Mostrando entradas con la etiqueta Tania Veiras. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Tania Veiras. Mostrar todas las entradas

miércoles, 25 de junio de 2014

Too listo no Mesón do Vento para celebrar esta fin de semana as súas festas de San Pedro de Ardemil

O luns ás 21:30 h. terá lugar unha gran churrascada popular

O Mesón Do Vento ultima detalles para celebrar esta fin de semana as súas festas de San Pedro de Ardemil. O programa de actuacións arrancará o vindeiro sábado cunha misa a partir das 13.30 horas, que estará seguida da procesión do Santísimo Sacramento

A orquestra Abanico, que esta tempada ten como cantante principal a artista local Tania Veiras, será a encargada de animar tanto a sesión vermú como a verbena nocturna.

Domingo e luns

De cara ao domingo ás 13.30 horas novamente celebrarase unha misa con procesión, esta vez coa imaxe da Virxe do Carme. Unha xornada na que a nota musical virá da man do grupo Aramio

Por último, o luns contarase coas actuacións dos grupos Canadá e Los Satélites, ademais de ter lugar unha gran churrascada popular a partir das 21.30 horas. Dadas as inclemencias meteorolóxicas rexistradas nos últimos días  a comisión de festas instalará unha gran carpa na que poder resgardarse en caso de chuvia.

*

miércoles, 19 de marzo de 2014

Máis de 2000 euros acadados no festival A Sementeira


Irán destinados a Cáritas Ordes

O festival benéfico A Sementeira, que tivo lugar este pasado domingo na discoteca LP45 logro recadar 2235 euros que se destinarán integramente ao proxecto A Sementeira, organizado por Cáritas Ordes en colaboración con outras organizacións sociais, entidades do ámbito agropecuario, veciños e veciñas da zona, así como o mesmo Concello de Ordes


Artistas participantes

Fredi Leis, Iria Cid, Fran Allo, Marcos Roca, Lucía Nieto, Patricia Iglesias Los Mustang Charros, os humoristas Campos e Crespo, Os Viqueiras de Ordes, a Asociación Camiño Real de Poulo, a Orquestra da Televisión e a cantante Tania Veiras foron os protagonistas dun cartel no que todos eles figuraron de maneira desinteresada, así como todos os participantes e colaboradores deste evento.


A frase de Clemente Boo, directivo de Cáritas Ordes
“Unha boa maneira de axudar animicamente ás persoas que xa levan tempo sen actividade profesional e que están sumidas nunha desidia que é necesario superar para que poidan ir cara adiante. Sobre todo tendo en conta que estamos nunha comarca de enorme potencial agropecuario, polo que este proxecto entendemos que se debe traducir nun incremento das súas  posibilidades á hora de obter algún ingreso extra

Fotos: Luis Cobas / Foto Órdenes.

*

lunes, 14 de octubre de 2013

Montaos celebrou as súas festas do Rosario



Polbo, churrasco e moita música e diversión

A parroquia de Santa Cruz de Montaos celebra o pasado sábado as súas festas na honra á Virxe do Rosario. Tras unha misa, veciños e visitantes dirixíronse ao campo de festa, onde a orquestra Principal animou a sesión vermú

Polbo, churrasco e moito máis foi o que puidieron degustar os presentes á espera do ansiado partido de fútbol entre os xogadores da S.D Montaos e as ‘vellas glorias’ convocadas para a ocasión. 

Xa pola noite os ritmos da orquestra Olympus e da cantante ordense Tania Veiras poñeron o broche final a esta cita festiva.

*

jueves, 10 de octubre de 2013

Montaos celebra este sábado as festas do Rosario


Poderase degustar churrasco, polbo e queimada

A verbena nocturna correrá a cargo da orquesta Olympus e Tania Veiras 

Santa Cruz de Montaos celebrará este sábado a súa festa da Virxe do Rosario. Unha cita que arrancará ás 13:00 horas cunha misa. Tamén se contará coas actuacións das orquestras PrincipalOlympus, esta última na verbena nocturna, e Tania Veiras

A cita terá lugar na explanada situada a carón do campo de fútbol, onde se poderá degustar churrasco, polbo, queimada e moito máis. 

Fútbol
A partir das 18:00 horas disputarase un partido de fútbol entre a aliñación actual da SD Santa Cruz de Montaos e antigos xogadores. Neste encontro entregarase un trofeo ao xogador de maior idade. 

lunes, 7 de octubre de 2013

Aberto o prazo de reservas para a cea contra o cancro


Música e festa no Piñeiro



Remataron as festas de San Francisco de Asís 

O barrio ordense do Piñeiro celebrou esta pasada fin de semana as súas festas na honra de San Francisco de Asís. Unha xornada de celebración que contou na mañá de hoxe coa música tradicional do grupo Faíscas da Pontraga, ademais das actuacións da  Asociación Folclórica Sementes da Arte.

A cantante Tania Veiras foi a responsable de dar o pregón e desexarlle unhas boas festas a todos os asistentes. Para amenizar tanto a sesión vermú como a verbena nocturna estivo a orquestra Madeira, ademais do grupo local de rock Superoito

*