miércoles, 31 de agosto de 2011

Sanjurjo: "O Concello infla artificialmente o custe da reforma do cemiterio"


O portavoz popular asegura que o Concello pretende que os propietarios paguen 1.253 euros sen pedir orzamentos alternativos

Sospeitan que o Concello poida pretender beneficiar supostamente a unha empresa concreta

O Partido Popular de Ordes informou hoxe de que a proposta de reforma dos panteóns do cemiterio municipal do Balado presentada polo Concello de Ordes aos propietarios dos nichos "incrementa  artificialmente o custe real das obras", feito que, a xuízo dos populares ordenses, "ten provocado un notable malestar entre os veciños afectados". Aseguran que o feito de que o Concello non presente ós propietarios presupostos alternativos leva ao Partido Popular a sospeitar "que o Goberno de Regos poida pretender beneficiar supostamente a un construtor determinado mediante unha adxudicación a dedo e cun presuposto inflado deliberadamente".

De prosperar a proposta municipal de adxudicar a obra a unha empresa concreta, sen estudiar alternativas, o Concello estaría trasladando aos veciños unha débeda que mantería coa empresa construtora desde hai tempo, pero á que non lle pode facer fronte polos problemas de tesourería que presenta, aseguran dende o Partido Popular.

Malestar veciñal
Segundo o PP, dous concelleiros do equipo de Goberno celebraron o pasado venres unha reunión cun primeiro grupo de propietarios dos panteóns nos que pretenden acometer as obras. Na xuntanza vivíronse momentos de tensión dado o malestar causado entre os propietarios polo elevado prezo proposto polos representantes do Concello (1.253 euros por columna).

José Luis Martínez Sanjurjo, voceiro municipal do Partido Popular de Ordes, adianta que levará este asunto ao vindeiro pleno municipal por entender que o Concello pretende cometer inxustiza cos veciños, “unha inxustiza dobremente grave, por inflar artificialmente un presuposto a sabendas de que eses cartos saen dos petos dos veciños, pero tamén porque pretenden ´sablear´ a persoas de escasa capacidade económica, moitas delas con pensións mínimas coas que lles custa chegar a fin de mes”.

Proposta do PP
O Partido Popular esixe ao Concello que para informar con garantías ós propietarios, presente alomenos tres presupostos alternativos de outras tantas empresas, e que unha representación dos propietarios dos nichos participe en todo o proceso de contratación das obras para que este se efectúe con absoluta transparencia.

A proposta presentada polo Concello de Ordes aos propietarios para executar as obras de cubrición dos panteóns e dos patios e as recollidas de pluviais ascende a 1.253 euros por cada columna de panteóns (máis de 100.000 euros por cada mazá de nichos). Pola contra, un primeiro estudo valorado estimativo encargado polo Partido Popular cifra ese orzamento en torno ós 650 euros.

*

Ordes dille: ata o ano que ven! ao verán

Nenos participantes da festa de clausura da Escola de Verán.
O Concello clausurou esta mañá as actividades de verán dirixidas aos máis pequenos da casa

Centos de rapaces e rapazas ordenses participaron na Escola de Verán e os cursos de natación da piscina de O Muíño

O Concello de Ordes clausurou esta mañá as actividades de verán que se programaron dende o consistorio para os meses de xullo e agosto. Concretamente tratouse, por un lado, da Escola de Verán, unha iniciativa promovida polo Concello co fin de facilitar a conciliación da vida laboral e familiar das familias durante as vacacións escolares dos seus fillos. Unha actividade na que participaron preto de 200 rapaces e rapazas nas diferentes quendas celebradas e que ten xa unha importante tradición no municipio, celebrándose en diferentes épocas vacacionais como o Nadal, a Semana Santa e o verán.

Por outro lado tamén se puxo hoxe fin aos cursos de natación que se celebraron durante estes dous meses na piscina municipal de O Muíño, coa entrega de diplomas e medallas conmemorativos aos participantes dos mesmos. Uns agasallos que foron entregados aos pequenos polo concelleiro de Deportes e Mocidade do Concello de Ordes, Roberto Iglesias, que estivo acompañado polos monitores dos cursos.

Entrega dos diplomas da escola de natación do verán 2011.
Mal tempo
Aínda que estaba prevista unha festa con inchables na piscina para despedir estas actividades, o mal tempo provocou que tivese que suspenderse, aínda que para os nenos e nenas da Escola de Verán houbo xogos e obradoiros na polideportivo Campomaior, e para os participantes nos cursos de natación celebrouse a entrega de medallas e diplomas na piscina.

*

martes, 30 de agosto de 2011

Castro denuncia que as contas do Concello están nun "gravísimo desequilibrio financeiro"

Un informe da Intervención recomenda disminuir gasto corrente, incrementar ingresos e refinanciar a débeda existente

O portavoz nacionalista insiste na necesidade dunha auditoría externa

O BNG fixo público hoxe o contido dun informe da Intervención Municipal do Concello de Ordes que advirte do “total incumprimento” do Plan de Saneamento aprobado polo pleno en xullo de 2009. Este informe forma parte da documentación relativa á liquidación da conta xeral do exercicio de 2010, que se debatirá no pleno ordinario do mes de setembro.

Gonzalo Castro, manifestou que “este informe da intervención municipal ven a evidenciar a existencia dunha xestión caótica e irresponsábel por parte do alcalde e o seu goberno, o que confirma a necesidade de realizar a completa auditoría externa das contas do Concello, proposta polo pleno o pasado mes de xullo, a iniciativa do BNG”.

O portavoz do BNG salientou que, ademais deste ao seu xuízo incumprimento, “o informe da Intervención tamén advirte do incremento da débeda do Concello durante o ano 2010 en máis de dous millóns de euros, o que supón una débeda acumulada por habitante de 622 euros, situando a Ordes como un  dos concellos galegos máis endebedados.”

+ Ingresos - Gastos
Castro enfatizou que “o informe de intervención indica que os ingresos correntes liquidados non son quen de financiar os gastos correntes, atopándose a situación do Concello, nun gravísimo desequlibrio financeiro, co agravante de que vai medrando ano tras ano”. Desde a Intervención municipal ademais de aconsellar “a diminución urxente e drástica do gastos correntes, o incremento de ingresos e o refinanciamento da débeda (que precisaría da autorización da Xunta, dado o aforro neto negativo)”, recomendase “non solicitar ou, de ser o caso, rexeitar calquera subvención na que o Concello teña que aportar unha porcentaxe”

Para o voceiro nacionalista “este informe da intervención confirma a existencia dunha situación crítica no Concello de Ordes, debido ao estrago de recursos públicos, cunha débeda que xa rolda os 11 millóns de euros, e que sigue a impedir atender o pago dos servizos e traballos dos provedores do Concello, ocasionando un grave quebranto económico aos autónomos e ás empresas de Ordes”. 

*

lunes, 29 de agosto de 2011

Un encontro folclórico animará este sábado a parroquia de Poulo


Organizado pola Asociación cultural Camiño Real de Poulo

Pinchos e foliada a partires das 17:00 horas xunto ao seu local social  

A Asociación cultural Camiño Real de Poulo celebra este sábado 3 de setembro o seu VI encontro folclórico coa actuación das agrupacións da Asociación cultural Faragullas, de Teixeiro, a Asociación cultural O Castro da Meda de Sada, a Asociación folclórica Sementes da Arte de Ordes, ademais da actuación da Asociación cultural Camiño Real de Poulo na súa calidade de anfitrións. Como convidado especial, contarán ademais coa gaita do veterano Flor da Maquía, de Poulo.

O encontro festivo terá lugar a partires das 17:00 horas xunto ao local social da asociación na parroquia de Poulo e contará con bar, un posto de venda de artículos varios feitos por nenos, e outro de venda dos deliciosos bolos preñados. Ao final da festa haberá pinchos e foliada con todos os membros das asociacións asistentes.

Historia da A. C. Camiño Real
A Asociación cultural Camiño Real comezou a súa andaina no ano 2003 pola iniciativa de oito homes e mulleres da parroquia ordense de Poulo. Co tempo fóronse engadindo novos membros tanto de fora como da nosa comarca ata chegar aos 60 cos que conta na actualidade, divididos entre as seccións de baile, pandeireta e gaita. A asociación organízase en tres grupos establecidos por idades: “As reberetiñas”, ”Falcatrúa” e “Algueirada”.

Ao longo da súa historia, a Asociación cultural Camiño Real ten participado en numerosas foliadas de diversas localidades galegas. Poulo, Leira, Busto, Deixebre, Monterroso, A Coruña, Pontraga, A Gracia, Oleiros, Sada, Paraíso, Muros, Ordes, Vilamaior, Rois ou Gandarío son só algunhas delas, nas que xa coñecen o bo facer artístico da asociación ordense. Tamén diversos programas de televisión, coma “Nunca tal vin” ou “Na punta do pé”, ambos da Televisión de Galicia, fixéronse eco das súas actividades.


A asociación ten por obxectivo a divulgación da cultura galega en xeral e da súa música popular en particular co obxecto de servir como vehículo de ledicia para os amantes, cativos ou maiores, das artes musicais galegas.

A asociación cultural Camiño Real de Poulo convida a todos os lectores de Ordessiete a acompañalos nesta celebración que prométenos facer pasar unha magnífica xornada cantando e bailando coa nosa música tradicional.

*

sábado, 27 de agosto de 2011

La tragedia de Mercurín lleva al alcalde a declarar el luto oficial

El Concello declara mañana domingo 28 de agosto día de luto oficial por la muerte por atropello de tres vecinos del municipio

El alcalde ha puesto también a disposición de los familiares a los psicólogos del Concello

El alcalde de Ordes Manuel Regos, ha mostrado su pesar por el terrible accidente de tráfico ocurrido esta mañana en la localidad y que se ha cobrado la vida de tres vecinos del municipio, miembros de una misma familia, que han muerto atropellados en la carretera que une Ordes con Cerceda.

Tal y como ha anunciado el alcalde, mañana se declarará día de luto oficial en el municipio y las banderas ondearán a media asta. Además el Concello ha puesto a disposición de los familiares de los fallecidos a los sicólogos del Concello.

El alcalde mostró su pesar por este terrible accidente, así como quiso mostrar sus condolencias a familiares y allegados de los tres vecinos fallecidos, poniendo a disposición de los mismos todos los servicios municipales que sean necesarios.

¿Qué supone la declaración de luto oficial?
La declaración de luto oficial municipal se trata de un acto administrativo formal dictado, de manera ordinaria por la sesión plenaria de turno y extraordinariamente, por la máxima autoridad municipal. Para que surta efectos deberá ser publicado en el boletín oficial correspondiente -BOP Coruña-. Su principal efecto, que también deberá incluir tal declaración, es el ondeo a media asta de las banderas oficiales en las sedes municipales como señal de duelo. Únicamente ondearán a media asta las banderas ubicadas en exteriores. Las de interior llevarán un crespón negro.

Otras consecuencias no oficiales, pero sí protocolarias suponen la clausura de actividades festivas o lúdicas que pudieran estar programadas para las fechas del luto, así como la suspensión de cualquier actuación de carácter político. El luto oficial supone igualmente un comportamiento decoroso por parte de la autoridad municipal, quien deberá vestir, públicamente, con traje oscuro, camisa blanca y corbata negra durante los días que dure el luto.

*  

ORDES, DE NUEVO DE LUTO

Un conductor en un Opel Vectra mata a dos vecinos de la villa de Ordes y otro de Guindibóo


Iban en peregrinación a la romería de los Milagros de Caión

Nos despertamos esta mañana con una nueva fatalidad en nuestro concello de Ordes. De nuevo un accidente de circulación ponía el nombre de Ordes en las primeras planas de la prensa nacional. En esta ocasión, a las 06:40 horas de la mañana de hoy, en la carretera Ordes-Cerceda a su paso por la parroquia de Mercurín.  Un grupo de peregrinos, que se dirigían desde Ordes temprano hacia la romería de los Milagros en Caión fue arrasada por un turismo, un Opel Vectra que, según fuentes a las que ha tenido acceso Ordessiete, vendría de la Movida ordense. El conductor, según el atestado de la Guardia Civil, perdería el control envistiendo contra el grupo. Como fruto del fuerte impacto, fallecen dos mujeres y un hombre, dos de ellos vecinos de la villa de Ordes y otro, de Guindibóo.


Un día de luto oficial
Los fallecidos son familiares de un conocido afiliado del Partido Socialista de Galicia en Ordes. Sus compañeros ya han mostrado su profundo pesar y consternación por lo ocurrido. La Agrupación Socialista de Ordes ha pedido al alcalde Manuel Regos un día de luto oficial en el concello de Ordes.

*

viernes, 26 de agosto de 2011

O Concello mellora a traída da auga da rúa República Arxentina


Roberto González: "Trátase de obras moi necesarias e demandadas polos veciños"  

O Concello de Ordes levou a cabo unha serie de obras de mellora no núcleo urbano do municipio. Nesta ocasión tratouse da dotación de servizos a unha das rúas do centro, concretamente o saneamento e abastecemento de auga na rúa República Arxentina. Uns traballos que están xa rematados e que se realizaron a través de dous proxectos que ascenderon, en total, a un pouco máis de 50.000 euros.

Servizos moi necesarios
Tal e como explicou o edil de Obras e Urbanismo, Roberto González, trátase dunhas actuacións moi importantes para a zona, mellorando así uns servizos moi necesarios e demandados polos veciños.

De cara ao próximo ano, tal e como explicou o edil ordense, queda pendente unha terceira fase dos traballos, tamén relativos á mellora do saneamento e abastecemento, que terá un orzamento aproximado de 40.000 euros.

 *

O próximo venres se clausura a Escola de Verán e os cursos de natación


Inchables para un fin de verán na piscina municipal de O Muíño / Arq.

Terá lugar na piscina municipal de O Muíño dende as 10:00 ás 13:00 horas con inchables e xogos para os pequenos

O Concello de Ordes despedirá o vindeiro 31 de agosto as actividades de verán dirixidas aos máis pequenos da casa cunha gran festa de clausura. Se ben a semana pasada se daba por finalizada a programación do Verán Cultural, nesta ocasión tócalle o turno para despedirse á Escola de Verán e aos cursos de natación da piscina do Muíño, ambas actividades realizadas durante os meses de xullo e agosto.

O escenario elexido para a celebración desta festa de clausura será a piscina municipal de O Muíño, na que se instalarán inchables para as diferentes idades, así como xogos cos que se pretende que os nenos e nenas participantes nestas actividades pasen unha xornada chea de diversión cos seus compañeiros. A festa celebrarase de 10:00 a 13:00 horas.

Medallas e diplomas
Ademais de despedir a Escola de Verán, unha iniciativa promovida polo Concello co fin de facilitar a conciliación da vida laboral e familiar das familias durante as vacacións escolares dos seus fillos, iniciativa na que participaron preto de 200 rapaces, tamén se porá fin con esta festa, aos cursos de natación celebrados na piscina aos que acudiron máis de 80 nenos e nenas de Ordes que recibirán uns diplomas e medallas conmemorativos do curso.

*

miércoles, 24 de agosto de 2011

Xa podes inscribirte nas ligas deportivas de Ordes


Fútbol sala masculino e feminino, tenis, tiro con arco, xadrez, bádminton, tenis de mesa...

Máis información no teléfono 606910334 ou no correo electrónico asocaciondeportivaordes@gmail.com

A Asociación Deportiva de Ordes, coa colaboración do Concello, organiza un ano máis as ligas deportivas locais. Este ano as disciplinas nas que se pode realizar xa a inscrición son fútbol sala, fútbol sala feminino, tenis, tiro con arco, xadrez, bádminton, tenis de mesa, tute, diana, futbolín e unha liga de videoxogo FIFA 2011 Playstation en pantalla xigante.

Todos aqueles que estean interesados en participar poden facer a súa inscrición no bar da piscina municipal de Ordes, así como recibir máis información a través do teléfono 606910334 ou no mail asociaciondeportivaordes@gmail.com. A data límite para realizar a inscrición será o vindeiro 30 de setembro.

20 equipos en 2010
Estas ligas deportivas teñen ano tras ano unha gran aceptación. O ano pasado celebráronse as ligas de fútbol sala, na que participaron 20 equipos, a de tenis e a de dardos. Ademais como broche final das ligas da pasada tempada e dando conta da súa importancia, á clausura das mesmas acudiu o que foi xogador do Lobelle, Alemao, que fixo entrega dos galardóns aos gañadores de cada disciplina.

*

lunes, 22 de agosto de 2011

Existoso fin do Verán cultural en Ordes


A casa da cultura ordense acolleu representacións teatrais cun gran numero de espectadores.

Milleiros de persoas participaron da maxia, clown, títeres, música e teatro

O edil Vázquez Raña, moi satisfeito coa boa acollida da programación

Un ano máis o Concello de Ordes deu por finalizada a programación enmarcada dentro do “Verán Cultural 2011”. Unha programación que achegou ata o municipio os mellores e máis variados espectáculos culturais, entre os que se encontraron actuacións musicais, espectáculos de maxia, clown e teatro tanto profesional como afeccionado.

Así, o pasado venres poñía o broche final a esta ampla programación o grupo de teatro afeccionado do municipio coa representación da obra “Só pasa unha vez na vida” na Casa da Cultura. Acto que contou cun gran éxito de público, co aforo do auditorio cheo.

Ao igual que esta iniciativa, todos os espectáculos programados polo Concello dentro desta actividade, contaron cun gran éxito de participación, sendo milleiros os veciños así como visitantes do municipio os que disfrutaron coas diferentes citas culturais coas que contou este mes de agosto. Entre elas cabe destacar o certame de Corais, o certame de Bandas, o Día da Muiñeira ou o Día do Neno que encheu de rapaces e rapazas o campo da feira ordense o pasado día 9 que disfrutaron dunha gran festa con inchables e espuma, entro moitas outras iniciativas.

Satisfeito
O concelleiro de Cultura de Ordes, José Ramón Vázquez Raña, mostrou a súa satisfacción pola boa acollida destas actividades enmarcadas dentro do Verán Cultural, que un ano máis achegaron aos veciños de Ordes diferentes disciplinas do mundo da cultura, como a maxia, a música e o teatro. 

*

sábado, 13 de agosto de 2011

Ordenses ilustres (V): Manuel Astray Rivas

Ordessiete continúa coa serie de biografías de destacados veciños de Ordes

Manuel Astray Rivas naceu en Ordes en 1924. Foi avogado e escritor. Na súa faceta xurídica foi subdirector da Oficina da Administración Pública de Ordes. Como escritor, destacouse como colaborador xornalístico e literario nas páxinas de La Noche, onde compartiu espazo con Ramón Otero Pedrayo, Vicente Risco, Fernández del Riego ou Álvaro Cunqueiro. Posteriormente seguiría escribindo en El Correo Gallego e en La Voz de Galicia. É autor dun opósculo autoeditado, Caída programada, sobre o presidente de Chile, Salvador Allende. A obra que o inmortalizaría sería Síndrome del 36: la agrupación del ejército guerrillero de Galicia  (Edicións do Castro, 1992), unha memoria persoal e testifical da actividade do grupo do exército guerrilleiro galego. Finado en 1992, deixou inédita unha obra teatral, A Pouleira, traxedia sobre o mundo rural galego. É pai de Manuel Astray Mariño, avogado e político ordense, histórico membro do PSdG-PSOE de Ordes ata 2007, ano no que abandoa esa formación política.

Se ben nunca chegou a publicar a súa obra poética, o diario vespertino La Noche publicou unha moi meritoria composición súa en galego, Saudades, o 19 de decembro de 1949

Saudades
Está frieir'a noite,
encolleit'o corazón,
teño saudades,
e ánseas d'amor

Tenebras d'abatemento,
pousono sospirar
amargoso sofrimento...
de te recordar;
n'aquelas tardes quentiñas,
d'o mes de San Joán,
en qu'as anduriñas,
viamos voar;
moi arrechegadiños,
collidos d'a man.

Mariquiña, Mariquiña
labros de caravel,
olliños de merlo,
boquiña de mel,
anxo d'o ceo...
pra min, és.

Silvestre mapoliña,
tristeiro amañecer,
douce melanconía,
estimada joíña...
pra min, és.

Adiós, adiós, queridiña,
canto che vou a chorar,
almibre tés n'a boquiña...
quen'o volver'a probar.


Fonte bibliográfica: Plumas e letras en La Noche (1946-1949). Ed. a cargo de Luis Alonso Girgado. Centro de Investigacións Lingüísticas e Literarias. Santiago de Compostela, 1996.

*

viernes, 12 de agosto de 2011

Se buscan voluntarios verdes en Ordes


Grupo de voluntarios verdes durante o acondicionamento do roteiro de Buscás e Poulo en agosto de 2010.

O Concello de Ordes pon en marcha un novo programa de Voluntariado Verde 


Os interesados poden inscribirse no Facebook 'Voluntariado Verde Ordes' ou no teléfono 981 680002


O Concello de Ordes puxo en marcha por terceiro ano consecutivo un novo programa de Voluntariado Verde. Un programa a través do que todos aqueles que queiran participar como voluntarios traballarán pola preservación do medio ambiente no municipio a través de diferentes actividades.

Entre estas iniciativas estará especialmente a limpeza dos ríos que pasan por Ordes, e en definitiva a posta en valor do entorno natural do municipio.

Anímate a participar
Dende o Concello de Ordes animan tanto a mozos como a maiores a que participen desta iniciativa, para a que poden recibir máis información e inscribirse no departamento de Medio Ambiente do Concello, chamando ao 981680002 ou a través do perfil de facebook “Voluntariado Verde Ordes”.

miércoles, 10 de agosto de 2011

Gonzalo Castro: "O noso proxecto político está nas antípodas do de UxO"


"No BNG de Ordes temos un equipo renovado e con potencial de futuro"

"Resulta urxente a creación en Ordes dun Consello Municipal de Cultura"

Analizamos co portavoz municipal do BNG de Ordes, Gonzalo Castro, este primeiro trimestre da lexislatura municipal 2011-2015.

O BNG alcanzou nas pasadas eleccións locais un dos peores resultados da súa historia no noso municipio. A que atribúe este feito?
É evidente que un resultado electoral, para ben e para mal, sempre se debe a unha suma de factores. Neste sentido, no BNG de Ordes temos analizado o resultado electoral e as posíbeis causas do mesmo, que pode obedecer tanto a dinámicas políticas nacionais como á excepcional situación política que vive Ordes.

Sen embargo, quería facer unha reflexión, o BNG atópase en plena fase de construcción dun proxecto político de futuro, renovado e capacitado para gobernar Ordes.  Se me permite o símil futbolístico, o proceso de construcción do actual F.C. Barcelona, un equipo gañador, levou varios anos e unha das claves do seu éxito foi consolidar un equipo sen tomar decisións apresuradas levado polas urxencias dos resultados a curto prazo. Nesta fase estamos no BNG de Ordes, temos un equipo renovado e con gran potencial para o futuro, agora só queda acoplalo para que funcione como unha máquina ben engrasada. Era díficil “gañar a liga” ao primeiro envite, mais o futuro goberno de Ordes atópase no BNG, por xuventude e capacidade, diso estou seguro.

"So hai un causante da falta de acordo co soldo do alcalde" 
Ainda así, cos seus dos concelleiros, o grupo nacionalista foi quen de paralizar dúas dedicacións exclusivas e outra parcial e forzar a aprobación dunha auditoría externa do Concello. Por que deixou o BNG ao alcalde sen o seu soldo de 29 000 euros anuais? 
O BNG ten iniciado esta nota etapa con ilusións renovadas, mais coa seriedade e coherencia de sempre, como puxo de manifesto nos primeiros plenos deste mandato, onde se defendeu a reducción dos gastos en retribucións do goberno municipal, a aprobación dunha normativa contra o transfuguismo e a realización dunha auditoría externa das contas do Concello. Tendo claramente a iniciativa política na corporación municipal e defendendo as propostas ás que nos comprometimos en campaña electoral.

Con respeito aos soldos aos que fai referencia, o BNG presentou unha emenda á proposta da alcaldía, esta emenda contemplaba só unha dedicación exclusiva para o alcalde de Ordes, porque consideramos que o Concello de Ordes precisa dun alcalde que se dedique en exclusiva as tarefas de goberno, mais entendíamos que eran excesivas as outras dúas dedicacións propostas polo alcalde, xa que, debido á ausencia de maiorías absolutas, será o pleno quen deba adoptar as decisións de grande importancia e calado para a gobernabilidade de Ordes. Diante disto, o alcalde retirou a súa proposta da orde do día do pleno, evitando o debate e aprobación deste punto, e descartando un posíbel consenso. Só hai, por tanto, un causante da falta de aprobación efectiva do soldo do alcalde, o propio alcalde pola súa actitude despótica e pouco dialogante.

O alcalde Manuel Regos sorprendíanos, no mesmo acto de toma de posesión, coa futura implantación dun viveiro de empresas en Ordes, algo que foi moi reclamado por vostede ao longo da pasada lexislatura. Moitos pensamos, naquel momento, na existencia dun principio de acordo de gobernabilidade entre UxO e o BNG...
Descoñezo as intencións do alcalde con este anuncio, mais sendo sinceiro, desde o BNG somos moi escépticos con respeito ás que exista a verdadeira votade de cumprir con este compromiso. Como ben di, durante catro anos, desde o BNG propuxemos a posta en marcha dun centro de promoción económica e un viveiro de empresas para frear o aumento do desemprego en Ordes, mais unha e outra vez esta proposta foi rexeitada polo goberno municipal, cando os recursos a disposición do Concello eran bastantes máis dos dispoñíbeis na actualidade, de aí o noso escepticismo, mais oxalá nos equivoquemos, polo ben dos veciños e veciñas de Ordes.

No tocante, ao pacto de gobernabilidade, creo que a día de hoxe, despois do acontecido nos dous plenos da Corporación Municipal que levamos celebrado, non será necesario nen desmentilo...

Gonzalo Castro, de 38 anos, é avogado de profesión.
"Faltan o diálogo e o consenso no goberno de Ordes"
Pregúntolle xa como ordense. Que é o que lle preocupa especialmente dun goberno en minoría no noso Concello?
Quero aclarar que non me preocupa a existencia dun goberno sen unha maioria absoluta estábel, ese non é o verdadeiro problema. Existen moitos gobernos municipais sen maioría absoluta que funcionan perfectamente porque teñen actitude dialogante e capacidade para chegar a acordos en beneficio dos veciños.

Como veciño de Ordes o que me preocupa é a falta de capacidade e de talante do alcalde para chegar a acordos en beneficio dos veciños e veciñas de Ordes. Desde o BNG sempre tivemos unha actitude constructiva en beneficio dos veciños e veciñas de Ordes, tivémola durante catro anos, cando o goberno de Regos tiña maioría absoluta, e seguímola tendo agora, mais é evidente que o alcalde non está á altura das circunstancias, as palabras diálogo e consenso parece que non figuran no seu vocabulario, tal e como nos teñen demostrado os dous plenos celebrados até o de agora.

O que parece evidente, tras estes dous primeiros plenos municipais, é que o goberno municipal non poderá sacar adiante as súas políticas sendo vetado polo conxunto da oposición en pleno. Non cre que haberá que atopar entre toda a corporación unha solución inminente a isto?
Se analiza ben os plenos, a conclusión é ben distinta. O que demostraron estes plenos é que existe unha formación política, o BNG, con capacidade para sacar adiante as súas iniciativas no pleno. Analicemos o acontecido nos plenos, obviando o que podería pasar co debate dos soldos, ao ter sido retirado da Orde do Día, o que ten acontecido no último pleno puxo de manifesto a capacidade do BNG para sumar os apoios necesarios para sacar adiante unha reforma do regulamento orgánico que poñerá freo ao transfuguismo e unha auditoria externa que permita aos veciños coñecer a situación económica real do Concello. Dúas propostas que pretenden unha rexeneración democrática e unha maior transparencia no noso Concello.

O goberno municipal nen sequera tivo a iniciativa de presentar propostas de calado ao pleno. O que acreditan estes plenos é a capacidade do BNG para chegar a acordos en beneficio dos veciños e veciñas de Ordes, pola contra o problema para Ordes que teñen evidenciado estes plenos, foi a ausencia de iniciativa dun goberno paralisado e en estado de “shock”. En canto á solución: talante, diálogo e consenso. Esas son as tres palabras claves para que Ordes poida ter estabilidade.

Pasaría unha destas solucións por un pacto estable de goberno entre o BNG e UxO?
É evidente que os proxectos políticos e as concepcións que posuen do exercicio do goberno o BNG e UxO atópanse nas antipodas, fronte ao clientelismo e o trato de favor deste goberno, no BNG propoñemos participación dos sectores sociais e transparencia, fronte ás obras faraónicas e de dubidosa necesidade, e a xestión arbitraria dos recursos públicos deste goberno, no BNG propoñemos a priorización dos recursos para a mellora dos servizos públicos e a atención dos máis necesitados...e podería continuar con diferencias de fondo importantes que virían a reforzar a idea de que o BNG e UxO representan proxectos políticos antagónicos.

Como pode comprobar, moito terían que cambiar as cousas para que ese pacto fose posíbel, mais teño que repetir que o problema de Ordes non é a ausencia dunha maioría de goberno mecánica e estábel, o problema de Ordes é a ausencia dun goberno á altura das circunstancias e con iniciativa para chegar a acordos puntuais en beneficio dos veciños e veciñas de Ordes. Fagome unha pregunta, se o BNG, con dous concelleiros, foi capaz de sacar adiante iniciativas tan importantes como as que citei anteriormente, que impide que UxO, con sete concelleiros, poida facer o mesmo?

Ronda leste
Cal é a súa postura sobre a paralización das obras da ronda leste que esta semana está enfrentando a goberno municipal e PSOE contra o grupo municipal popular?
Temos asistido a un espectáculo dantesco e bochornoso, semella que ninguén lembra que a realización desta obra depende da correcta execución dun convenio asinado entre o Concello de Ordes e a Xunta de Galiza.
Tanto o alcalde como o PP, facendo gala dunha utilización totalmente partidista das institucións que gobernan, en lugar de resolver os problemas que teñen provocado a paralización das obras da segunda fase da Rolda, o único que se adicaron foi a facerse críticas públicas eludindo as súas obrigas e provocando que os veciños de Ordes sufran as consecuencias da súa irresponsabilidade, especialmente os veciños de Buscás, que levan desde hai tempo padecendo uns accesos deplorábeis á súa parroquia, mentres nen o alcalde nen o PP fan nada para que se reinicien e se rematen canto antes as obras. O lamentábel é que  esta actitude do alcalde e do PP non sorprende, xa que a utilización das institucións de forma partidista é algo moi característico da dereita e neste caso é lóxica a coincidencia no discurso destas “duas franquicias da mesma matriz”, o peor é que, mentres tanto, os perxudicados son os de sempre: os veciños e veciñas de Ordes.

Moi pronto celebraremos unha nova edición das festas patronais de Ordes. Cal é o seu modelo de festas e cultura para o noso concello?
Un modelo participativo, onde as entidades veciñais e culturais teñan moito que dicir con respecto ás festas, un modelo que teña moito máis en conta as manifestacións culturais populares do noso concello e da comarca, e un modelo de festas que integre aos barrios na celebración das festas patronais, organizando actividades lúdicas e culturais nos barrios do concello durante as xornadas festivas.

De xeito máis estrutural, resulta urxente a creación dun Consello Municipal de Cultura que xenere sinerxias entre as distintas entidades culturais do noso concello, como instrumento que promova e facilite a iniciativa destas entidades, e a organización de eventos e actividades culturais. 

*

Con el A.C. Órdenes, ¡a Primera Nacional!



El equipo refuerza su plantilla para su debut en la categoría

El pasado mes de mayo, después de una espectacular temporada en la cual en la cual no cedieron ni una sola derrota, el equipo senior del A.C. Ordenes de Hockey consiguió en Getxo (Vizcaya)  el ascenso a la primera división nacional de Hockey sobre patines.

Desde ese momento, la directiva del club no ha dejado de trabajar tratando de conseguir cerrar un presupuesto que les permita afrontar los costes de desplazamiento por toda España. A día de hoy, con un presupuesto prácticamente cerrado, ya han formalizado la inscripción en la federación española. En el capítulo de fichajes, los confirmados para el primer equipo son:

Martín Barrós Novo: Portero procedente del C.P. Cerceda
Pablo Fernández Blanco:  Procedente del recién descendido de 1ª nacional H.C. Borbolla.
Juan Fariza Corral: Gallego, procedente de la 1ª División catalana
Martin Pallero: Argentino, defendió durante varias temporadas la camiseta del H.C. Liceo de División de Honor.

También se ha reforzado la plantilla del equipo junior con algunos de los mejores jugadores de la categoría en nuestra comunidad.

Agradecimientos
El A.C. Ordenes comienza así esta nueva etapa con la ilusión de llevar el nombre de nuestro municipio por toda España y con el agradecimiento al Concello de Ordes, y especialmente al alcalde Manuel Regos; la tenienta de alcalde, Silvia Marín; y el concejal de Deportes, Roberto Iglesias. A.C. Órdenes de Hockey cuenta con el patrocinio de Obras y Viales de Galicia (OVIGA), y de Replic Hockey.

Un campo da feira 'efervescente'


Centos de ordenses disfrutaron onte pola tarde coa celebración do Día do Neno


Centos de nenos ordenses participaron onte na celebración dunha das citas máis atractivas do verán para estes pequenos, o Día do Neno. Unha celebración que tivo lugar onte pola tarde no campo da feira, e que se caracterizou pola diversión e a gran posibilidade de xogos que se proporcionaron para os pequenos.

Así, os actos deron comenzo cun espectáculo de paiasos e títeres, ao que seguiu un gran parque de inchables, obradoiros de maquillaxe e globoflexia, xogos populares e tradicionais, para finalmente pechar esta tarde festiva cunha gran festa da espuma.


Verán cultural
Nenos e maiores disfrutaron deste día, organizado polo Concello de Ordes dentro do programa Verán cultural, que como cada verán ten aos máis pequenos da casa como os protagonistas da xornada.

*

Chegan a partires deste domingo as festas á vila de Ordes


Corte e desvíos provisionais de tráfico
Co gallo das festas patronais realizarase un corte de tráfico da N-550 ao seu paso por Ordes dende as 09:00 horas do domingo 14 ata as 08:00 horas do xoves 18 de agosto.

Debido a este corte de tráfico habilitaranse unha serie de desvíos:
- Desvío dirección Santiago: desviaranse os vehículos pola rúa Rosalía de Castro, rúa dos Lagartos e rúa Nova e a variante AC-524.
- Desvío dirección A Coruña: realizarase pola nova variante AC-524,  a rúa Paraíso, rúa dos Lagartos e rúa de Galicia.

Ademais estará prohibido estacionar nos días de corte no aparcamento anexo á Alameda e enfrente na avenida Alfonso Senra dende o nº 109 ao 126.

Tamén se establecerán unhas paradas provisionais para os autobuses (Castromil). En dirección Santiago a parada realizarase na avenida de Alfonso Senra nº 120, e en dirección A Coruña na avenida de Alfonso Senra nº 137.

Durante estes días non se cobrará a O.R.A.

martes, 9 de agosto de 2011

Próximanente....Entrevista con Gonzalo Castro

Ordessiete fai balance deste primeiro trimestre da nova lexislatura co portavoz municipal nacionalista


É posible o pacto BNG-UxO?


Cal será a súa postura sobre a paralización das obras da ronda leste?


Por que os nacionalistas deixaron ao alcalde de Ordes sen soldo?


Próximamente en Ordessiete.

lunes, 8 de agosto de 2011

Gran éxito de público no Certame de Bandas e o Día da Muiñeiras


Finalmente ambos actos tiveron lugar na Casa da Cultura por mor do mal tempo


O auditorio da Casa da Cultura de Ordes encheuse de público para participar nos dous actos programados para esta fin de semana, o Certame de Bandas e o Día da Muiñeira.


O sábado foron as bandas as protagonistas nun acto no que participaron a banda de música Sementeira de Cambre, e os anfitrións, a Banda de Música de Ordes. Foron centos de persoas as que acudiron a este concerto, entre eles os concelleiros Ramón Vázquez Raña e Roberto Iglesias que entregaron uns agasallos aos directores de ambas formacións.


Día da muiñeira
Por outra banda, a xornada do domingo estivo adicada ao folclore coa celebración do Día da Muiñeira, que tamén debido ao mal tempo celebrouse na Casa da Cultura. Un edificio abarrotado de xente que non se quixo perder a actuación das catro agrupacións participantes, o grupo de danzas Asociación Cultural Veciños de Leira; a agrupación folclórica Camiño Real de Poulo; a asociación cultural Os Xeitosos de Trazo e a agrupación folclórica cultural Sementes do Arte de Ordes. A este acto acudiron tamén os edís ordenses Ramón Vázquez Raña e Lucía Iglesias que fixeron entrega a cada un dos grupos dun recordo deste día.




*

Cinestable 2011: Por un puñado de becerros

Dirección: Jesús Méndez, Alejandro Calviño e Luis Miguel Veiras.
Producción: Estudios Osxustos
Guión: Jesús Méndez e Alejandro Calviño
Nacionalidade: Española
Ano de producción: 2011

domingo, 7 de agosto de 2011

Martínez Sanjurjo: "A Xunta de Galicia e o PP si cumplen con Ordes"

O popular lembra que foi o goberno municipal quen permitiu a paralización das obras da ronda leste 

O portavoz municipal do Partido Popular de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, asegurou hoxe que a elevada morosidade que caracteriza ao Concello de Ordes lle resta credibilidade para falar de pagos pendentes e reta ao alcalde a facer públicas todas as facturas que se amorean na Casa Consistorial pendentes de ser pagadas.

“Se a aposta pola transparencia fose real, non debería existir problema algún en facer públicas esas facturas para que tanto os veciños como os acreedores podan efectuar un contraste de pareceres”, sinala o portavoz municipal popular.

Un alcalde sen argumentos que utiliza a descualificación persoal
“Que Manuel Regos se vexa obrigado a utilizar á descalificación persoal para defenderse das afirmacións vertidas polo Partido Popular, cando sinalamos que a rolda leste está paralizada por mor das débedas que o Concello mantén coa empresa construtora revela que o alcalde carece de argumentos sólidos cos que sustentar o seu posicionamento”, asevera Martínez Sanjurjo.

Ademais, para os populares ordenses resulta unha honra que un candidato “inexperto” quedase a tan só 141 votos da candidatura liderada por quen leva 24 anos na corporación municipal e na pasada campaña se serviu de toda clase de recursos públicos de titularidade municipal, e mesmo de coaccións, para facer campaña.

O propìo Concello autorizou a paralización das obras e agora culpa á Xunta
O PP ordense insiste en recordar, ademais, que antes das pasadas eleccións municipais o Concello de Ordes, autorizou expresamente á empresa construtura a paralización das obras da rolda leste, unha paralización da que curiosamente trata de cupabilizar agora á Xunta, nun exercicio de amnesia interesada. 

Para o líder do PP ordense, “neste asunto, o alcalde ten a mesma credibilidade que cando, na pasada precampaña, asegurou que o PXOM de Ordes quedaría desbloqueado nos próximos tres meses; o trimeste rematou o o urbanismo segue tan paralizado coma sempre”.

Con todo, José Luis Martínez reitera que  Xunta de Galicia está ao día na tramitación e pagamento das anualidades pactadas co Concello de Ordes para a execución da rolda leste da vila, como demostra o feito de que ao rematar 2010 aboase puntualmente a cifra pactada de un millón de euros, mentres que ao concluír 2011 deberá transferir, previa certificación do Concello, o importe restante de 1.164.733,82 euros, tal e como foi acordado no convenio asinado no seu momento para a execución desta infraestructura. Un convenio, lembra o PP, no que o Concello asumiu a obriga de redactar o proxecto, contratar e executar as obras.

Os datos demostran, en opinión de Martínez Sanjurjo, que a Xunta e o Partido Popular cumpren con Ordes, mentres que desde o Concello só poden ofrecer demoras e facturas sen pagar.


Un millón de euros
Paralelamente, sorprende o descoñecemento do que fai gala, a xuízo do PP, o alcalde de Ordes nas súas declaracións xa que os 18.000 euros pendentes de pago dos que fala son realmente 17,241,38 euros, cifra que sobrepasaba a cantidade de un millón de euros pactada no convenio para 2010. A Xunta pagou un millón de euros, a cantidade pactada para 2010, e transfeririá o restante 1.164.733,82 euros, unha vez estea certiticada a obra.

E sorprende, ademais, que o rexedor faga referencia a unha certificacion de outubro de 2010 por valor de 160.000 euros cando, segundo acredita o cartel informativo colocado no inicio do tramo en cuestión, a data de inicio dos traballos quedou fixada precisamente para outubro de 2010

*

El sevillano David Luque gana el Cinestable 2011


Organizado por la Asociación de Usuarios GNU/Linux Inestable 

La Casa de la Cultura de Ordes volvió a ser un año más sede del único festival de cortometrajes bajo licencia Creative Commons que se celebra en toda España.. Más de 300 personas, entre aficionados, amantes del séptimo arte, estudiantes de comunicación, eruditos de las nuevas tecnologías y vecinos no quisieron perderse el pasado viernes una nueva edición de Cinestable, que recibió más de 40 trabajos presentados a concurso. Títulos llegados de diversas provincias españolas,  de otros países de habla anglosajona, además de Colombia, Países Bajos, Italia, Emiratos Árabes Unidos, EEUU, Reino Unido, Argentina, Francia y Portugal.

En esta ocasión el jurado eligió como título ganador The Wheel. Un trabajo realizado por el sevilllano David Luque que aborda el tema de los malos tratos de una manera original y sencilla, huyendo de los tópicos e invitando a la reflexión sobre el lenguaje cinematográfico y los engaños visuales que pueden tener cabida en una película. Todas as mulleres que fun, de Andrea Nunes Brións obtuvo el premio al mejor cortometraje en gallego, mientras que el premio del público reconoció loa labor de su vecino Xesús Méndez, que competía con la  westercomedia Por un puñado de becerros. En total fueron más de 1.500 euros en premios repartidos entre todas las categorías.

GNU/Linux Inestable
Los artífices de hacer realidad el festival son los integrantes de la asociación de usuarios GNU/Linux Inestable, con sede en Ordes, que en colaboración con el Concello de Ordes, la Xunta de Galicia, la Asociación de Comerciantes de Ordes, Radio Ordes y otras firmas comerciales han hecho posible acudir puntuales a su cita.
 
*

sábado, 6 de agosto de 2011

Regos lamenta a falta de experiencia de Sanjurjo nas súas acusacións fronte as obras da ronda leste

Regos: “O Concello de Ordes non ten ningunha débeda coa construtora por outros traballos e é a Xunta quen ten que pagar”


O alcalde Manuel Regos lamentou esta mañá que o portavoz do Partido Popular de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, utilice a xuízo de aquel, “a mentira para quitar méritos ao traballo do goberno local, neste caso en relación ás obras da rolda leste”.

En canto ás acusacións verquidas polo popular ordense nun medio de comunicación, o alcalde quixo facer unha serie de aclaracións. Así, foi contundente ao afirmar que o Concello de Ordes non ten ningunha débeda coa empresa construtora pola realización doutros traballos, tal e como afirmaba o portavoz popular.

Pendientes 18.000 euros
Ademais, en canto á certificación dos traballos, o alcalde explicou que o Concello certificou máis de 680.000 euros ao goberno autonómico, mentres que este só pagou arredor de 160.000 dunha certificación do pasado mes de outubro. Cantidade que o goberno autonómico abonou hai quince días aproximadamente, e que o Concello pagou á empresa ao día seguinte de recibilos, quedando todavía pendientes desa mesma certificación 18.000 euros. Dende o goberno local, aseguraron que se están a facer as xestións pertinentes coa Xunta de Galicia en relación ás certificacións pendientes.

Regos lamentou que a falta de experiencia política de Martínez Sanjurjo o leve a facer este tipo de acusacións erróneas, que o único que buscan é enganar aos veciños e veciñas sobre o traballo que está a facer o goberno local polo ben do municipio.

Acusacións
O alcalde lamenta que o portavoz popular, en lugar de consultar os expedientes relativos a este tema que ten á súa disposición no Concello, faga este tipo de acusacións nos medios de comunicación, mentindo e perxudicando únicamente desta maneira ao Concello e á Xunta, estando ademais esta última gobernada polo seu propio partido.

*

viernes, 5 de agosto de 2011

Esta fin de semana, Festa da Malla en Ardemil

Fin de semana de festa en Ordes co Certame de Bandas e o Día da Muiñeira

Mañá sábado tocaralle o turno ás bandas e o domingo á muiñeira a partir das 20:00 horas na Alameda


O municipio ordense vivirá esta fin de semana uns días que terán como protagonistas a música e o folclore coa celebración de dúas das súas citas culturais máis características do verán, o Certame de Bandas e o Día da Muiñeira.

O sábado tocaralle o turno ás bandas nun certame no que participarán a Banda de Música Sementeira de Cambre e a Banda de Música de Ordes.

O domingo celebrarase o Día da Muiñeira que contará coas actuacións do Grupo de Danzas Asociación Cultural Veciños de Leira; a Agrupación Folclórica Camiño Real de Poulo; a Asociación Cultural Os Xeitosos de Trazo e a Agrupación Folclórica Cultural “Sementes do Arte”.

Tanto os actos do Certame de Bandas como do Día da Muiñeira está previsto que se celebren a partir das 20:00 horas na Alameda de Ordes, aínda que en caso de choiva trasladaranse á Casa da Cultura.

*

A escola de verán xa recibiu a medio cento de nenos


Promovida polo Concello, trata da facilitar a conciliación da vida familiar e laboral dos ordenses

Máis de medio cento de nenos de Ordes deron comenzo esta semana a unha nova quenda da Escola de Verán, promovida polo Concello de Ordes para os meses de xullo e agosto. Unha iniciativa que consiste en actividades nas que as familias deixan aos seus pequenos durante as mañás das vacacións escolares co fin de facilitar a conciliación da vida laboral e familiar. Estas actividades buscan que os pequenos vexan, descubran e participen do entorno no que viven durante as vacacións mentres a súa familia traballa ou descansa.

Xogos e obradoiros
Xa no mes de xullo, estas actividades contaron cun gran éxito ao participar nas mesmas máis dun cento de rapaces e rapazas ordenses, que ademais de divertirse con xogos, manualidades ou obradoiros, conviviron e fixeron amizade con outros rapaces do municipio, á vez de facilitar que as súas familias poidan conciliar o seu traballo co coidado dos pequenos.

As actividades durante este mes de agosto teñen lugar no pavillón Campomaior en horario de 09:00 a 14:00 horas.

*