Os populares tratarán de impedir que poideran existir "actos atentatorios contra os principios democráticos" durante a campaña electoral
O Partido Popular de Ordes ven de anunciar hoxe mediante nota de prensa informativa que “estremará a vixilancia” durante as próximas semanas para evitar que o alcalde Manuel Regos pretenda utilizar “medios ou persoal municipal para a súa campaña electoral”. Os populares recordan o dereito dos traballadores municipais a “actuar con independencia” e a “non involucrarse na campaña electoral do equipo de Goberno”. Os mesmos tamén especulan coa existencia de “supostas presións” que "algunas persoas" poderían ter recibido do alcalde “para animalos a tomar parte activa” na defensa “dunhas siglas políticas concretas”.
Ainda sen aportar ninguna proba ou denuncia concreta destas supostas prácticas por parte do alcalde, os populares ordenses invocan á “colaboración vecinal” ante calquera “práctica anómala” coa intención de “impedir que se podan desenvolver actos atentatorios contra os principios democráticos”.
Utilización de eventos
O PP de Ordes asegura ter constancia da suposta utilización de “determinados eventos” organizados por “entidades e persoas afíns” por parte de Manuel Regos como “tapadeira” para “facer campaña”. Tamén especulan co presunto cobro de favores á hora de afirmar que estas mesmas entidades “foron beneficiarias de contratos e axudas” na actual lexislatura por parte do Concello de Ordes.
*