Mostrando entradas con la etiqueta Manuel Regos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Manuel Regos. Mostrar todas las entradas

miércoles, 25 de junio de 2014

Máis de 40 atletas participan no VI Campus de Atletismo de Ordes


Terá lugar na Cidade Deportiva da Vista Alegre

Máis de 40 atletas de todas as idades participan ao longo desta semana no VI Campus de Atletismo que se desenvolve nas instalacións da Cidade Deportiva de Vista Alegre. Unha cita que está organizada polos Concellos de Ordes e Cerceda e que conta coa colaboración do Club Atletismo Ordes e do Club Atlética A Silva.

A programación desenvolverase de luns a xoves de 18.30 a 20.30 horas no caso dos menores e de 21.30 a 23:00 horas para os adultos. Onte, primeiro día de celebración e debido ás condicións meteorolóxicas adversas, as probas trasladáronse ao pavillón Campomaior. Alí se disputaron carreiras de velocidade con e sen obstáculos, ademais de xogos multiatléticos.


Cadro técnico
O cadro técnico para este ano está encabezado por Xosé Domínguez, adestrador nacional de atletismo e licenciado en Educación Física. Outros compoñentes serán: Xulio Santiago Freixanes, Ana Domínguez e Irene Mallo, todos eles monitores nacionais de atletismo.  

A entrega de premios terá lugar o vindeiro xoves, á cal asistirá o alcalde de Ordes, Manuel Regos.

*

sábado, 21 de junio de 2014

A Mancomunidade entrega os premios da radio


Co gallo da programación do Día das Letras Galegas, en colaboración coa Rede de Dinamización Lingüística

A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes entregou na mañá de note os premios da fase local do concurso de cuñas de radio ‘O galego na onda’, convocado pola Rede de Dinamización Lingüística na súa programación co gallo do Día das Letras Galegas

O acto tivo lugar no CPI da Ponte Carreira (Frades) e contou coa participación do secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García; do presidente da Mancomunidade e alcalde de Ordes, Manuel Regos; e do alcalde de Frades, Roberto Rey.


Premiados
Na categoría de primeiro e segundo curso da ESO, o primeiro premio correspondeu á cuña elaborada por Marta Rey, Diego Bodelo e Andrea López. O segundo premio foi para a creación de Sara Uzal, Matías Bodelo e Lorena García

En canto á categoría de terceiro e cuarto da ESO, obtiveron o primeiro premio Lucía Mosquera e Sandra Mella. O segundo correspondeulles a Sheila Rodríguez e Sara Rivadas.

*

jueves, 19 de junio de 2014

Ordes beneficiase dun investimento de máis de 750.000 euros para o seu subministro eléctrico

O alcalde, Manuel Regos, e o delegado provincial de Unión Fenosa, José Antonio Fernández Amaro. 

O Concello estima os investimentos de Fenosa no período 2014-2015 en máis de 330.000 euros

O alcalde de Ordes, Manuel Regos, acompañado do delegado de Unión Fenosa Distribución na provincia de A Coruña, José Antonio Fernández Amaro, supervisou o pasado martes os traballos realizados pola compañía enerxética en diversos puntos do municipio. 

Ambos dous mantiveron esta mañá un encontro co obxectivo de analizar e evaluar pormenorizadamente as melloras realizadas na rede de distribución eléctrica en Ordes.

Ao longo do período 2012-2013 a compañía invistiu máis de 427.000 euros en obras de adecuación e mellora das instalacións eléctricas de media tensión en varias parroquias do municipio. En concreto este tipo de liñas se puxeron en servicio en Piñeiro-Poulo, Casal, Hermida-Beán, Darefe, Vilariño, Vilasenín e Regueira-Beán

Apagóns
Entre elas cabe destacar as obras executadas en Fraga da Galiña, que contou cun investimento de máis de 111.000 euros. Importantes foron tamén as labores de mantemento de liñas incluíndo a instalación de novos postes e intervencións sobre o firme, co que se conta que se elimine a problemática dos molestos apagóns nestas áreas. En total estímase que máis de 2.000 usuarios se beneficiarán de todo este plan de mellora realizado ao longo dos últimos meses

O Concello tamén ten previsto que se leve a cabo outro investimento estipulado en máis de 330.000 euros durante o periodo 2014-2015. Igoalmente repercutirá na mellora da calidade do subministro eléctrico. Deste xeito a compañía acometerá melloras nas liñas de media tensión en Castro-Cedeira e Menlle-Leira, ademais de acometer a súa reordenación na rúa Paraíso.

*

martes, 10 de junio de 2014

Clausurados os cursos de lingua galega de Ordes



Manuel Regos entregou os diplomas

O presidente da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes, Manuel Regos, clausurou onte os cursos de lingua galega de cara a obtención dos certificados Celga 2, 3 e 4

Regos felicitou a todos os alumnos e os animou a seguir adiante coa súa formación lingüística.

*

domingo, 8 de junio de 2014

Máis dun milleiro de asistentes na xuntanza cabalar de Ardemil


Organizada pola Asociación Cabaleiros de Ardemil, trátase duna proba incluída dentro do campeonato galego de velocidade

Máis dun milleiro de persoas, entre público asistente e xinetes, déronse cita onte na parroquia de Ardemil con motivo da IV Xuntanza Cabalar. 

Unha convocatoria organizada pola Asociación Cabaleiros de Ardemil, que este ano por primeira vez se incluíu dentro do campionato galego de velocidade

Tanto o alcalde de Ordes, Manuel Regos, como os edís Luís Gómez e Silvia Marín mostraron  coa súa presenza o seu apoio a esta convocatoria.

Probas

Competicións e probas de bestas e cabalos cruzados, andadura de trotadores, concurso de barrís, saídas en ruta, espectáculos ecuestres, touros mecánicos, agasallos sorpresa, paseos a cabalo para os máis novos e unha misa na honra a San Antón foron as actividades organizadas para hoxe. 

Para repoñer forzas no medio xornada serviuse un gran xantar popular con produtos típicos como lacón asado e patacas estufadas.

*

martes, 3 de junio de 2014

Os alcaldes da comarca de Ordes visitaron o Parlamento de Galicia

Os alcaldes e o deputado, esta mañá no Parlamento de Galicia.
Convidados polo deputado autonómico Miguel Prado Patiño

O deputado autonómico e concelleiro de Relacións Institucionais do Concello de Frades, Miguel Prado Patiño, recibiu nunha visita ao Parlamento de Galicia aos sete alcaldes da comarca de Ordes. 

O deputado popular acompañounos na visita ás instalacións onde puideron asistir no hemiciclo ao desenrolo da sesión plenaria e coñecer de primeira man a institución parlamentaria.

Participantes

Na visita participaron os alcaldes de Ordes, Manuel RegosCerceda, Xosé García; Frades, Roberto Rey Martínez; Mesía, Mariano Iglesias; Oroso, Manuel Mirás; Tordoia, Antonio Pereiro; e Trazo, Xosé Dafonte

Así mesmo, tamén asistiu á visita o tenente de alcalde de Tordoia, Amadeo Cancela.

*

viernes, 30 de mayo de 2014

O BNG denuncia a 'pinza' entre UxO e PSOE para rexeitar as súas propostas de redución de gastos

Os nacionalistas procuraban o equilibrio financeiro do Museo do Traxe e Radio Ordes, a renuncia ao aluguer da estación da Pontraga, a transformación da zona ORA en zona azul gratuíta e a xestión directa da recaudación de impostor municipais

O BNG de Ordes denunciou hoxe que o pacto entre UxO e PSOE, rexeitou a urxencia dunha proposta do BNG para reducir gastos superfluos no Concello de Ordes.

A proposta formulada polo voceiro nacionalista, Ramiro Recouso, consistía na adopción dunha serie de medidas como, entre outras, a procura do equilibrio financeiro no Museo de Traxe, que volve a xerar 46.300 euros de déficit no 2014. 

A procura tamén dun equilibrio financeiro en Radio Ordes que evite un déficit de 55.000 euros e a renuncia ao aluguer da antiga estación de ferrocarril, por 12.000 euros, mais gastos de mantemento, si ADIF non cede gratuitamente a súa propiedade.  

Zona ORA
A transformación da zona ORA por zona Azul Gratuita. Outra das propostas era sacar a concurso a concesión do mantemento eléctrico do municipio, concesión que leva caducada desde finais dos anos 90 e que se lle está renovando bianualmente á empresa concesionaria. 

Tamén se propoñía que o Concello xestione directamente a recadación dos tributos municipais, cedida á Deputación, que lle cobra ao Concello 160.000 euros por gastos de xestión.


Aínda que a urxencia da moción foi rexeitada por UxO e PSOE, o edil nacionalista transformouna en rogos in voce, polo que o alcalde, Manuel Regos, se viu na obriga de debater as propostas de resolución e posicionarse sobre as mesmas, rexeitandoas unha por unha.

*