sábado, 23 de abril de 2011

UxO e BNG: fieis, PP e PSdG: renovadores

Coñece quen repite nas listas dos partidos políticos que concurren polo concello de Ordes

A publicación das listas electorais para a próxima convocatoria de eleccións locais trouxo non poucas sorpresas ás listas dos partidos concurrentes polo noso municipio. Así, a renovación chegou en profundidad ao PSdG-PSOE, no que apenas quedan dous supervivientes da etapa de Esther Couto. Tamén o PP configurou unha lista moi renovadora coa inclusión de varios nomes que en 2007 engrosaron as listas de Terra Galega (TEGA).

Sen embargo, UxO e BNG manteñen unha forte aposta polo equipo de 2007 ao confiar en boa parte dos mesmos integrantes. Entre eles, o BNG mantense como a forza menos renovadora ao integrar en 2011 ata a quince nomes supervivintes das eleccións locais de 2007.

Manuel Regos (UxO)
Unión por Ordes (UxO)
Unha lista moi estable. Repite Manuel Regos como cabeza de lista. Silvia Marín pasa do segundo (2007) ao terceiro lugar en 2011. A entrada do ex líder de Terra Galega en Ordes, Roberto González como número catro despraza a José Luis Gómez Candal ata a sexta posición, cando en 2007 foi no segundo posto. José Ramón Vázquez Raña pasa da cuarta posición en 2007 á terceira en 2011.

Terán unha nova oportunidade nas listas José Ramón Loureiro (sétimo en 2007 e octavo en 2011), Salomé Barallobre (de oitavo pasa ao noveno), Manuel Bestilleiro (de 12º a 11º), Yolanda Rodríguez (de 15º a 14º), e Leoncio Gómez (de 17º a 12º en 2011). Como suplentes repite Fátima Candal (suplente quinta a suplente décima).

María José Cao pasa das listas de Terra Galega en 2007 (posto 11º) a suplente novena con Regos en 2011.

José Luis Martínez Sanjurjo (PP).
Partido Popular (PP)
Renovadora e integradora dalgúns ex Terra Galega. A actual concelleira Susana Mosquera pasa da segunda posición á terceira en 2011. María José Sueiro repite no posto número 12º e José Manuel Gestal convértese en promesa electoral popular ao pasaren de suplente sexto directamente ao quinto lugar nas listas de 2011.

Pero sen dúbida o que chama a atención da lista dos populares en 2011 é o trabase de nomes dende Terra Galega (TEGA). Así, o propio candidato popular á alcaldía (número 1 polo PP en 2011), José Luis Martínez Sanjurjo, ocupou o posto número 3 de TEGA en 2007. Xunto a el atopábamos os nomes de Dolores Caamaño (quinta en TEGA e agora oitava nas listas do PP en 2011), Óscar Luaces, de 15º en TEGA 2007 pasou a ser o 17º do PP en 2011, e Isabel García (17º en TEGA en 2007 e suplente primeira do PP en 2011).

Tamén convén destacar que Luis Caamaño pasa das listas de UxO como o seu número sexto en 2007 á engrosar as do PP como o seu número sétimo en 2011.

Xesús Pedreira (PSdG-PSOE).
Partido dos Socialistas de Galicia- Partido Socialista Obreiro Español(PSdG-PSOE)
Unha lista completamente renovada. O actual concelleiro de Sanidade, Medio Rural e Medio Ambiente, Xesús Pedreira renova a lista socialista practicamente por completo. Ademais de si mesmo, que pasa de ser o número dous a encabezar a lista, soamente existe Sol María Monje Garabato coma supervivente da etapa de Esther Couto, quen pasa de ocupar o décimo posto en 2007 ao 12º en 2011.

Os nomes de Ana María Álvarez (terceira en 2007 no PSdG-PSOE) e Xesús Pampín (quinto en 2007) pasan a engrosar a candidatura de Cidadáns de Galicia (CideGa) en 2011 como os seus números un e dous respectivamente.

Gonzalo Castro (BNG).
Bloque Nacionalista Galego (BNG)
Quince repiten candidatura. O tándem Gonzalo Castro e Ramiro Recouso repite como número un e tres respectivamente. O posto de María Xosé Raña como número dous pasa a Monserrat Rey, quen en 2007 ocupaba a sétima posición, quedando aquela na simbólica posición 17º en 2011.

Rosa Neira repite no posto número quinto ao igual que Juan Carlos García (14º en ambas convocatorias). Pablo Vidal sufre nesta convocatoria un espectacular ascenso dende o posto número 11 en 2007 ata a cuarta posición. José Antonio Raña pasa do oitavo ao sexto lugar en 2011 e Lino Gaudeoso móvese do sexto ao sétimo posto. Gonzalo Álvarez Prado de ser noveno en 2007 ao décimo lugar en 2011. Pilar Rivera de 12º a 15º, Paula Costa, de 13º a novena, e Manuel Veiras de 15º a 16º. Óscar Martínez pasa de suplente primeiro ao posto 11º. Unicamente repite como suplente Vanesa Liñares, de terceira en 2007 a sexta en 2011.

*