sábado, 16 de abril de 2011

A inauguración de Expo Ordes da comezo a unha das fins de semana do ano en Ordes

O alcalde Manuel Regos inaugura Expo Ordes 2011 xunto a un numeroso grupo de concelleiros.
Hoxe haberá actuaciós musicais pola vila e mañá todo Ordes prepárase para a XXII Festa do Champiñón

Ordes abriu onte as portas a unha nova edición de Expo Ordes, a feira multisectorial de referencia na comarca que se celebrará no municipio durante toda esta fin de semana.

O alcalde Manuel Regos,e o resto de membros da corporación municipal foron os encargados de dar por inaugurada esta feira, acto ao que asistiron centos de autónomos e empresarios locais que foran invitados polo Concello co fin de facerlles un recoñecemento polo traballo que levan a cabo.

Trala apertura do recinto o alcalde, corporación e asistentes ao acto realizaron unha visita ás diferentes zonas de exposición e aos preto de oitenta estands nos que están representados todos os sectores coa mellores e máis importantes empresas galegas.


Recoñecemento a empresarios e autónomos
Nesta xornada adicada aos empresarios e autónomos do municipio, o alcalde Manuel Regos, insistiu no recoñecemento que con este acto se quere facer dende o Concello tanto a empresarios como a autónomos ordenses dada a súa importancia como motor económico de Ordes e o duro traballo que estána desenvolver.

De cara a mañá sábado, o recinto abrirá as súas portas ás 10:00 horas ata as 21:00 horas contando ademais con algunha actuación musical durante todo o día.

XXII Festa do Champiñón
O domingo 17 será o día grande da feira ao celebrarse ademais a XXII Festa do Champiñón, para a que o Concello ten repartido maís de 10.000 kilos de champiñóns entre os establecementos hosteleiros do municipio para unha degustación gratuíta.

*