jueves, 21 de abril de 2011

O Museo do Traxe acolleu as charlas sobre os certificados de profesionalidade


Foron impartidas polas técnicos Montse Franqueiro e Sandra Ordóñez, de Recursos Galicia

O salón de actos do Museo do Traxe Juanjo Liñares de Ordes acolleu este martes a celebración dunha xornada informativa sobre os certificados de profesionalidade, organizada polo Concello en colaboración coa empresa Recursos.

Tal e como explicaron dende o Concello, con esta iniciativa pretendeuse concienciar e sensibilizar á poboación da importancia da cualificación profesional, do recoñecemento da experiencia laboral e do que esto supón no aumento da empregabilidade do individuo. O que se quere coas xornadas é a difusión dos cambios que se están a producir no sistema de formación ocupacional e que afectan a un número moi elevado de traballadores e traballadoras de Galicia.

Certificados de profesionalidade e acreditación da experiencia laboral
A xornada, que estivo dividida en dúas partes, informou sobre os certificados de profesionalidade e o recoñecemento das competencias profesionais a través da experiencia laboral. Na primeira parte explicouse qué é un certificado de profesionalidade e cómo se pode obter, e foi impartida por Montse Franqueiro, técnico de formación de Recursos Galicia. Na segunda falouse do procedemento para acreditar a experiencia laboral e a súa convocatoria en Galicia para os certificados de sociosanitaria. Esta parte foi impartida por Sandra Ordóñez, técnico de formación de Recursos Galicia.

*