miércoles, 31 de julio de 2013

Ordes prepara as súas festas de Santa María


Os días 14, 15, 16 e 17 de agosto coas actuacións das orquestras Panorama e París de Noia, Tania Veiras e Os Viqueiras de Ordes, entre outros

Ordes celebrará as súas festas patronais na honra a Santa María os días 14, 15, 16 e 17 de agosto con orquestras, bandas de música, grupos tradicionais, atraccións e postos de toda índole.

Día 14: Panorama
Na primeira xornada será a orquestra Panorama a encargada de inaugurar estes días de celebración nunha verbena nocturna na que estará acompañada doutra formación musical.

Día 15: Santa María
O día 15, día da Santa María, haberá misa ás 12:00 horas, e saída da imaxe da patroa de Ordes en procesión. A orquestra Miramar animará a sesión vermú e tamén ao longo da noite, onde estará acompañada pola formación Armonía Show

Tamén se poderá desfrutar da Banda de Música de Arzúa así como da música tradicional de Espadana Gaiteiros e dos simpáticos e bromistas cabezudos.

Día 16: Emigrantes
A xornada do día 16 estará dedicada aos emigrantes. Ás 13:00 horas haberá unha ofrenda floral no monumento situado nos Parques Municipais, así coma un acto litúrxico. Nesta xornada a nota musical virá da man da orquestra Magos de España, quen volverá estar presente ao longo da noite conxuntamente coa orquestra París de Noia e a artista local Tania Veiras. Tamén Os Viqueiras de Ordes e a Banda de Música de Ordes.

Día 17: Sábado, fin de festa
O sábado 17, derradeiro día de celebración, a nota musical virá da man de Bahía Blanca tanto a mediodía como pola noite. Tamén actuará a charanga Recovio, ademais doutro grupo aínda por confirmar.

*

martes, 30 de julio de 2013

Na piscina de Ordes está prohibido "facer o morto"


Na piscina do Muíño pódese ler este inaudito cartel non falto de razón... 

Unha lectora de Ordessiete fíxonos chegar un inaudito cartel ubicado na piscina municipal do Muíño: "Prohibido facer o morto enganando os socorristas".

É evidente que non se debe xogar con sarcásticos engaños. Respectemos aos profesionais socorristas e disfrutemos dun feliz e seguro verán 2013 en Ordes.

Ordessiete deséxavos un feliz verán 2013!

*

O BNG de Ordes oponse ao peche de agosto da piscina climatizada

A piscina climatizada das Casillas (na foto) pechará este ano durante todo o mes de agosto.

Ramiro Recouso: "A precaria situación económica do Concello xunto coa falta de organización na xestión das instalacións, fai que Regos peche un servizo moi utilizado polos veciños"

O BNG en Ordes acusou esta mañá ao alcalde de Ordes, Manuel Regos, de pechar a piscina climatizada durante todo o mes de agosto por falta de orzamento. Dendo o BNG aseguran que esta situación "deixou tirados a moitos usuarios e usuarias". 

O portavoz municipal do BNG de Ordes, Ramiro Recouso, manifestou que “a grave situación económica que sofre o Concello de Ordes debido á xestión insostíbel mantida por Manuel Regos nos últimos seis anos, fai que se recorten servizos municipais para poder facer fronte á débeda municipal que afoga as arcas municipais”.

Desde o BNG lembran que a piscina climatizada sempre se pechaba a segunda quincena de agosto por vacacións do persoal e para realizar labores de limpeza e mantemento das instalacións. 

E que este ano, o Goberno que preside Manuel Regos vai pechar as instalacións durante todo o mes de agosto,  "deixando de prestar un servizo moi utilizado non só polos veciños e veciñas de Ordes, senón por moitos habitantes da comarca”, aseguran.

Ramiro Recouso (BNG).
As frases de Ramiro Recouso, portavoz municipal do BNG de Ordes
"O peche desta instalación composta por piscina, ximnasio e sala de actividades aeróbicas vai afectar a todos aqueles usuarios que practican deporte asiduamente, ademais de aqueles que utilizan as instalacións co ánimo de mellorar a saúde, como os que se rehabilitan de lesións ou os que practican natación para aliviar doenzas varias”

"A precaria situación económica do Concello xunto coa falta de organización na xestión das instalacións, fai que Regos peche un servizo moi utilizado polos veciños, mentres non afronta unha restauración noutros que provocan grandes déficits nas arcas municipais, como Radio Ordes ou Museo do Traxe"

*  

Todo preparado en Ardemil para celebrar a súa tradicional festa da malla

A festa da malla de Ardemil nunha edición pasada / Arq.

Terá lugar a fin de semana do venres 9 e sábado 10 de agosto

Tamén terá lugar unha feira de antigüidades

Un ano máis, Ardemil revivirá a súa malla tradicional na que veciños, veciñas e visitantes poderán ver de primeira man como se traballaba no eido agrario desta zona.  Os encargados de organizar este evento son os membros da Asociación Cultural Castro da Croa coa colaboración do Concello de Ordes.

A cita arrancará o venres 9 de agosto a partir das 22:00 horas cun encontro no que se ofrecerá touciño entrefebrado de balde e contará coa actuación do cantante Mario

Día grande: sábado
O día grande será o sábado 10 de agosto a partir das 12:00 horas. Tamén haberá outras actividades, como a feira de antigüidades, ademais doutra de tractores novos e antigos. Tamén terá lugar unha exposición de coches antigos, motos, mobles, pías, farrapos, maquinaria relacionada coas mallas etc. 

Unha cita para a que aínda está aberto o prazo de inscrición chamando ao teléfono 676 221 905

Por último o domingo 12 de agosto celebrarase unha concentración de tractores antigos.

Gran éxito de público na feira de cans de caza do Mesón do Vento


Arredor de 5.000 persoas achegáronse o domingo ao recinto feiral para admirar arredor de 3.000 exemplares de trinta razas

Arredor de 5.000 persoas non se perderon a XXI edición da feira de cans de caza do Mesón do Vento, unha das citas cinexéticas máis importantes do norte peninsular. Participaron máis de 3.000 exemplares darredor de 30 razas empregadas tanto na caza maior, menor ou perdiz, entre outros, chegados de Galicia, País Vasco, Cantabria, Asturias e León.

Un xurado de expertos escolleu aos mellores exemplares, os cales recibiron un diploma entre outros presentes. Entre todos eles destacou a rehala de Antonio Vimianzo, que foi catalogada como a mellor da feira. Un precioso conxunto de bruno de jura cos que acudiu a recoller o seu premio.

LISTADO DE GALARDÓNS

CAZA MENOR
Basset Leonado:  Javier Adrán -Rubio-
Beaglee: José Miguel Edreira  -Nita-
Podenco: Perreras san Benito  -Careto-
Jack terrier: Javier dos Vidueiros  -Jack-
Pettit Grifón Vendeen: Javier Osorio  -Pol-
Teckel: Carlos Fernández  -Yaco-

CAZA MAIOR
Sabueso español: Pepe Leira  -Luna-
Gascón: Ricardo Esmerelle  - Chola-
Anglo Francés: Secundino Carballo  -Beethoven-
Beagle Harrier: Javier Leiro  -Donino-
Bruno de Jura: Antonio Vimianzo  -Tardón-
Grifón Leonado: Javier Tabeallo
Grifón Azul: Rehalas Fandy  -Ney-
Grifón Vendeen: Montse  -Sil-
Grifón Brikett:  -Ladrus-
Graz Azul: Perreras Alvarelle
Dogo Argentino: Rehalas Fandy  -Cay-

PERDIZ
Setter Inglés: Juan López
Setter Gordon: José Mosquera  -Nei-
Setter Irlandés: Jesús Espiñeira  -Nei-


MELLOR CAMADA CAZA MAIOR
Javier dos Vidueiros. Raza Bruno de Jura

MELLOR CAMADA CAZA MENOR
Santiago Mene. Raza Setter Inglés

MELLOR REHALA DA FEIRA
Antonio Vimianzo. Raza Bruno de Jura

sábado, 27 de julio de 2013

O Concello de Ordes suspende as actividades da Augalingua

En respecto ao loito oficial decretado en Galicia

O Concello de Ordes ven de informar que por mor da semana de loito oficial decretada en Galicia, se suspenden as actividades de Augalingua previstas para o martes 30 de xullo na piscina municipal do Muíño.

*

viernes, 26 de julio de 2013

Unha veciña de Folgoso, neta de ordenses, entre os falecidos no tráxico accidente ferroviario

Membros da Corporación, veciños e traballadores municipais de Ordes , esta mañá durante a sinal de duelo polas víctimas.
A víctima é María Rey Sánchez, de 32 anos de idade, veciña de Oroso e neta dun taxista de Ordes

Tamén Isabel Brión, ex xerente do Centro Comarcal de Ordes, perdeu a vida na catástrofe


A Corporación municipal do Concello de Ordes, encabezada polo seu alcalde, Manuel Regos Boquete, así como numerosos traballadores e traballadoras municipais, e veciños e veciñas, concentráronse esta mañá na Alameda de Ordes

Alí gardaron cinco minutos de silencio en sinal de duelo polas vítimas rexistradas no accidente ferroviario acaecido nas inmediacións de Santiago de Compostela o pasado día 24 de mullo. Entre os fallecidos se atopa María Rey Sánchez, veciña de Folgoso (Oroso), e neta dun taxista de Ordes; e Isabel Brión, antiga xerente do Centro Comarcal de Ordes.

Lectura de manifesto
Así mesmo, a tenente de alcalde, Silvia Marín, foi a encargada de ler o manifesto en apoio a todos os afectados por este tráxico suceso.

*