Mostrando entradas con la etiqueta Luis Caamaño. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Luis Caamaño. Mostrar todas las entradas

viernes, 27 de julio de 2012

Os concelleiros de Ordes rebaixan as súas dietas nun 5 %


Momento da celebración do pleno ordinario do mes de xuño, onte nos baixos da Alameda de Ordes.
O Pleno municipal tamén aproba o mantemento da oficina do rexistro da propiedade como oficina liquidadora de tasas e impostos



Luis Caamaño (PPdG) tomou posesión como concelleiro


A sesión do pleno municipal de Ordes abriu onte coa toma de posesión de Luis Caamaño Fraga como novo  concelleiro do grupo municipal popular. A continuación e por unanimidade aprobáronse os puntos referentes á creación e modificación dos ficheiros de datos persoais co fin de cumplir coa normativa de protección de datos, así como a delegación á Deputación da Coruña da xestión, liquidación, inspección e recadación dos vados ubicados no municipio.

Rexistro da propiedade
O turno de debates abriuse co punto cuarto da orden do día na que se defendía o mantemento da oficina do rexistro da propiedade de Ordes como oficiña liquidadora de diferentes tasas e impostos. Un apoio que dende o equipo de Goberno se xustificou tanto pola súa labor de asesoramento e punto informativo, como polo beneficio económico que supón para o tecido comercial e hosteleiro da vila. 

Pola súa banda, o grupo municipal popular solicitou o mantemento destas dependencias pero eximíndoas das funcións relacionadas coas transaccións económicas. A moción aprobouse cos dez votos a favor de UxO, PSdG-PSOE, BNG e CideGa. O PPdG abstívose.

Retribucións a concelleiros
Outra moción que prosperou por nove votos foi a presentada polos socialistas, na que se solicitaba un descenso do cinco por cento das asignacións que reciben os concelleiros pola súa asistencia ás comisións informativas ou xuntas de Goberno. Contou cos votos do PSdG-PSOE, UxO, CideGa e coas abstencións de PPdG e BNG. Precisamente estas dúas formacións viron como se rexeitaba a urxencia de debatir as súas propostas sobre este mesmo tema. 

Os populares, entre outras modificacións, solicitaban unha asignación de sesenta euros pola asistencia a este tipo de comisións mentres que o BNG defendía o uso do voto ponderado para reducir o número de asistentes e dietas por convocatoria. A portavoz do Goberno municipal e tenente de alcalde, Silvia Marín, quixo destacar que “a corporación de Ordes é das poucas que tan só mantén unha dedicación exclusiva, a do alcalde, o que supón uha actitude coherente cos tempos de crise que atravesa o país”.

Rolda leste
Unha vez maís volveuse a tratar a rolda leste, máis concretemente da rotonda de auga que dende a súa inauguración está instalada na N-550 á altura da entrada do polígono industrial de Merelle e da estrada que une Ordes con Cerceda. Por unanimidade decidiuse reclamar ao Ministerio de Fomento a inmediata construcción deste enlace e finalizar coa provisionalidade existente, así como a correcta finalización da segunda fase desta rolda con dirección a Cerceda.

Sector do leite
Respecto a moción presentada polo PSdG-PSOE en defensa do sector leiteiro e dos prezos do leite, o alcalde Manuel Regos pediu que se ampliase a todos os grupos políticos municipais e que se presentara como tal, un chamamento que foi atendido por todos e que o PP pediu que se ampliase tamén ao sector cárnico.

Redución de concelleiros
Por nove votos a favor (UxO, BNG e PSdG-PSOE) e as abstencións do PPdG e CideGa, os nacionalistas viron aprobada a súa proposta na que se reclamaba á Xunta da Galicia que rexeitase a redución de concelleiros e de competencias das corporacións municipais. Os nacionalistas criticaron enérxicamente á actuación das deputacións ás que tildaron de partidistas e de favorecer aos concellos gobernados polo Partido Popular. Cifraron en 400 millóns de euros o aforro no caso de ser suprimidas e de agravio contra o pluralismo político no caso de ver reducido o número de ediles. 

Outra moción presentada polo BNG facía referencia á execución inmediata de varias obras incluidas no POS. Unha proposta que non prosperou xa que estas intervencións realizaranse en breve seguindo os prazos estipulados pola Deputación da Coruña, ademáis de estar todavía dentro do prazo permitido.

Polideportivo Campomaior
Pola súa banda o PP demandou obras de mellora no polideportivo Campomaior, unha infraestructura municipal empregada polos alumnos do centro académico que leva o mesmo nome. A moción non prosperou xa que tal e como defendeu Silvia Marín, dende o Concello se leva demendando insistentemente dende hai anos á Xunta de Galicia unha serie de obras de mellora de urxencia no centro académico que conlevarían a construcción dun ximnasio e outras infraestructuras como cubertas e un comedor entre outras. 

Unha demanda que continúa levándose a cabo tanto por parte de UxO, como do PSdG-PSOE e BNG. A edila destacou tamén que co orzamento municipal xa se acometeron obras no centro escolar, en exercicios anteriores para beneficio dos alumnos.

*

jueves, 26 de julio de 2012

O PP reclama obras de mellora no pavillón do CEIP Campomaior

Propoñen que sexan financiadas con cargo ao plan de investimentos da Deputación da Coruña


Tamén exisirán a reparación de desperfectos na ampliación da Alameda


O Partido Popular de Ordes alertou onte de que a "situación de deterioro, derivada do paso do tempo e do uso continuado" que presenta o polideportivo do CEIP Campomaior de Ordes, suporá unha reclamación ao Concello que execute as obras de mellora necesarias. Os populares propoñen que tales obras se financien con cargo aos fondos asignados a Ordes no marco dun novo plan de investimentos da Deputación da Coruña para o ano 2012.

O pavillón do colexio Campomaior ten a súa orixe nunha pista descuberta executada a mediados da década dos anos oitenta, pero a día de hoxe precisa dunha posta ao día, que, en opinión do PP de Ordes, debería incluír a substitución da cuberta e dous paramentos verticais para mellorar o illamento, a iluminación e a acústica, instalar unha nova pista sobre a actual base de formigón, ademais de mellorar os vestiarios e aseos.

As obras de reforma deste pavillón non só beneficiarían aos mais de 360 rapaces escolarizados neste centro, senón tamén aos usuarios que se desprazan a esta instalación fóra do horario lectivo para practicar deporte


Desperfectos na Alameda
Ao tempo, o Partido Popular trasladará ao Pleno de hoxe os "crecentes desperfectos" que presentan as obras de ampliación da Alameda, "a pesares do escaso tempo transcorrido desde que remataron os traballos".

O portavoz municipal do PP de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, asegura que as obras de ampliación da Alameda da vila de Ordes "non só supuxeron un gasto desmesurado no pasado mandato; agora, o paso do tempo encárgase de demostrar que os traballos se desenvolveron cunha máis que probable neglixencia por falta dunha correcta planificación, o que explicaría os desperfectos que rexistra o firme, as filtracións de auga aos locais inferiores e mesmo o deterioro estético que presentan os laterais, especialmente o muro contiguo ás escaleiras que comunican a parte inferior da Alameda co parque municipal, intermedio co hotel”.

Neste contexto, o Partido Popular esixe ao Concello que adopte as medidas necesarias para reclamar os danos á empresa que executou as obras e a inste a correxir as deficiencias no prazo de tempo máis breve posible.

Plan de rebacheo
A través de outro dos rogos que presentarán no Pleno deste xoves, o Partido Popular pretende ter acceso ao suposto plan de rebacheo do Concello de Ordes, dado o mal estado de conservación que presentan moitas vías deste municipio. Como exemplo, o PP cita a pista que discorre entre a parroquia de Lesta e o núcleo de Pepín (Mercurín), e que continúa sen arranxarse, a pesar das reiteradas demandas formuladas polo Partido Popular.

Outros asuntos
No Pleno ordinario previsto para hoxe, o Partido Popular formulará tamén as seguintes iniciativas:


- Moción para reducir drásticamente o gasto en dietas e soldos da Corporación municipal.


- Rogo para acceder a unha copia da documentación que o Concello enviou á Xunta de Galicia para o informe previo á aprobación inicial do PXOM.


- Rogo para colocar un espello que mellore a seguridade viaria no lugar de A Rúa (Buscás), facilitando a incorporación de vehículos.


- Rogo para que a Policía Local de Ordes incremente as patrullas e as faga extensivas aos diferentes núcleos rurais do municipio para previr a inseguridade.


- Pregunta sobre a situación do peche perimetral executado polo Concello nunha finca situada ao carón da rolda leste e o parque empresarial.


- Pregunta sobre a inclusión de dezaseis persoas do Grumir no cadro de persoal do Concello para 2012.

Novo concelleiro do PP
Hoxe tamén tomará posesión o novo concelleiro do Partido Popular, Luis Caamaño Fraga, natural da parroquia de Parada, que accede a este cargo en substitución de Pedro Carrasco, que renunciou á súa acta de concelleiro por razóns de carácter persoal.


*

martes, 24 de julio de 2012

O Goberno de Ordes loita por manter o rexistro da propiedade na vila

Advirten que o seu peche suporá un perxuizo económico tanto para o municipio como para os usuarios, ademáis dun grave deterioro no asesoramento   


O Goberno municipal de Ordes presentará no próximo pleno unha moción na que instará á Xunta de Galicia ó mantemento do rexistro da propiedade de Ordes como oficiña liquidadora de diferentes tasas e impostos. Un punto de xestión dende o que se tramitan diversos procedementos de oito concellos diferenetes, concretamente os sete que constitúen a Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes (Cerceda, Trazo, Oroso, Mesía, Frades, Tordoia e Ordes) máis Val do Dubra.

Segundo o Goberno municipal, a supresión do rexistro da propiedade suporá un grave inconvinte para todos os usuarios da comarca que verán como se suprime o que se ven prestando dende hai anos. De levarse a cabo este peche significaría o traslado forzoso ben a Santiago ou A Coruña para realizar as xestións e consultas pertinentes co conseguinte desenvolso económico por parte dos interesados. 

“Este traslado hai que entendelo tamén como un perxuizo económico para o noso municipio xa que son moitos os cidadáns que veñen ata Ordes para tramitar os seus expedientes ou facer consultas nesta oficina e que despois aproveitan a oferta comercial e hosteleira de Ordes para facer gasto”, aseguran dende o equipo de Goberno. 

Luis Caamaño
Na orden do pleno municipal do mes de xullo, que terá lugar este, xoves a partir das 20:00 horas tamén se reflexan a aprobación da ordenanza reguladora da creación e modificación de ficheiros de bases de datos de carácter persoal empregados dende as dependencias municipais. Tamén se abordará a xestión, liquidación, inspección e recadación da taxa por entrada de vehículos e pasaxes permanentes

Por outra banda esta previsto que Luis Caamaño Fraga tome posesión do cargo de concelleiro do grupo municipal popular tras a renuncia do seu número dous, Pedro Carrasco, por motivos persoais hai varias semanas.

*

martes, 3 de julio de 2012

Comunicado do PP respecto da aprobación dos orzamentos Ordes 2012

O Partido Popular de Ordes fixo hoxe o seguinte comunicado que transcribimos integramente:

"O alcalde de Ordes pretende aprobar o orzamento de 2012 de maneira antidemocrática aproveitándose de que o novo concelleiro do PP aínda non tomou posesión

O Partido Popular apela á responsabilidade dos restantes grupos da corporación municipal para evitar que Regos perpetre unha “felonía democrática”, propia dun alcalde “covarde” que non é quen de encarar os problemas

O alcalde, que goberna en minoría, trata de aprobar as contas nun pleno extraordinario, no que a oposición non pode introducir contidos propios, e aproveitando que aínda non chegou a acta do novo concelleiro, que debe ser remitida pola Xunta Electoral

O alcalde de Ordes, que goberna en minoría con tan só 7 dos 17 concelleiros da corporación, pretende aproveitar a ausencia dun concelleiro do PP para aprobar os Presupostos municipais de 2012 nun pleno extraordinario previsto para o próximo venres, 6 de xullo.

Manuel Regos, que ata o de agora foi incapaz de sacar adiante os presupostos por carecer dos apoios necesarios, ten intención de subvertir o mandato democrático dos cidadáns aproveitándose de que o grupo municipal do Partido Popular conta estes días con tan só cinco concelleiros, dado que Luis Caamaño, o novo concelleiro que debe substituir a Pedro Carrasco (que formalizou a súa renuncia a pasada semana por razóns de índole persoal) non tomará posesión, previsiblemente, ata o próximo pleno ordinario, previsto para finais de xullo.

De feito, o Partido Popular está á espera de recibir da Xunta Electoral a acta de Luis Caamaño, unha vez formalizada a renuncia do concelleiro ao que debe substituír.

Aproveitándose desta circunstancia, Regos tratará de sacar adiante as contas municipais de maneira antidemocrática, e mediante un pleno extraordinario, no que os grupos da oposición non teñen ocasión de introducir contidos propios na orde do día da reunión.

“Felonía democrática”
Neste escenario, o Partido Popular fai un chamamento aos restantes grupos que integran a corporación municipal para evitar que Regos perpetre una “felonía democrática”, na medida en que non se respectaría o mandato que os veciños depositaron nas urnas nas pasadas eleccións municipais.

“De consumarse –afirma o voceiro do PP-, esta medida retrata definitivamente a un alcalde covarde que non é quen de encarar os problemas cos que ten que convivir cada día”.

“Se Ordes leva sete meses cos orzamentos prorrogados, non pasaría nada por agardar dúas semanas máis. Pero aconcete que o alcalde non consigue articular a maioría que necesita para aprobar os presupostos e por iso pretende trampear a democracia”, afirma José Luis Martínez Sanjurjo, portavoz municipal do Partido Popular.

*

lunes, 18 de junio de 2012

Pedro Carrasco abandona o Concello

Pedro Carrasco del Río.
O concelleiro do Partido Popular renuncia a súa acta por "cuestións persoais"

O concelleiro do Partido Popular de Ordes Pedro Carrasco del Río presentou esta mañá a súa renuncia como concelleiro da corporación municipal do Concello de Ordes. 


A preguntas deste medio, Pedro Carrasco expresou que os seus motivos de renuncia obedecen a "cuestións persoais" que non entrou a valorar.


A súa acta de concelleiro será cuberta por Luis Caamaño Fraga, de Parada.


*