jueves, 14 de abril de 2011

Xornada de convivencia entre os escolares e as personas con discapacidade

Con ese curso, os estudantes ordenses comprenderán que as persoas con discapacidade son capaces de desenvolver as súas habilidades

O vindeiro venres día 15 de abril escolares ordenses visitarán as clases do curso de habilidades sociais dirixido a persoas con algún tipo de discapacidade, promovido pola Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes, e que se está a celebrar na aula adaptada do recinto feiral de Mesón do Vento, co fin de vivir unha xornada de convivencia cos participantes en dito curso.

Un cento de alumnos
Unha xornada promovida polo Concello de Ordes, a través da concellería da Discapacidade, e na que participarán preto de 100 alumnos e alumnas de 3º e 4º do colexio Castelao xunto aos seus profesores. Alumnos que teñen preparada a representación dunha obra teatral para os participantes no curso. Actividade que os alumnos do curso de habilidades sociais, a maioría con algún tipo de discapacidade intelectual, responderán coa elaboración de postres para os nenos e nenas do colexio.

Con esta iniciativa, o que se pretende é familiarizar aos escolares co mundo das diferentes discapacidades, mostrando que as persoas que sofren algún tipo de diversidade funcional son capaces de desenvolver as súas habilidades, cuestión para a que están a ser primordiais estes cursos.

Os actos darán comenzo ás 11:00 horas na aula adaptada do recinto feiral de Mesón do Vento.

*