Mostrando entradas con la etiqueta Charo Fernández Velho. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Charo Fernández Velho. Mostrar todas las entradas

sábado, 22 de diciembre de 2012

Euloxio R. Ruibal presentou a súa homenaxe poética a Ordes


De esq. a der. David González Couso, Euloxio R. Ruibal e Charo Fernández Velho.
Caderno de Ordes compila cincuenta poemas do escritor e dramaturgo ordense

Charo Fernández Velho: "O libro ten a Ordes en todas e cada unha das súas páxinas”

Medio centenar de veciños e veciñas de Ordes arrouparon na noite de onte ao literato Euloxio Rodríguez Ruibal (Ordes, 1945) no acto de presentación do seu libro Caderno de Ordes, un acto organizado pola Asociación Cultural Inquedanzas.  Ruibal estivo acompañado na presentación por Carlos Pérez Casas, presidente da Asociación Cultural Inquedanzas; Charo Fernández Velho, profesora de Lingua e Literatura Galega no IES Maruxa Mallo de Ordes; e por David González Couso, editor do libro e membro da Editorial Toxosoutos.

Carlos Pérez Casas foi o encargado de abrir o acto cunha semblanza da figura humana e da traxectoria literaria de Euloxio R. Ruibal e asegurou que este libro “non vai deixar indiferente a ningún ordense, porque recorre con mirada crítica o mundo ordense”. Un punto no que coincidiron todos os poñentes. Así, David G. Couso indicou que Caderno de Ordes é un “libro de Ordes e dos amigos. Cada poema vai dedicado a alguén que ten unha especial importancia para Ruibal”.

Podes ver e escoitar ao autor recitando a seu poema 'Do Paraíso' facendo clic baixo estas liñas:



Pola súa banda, a profesora Charo Fernández Velho destacou que esta obra “ten a Ordes en todas e cada unha das súas páxinas”, polo que agradeceu a Euloxio R. Ruibal por “poñer o nome de Ordes na historia da literatura galega”. Cinco alumnas do IES Maruxa Mallo de Ordes puxeron a nota sorprendente da velada ao leren o poema 'Cando as mulleres de Ordes'.

Varios membros da corporación municipal participaron na presentación de Caderno de Ordes.
Primeiro libro de poesía
Euloxio Rodríguez Ruibal agradeceu profundamente as palabras de todos os participantes no acto pois amosaban que “algo debín de facer”, asegurou coa súa habitual modestia. Ruibal deu lectura a varios dos 50 poemas que compoñen “Caderno de Ordes” e que é “o meu primeiro libro de poesía, pois eu son máis de teatro e de ensaio, e é unha satisfacción que fora feito cara Ordes”, a súa vila natal e que “sempre estivo diante meu a nivel anímico”.


Nerea, Lucía, Victoria, Iria e Paula, alumnas do IES Maruxa Mallo, recitan o poema 'Cando as mulleres de Ordes'.

Cando Ruibal probou a magdalena no té de Marcel Proust
Por R. A. Landeira

Euloxio R. Ruibal voltou na noite de onte á súa vila natal, e fixoo, non a lomos dun Castromil, como acostuma a transitar pola arteria 550, senón a bordo dun exquisito poemario on the road, baixo o título de Caderno de Ordes. De igual xeito que José María Castroviejo encañonando as nosas cercetas do Legüelle deixou constancia do seu amor polas nosas terras nos seus escritos, agora é Ruibal quen subido ao Castromil, ao mesmo co vello señor de Trasalba recoñecía coller varias veces para ir a América, preséntanos o seu Caderno de viaxe á patria do home que é a infancia.


Parece que foi ese Castromil o McGuffin que espertou a necesidade dese Volver do poeta: Ruibal saboreou agora a magdalena mollada no té de Marcel Proust, cando xa encara a desalmada lucidez do home vello: espazo, tempo e memoria atópanse para alumear cincuenta poemas en verso libre rebosantes de significado e obxectividade pasmosa. A anonimia sae ao encontro do poeta para traspasar aqueles límites foucaultianos da autoría: haberá de asumir o autor que o parido non é xa de si mesmo, senón do dominio público de todos os ordenses.


Cada bancada pública de Ordes, cada farola, cada adoquín das nosas rúas e prazas sería digno da sensibilidade de Ruibal, pero a súa atención nos levan aos lugares de Buscás, Poulo, Casal, Vilar, Montaos, Mercurín, Ardemil ou a Alameda de Ordes. En acertadísimas palabras da profesora Charo Fernández Velho, o autor convirte a nosa toponimia nun poema. Capaz de rebautizar Ordes en versos, nunca o predecible tivo tan positiva lectura como de agora: ler un verso de Ruibal transportanos mecidos ata o seguinte e así ata o lugar ao que calquera de nós quixera ver rematada a nosa existencia. Non sobra nada.

Resulta unha verdadeira honra incluír estes versos no patrimonio inmaterial dos ordenses. Me atrevo a pensar que se trata da máis importante homenaxe literaria a Ordes en toda  a súa Historia. Son tiempos de reforzar a nosa identidade ordense. Dende estas páxinas levamos moito tempo falando disto. Gracias, Ruibal, por facernos crer, a lo menos durante o tiempo de lectura do teu libro, que en realidade, si temos un maravilloso pobo do que sentirnos orgullosos. Xa de nós depende tamén pensalo e crelo ao rematar de ler o Caderno de Ordes. Grazas por esa axuda.

*

viernes, 10 de febrero de 2012

Radio Ordes da a benvida a Charo Fernández Velho

Charo Fernández Velho (esq.) con Laura Bugalho na emisora Radio Ordes, gravando 'Sumando todas'.
A profesora de lingua galega do IES Maruxa Mallo presenta o seu programa sobre igualdade, 'Sumando todas'


Todos os luns a partir das 19:30 horas no 107.3 FM


'Sumando todas’ é o título do novo programa que Radio Ordes estreará o vindeiro luns 13 de febreiro a partir das 19.30 horas. Conducido por Charo Fernández Velho, profesora de lingua galega do IES Maruxa Mallo, ‘Sumando todas’ preséntase como un espazo que pretende visibilizar os logros das mulleres á par que avanza na súa igualdade.

Convidadas 
Laura Bugalho, fundadora do colectivo Transgaliza e premio Nicolás Salmerón de Derechos Humanos 2011 na categoría  de libertades sexuais, será unha das convidadas nesta primeira entrega. Mariana Carvallal, actriz e directora cinematográfica, falará sobre ‘Escoba!’, serie que dirixe e que actualmente emite a TVG. Charo Fernández Velho tamén nos achegará as figuras de dúas mulleres relevantes nos eidos da literatura e do feminismo como foron Virginia Woolf e a viguesa Concepción Arenal. A música da cantante caboverdiana Cesária Évora, falecida no mes de decembro do pasado ano, será outra das protagonistas.

‘Sumando todas’ emitirase cada luns a partir das 19.30 horas no 107.3 da FM e tamén a través do blog www.radioordes.com. . 

*

martes, 7 de julio de 2009

Ramiro Recouso, elexido novo responsable local do BNG

.
Foi a única candidatura presentada e saiu escollida por unanimidade

O Bloque Nacionalista Galego de Ordes renovou a dirección local nunha asamblea celebrada na noite de onte, na que se respaldou por unanimidade a candidatura ao Consello Local encabezada por Ramiro Recouso Liste, que será o novo responable local en sustitución de Xesús Rios. A nova dirección local integra tamén ao portavoz municipal, Gonzalo Castro, e á concelleira María Xosé Raña.

Nova dirección local
Xunto a eles figuran na nova dirección local Montserrat Rei Patiño, Xesús Franqueira Villaverde, Rosario Fernández Velho, José Antonio Raña Regueira, Pilar Rivera Mosquera, Pablo Vidal Ríos, Lino Gaudeoso Vázquez, Rosa Neira Noya, Xosé López Prego, Ovidio Castenda Balado, Paula Costa Franqueira, Óscar Martínez Vázquez, Manuel Veiras Varela e Xesús Ríos Pena.

A vicerresponsabilidade local será ocupada por Montserrat Rei, mentres Xesús Franqueira asumirá a responsabilidade de organización na nova dirección local.


*

martes, 21 de abril de 2009

A candidatura da UPG de Guillerme Vázquez arrasa entre os nacionalistas ordenses

Un total de 18 delegados do BNG ordense acudiran á Asemblea Nacional por “Alternativa pola Unidade” de Vázquez, dous por “Mais BNG” de Aymerich e un polo “Encontro Irmandiño” de Beiras

Gonzalo Castro é o número tres dos da UPG pola comarca compostelá

A Asamblea Nacional do BNG que terá lugar o vindeiro 10 de maio do que sairá o novo Portavoz Nacional da formación, contará coa presenza de 21 delegados ordenses. Concretamente, 18 deles resultaron electos pola candidatura da UPG e Guillerme Vázquez, 'Alternativa pola Unidade'; dous pola corrente quintanista liderada por Carlos Aymerich, 'Máis BNG'; e unha polo 'Encontro Irmandiño' de Xosé Manuel Beiras.

Os concelleiros, tamén coa UPG
Os tres concelleiros da corporación municipal, Gonzalo Castro, María Xosé Raña e Ramiro Recouso formarán parte da comitiva da Unión do Povo Galego que tamén estará acompañada do responsable local ordense, Suso Ríos. Por parte das outras candidaturas, participan as tamén ordenses Charo Fernández ('Máis BNG') e Cristina Amor ('Encontro Irmandiño').

Os resultados locais coñecéronse despois da celebración da Asamblea Comarcal compostelana do pasado sábado 18, na que participaron 36 afiliados ordenses pola lista de Guillerme Vázquez, catro cos de Aymerich e un irmandiño. Os resultados globais da votación de delegados outorgou 111 delegados a 'Alternativa pola Unidade', 80 a 'Máis BNG', 40 a 'Encontro Irmandiño' e outros 13 a 'Máis Alá', candidatura formada por militantes da CIG, escindidos do Movemento pola Base.

Despois destes resultados, a candidatura do ex-Deputado no Congreso e concelleiro pontevedrés, Guillerme Vázquez, aparece como a mellor posicionada con 1124 delegados electos (47% do total). Síguelle Aymerich e “Máis BNG”, con 797 delegados electos (33% do total) e o “Encontro Irmandiño”, con 431 delegados (18% do total). Outras listas locais completan as listas ao sumar 44 delegados (2%).

Quen lidera as diferentes correntes na comarca compostelá?
'Alternativa pola Unidade' estará encabezada polo ex secretario xeral de Galiza Nova, Martiño Santos (membro da UPG), seguido da tenente de alcalde de Santiago de Compostela, Socorro García (independente) O ordense Gonzalo Castro (membro da UPG) ocupará o terceiro lugar entre os da UPG, seguido da concelleira de Medio Ambiente compostelá, Elvira Cienfuegos (independente).
.
'Máis BNG' levará á Asamblea Nacional, -o lugar de celebración está aínda por confirmar-, ao ex Director Xeral de Desenvolvemento Rural, Edilino López Iglesias na súa cabeza, seguido da concelleira amiense Olaia Alvite, e os profesores da USC, Xan Carlos Bascuas Jardón e Xulia Guntín.

Os irmandiños estarán encabezados pola profesora de Dereito Administrativo, Alba Nogueira, o economista Carlos Neira, a sindicalista agraria Lidia Serra e o portavoz municipal dos nacionalistas no Concello de Val do Dubra, Antonio Negreira.
.
Foto arriba: Grupo municipal do BNG de Ordes: María Xosé Raña, Gonzalo Castro (centro) e Ramiro Recouso.
.
Foto abaixo: As concelleiras compostelás, Elvira Cienfuegos e Socorro García (dereita).
*

miércoles, 15 de abril de 2009

O Espazo Socialista de Charo Fernández, con Aymerich


Veñen de facer público o seú "explícito apoio" a Máis BNG de Carlos Aymerich

Espazo Socialista Galego, partido integrado no BNG e cofundado pola ordense Charo Fernández Velho en novembro de 2008, ven de facer público o seu "explícito apoio" ao proxecto político de Máis BNG e á candidatura de Carlos Aymerich á Portavocía Nacional do BNG.

Aposta pola militancia
"Dende Espazo Socialista Galego -informan a través de nota informativa- cremos que Máis BNG aposta clara e decididamente polo papel da militancia, o maior axente social e electoral do nacionalismo galego, outogárdonlle un nivel de responsabilidade dende o primeiro momento e onde a reciprocidade entre a dirección política e o conxunto dos e das militantes é un valor engadido".


*

sábado, 14 de marzo de 2009

La dimisión de la Ejecutiva del BNG incluye las de Charo Fernández Velho y Cristina Amor

.
Charo Fernández pertenece al partido Espazo Socialista Galego

Cristina Amor es miembro de la corriente Encontro Irmandiño

Definitivamente, hoy podemos dar por clasurada la aventura del bipartito gallego en la VII Legislatura del Parlamento de Galicia. Si Emilio Pérez Touriño renunciaba a la secretaría xeral de los socialistas gallegos apenas un día después de conocer el nefasto resultado para sus intereses, hoy Anxo Quintana, se expresaba de igual manera durante el trancurso de una reunión del Consello Nacional del BNG.

Se van Charo Fernández Velho y Cristina Amor
Con él se van además todos los miembros de la Executiva Nacional, es decir, Francisco Jorquera, como su coordinador; y los treces que venían ocupando secretarías, entre las que se encuentran dos ordenses: Charo Fernández Velho, secretaria de Acción Feminista, y a su vez miembro del partido integrado en el Bloque, Espazo Socialista Galego; y Cristina Amor Faya, secretaria de Acción Social y perteneciente a la corriente liderada por Xosé Manuel Beiras, Encontro Irmandiño.


Foto: Cristina Amor (izq.) y Charo Fernández Velho.


*

sábado, 7 de marzo de 2009

Charo Fernández Velho encabeza el lema del BNG "As mulleres, imprescindíbeis para sair da crise"


Bajo ese nombre tendrá lugar la campaña del BNG para el 8 de marzo, Día de la Mujer Trabajadora

Charo Fernández Velho: "A saída á crise en Galiza ten que ser dende unha perspectiva feminista e nacionalista"

La secretaria de Acción Feminista de la Ejecutiva del BNG, la ordense Rosario Fernández Velho, presentó ayer viernes la campaña del BNG con motivo del Día Internacional de la Mujer, que se desarrollará bajo el lema “As mulleres, imprescindíbeis para saír da crise”. Fernández Velho estuvo acompañada por las integrantes de la Comisión Nacional de la Mujer del BNG, entre las que se encuentran Iria Aboy, Carme Adán, Encarna Otero o Elvira Cienfuegos entre otras.

Mañana domingo, manifestación en Santiago de Compostela
El BNG, a través de Charo Fernández también ha comunicado el apoyo que el BNG dará a la Marcha Mundial das Mulleres que tendrá lugar en Santiago, A Coruña y Ferrol mañana domingo al mediodía.

En Santiago, la Marcha saldrá a las 12 horas desde la Plaza del Toural con llegada en la Plaza de Marzo.

Las frases de Charo Fernández Velho
"As ideas centrais desta campaña son as de defender os dereitos laborais das mulleres para evitar que a crise provoque unha feminización da pobreza e defender a autonomía persoal e económica das mulleres"

"Para o BNG é prioritario evitar a saída das mulleres do mercado laboral, e que isto provoque unha volta das mulleres ao ámbito privado do fogar"

"A saída á crise en Galiza ten que ser dende unha perspectiva feminista e nacionalista”.

*

miércoles, 25 de febrero de 2009

Castro: "O BNG só se debe a todos vós, ás xentes que traballan porque este país avance"

.
Os ordenses, na procura dun Presidente da Xunta (III)

Francisco Jorquera: "A actual crise económica é a crise do modelo imposto pola dereita"

O BNG presentouse unha vez máis antes os ordenses nesta campaña electoral, esta vez da man do seu portavoz municipal, Gonzalo Castro; das candidatas ao Parlamento de Galicia, Charo Fernández Velho e Ana Pontón; e do deputado do Congreso de Madrid, o ferrolán Francisco Jorquera.

Presentou esta nova cita Castro, introducindo á forza política aos cerca de 200 veciños e veciñas que se deron cita no restaurante O Túnel a pasada noite. "O BNG só se debe a todos e todas vos, as maiorías do noso pobo, á clase traballadora, aos autónomos, aos pequenos e medianos empresarios, en definitiva, ás xentes que traballan porque este país avance", anunciaba Gonzalo Castro. "O BNG traballo durante tres anos e medio por poñer ao goberno galego ao servizo do país e das súas xentes".

Charo Fernández: "Crearánse 10.000 novas prazas nas Galescolas"
Continuou coa charla a ordense Charo Fernández Velho, quen centrou a súa intervención nas necesarias intervencións públicas na economía co obxectivo de atallar a crise económica que actualmente asola a medio mundo. Para Fernández Velho, "é responsabilidade das Administracións públicas buscar saídas á crise económica", e con este obxectivo, e entre outras propostas, os lexisladores nacionalistas buscarán "reformar a lei de caixas de aforro". Tamén a igualdade e a educación tive acollida nas palabras da ordense, quen asegurou que a forza nacionalista "impulsará a creación de 10.000 novas prazas nas Galescolas na vindeira lexislatura".

Francisco Jorquera: "O BNG non se deixou chataxear ante as críticas e as difamacións dun medio de comunicación"
Máis explícito foi o deputado Francisco Jorquera na súa intervención, quen manifestou a aposta que sempre fixera o BNG "sobre a economía productiva, de raíces, e non na especulativa", na que estivo baseada, ao seu xuízo, a política económica do PP no pasado. "Máis autogoberno", foi o que prometeu Jorquera cun BNG forte no Parlamento de Galicia. "Reforzar o autogoberno para dotar ao pobo galego de capacidade para deseñar políticas públicas que sirvan aos nosos intereses", decía Jorquera.

Co ferrolán vivíronse os momentos máis tensos do mitin, sobre todo cando o nacionalista expresou o seu frontal rechazo hacia "determinado medio de comunicación contrario ao BNG". Para Jorquera, "antes as súas calumnias e difamacións, o BNG non se deixou chantaxear", rematando cos aplausos dos presentes. O PP, asegurou o nacionalsita está intentando "enlamar" o campo de xogo "para que a xente non vaia a votar o 1 de marzo e así de carambola conseguir gañar as elecións".

Ana Pontón: "O BNG cumpriu co mandato recibido polos votantes en 2005"
Pechou a noite a candidata número 2 pola provincia de a Coruña, Ana Pontón, quen insistiu na necesidade de que todos vaian a votar e "ninguén quede na casa o 1 de marzo" nestas elecións que son "as máis importantes que tivemos nos últimos anos". Para Pontón , o BNG "cumpriu con mandato" recibido en 2005 polos votantes de impulsar un cambio en Galicia. Por primeira vez, aseguraba Pontón "o goberno de Galiza co BNG puxo en primeiro lugar a defensa dos intereses de Galiza".

Podes ver o vídeo do mitin facendo clic baixo estas liñas.





*

lunes, 23 de febrero de 2009

Mitin do BNG mañá martes con Francisco Jorquera

Terá lugar ás 21 horas de mañá martes no restaurante O Túnel

O BNG ordense prepara o seu mitin electoral para mañá martes 24 de febreiro ás 21 horas no restaurante O Túnel. O seu portavoz municipal, Gonzalo Castro, estará acompañado nesta ocasión pola candidata ao Parlamento, Charo Fernández Velho; o deputado do Congreso de Madrid, Francisco Jorquera; e pola candidata número 2 pola nosa provincia ao Parlamento de Galicia, Ana Pontón.


.
¿Quen é Francisco Jorquera?
Nacido en Ferrol en 1961, é licenciado en Xeografía e Historia pola USC. Dirixente estudiantil na súa etapa universitaria (fundador dos CAF e Secretario Nacional de ERGA). Membro fundador e coordinador executivo do BNG. Foi senador en Madrid na lexislatura 2004-2008. É o coordinador de Alianza Galeuscat polo BNG. Na actualidade é deputado e portavoz do BNG no Congreso de Madrid. Está casado e ten unha filla.
*

miércoles, 18 de febrero de 2009

Castro responsabiliza ao goberno municipal de non ter conseguido xa o Centro de Día e a Galescola para Ordes

.
Gonzalo Castro: "A Galescola e o Centro de día de Ordes poderán ser unha realidade cun BNG máis forte no goberno galego"
.
Tareixa Novo: "A lexislatura que ven será na que os galegos e galegas se poderán beneficiar dos dereitos e prestacións recoñecidos pola Lei de Dependencia"
O BNG ordense celebrou hoxe un acto informativo cos maiores e dependentes do noso Concello, onde se explicaron as políticas de Benestar da Vicepresidencia da Xunta.

O acto contou coa intervención de Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG; Charo Fernández Velho, candidata do BNG ás Eleccións ao Parlamento de Galicia; e Tareixa Novo, Delegada Provincial da Vicepresidencia da Xunta de Galicia, quen realizou un repaso ás políticas de Benestar realizadas desde a Vicepresidencia de Xunta na lexislatura 2005-2009, destacando a construcción de 53 Centros do Día, o que supón, segundo a delegada, "un avance sen precedentes nas políticas públicas de atención aos nosos maiores”.

Novo salientou tamén a creación do servizo de Xantar na Casa e do transporte adaptado do 065, ademáis de informar e resolver as consultas dos asistentes sobre cuestións relacionadas coa aplicación da Lei de Dependencia.

As frases de Tereixa Novo, delegada provincial da Vicepresidencia da Xunta
"A vindeira lexislatura será a lexislatura na que todos os galegos e galegas se poderán beneficiar dos dereitos e prestacións recoñecidos pola Lei de Dependencia"

"O BNG xa conseguiu corrixir na negociación dos Orzamentos do Estado para o 2009, coa consecución de 60 millóns de euros para a atención dos Dependentes"

"É necesario abordar unha reforma do Estatuto de Autonomía que permita a Galiza contar cun financiamento axeitado para dar atención aos maiores e dependentes do noso país, algo que forma parte dos obxectivos fundamentais do BNG para a próxima lexislatura"

A frase de Charo Fernández Velho, candidata ao Parlamento
"O BNG foi o auténtico motor do goberno galego na consecución de avances na igualdade real entre o homes e mulleres"

As frases de Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG
"En Ordes xa poderíamos contar na actualidade cun Centro de Día e unha Galescola, se non fose porque o Goberno Municipal se nega a integrarse no Consorcio Galego de Servizos para o Benestar e a Igualdade da Vicepresidencia da Xunta"

"O Centro de Día e a Galescola en Ordes poderán ser unha realidade na vindeira lexislatura se o BNG ten máis forza no goberno galego"

*

lunes, 26 de enero de 2009

Quintana pidió en Ordes apoyos "para consolidar un sendeiro de cambio"

.
El mitin preelectoral corrió a cargo de Anxo Quintana, Ana Pontón, Charo Fernández y Gonzalo Castro

Ante algo menos de 300 personas se presentó el BNG en campaña preelectoral esta fría noche de 26 de enero en la discoteca LP45 del Campo da Feira. Iniciaba el turno de intervenciones el anfitrión, Gonzalo Castro con un discurso centrado en poner de manifiesto la acción del gobierno nacionalista en la Xunta de Galicia durante la campaña política 2005-2009. "Confianza en Galiza" definió el local Castro al trabajo de la fuerza nacionalista. "Políticas que a nosa comarca e o noso concello ten constatado e se ten beneficiado das mesmas", como fue, según el portavoz municipal, las acciones desarrolladas por la Dirección Xeral de Comercio "para apoiar, fomentar e apostar polo comercio tradicional do Concello de Ordes". También de "nefasta" definió la gestión del Partido Popular durante su periodo de gobierno autonómico. Respecto a la política local, Castro destacó la labor de la Consellería de Innovación e Industria en dotar de "servizos básicos" al polígono industrial de Ordes con banda ancha de internet. Algo que según él, "nunca fixera o PP en dezaseis anos de goberno".

Puedes ver la intervención de Gonzalo Castro haciendo clic bajo estas líneas:




"Mil primaveiras máis para o galego"
La intervención de Castro dejó paso a la también ordense Charo Fernández Velho, integrante de las listas por la provincia de A Coruña como número 10. "O BNG está con todas as persoas que viven en Galiza", decía. Centraba su discurso la candidata en alabar la proximidad y la participación de la gente en la acción política del BNG. También hizo hincapié en las políticas de Igualdad y Bienestar de la Xunta nacionalista, y en las "mil primaveiras máis" como ya dijera el poeta Alvaro Cunqueiro, y que también Fernández le augura a la lengua gallega.

Puedes ver la intervención de Charo Fernández haciendo clic bajo estas líneas:




El voto emigrante en urnas
Cogía el relevo a continuación la número 2 de la provincia, Ana Pontón, quien mostró un debate duro y firme tocando temas tan delicados como la actual crisis económica, el sistema gallego de bienestar o el sistema sanitario. A Pontón le costaba entender el "regalo de 150.000 millóns de euros que lle fixo o Estado aos bancos sen garantes de que eses euros cheguen finalmente aos empresarios, comerciantes e emprendedores". También la candidata hacía mención a la necesidad de que los gallegos en el extranjero puedan votan en próximos comicios en urnas. Sobre las políticas de Bienestar, Pontón subrayaba que "no 2005 non había unha soa praza pública en centros de día", y destacaba también la necesidad de ampliar la cobertura de la financiación de la ley de dependencia. Según la del BNG, "o Estado español non dotou de fondos suficientes o financiamento da lei".

Cerraba su intervención Ana Pontón con una calurosa dedicatoria a la lengua gallega. "O PP se dedicou a atacar á nosa lingua. Dicían que era o español que estaba en perigo na Galiza", para terminar con una esperanzadora "A lingua galega é unha das grandes creacións do noso pobo".

Puedes ver la intervención de Ana Pontón haciendo clic bajo estas lineas:



+ apoios ao BNG = + Respeto a Galiza en Madrid
Ya por último, el candidato a presidente de la Xunta por el BNG, Anxo Quintana, concluía el encuentro preelectoral con unas palabras muy próximas a las que ya ofreciera en la Convención Electoral Nacional del BNG y que sin duda, será muy buena parte del mensaje que el candidato va a lanzar durante la campaña que se inicia oficialmente el 13 de febrero. Quintana insistió en la "oportunidade que se abre para consolidar un sendeiro de cambio". Máis apoios ao BNG, decía Quintana, "máis respetos a Galiza dende Madrid".

Tampoco se olvidó de repetir el que ya sin duda es el eslogan de esta precampaña de que para votar al BNG no hace falta ser nacionalista. "O BNG é punto de encontro de todos aqueles que se senten galegos. Sexamos e exerzamos como galegos", pedía Quintana a una audiencia entregada. "Ser da terra é unha razón máis que suficiente para votar ao BNG". Y se cerraba el mitin cerca ya de las 22 horas mientras la sitonía del 'Xente' de Berrogüetto invadía la famosa discoteca ordense.

Puedes ver la intervención de Anxo Quintana haciendo clic bajo estas líneas:



Conoce su sintonía, 'Xente', de Berrogüetto:




*

sábado, 17 de enero de 2009

Charo Fernández: "Agora si estamos en condicións de ser os guías do goberno galego"

.
Charo Fernández Vello é do Balado. Docente e nai de dous fillos, un de 19 anos –estudante de primeiro curso de Dereito en Santiago- e outro de 13. Logo de case outros tantos anos de letargo político de primeira fila, Anxo Quintana despertouna dese sono para incorporala ás listas nacionalistas do BNG pola provincia da Coruña. Ocupará o posto número 10 e será a segunda representante compostelá nas listas despois da parlamentaria é número 2, Ana Pontón. Polo momento, a profesora, quen tamén vivira por catro anos en Fene, será a única ordense presente nas listas autonómicas de todos os partidos que concurrirán ás eleccións autonómicas do 1º de marzo.

Quedamos para facer esta entrevista nunha cervexería da rúa Mediodía. Cheguei uns poucos minutos tarde e alí estaba ela co seu café con leite xa rematado e pasando as follas do boletín Be-Ne-Gá que según me confesara, acabara de recibir. Preguntoume polos meus orixes familiares. Coñecíaos. Sorprendeuse de que algúen chamado Renato fora, efectivamente de Ordes.

Vai ser esta a máis grande experiencia electoral de Charo Fernández?
Bueno, para min foi moi importante fundar o BNG en Ordes e presentarnos por primeira ou segunda vez, segundo coma se mire, porque hai que respetar tamén as cuestión históricas, por Ordes. Para min esa foi a miña pimeira gran experiencia electoral.
.
Que lembras daqueles anos?
Moita ilusión, capacidade de traballo, moito compañerismo e reunións, e moita capacidade de comunicación coa xente. De feito, daquela volta o respaldo que tivéramos fora impresionante porque conseguíramos catro concelleiros. Lembro tamén moita alegría cando os resultados sairon públicos pola televisión. Estabamos reunidos aquí nun bar moi cerca –a entrevista realizouse na cervexería Bulldog da Rúa do Mediodía- e sairon por Ordes catro concelleiros. A cousa mereceu tanto comentario que lembro a Xosé Manuel Beiras facendo mención ao concello de Ordes. Ese foi quizá, o momento máis emocionante da miña vida política.

Tamén o teu momento como concelleira en Ordes sería especialmente apaixoante …
Dende logo. Ademáis lembro que foi unha lexislatura moi intensa, con moitas propostas e moita loita social.
.
Presente en varias plataformas cidadás
Que razóns existían naqueles anos para facer política nacionalista?
Existían moitas razóns polas que moverse a sociedade, e en Ordes creáronse dinámicas moi interesantes que pensó algún día deberíanse poder recoller nalgún libro. Naquela altura foi cando se creou a plataforma en contra de Sogama. Se creou tamén a plataforma para reclamar a creación do novo instituto, tan necesario nun momento de tanta precariedade no ensino. Lembro tamén con moito cariño toda a acción social que se desenvolveu en Ordes, que é un concello que parece que ten pouca historia, pero tan tantísima historia de movemento en contra da guerra e que tivo tamén moi boa resposta social.

E quenes foron aqueles catro aventurados novos concelleiros da corporación?
Estaba o cabeza de lista, Ramiro Recouso; de número dous ía eu; de número tres Victorino Cores; e de catro foi Manolo Recouso, de Parada.
.
Que feito motivou a fundación do BNG de Ordes?
O xerme do BNG aquí foi as eleccións europeas ás que se presentou Encarna Otero como candidata, e fomos un grupo de persoas da Asociación Reintegracionista de Ordes que fumos ao seu local en Compostela a reclamar cartaces de Encarna para pegar. (Rí lembrando). Iso foi o xerme, xerme.

De que ano estamos a falar?
Ui… pois mira, cando foron as eleccións eu estaba embarazada do meu segundo fillo que ten agora 13 anos…Pois calcula trece anos para atrásTratáronse das eleccións ao Parlamento Europeo de 12 de xuño de 1994 e que gañara o PP encabezado por Abel Matutes. O BNG obtivera o 0,75% do sufraxio con 139.221 votos-.
.
"O BNG pelexará polas áreas representativas e de maior responsabilidade"
Hacia onde apunta o BNG nestas inminente eleccións autonómicas do 1 de marzo?
O BNG ten un proxecto mi claro de sociedade e aspira a gobernar. A nosa campaña e a nosa vontade é que o próximo presidente do goberno galego sexa Anxo Quintana. No caso de que a sociedade galega decida que a fórmula teña que ser a través dun goberno bipartido, o BNG tentará con todas as súas forzas que ese goberno se articule de xeito que a sociedade galega se vexa beneficiada e pelexará polas areas máis representativas e de maior responsabilidade. Nós pensamos que agora si estamos en condicións de asumir a responsabilidade de ser os guías do goberno galego.
.
Cal debe ser a clave para gobernar para todos os galegos e galegas?
O BNG sempre tivo na súa cabeza gobernar para toda a sociedade. A clave para facelo é tendo moi claros os principios: a transparencia, a democracia, pensar en políticas que beneficien á mayoría social e actuar pensando en Galiza e defendendo exclusivamente os intereses dos galegos e galegas. Isa é a gran oferta que lle fai o BNG á cidadanía galega.

Que poderán facer os parlamentarios nacionalistas no Hórreo pola nosa comarca ordense?
Realmente do que se trata é de planificar para todo o país. O progreso vai en rede, e as políticas teñen que estar pensadas e implantadas en rede. O que necesita nosa comarca é o que necesita o conxunto do noso país: máis emprego, máis benestar, máis igualdade, recursos para que a xente moza non teña que abandoar a nosa comunidade, formación… Tamén é moi importante facer políticas para mulleres, en Ordes hai un sector moi importante e representativo de mulleres traballadoras. É necesario tamén articular algún mecanismo de coordinación para os concellos e o propio goberno galego. Nese sentido o BNG ten unha experiencia qué e básica, a do Consorcio.
.
"Hai tantísimas razóns para votar ao BNG..."
Que significa realmente o que penso que xa é o 'seudolema' do BNG nesta campaña, e foi dito polo propio Quintana de que “para votar ao BNG non fai falta ser nacionalista”?
Penso que non hai que darle máis rodeos. Hai tantísimas razóns para votar ao BNG que a cidadanía pode escoller, por exemplo, a súa acertada xestión no goberno galego. Nós somos unha forza política que ten unha tradición. O BNG non xorde da nada, xorde a partires dunhas historia e un proxecto que se deseña por Castelao e que se vai actualizando a medida que vai avanzando. Penso que nesa frase de Quintana en absoluto o BNG vai renunciar aos seus postulados ideolóxicos porque o nacionalismo está centrado en Galiza, pero trástase dunha ideoloxia solidaria que entende que Galiza está no mundo. Os votantes do BNG poden participar en maior ou menor medida desa ideoloxía, pero do que si estamos seguras e seguros é de que todas e todos as galegas e galegos van querer o mellor para este país. Nese momento que se recoñecen como galegas e galegos non sei que contradicción poder haber en identificarse ou non como nacionalistas.

Se tivera que destacar un só logro do goberno nacionalista nesta lexislatura que agora remata, cal sería?
Para min o máis importante son as políticas de igualdade do BNG, pero iso non significa que isa fora a única ou a máis acertada xestión do goberno nacionalista, pero como feminista véxome na obriga de destacar a responsabilidade do BNG na área de Igualdade.
.
Dase a circunstancia de que nas listas do BNG presentadas pola provincia da Coruña os representantes da comarca compostelana sexades todas elas mulleres: a actual parlamentaria Ana Pontón; ti; a concelleira de Ames, Mercedes Vidal; e Victoria Rei, de Dodro…
Si, ainda que cando fixemos as listas eu non me decatei diso. Eu o que miraba é que foran listas cremalleira, porque é a única forma de que as mulleres poidan acceder a cargos de responsabilidade. Cando eu era concelleira aquí, era a única muller da corporación.
.
Que me podería contar de Ana Pontón?
Ana ten moitísima experiencia na política. É unha muller absolutamente comprometida co proxecto do BNG e penso que non vai ter ninguna dificultade en asumir novas responsabilidades. E unhá verdadeira referencia como muller nacionalista. Pódoche dicir dela que non sei cantas comisións de muller teríamos na organización durante este tempo, pero moitas, e que non faltou a unha soa. Está absolutamente comprometida tamén co feminismo. Non lembro unha soa comisión de traballo dentro do BNG que fixéramos á que non asistise Ana Pontón, sendo uha muller coas responsabilidade que tiña xa no Parlamento. Daba igual que se puxera ás 16.30 h. que as 20.30 h., ela alí sempre estaba. Desde logo, é un valor que temos no BNG.
.
E de Anxo Quintana?
Ten unha virtude que é ter unha gran capacidade de comunicación e ten un coñecimento moi profundo do que necesita Galiza, e unha capacidade de conectar co pobo que eu admiro. É unha persoa moi próxima.

Alfredo Suárez Canal...?
Para min o seu gran mérito é que soubo cambiar a dinámica de converter o agro dun espazo en decadencia nun espazo de acción, nunha fonte de benestar para Galiza, de tal maneira que agora é posible que agora a mocidade poida quedar no agro e vivir moi dignamente nel. Aparte de que a nivel personal, de verdade que é unha persoa encantadora.

E de Teresa Táboas?
A vivenda digna é un dereito básico da cidadanía e iso era algo que estaba esquecido. E a preocupación porque todas as persoas poidan ver cumprido ese dereito, penso que é o motor de todas as políticas de vivenda.
.
"Convido á cidadanía ao acto preelectoral de Anxo Quintana en Ordes o luns 26 de xaneiro"
Onte sabiamos que o luns 26 de xaneiro vai estar Anxo Quintana en Ordes ofrecendo unha charla. Que lle diría aos ordenses, nacionalistas ou non, para que asistiran ao acto preelectoral?

A cidadanía de Ordes xa escoitou noutras moitas ocasións a Anxo Quintana, polo que non será a primeira vez. Desta volta, a visita que nos fai é moi importante porque ten que ver coa constitución do futuro Parlamento. Escoitar a mensaxe que nos ten que trasladar Anxo Quintana penso que é fundamental. Quero animar a toda a cidadanía a que asistan a este acto para poder coñecer de primeira man cal é a mensaxe do BNG, e ninguén mellor que o candidato á Presidencia da Xunta.

De quen virá acompañado?
Estará o grupo municipal do BNG e estará tamén Ana Pontón que é realmente a candidata do BNG pola provincia e xa ten estado aquí connosco máis veces. Para mi é unha honra que veña Anxo Quintana a Ordes, e que veña Ana Pontón acompañando, pois máis aínda.
*

domingo, 11 de enero de 2009

El Consello Nacional del BNG confirma a Charo Fernández como la 10º en la lista por A Coruña

.
No hubo sorpresas, aunque sí movimientos en la parte baja de la candidatura

Encontro Irmandiño se debilita y Movemento pola Base está al borde de la guerra civil

Finalmente el Consello Nacional del BNG aprobó ayer tanto las candidaturas como el programa oficial para las elecciones autonómicas del próximo 1 de marzo. Como ya se presuponía desde hace días, serán Anxo Quintana (A Coruña), Teresa Táboas (Pontevedra), Fernando Blanco (Lugo) y Alfredo Suárez Canal (Ourense) los cabezas de las listas de las cuatro provincias.

Por lo que a nuestra comarca respecta, será nuevamente Ana Pontón la candidata a convertirse en parlamentaria. En esta ocasión ocupará un puesto privilegiado, el de número 2, el mismo que ocupara Anxela Bugallo en las autonómicas de 2005 y que la conviertieron, de concelleira de oposición en Teo, en conselleira de Cultura e Deporte.

Puedes ver un video de Ana Pontón en una conferencia en Ordes el pasado 11 de diciembre bajo estas lineas



¿Tendría posibilidades de convertirse Pontón en conselleira en un hipotético nuevo bipartito?
"Por posibilidades, calquera as ten, ainda que non formen parte siquera das listas", nos aseguraba un miembro del BNG presente en la convención nacionalista de ayer en el pabellón del Restollal de Santiago. Los políticos son muy poco amigos de hacer cábalas con gente de fuera del partido, si bien apuntan en este sentido que la labor de Ana Pontón en la comarca compostelana "en principio non tería por que verse interrumpida".

Las lista también traen una buena noticia para nuestra villa. La presencia, aunque testimonial, de la ordense Charo Fernández Vello, integrante del nuevo partido 'Espazo socialista' y miembro de la Ejecutiva Nacional del BNG. Ocupará, tal y como había propuesto la ejecutiva de la formación, el puesto número 10 de las listas coruñesas. Se cae de la lista la profesora de Economía de la Universidade de Santiago de Compostela, Xulia Guntín, quien ocupaba el número 14º. Su puesto será ahora ocupado por la concelleira amiense Mercedes Vidal, quien en la propuesta de la ejecutiva se situaba en el puesto 23º de los 24 que integran la lista.
Dejará esta posición, inmediatamente anterior al actual diputado Pablo González Mariñas -considerado como un puesto de honor-, a la concelleira de Dodro, Victoria Rei.
Serán por tanto, doce hombres y doce mujeres los propuestos a ser parlamentarios en O Horreo. Sólo unos pocos lo conseguirán. En esta legislatura que ahora termina, la séptima desde la primera de 1981, fueron cinco los nacionalistas -Quintana, Pontón, Aymerich, González Mariñas y Blanco Parga.

¿De qué opoyo interno gozaron?
La lista fue aprobada por un 84,5% de votos afirmativos, un 13% de votos en contra, y un 2,5% de abstenciones. Asimismo, el programa fue aprobado con un 82% de votos a favor, un 14% en contra y un 3% de abstenciones.

Todo esto llega en un momento en donde existe una fuerte resistencia de determinadas familias nacionalistas a las listas oficiales, y que bien pudieran representar ese 13-14% crítico. El Encontro Irmandiño reconoce en su web haber votado 'non' al programa y las candidaturas presentadas porque estas "non contemplan na súa composición a pluralidade existente no BNG". Según los irmandiños, "todos aqueles que integramos ou apoiamos listas distintas á “oficial” non contaremos con presenza no futuro grupo parlamentar e, lembremos, somos perto do 40% da militancia activa".
Los irmandiños habían propuesto al cooperacionista Raúl Asegurado (responsable de la Asociación por el Interés Solidario “O Peto”, un modelo de banca alternativa), y a Mónica Díaz (miembro del Consello Nacional del BNG a propuesta de los irmandiños, y miembro también del Comité de Empresa de Atento, multinacional de servicios telefónicos) por nuestra provincia. Candidaturas ambas que ni siquiera fueron tomadas en consideración por la Ejecutiva.

Movemento pola Base, al borde del cisma
Peor papel le está tocando jugar a los minoritarios del Movemento pola Base, quienes van camino de, o bien de convertirse en un colectivo marginal o bien de "rehabilitarse" como ya hicieran otros miembros nacionalistas con la escisión de Esquerda Nacionalista -que contaba con unos 300 militantes-en abril de 2008.

Otro camino que se le abre a esta formación es "traballar nun novo proxecto político", como ya ha comunicado públicamente uno de sus sectores, el encabezado por Antolín Alcántara y Manuel Mera, con motivo de las, a su juicio, "maniobras" del sector capitaneado por Miguel Anxo Abraira y Fermín Paz, "para apropiarse da organización".

Los Movemento pola Base están convocados a una asamblea para el próximo 7 de febrero "sen ter en conta a 14 dos 25 membros da Mesa Nacional", según Alcántara. La fuerte crisis vivida en el Movemento pola Base explícase, según informa Vieiros, "pola relación dos seu militantes co BNG e coa CIG". Mientras el sector de Paz y Abraira -polabase.net- abogan por dar pasos para crear una nueva organización política soberanista al margen del BNG, "Alcántara e Mera -polabase.org- apostan por continuar dentro da fronte cun posicionamento crítico".

Pero, sin duda, más problemática aún podría ser la relación con la CIG, debido a que muchos de sus militantes proceden del mundo sindical. "O sector de Paz e Abraira apostaba por pelexar contra Suso Seixo (UPG) no congreso que se celebrará este ano, mentres que o de Alcántara e Mera non vía tan clara esta estratexia", informa Vieiros. Además, concluye el diario digital, "o conflito polas siglas e polos dominios da web pode rematar nos tribunais".

"Para votar al BNG no hace falta ser nacionalista"
Todo este cambalache está disgustando, y mucho, al sector oficialista del BNG. Más aún cuando el propio Quintana viene de reconocer que "para votar a la organización no hace falta ser nacionalista", un sub-lema que podría abrir la puerta a miles de votantes, pero que pondría los pelos de punta a más de algún bloqueiro de los de toda la vida. "Estes son os problemas que se derivan dun exceso de democratización interna como é o que vive o BNG", nos decía un conocido miembro de la formación sobre todas estas circunstancias que están convirtiendo al BNG en uno de los objetos de deseo más codiciados por parte de tantos gallegos.

La lista definitiva del BNG por la provincia de A Coruña
1.- ANXO QUINTANA GONZÁLEZ.
2.- ANA PONTÓN MONDELO
Santiago. Membro da Executiva Nacional. Deputada no Parlamento de Galiza.
3.- CARLOS AYMERICH CANO
A Coruña. Membro da Executiva Nacional. Deputado no Parlamento de Galiza.
4.- ANA LUÍSA BOUZA SANTIAGO
A Coruña. Directora Xeral do Servizo Galego de Igualdade. Membro do Consello Nacional.
5.- FERNANDO BLANCO PARGA
Ferrolterra. Deputado no Parlamento de Galiza.
6.- PURA FERREÑO SAIA
A Coruña. Portavoz Municipal de Coirós.
7.- MANUEL ANTELO PAZOS
Costa da Morte. Responsábel Portavoz comarcal do BNG. Portavoz municipal en Vimianzo.
8.- DOMINGA BRIÓN SANMIGUEL
A Barbanza. Portavoz municipal en Ribeira.
9.- XOSÉ REGUEIRA VARELA
Bergantiños. Responsábel Portavoz comarcal do BNG.
10.- ROSARIO FERNÁNDEZ VELLO
Santiago. Membro da Executiva Nacional.
11.- MANUEL GONZÁLEZ LÓPEZ
Muros-Noia. Concelleiro en Outes.
12.- ANABEL RAMOS RÚA
A Montaña. Concelleira do Goberno municipal de Melide.
13.- ARMANDO CARRIL CASANOVA
A Montaña. Membro da Permanente e da Dirección Nacional de Galiza Nova.
14.- MERCEDES VIDAL BAAMONDE
Santiago. Concelleira en Ames.
15.- DAVID PENA DÍAZ
A Coruña. Avogado. Presidente da Asoc. de Veciños de Monte Alto.
16.- RITA COUTO SEIXIDO
Ferrolterra. 1ª Tenente de Alcalde en Fene.
17.- IAGO VARELA MARTÍNEZ
Ferrolterra. Responsábel comarcal de Galiza Nova.
18.- ANA VÉREZ GÓMEZ
Ferrolterra. Membro do Consello Local de Ferrol. Ex-concelleira en Ferrol.
19.- RAMÓN VERAS CASTRO
A Coruña. Médico. Actividade sindical na CIG.
20.- DORES TORRADO ARES
A Barbanza. Concelleira en Boiro.
21.- ÓSCAR ÍNSUA LEMA
Costa da Morte. Portavoz municipal en Corcubión.
22.- ÁNXELA FRANCO POUSO
Muros-Noia. Portavoz municipal en Porto do Son. Membro do Consello Nacional.
23.- VICTORIA REI MARIÑO
Santiago. Concelleira en Dodro.
24.- PABLO GONZÁLEZ MARIÑAS
A Coruña. Deputado no Parlamento de Galiza.

*

jueves, 1 de enero de 2009

La ordense Charo Fernández Velho estará en el 'top ten' del BNG provincial el 1 de marzo

.
Ocupará el puesto número 10 de las listas nacionalistas
.
La ejecutiva del BNG ya ha propuesto la lista que presentarán de cara a las próximas elecciones autonómicas de 1 de marzo. A la espera de que el consello nacional del BNG las eleve a definitivas el próximo 10 de enero, la ordense Rosario "Charo" Fernández Velho formará parte de sus listas por la provincia de A Coruña como su número 10. Contrariamente a lo que La Voz de Galicia refleja en su edición de ayer donde la consideran como una "reconvertida" integrante de una de las corrientes críticas del BNG, Charo Fernández forma parte del novísimo partido Espazo Socialista Galego fundado en noviembre de 2008 como una escisión de la parte más moderada de la ya extinta Esquerda Nacionalista. Según fuentes consultadas del BNG por este medio, Chelo Fernández nunca tuvo relación política cercana alguna con el ex eurodiputado Camilo Nogueira, tal como recoge La Voz al definirla igualmente como "camilista".
.
¿Quiénes forman el Espazo Socialista Galego?
El partido fue fundado por miembros de la antigua Esquerda Nacionalista junto a otros próximos a Nogueira. A su frente como secretario xeral se encuentra el delegado de Vivenda en A Coruña, Xoán Bascuas. Junto a este y Charo Fernández, se encuentran como miembros más destacados del partido, el diputado autonómico Xosé Ramón Paz Antón; y el director xeral de Produción, Industrias e Calidade Agroalimentaria, Antonio Oca.

¿Quién es Charo Fernández Velho?
Licenciada en Filología Gallego-Portuguesa por la USC, su perfil profesional y político estuvo siempre muy centrado en la defensa de la lengua gallega y los derechos de la mujer. Ejerce la docencia como profesora de Lengua y Literatura Gallega en el IES Maruxa Mallo de Ordes. Fue fundadora del BNG en Ordes, donde también fue concelleira. En la actualidad es miembro de la ejecutiva nacional del BNG. Fue vicepresidenta de la asociación reintegracionista Associaçom Galega da Língua (Agal). Está casada y tiene dos hijos.

*