Mostrando entradas con la etiqueta José Luis Gómez Candal. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta José Luis Gómez Candal. Mostrar todas las entradas

jueves, 26 de junio de 2014

O Concello de Ordes realiza tarefas de limpeza e resinalización no roteiro de Buscás


A semana que ven darán traballos no roteiro do río Mercurín

Varios membros do Goberno local de Ordes realizaron recentemente un percorrido polo roteiro de Buscás. Unha camiñata que aproveitaron para efectuar tarefas de limpeza e de resinalización ao longo deste traxecto. 

Trátase dunha das rutas de sendeirismo das que dispón o municipio, que cada ano son transitadas e desfrutadas por centos de caminantes e ciclistas. Os encargados de efectuar este traballo foron Luis Gómez Candal, Lucía Iglesias, Ramón Vázquez, Roberto Iglesias e a tenente de alcalde, Silvia Marín.


Xa de cara á vindeira semana está previsto que se levan a cabo os mesmos traballos no roteiro do río Mercurín.

*

domingo, 8 de junio de 2014

Máis dun milleiro de asistentes na xuntanza cabalar de Ardemil


Organizada pola Asociación Cabaleiros de Ardemil, trátase duna proba incluída dentro do campeonato galego de velocidade

Máis dun milleiro de persoas, entre público asistente e xinetes, déronse cita onte na parroquia de Ardemil con motivo da IV Xuntanza Cabalar. 

Unha convocatoria organizada pola Asociación Cabaleiros de Ardemil, que este ano por primeira vez se incluíu dentro do campionato galego de velocidade

Tanto o alcalde de Ordes, Manuel Regos, como os edís Luís Gómez e Silvia Marín mostraron  coa súa presenza o seu apoio a esta convocatoria.

Probas

Competicións e probas de bestas e cabalos cruzados, andadura de trotadores, concurso de barrís, saídas en ruta, espectáculos ecuestres, touros mecánicos, agasallos sorpresa, paseos a cabalo para os máis novos e unha misa na honra a San Antón foron as actividades organizadas para hoxe. 

Para repoñer forzas no medio xornada serviuse un gran xantar popular con produtos típicos como lacón asado e patacas estufadas.

*

viernes, 4 de abril de 2014

A Garda Civil de Ordes informou das formas de prever os roubos no rural



Segundo o equipo ROCA, resulta esencial compartir información entre os veciños de movementos extraños arredor das explotacións

Na mañá de onte tivo lugar a primeira das dúas charlas que o Equipo de Roubos no Campo (ROCA), pertencente á Garda Civil, está ofrecendo no Concello de Ordes. Trátase da primeira sesión deste tipo que se leva a cabo en toda a provincia

O espazo escollido para esta xuntanza foron os baixos da Alameda, onde os integrantes desta unidade ofreceron un decálogo de medidas de seguridade para os agricultores e gandeiros . 

Compartir información
Como exemplo pódese destacar a importancia de compartir información de movementos estraños arredor das explotacións, a anotación de matrículas, preparar lugares de seguridade para ferramentas e material de traballo, a comprobación de pechaduras e ou a utilización do teléfono 062 para a denuncia ou xestións relativas a roubos e substracción. 

Entre os asistentes desta mañá figuraba o concelleiro de Medio Ambiente de Ordes, Luís Gómez Candal.

*

miércoles, 2 de abril de 2014

A Casa da Cultura acolleu unha charla sobre o sector forestal



Interesáronse polas axudas públicas e as ameazas das plagas

O auditorio da Casa da Cultura do Concello de Ordes acolleu onte a xornada informativa sobre as posibilidades do sector forestal

Unha cita gratuíta á que acudiu numeroso público que se interesou polos procedementos precisos para o mantemento e a rentabilidade das súas extensións, así como polas axudas públicas e as distintas ameazas, sobre todo en cuestión de plagas, ás que están exportas. 

Cultivo e xestión sostible
Tamén se abordaron aspectos como o cultivo e a xestión sostible e rendible dos eucaliptos, as perspectivas do mercado actual, a certificación da xestión forestal ou o futuro da biomasa como unha oportunidade de desenvolvemento do medio rural. 

Entre os asistentes atopábase Luis Gómez, concelleiro de Medio Ambiente do Concello de Ordes. Entre os organizadores desta xornada están Ence Energía y Celulosa e a asociación profesional de selvicultores Silvanus.

*

viernes, 25 de octubre de 2013

Os produtores de grelos de Ordes, dispostos a crear unha cooperativa

Silvia Marín, entre José Luis Gómez Candal e un representante dos produtores de grelos de Ordes.

Celebraron onte unha nova xuntanza con ese obxectivo

Os produtores de grelos da comarca de Ordes mantiveron hoxe unha nova xuntanza no seu proceso de constitución dunha cooperativa. Unha cita á que acudiron 30 agricultores a quenes se lles dou conta dos distintos modelos de cooperativas nas que se poderían costituir.

Dende a Oficina de Fomento de Cooperativas da Mancomunidade de  Municipios da Comarca de Ordes, pertencente á Rede Eusumo, solicitóuselles a todos eles unha serie de datos relacionados co seu nivel de produción e extensión de terreos. 

Unha vez analizados estes datos daráselles conta das posibilidades e da rentabilidade que poderían chegar a obter no caso de constituirse como cooperativa. 

Entre as primeiras ventaxas que se barallan nese suposto están as de poder acadar un maior marxe de beneficios ante os intermediarios, así como os inconvintes derivados da estacionalidade na producción de grelos. 

Vender a maior prezo
Todo elo para acadar o obxetivo final que é o de poder vender a un maior prezo. Agárdase que aproximadamente nun prazo inferior a un mes se realice unha nova xuntanza .

Cada un dos asistentes tiveron a oportunidade de amosarlle as súas preocupacións e dúbidas ás distintas persoas que participaron no encontro. 

Entre eles atopábanse a tenente de alcalde do Concello de Ordes, Silvia Marín, quen lles brindou todo o seu apoio para acadar os resultados máis beneficiosos. Tamén estivieron presentes o edil de Medio Ambiente, Luis Gómez, ademais de técnicos de AGACA, da Cooperativa Comarcal de Ordes e da Cooperativa Pico Sacro.

*