleiro socialista Xesús Pampín y del propio presidente del partido y médico en Ordes, Adolfo Reymóndez.

Puedes ver el vídeo de despedida de Ana María Álvarez como concelleira del gobierno del Concello de Ordes a continuación:



*

Martínez Sanjurjo comprométese a respectar que goberne o partido máis votado

Dirixirá unha carta aos restantes candidatos instándoos a formalizar en documento público ese mesmo compromiso

O candidato do Partido Popular á alcaldía de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, informou hoxe da súa intención de remitir unha carta aos restantes cabezas de lista instándoos a asinar un documento, con anterioridade ás eleccións municipais de maio, no que todas as formacións se comprometan a deixar gobernar ao partido máis votado nas furnas.

Martínez Sanjurjo reta deste xeito aos demais candidatos a asumir formalmente ese compromiso que entende como o máis democrático e de maior respecto á decisión dos electores.

*

viernes, 11 de febrero de 2011

Regos adaptará a Biblioteca Municipal a persoas con discapacidade visual


Reuniuse coa presidenta e o delegado da ONCE en Galicia para coñecer de primeira man as novas tecnoloxías ao respecto

O alcalde Manuel Regos, acompañado pola concelleira de Discapacidade, Silvia Marín, reuniuse esta semana co delegado da ONCE en Galicia, Eugenio Ferradás, e a presidenta autonómica de dita entidade, Dolores Venancio, na sede da ONCE na cidade de A Coruña.

O motivo da visita do rexidor ordense ás instalacións da ONCE foi coñecer de primeira man as novos aparellos tecnolóxicos, ferramentas, así comor recibir asesoramento por parte de profesionais, para a futura adaptación da Biblioteca Municipal de Ordes, co fin de facilitar o uso dos seus servizos a persoas con diferentes discapacidades de carácter visual.
O alcalde de Ordes e a concelleira de Discapacidade coñeceron as novidades tecnolóxicas para discapacitados.
Estudio das necesidades e adaptación
Agora e tras esta primeira toma de contacto, tal e como explicou o alcalde ordense, farase un estudio das necesidades e as prioridades para a adaptación da biblioteca, e posteriormente, levaranse a cabo as actuacións e a adquisición do material necesario.

Hai que recordar que o Concello de Ordes foi pioneiro na creación dunha concellería adicada específicamente á Discapacidade, así como dunha Oficina Integral da Discapacidade a disposición de todos na Casa do Concello. Ordes conta cun importante número de veciños con algún tipo de discapacidade, sendo na actualidade arredor de 1.000 os casos rexistrados.Este tipo de actuacións súmanse ás outras iniciativas e actividades levadas a cabo polo Concello dirixidas a este colectivo, como cursiños formativos para persoas con diferentes diversidades funcionais, xornadas informativas ou actuacións de eliminación de barreiras arquitectónicas, que tal e como explicou Regos, teñen como único obxectivo “facilitar a integración deste colectivo nos diferentes ámbitos da sociedade”.

As frases de Manuel Regos, alcalde de Ordes 
“A nosa intención é poder facer accesibles os servizos da nosa biblioteca a persoas con diferentes tipos de discapacidades"

"Contamos cunhas novas instalacións nas que xa se superan as barreiras físicas, e agora queremos ir un paso máis aló adaptando o servizo a persoas con discapacidades visuais, para que poidan utilizar este servizo municipal sen encontrarse con ningún tipo de barreira

*

Deu comezo o ciclo de charlas sobre repoboacións forestais nas parroquias


Mesón do Vento foi o lugar onde se celebrou a primeira delas

A concellería de Medio Rural deu onte comenzo ao ciclo de charlas sobre repoboacións forestais que terán lugar en diferentes parroquias do municipio, organizado en colaboración com Unións Agrarias Upa. A primeira das charlas celebrábase onte pola noite no recinto feiral do Mesón do Vento, á que acudiu tamén o edil Xesús Pedreira.

Estas charlas teñen como obxectivos dar a coñecer as especies forestais máis importantes e os seus ciclos produtivos, cómo preparar o terreo para a repoboación e sementar e plantar árbores correctamente así como, dar a coñecer os distintos métodos de repoboación forestal e as épocas específicas para a súa realización, rendementos económicos e trámites administrativos a levar a cabo.

As vindeiras datas de celebración destas charlas serán:
Vilamaior: 17 febreiro no Local Social ás 20.30 h
Beán: 24 febreiro na Casa Rectoral ás 20.30 h
Mercurín: 1 marzo na Escola Pública ás 20.30 h
Buscás: 10 marzo no Local Social ás 20.30 h

*

jueves, 10 de febrero de 2011

Sanjurjo (PP): "Non hai nada máis que debater da Lei de Augas que non fora xa debatido no Parlamento de Galicia"

O candidato popular José Luis Martínez Sanjurjo. 
"A lei non é tan mala como o BNG quere facernos crer"

"Estarei encantado de debater en Radio Ordes temas verdadeiramente importantes para os ordenses, como por exemplo a tramitación do PXOM"

Segundo as declaracións de onte de Pablo Quinteiro, director de Radio Ordes, o candidato do PP á alcaldía de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo rexeitaba a invitación a participar no debate da Lei de Augas que lle fixera o concelleiro de Réxime Interior e Comunicación, Manuel Astray. Ordessiete púxose en contacto co candidato popular para coñecer os detalles.

Pregunta. É certo que rexeitou a participación no debate da Lei da Augas en Radio Ordes?
Resposta. Si, así é.

P. E por que?
R. Pois moi fácil. A Lei de Augas é unha lei autonómica que foi debatida e posteriormente aprobada polo Parlamento de Galicia. Non hai nada máis que debater, é de obrigado cumprimento e agora so queda regular os seis regulamentos que a desenvolven.

P. Pero tan mala é esta lei para os ordenses?
R. Claro que non. En absoluto supón unha suba das tarifas como o BNG quere facernos crer.

"Existen temas máis importantes que esta Lei de Augas"
P. Logo por que toda esta polémica?
R. O BNG xa comezou con ela cando a lei aínda era un anteproxecto, alá polo outono pasado repartindo panfletos contra a mesma…Insisto, xa non hai nada máis que debater sobre esta lei que non fora debatido no Parlamento de Galicia, ademais existen outros temas moito mais interesantes para os veciños de Ordes, como as políticas municipais de emprego ou mesmo o Planeamento Xeral que é un tema que está bastante esquecido.

P. Seguirá o debate por Radio Ordes?
R. Si, o seguirei, aínda que non teño claro se finalmente se realizará. Ademais, quen irá ademais do BNG, o alcalde, Pedreira…?

"Astray e o BNG...e contra quen debaterán?"
P. Fálase de que pola parte do Goberno comparecerá Manuel Astray.
R. Pois moi ben se é Astray e o BNG…E contra quen debaterán? Insisto en que este debate non ten ningún obxecto, non hai nada máis que discutir desta lei xa aprobada polo Parlamento de Galicia.

P. Pero que rexeite este debate non quere dicir que non poida asistir a outros, non si?
R. Claro que non, todo o contrario, estarei encantado de participar en debates en Radio Ordes moito máis importantes que este.

P. Como por exemplo?
R. Pois como por exemplo a situación do Plan Xeral de Ordenación Municipal, que é unha medida trascendental para o futuro de Ordes.

*

Preto de 200 escolares disfrutaron dun espectáculo de promoción do galego na Casa da Cultura


Enmarcado dentro do programa Boca Aberta promovido pola Xunta de Galicia, e que contou coa colaboración do Concello de Ordes

A Casa da Cultura do Concello de Ordes converteuse esta mañá nun gran escenario teatral para os nenos e nenas do municipio. Preto de 200 escolares dos colexios A.D.R. Castelao, CEIP Campomaior e o CEIP de Mesón do Vento participaron nunha das actividades enmarcadas dentro do programa Boca Aberta que promove a Xunta de Galicia co fin de fomentar a lingua galega, e que contou coa colaboración do Concello de Ordes.

Señor Mundo, dígame?
Concretamente o espectáculo dirixido a estes escolares ordenses, consistiu nun recital de poesía que naceu a partires de dous poemas de Paula Carballeira, titulado 'Señor Mundo, dígame?'. Un espectáculo no que a poesía estivo acompañada por unha posta en escea dinámica conducida por dous graciosos personaxes (Plimplín e Clan), dous exploradores que se encargan de axudar ó Señor Mundo.

Ao acto acudiu, ademais dos escolares e mestres destes centros educativos ordenses, a concelleira de Educación, Mocidade e Discapacidade do Concello de Ordes, Silvia Marín.

*

miércoles, 9 de febrero de 2011

A dirección de Radio Ordes confirma que haberá debate sobre a Lei de Augas

O xornalista Pablo Quinteiro, director de Radio Ordes.
Terá lugar nunha data próxima e poderá ser seguido a través do  107.3 FM do dial

Martínez Sanjurjo (PP) rexeita o convite de Manuel Astray a participar "por non alimentar as demagoxias do BNG de Ordes"

O director de Radio Ordes, Pablo Quinteiro, fixo hoxe públicas unhas declaracións en resposta á solicitude de onte do concelleiro nacionalista Ramiro Recouso de iniciar un debate na emisora municipal sobre a Lei de Augas co alcalde Manuel Regos.

Así, Quinteiro confirma que tal e como se acordou no último pleno municipal celebrado hai escasamente dúas semanas, Radio Ordes levará a cabo un debate sobre la lei de aguas. A cita desenvolverase en breve dentro do espazo 'Toca debate', programa que aborda diversos temas políticos, económicos e sociais que atañen directamente ó municipio e no que participan veciños e representantes do concello.

Non foi Recouso senón Castro
En relación co escrito enviado polo BNG de Ordes aos medios de comunicación no que se insta óao alcalde á realización deste debate, a dirección da emisora local lembra que non foi Ramiro Recouso, senón Gonzalo Castro quen solicitou a celebración deste debate. Unha solicitude que non lle foi plantexada ó alcalde de Ordes senón ó concelleiro de Persoal, Réxime Interior e Comunicación, Manuel Astray Mariño, tras a desaprobación dunha moción presentada polo BNG sobre este tema.

Así, dende a dirección de Radio Ordes tíldase de manipulación informativa o escrito no que se insta a Manuel Regos a que cumpra co seu compromiso de realizar dito debate. Tamén queren poñer en coñecemento de todos os oíntes e veciños que se está a traballar no tema, así coma noutras propostas plantexadas por membros da oposición, como por exemplo as concentracións parcelarias.

Referente ó debate sobre a lei de augas, Manuel Astray como responsable directo da emisora, solicitou persoalmente a participación do actual candidato do PP a alcaldía de Ordes. Unha invitación que José Luis Martínez Sanjurjo rexeitou por “non querer participar e alimentar as demagoxias do BNG de Ordes” según manifestou.

As frases de Pablo Quinteiro, director de Radio Ordes
“Non é a primeira vez que o BNG insinúa e incluso nos acusa de manipular a información e de vetalos, polo que este escrito e o que nel se insinúa non é unha sorpresa para nós”

“En multitude de ocasións poñémonos en contacto con Gonzalo Castro para emitir as súas explicacións sobre diversos asuntos. Sempre foron convidados ós debates e no informativo das 14.30 horas téñense ofrecido declaracións sobre as emendas e mocións presentadas nos plenos"

"Que a oposición teña un nivel de participación tan elevado nunha emisora municipal é algo impensable en calqueira outro medio municipal. E si esto sucede así é grazas ó talante democrático e a liberdade que tanto Manuel Regos como Manuel Astray profesan hacia as labores e os traballadores desta emisora”

*