sábado, 9 de abril de 2011

Carlos Callón presenta o seu libro aos ordenses

O lingüista Carlos Callón nun acto na praza da Quintana. / A Nosa Terra
O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística aborda a situación da lingua galega nun volume cun título moi significativo: En castellano no hay problema

O martes 12 de abril ás 20:30 horas terá lugar no Museo do Traxe Juanjo Liñares, a presentación de En castellano no hay problema, o libro compilación de artículos publicados polo presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón (Ribeira, 1978). Editado por Edicións Xerais de Galicia en 2010, a obra aborda a situación da lingua galega durante os últimos trinta anos.

Durante acto, Callón estará acompañado por Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes e candidato á alcaldía por esta formación. Podes coñecer o blogue de Carlos Callón a través deste enlace.

*