Mostrando entradas con la etiqueta Ana Hervés. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ana Hervés. Mostrar todas las entradas

jueves, 5 de julio de 2012

Belén do Campo promete melloras no ensino de Ordes


De esq. a der. Ana Hervés, Mercedes Barros, Belén do Campo, José Luis Martínez Sanjurjo e Susana Mosquera, onte no CEIP Campomaior.
A delegada territorial da Xunta de Galicia tivo onte un encontro con representantes da comunidade educativa do CEIP Campomaior


Ana Hervés (ANPA) e a directora, Mercedes Barros, reclaman unha serie de obras no edificio

A delegada territorial da Xunta na nosa provincia, Belén do Campo, mantivo onte unha reunión de traballo no CEIP Campomaior de Ordes no que tamén subliñou o compromiso da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria na mellora dos equipamentos educativos do Concello de Ordes. Así llo trasladou ao portavoz municipal do Partido Popular, José Luis Martínez Sanjurjo, á tamén edil Susana Mosquera, e aos representantes da comunidade educativa do Campomaior.

No encontro, a directora do colexio, Mercedes Barros, e a membro da ANPA Ana Hervés trasladáronlle á representante do Goberno galego na provincia a necesidade de levar a cabo melloras no edificio, entre as que se atoparía a creación dun corredor cuberto no lateral do inmoble para facilitar o acceso dos alumnos e alumnas, a dotación de aseos adaptados na área de Educación Infantil ou o traslado da aula de informática. Pola súa banda, Do Campo comprometeuse a estudar estas propostas e a remitilas de inmediato ao departamento autonómico para o seu análise.

A delegada territorial tamén amosou a súa vontade de traballar intensamente para darlles cumprimento no menor prazo de tempo posible e beneficiar aos 360 rapaces de Educación Infantil e Primaria que estudarán neste centro educativo o vindeiro curso. 

Neste senso, Do Campo trasladoulle tanto á comunidade educativa como aos representantes políticos a disposición do Executivo galego de explorar todas alternativas para acadar a mellor solución e seguir mantendo a aposta da Consellería pola calidade do sistema educativo. 

A frase de Belén do Campo, delegada da Xunta de Galicia na provincia da Coruña
“A Xunta traballa para seguir avanzando na adecuación das infraestruturas co fin de continuar mellorando as condicións de traballo e estudo dos mestres e alumnos”

*

lunes, 2 de abril de 2012

Os Gude Hervés, estrelas da publicidade en televisión

A ordense Ana Hervés, nun momento da emisión do spot televisivo de Fairy no que participou a súa familia.
O seu spot do lavavaixelas Fairy emitiuse en toda España

A participación no concurso de Fairy da familia ordense Gude Hervés formada por Jose e Ana e os seus fillos, Raúl e Sofía, chegou ao seu fin coa emisión do spot publicitario que unhas semanas atrás un equipo de televisión gravara no seu propio  domicilio. Podes ver o spot a través deste enlace.

*

domingo, 18 de marzo de 2012

A familia ordense Gude Hervés, protagonistas dun anuncio de Fairy

Un momento da gravación do spot de Fairy, na residencia familiar dos Gude Hervés.
A parella formada por José e Ana e os seus fillos, Raúl e Sofía, participan no concurso 'El pueblo más innovador' 


Optan tamén a un premio de tres mil euros a través de Facebook ás quince familias máis votadas

Un equipo de televisión trasladouse na mañá de onte ata a vila de Ordes para realizar a gravación dun pequeno espazo onde os protagonistas foron os integrantes dunha familia do municipio, en concreto a familia formada por José Gude, Ana Hervés e os seus dous fillos, Raúl e Sofía. O escenario escollido foi o mesmo domicilio familiar e durante a gravación deberon de cociñar un prato cuxo ingrediente principal foron os espaguetis. No caso dos Gude Hervés, a receita escollida da pasta foi a base de gambas e algas. 

15.000 euros de premio
Ordes continúa así na súa teima de cara a obtención do galardón ‘El pueblo más innovador’ dotado con 15.000 euros e convocado pola marca de lavavaixelas Fairy. A peza gravada no día de hoxe será emitida a través de distintos canais televisivos de ámbito estatal, entre eles, en El Programa de Ana Rosa, de Telecinco e Espejo Público, de Antena 3. Ademais, a familia finalmente escollida por Fairy, poderá ser selecionada para a gravación dun spot televisivo.


A familia de Ana Hervés tamén opta a un premio de tres mil euros entre as familias máis votadas a través da rede social Facebook. Podes entrar e votar por eles a través deste enlace: 


*

domingo, 14 de junio de 2009

Denuncian en la prensa la falta de aceras en Alfonso Senra

.
¿Qué hacer con la falta de aceras en la N-550 a su paso por la villa? ¿Un problema urbanístico sin solución?

El Correo Gallego, en su edición de ayer sábado publicaba la denuncia de un lector alertando de la falta de aceras en la avenida de Alfonso Senra. En concreto, se recoge lo siguiente:

La calle Alfonso Senra, de Ordes, no dispone de aceras para permitir el paso de dos transeúntes. Se aprecia en primer plano y el círculo señala, además, un tramo carente total de acera. Por ser la carretera N-550, es de titularidad de Fomento, que debiera buscar la forma de solucionarlo. Tal vez no permitiendo aparcar coches.

La foto que acompaña la denuncia está tomada a la altura de comercio de Teresa Alvarez en dirección norte. Curiosamente, se puede apreciar claramente en primer plano a una vecina de la acera objeto de la polémica como es Ana Hervés Alvarez en compañía de su hijo.

Puedes ver el artículo a través de este enlace.


*