Mostrando entradas con la etiqueta Roberto Iglesias. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Roberto Iglesias. Mostrar todas las entradas

jueves, 26 de junio de 2014

O Concello de Ordes realiza tarefas de limpeza e resinalización no roteiro de Buscás


A semana que ven darán traballos no roteiro do río Mercurín

Varios membros do Goberno local de Ordes realizaron recentemente un percorrido polo roteiro de Buscás. Unha camiñata que aproveitaron para efectuar tarefas de limpeza e de resinalización ao longo deste traxecto. 

Trátase dunha das rutas de sendeirismo das que dispón o municipio, que cada ano son transitadas e desfrutadas por centos de caminantes e ciclistas. Os encargados de efectuar este traballo foron Luis Gómez Candal, Lucía Iglesias, Ramón Vázquez, Roberto Iglesias e a tenente de alcalde, Silvia Marín.


Xa de cara á vindeira semana está previsto que se levan a cabo os mesmos traballos no roteiro do río Mercurín.

*

domingo, 22 de junio de 2014

O Jogafán Ordes, subcampión da Copa Autonómica


Perderon na final contra o Autos Leiros por 4-5

O Jogafán Ordes F.S proclamouse subcampión da Copa Autonómica e campión da Sección Norte tras un partido contra o Autos Leiros (Mos) no que o marcador finalizou plasmando un resultado de 4-5. 

O partido foi seguido por un numeroso público que encheu as instalación do pavillón Castelao II. Previamente o Riazor F.S venceu por 3 - 0 ao Libertad F.S. o que lle permitiu aos herculinos alzar a Copa Provincial.

Gran churrascada
A xornada en Ordes estivo caracterizada non só pola deportividade senón tamén pola festa e a diversión, e en gran medida grazas á gran churrascada que se organizaou a mediodía para os xogadores, cadro técnico, directiva e seguidores.
Tanto a tenente de alcalde, Silvia Marín, como es concelleiros Lucía Iglesias e Roberto Iglesias estiveron apoiando aos locais en todo momento. Tamén se contou coa presencia do representante da Federación Galega de Fútbol Sala.

*

martes, 13 de mayo de 2014

O AC Órdenes de hóquei, cuarto mellor equipo infantil de toda España


Gañaron dous encontros e perderon tres

Esta pasada fin de semana os xogadores da categoría infantil do AC Órdenes de Hóquei acadaron a cuarta posición no Campionato de España celebrado en Alcobendas (Madrid).

Na última xornada, disputada o domingo, os ordenses perderon por 8 a 3 contra o CP Manlleu. Previamente os resultados foron CP las Rozas 2 - AC Órdenes 3, CP Manlleu 2 - AC Órdenes 1, AC Órdenes 8 – CP Josaleta 1 e AC Órdenes 1 – FC Barcelona 3.


Comitiva ordense

Para animalos en todo momento o concelleiro de Deportes, Roberto Iglesias, acudiu a Madrid para estar cos xogadores e coa directiva ao longo de toda a fin de semana.

*

O Clube Atletismo Ordes fai entrega de cen quilos de alimentos

Ánxeles Rodríguez, do Clube Atetismo Ordes, facendo entrega dos alimentos ao alcalde, esta mañá en Ordes.

Foron entregados ao alcalde para o seu reparto entre as familias que os necesiten

Un total de 100 quilos de alimentos foron os que se recadaron por parte dos participantes e público asistente ao VI Cross Ambiental e III Andaina Concello de Ordes Memorial Xosé Estebo, disputado o pasado día 1. 

Esta mañá, Ánxeles Rodríguez, representante do Clube Atletismo Ordes promotor desta iniciativa, fixo entrega de todo o lote ao alcalde, Manuel Regos e ao concelleiro de Deportes, Roberto Iglesias, para que se responsabilizaran no seu reparto entre as familias máis necesitadas do municipio. 


Regos agradeceu o esforzo tanto da veciñanza nesta campaña como do Clube Atletismo Ordes á hora de emprender esta iniciativa “nun momento no que todos temos que arrimar o hombro”.

*

domingo, 4 de mayo de 2014

Éxito de corredores no VI Cross Ambiental de Ordes


O gañador na proba absoluta foi Saúl Zúñiga, de Ponteareas

Máis de 500 corredores de todas as idades déronse cita na tarde do pasado xoves no Campo da Feira para desputar o VI Cross Ambiental e a III Andaina Concello de Ordes Memorial Estebo José. Unha competición na que os atletas completaron distintos percorridos que foron dende os 100 ata os 9.500 metros.

O gañador na proba absoluta foi Saúl Zúñiga, de Ponteareas, mentres que na modalidade feminina o primeiro posto foi para a estradense Isabel Sáez. 



Gañadores en outras categorías
De 0 a 4 anos os primeiros en atravesar a liña de chegada foron Manuel González (Ordes) e Laura Sánchez (Cambre). Na categoría de 5 a 8 anos, Anxo Barreiros (Ordes) e Sofía Dodman (Teo) foron os vencedores indicutibles, mentres que na proba de 9 a 12 anos os premios obtivéronos Iván Suárez (Ordes) e Noelia Sánchez (Friol). 


Entre os asistentes á proba atopábase o concelleiro de Deportes, Roberto Iglesias, quen destacou o nivel de participación e o incremento de participantes co respecto ao ano pasado, que se contabilizaron en preto de 400 atletas.


*

viernes, 30 de agosto de 2013

A piscina do Muíño despediu hoxe o verán 2013



Máis de corenta nenos e nenas participaron en xogos, competicións e xincanas acuáticas

A piscina estará aberta ata o 15 de setembro

Cunha gran festa na que non faltaron os xogos, competicións e xincanas acuáticas, hoxe clausuráronse os cursos de natación organizados polo Concello de Ordes. Ademais tamén se fixo entrega dunha medalla e dun diploma a cada un dos participantes. 

Ao longo dos dous últimos meses máis de corenta nenos e nenas tiveron a oportunidade de aprender a nadar ou ben perfeccionar o seu estilo dentro da auga.


Aberta ata o 15 de setembro
A piscina municipal do Muíño fou o espazo no que se levaron a cabo estes cusos, que neste derradeiro día contou coa presenza do concelleiro de deportes, Roberto Iglesias. 

A piscina municipal do Muíño continuará aberta ata o vindeiro 15 de setembro.

*