jueves, 14 de abril de 2011

Expo Ordes 2011 contará cun área de discapacidade


Contará cun espazo onde se darán cita diferentes asociacións e colectivos de persoas con discapacidade

O Concello de Ordes ten todo preparado para a celebración esta fin de semana da súa feira multisectorial por excelencia, Expo Ordes 2011. Unha feira que contará con preto de 80 expositores en total, entre os stands que estarán repartidos polos máis de 3.000 metros cadrados de carpa, así como no exterior da mesma.

Como novidade nesta edición de Expo Ordes, o recinto feiral contará cunha zona adicada ao mundo da discapacidade. Espazo no que se darán cita diferentes asociacións e colectivos relacionados co mundo da discapacidade, así como empresas adicadas á prestación de servizos e elaboración de productos neste ámbito.

A apertura do recinto feiral de Expo Ordes terá lugar mañá venres ás 20:00 horas nunha xornada que estará adicada aos empresarios e autónomos locais.

O sábado o recinto abrirá as súas portas dende as 10 ás 21 horas na que todos os asistentes poderán visitar os stands nos que estarán instalados as mellores e máis importantes empresas tanto a nivel local como comarcal e autonómico.

XXII Festa do Champiñón
A xornada do domingo será unha das máis esperadas coa celebración da XXII Festa do Champiñón. Unha festa que contará cunha degustación gratuíta do producto nos establecementos hosteleiros do municipio, para a que o Concello repartirá arredor de 10.000 kilos de champiñóns.

*