lunes, 31 de mayo de 2010

Remata o ciclo de charlas informativas sobre a toma de medicamentos

.
Dende o pasado mes de febreiro lévanse celebrando estas charlas polas diferentes parroquias do municipio co fin de informar aos veciños e veciñas sobre o consumo de fármacos

O Concello de Ordes pechará o próximo sábado día 5 de xuño, o ciclo de charlas informativas sobre a toma de medicamentos, que daba comenzo o pasado mes de febreiro. Unhas charlas enmarcadas dentro do programa Ordes Saudable que leva a cabo a concellería de Sanidade.

O obxectivo destas charlas é informar aos veciños e veciñas do municipio de cuestións relativas á toma de medicamentos, cómo se deben tomar, a que horas, o efecto do medicamento, e incluso outras cuestións operativas como o funcionamento da receita electrónica. As sesións foron impartidas pola licenciada en Farmacia e especialista en Nutrición e Dietética, Rosa Celia Otero Raña.

Na Casa de Cultura a partires das 18:00 horas
Os veciños das parroquias xa puideron disfrutar destas charlas que deron comenzo en Beán, para seguir en Santa Cruz, Pereira, Poulo, Parada, Mercurín, Buscás, Vilamaior, Barbeiros, Mesón do Vento, Leira, Lesta, e por último celebrarase a derradeira das sesións, o próximo sábado en Ordes, na Casa da Cultura a partir das 18 horas. Pode participar todo o mundo e non fai falta inscrición previa.

A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Sanidade de Ordes
"Foi moi importante que todas estas charlas se levasen polas parroquias co fin de que todos os veciños tivesen acceso ás mesmas e incidindo así no empeño deste goberno local de levar ás parroquias todos os servizos que se ofertan no municipio

Foto: Momento da charla sobre a toma de medicamentos celebrada na parroquia de Beán.

*

Ordes volverá a tener 'campus universitario'

.
La Universidade de Verán de la USC vuelve con un curso sobre gestión de residuos en Galicia

Tendrá lugar entre el 19 y el 22 de julio y será dirigido por el profesor de la Politécnica de Madrid, Francisco José Peña Castiñeira

La Universidade de Verán de la USC volverá esta verano a Ordes después del éxito cosechado en la edición anterior con el curso A Xestión Ambiental nos Concellos Galegos.

Si en aquella ocasión, la primera en la historia que Ordes se convertía en sede universitaria, se celebraba en septiembre, en esta ocasión será entre el 19 y el 22 de julio bajo el título de Xestión Integral de Residuos de Galicia. Un programa creado por la concellería de Medio Ambiente de Ordes y que dirigirá el profesor de Medio Ambiente y Salud de la Universidad Politécnica de Madrid, Francisco José Peña Castiñeira.
El programa de estudios de esta nueva edición será como sigue:

19 de julio
9:30 Recogida de documentación

10:00 Inauguración del seminario

10:30 Conferencia inaugural Problemática sanitaria e ambiental da xestión dos residuos: importancia da participación cidadá, por Francisco José Peña Castiñeira, Profesor de Medio Ambiente y Salud. CEPADE-Universidad Politécnica de Madrid.
.
11:30-14:00 I Mesa redonda Puesta en común sobre la gestión de residuos en Galicia, Asturias, León y País Vasco. Moderador: Francisco José Peña Castiñeira. Relatores: A xestión municipal dos residuos en Galicia: novos retos. María José Echevarría Moreno. Subdirectora xeral de Coordinación Ambiental. Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia (sin confirmar). Plan de gestión de residuos urbanos en Asturias: situación actual y perspectivas de futuro. Santiago Fernández Fernández. Gerente. Consorcio para a Xestión de Residuos Sólidos en Asturias (COGERSA). Gestión y tratamento de residuos urbanos na provincia de León. Secundino Prieto Tercero. Xerente. Consorcio Provincial para a Xestión dos Residuos Urbanos da provincia de León (GERSUL). Directrices para la planificación y gestión de resíduos urbanos en el País Vasco 2010. Departamento de Medio Ambiente, Planificación Territorial, Agricultura y Pesca del Gobierno Vasco (sin confirmar).

16:30-20:00. Visitas prácticas. Complejo Medioambiental de Sogama (Cerceda). Planta de tratamiento de residuos urbanos de Nostián (A Coruña). Recuperación elo Parque de Bens (A Coruña).
.
20 de julio
10:00-14:00 II Mesa redonda. Modelos de gestión de residuos urbanos en Galicia. Moderador: Manuel Soto Castiñeira. Profesor titular de Ingeniería Química. Director de la Oficina de Medio Ambiente. Universidade da Coruña. Ex-presidente de Adega. Relatores: Modelo Sogama de gestión de resíduos urbanos.
María Esther Campos Mosquera. Responsable de Comunicación y Prensa. Sogama. Planta de tratamento de residuos urbanos de Nostián. David García Armesto. Director xerente. Albada. Planta de reciclaxe e compostaxe do Barbanza. Jacobo Patiño López. Director de Explotación. FCC-Fomento de Construcciones y Contratas, S.A. Gestión integral y supramunicipal de los residuos urbanos en la provincia de Ourense. Javier Bobe Vázquez. Jefe del Servicio de Aguas y Medio Ambiente. Área de Infraestruturas. Deputación de Ourense.
16:30-20:00. Visitas prácticas. Punto limpio (Ordes), a cargo de Montserrat Rivas Fuentes, responsable de Calidade e Medio Ambiente de SOL-Servicios, Obras y Limpiezas, S.A. Planta de reciclaje y compostaje do Barbanza (Lousame).

21 de xullo
10:00-14:00 III Mesa redonda. A xestión de residuos industrias, sanitarios, radiactivos, agrogandeiros e forestais, e de construción e demolición. Moderador: Benito García Carril. Periodista ambiental. Director de Galicia Ambiental. CTRIG-Centro de Tratamento de Residuos Industriais de Galicia: situación actual e perspectivas de futuro. Ramón Blanco López. Director industrial. Sogarisa. A xestión dos residuos sanitarios en Galicia. Ángel Gómez Amorín. Subdirector xeral de Programas de Control de Riscos Ambientais para a Saúde. Dirección Xeral de Saúde Pública e Planificación. Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia. Vicepresidente da SESA. A xestión de residuos radiactivos: unha solución ambiental. Silvia Rueda Sánchez. Técnico do Departamento de Formación. ENRESA. Xestión de residuos agrogandeiros e forestais. Tarsi Carballas Fernández. Profesora de Investigación. CSIC. Doutora “Ad Honorem” (sin confirmar). Xestión dos residuos da construción e demolición. Elvira Camarero Pérez. Directora comercial. Grupo GESTÁN.

16:30-20:00. Visita práctica. CTRIG-Centro de Tratamento de Residuos Industriais de Galicia (As Somozas).

22 de xullo
10:00-13:00. IV Mesa redonda. Redución, reutilización, reciclaxe e valorización de residuos. Moderadora: María Julia Melgar Riol. Profesora titular de Toxicoloxía. Facultade de Veterinaria. Universidade de Santiago de Compostela-Campus de Lugo. Relatores: Valorización de residuos orgánicos biodegradables. Josefa de León Blanco. Delegada Zona Sur. Agroamb. Valorización enerxética de residuos. José Antonio Álvarez Alcoba. Xefe de Explotación do Complexo Medioambiental. Sogama. Reciclaxe e tratamento do vidro. Danigal Vidrio, S.L. (sin confirmar). Uso de máquinas compactadoras para minimizar o volume de cartón e de residuos plásticos e facilitar a súa reciclaxe. Luis Concheiro Coello. Responsable da Área de Compactación da División de Maquinaria Medioambiental. Internaco, S.A. ASIMELEC: a reciclaxe dos residuos TIC. Julio Lema García. Director comercial. Fundacións Medioambientais de ASIMELEC.

13:00 Clausura del seminario

16:30-20:00 Recorrido tramo del Camino Inglés en el Concello de Ordes. Visita a la Catedral de Santiago: misa do Peregrino con botafumeiro, Pórtico de la Gloria, cubiertas de la Catedral.

Foto arriba: Inauguración del curso de verán 2009 con la presencia del vcerrector de Comunidade Universitaria de la USC, José M. Mayán.

Foto abajo: Alumnos de la edición pasada del curso de verano de Ordes.

*

domingo, 30 de mayo de 2010

Inscríbete nos cursos gratuítos de primeiros auxilios do Concello

.
Para poder participar deberás apuntarte na Casa do Concello a partires de mañá luns

A duración de cada curso será de dez horas e as prazas son limitadas

O Concello de Ordes, a través da concellería de Sanidade, organiza dous cursos totalmente gratuítos sobre primeiros auxilios. O primeiro deles, trátase dun curso básico sobre primeiros auxilios dirixido ó público en xeral e, o segundo, en colaboración coa concellería de Deportes, destinado a persoas que realicen algunha práctica deportiva.

28 e 29 de xuño. No primeiro dos cursos, Introdución aos primeiros auxilios, abordaranse dun xeito sinxelo os contidos máis esenciais sobre primeiros auxilios, facilitando as habilidades necesarias para poder facer fronte dunha maneira efectiva e segura ás diferentes situacións de emerxencia que se poden atopar en situacións cotiás. As datas de celebración serán os días 28 e 29 de xuño de 16.30 a 21.30 h. na Casa da Cultura de Ordes.

30 de xuño e 1 de xullo. O segundo dos cursos ofertados pola concellería de Sanidade de Xesús Pedreira, farase en colaboración coa concellería de Deportes xestionada por José Ramón Vázquez Raña. Trátase do Curso de primeiros auxilios no deporte, curso no que se abordarán dun xeito sinxelo os contidos máis esenciais sobre primeiros auxilios destinados á atención de situacións críticas que poden orixinarse na práctica deportiva. As datas de celebración serán os días 30 de xuño e 1 de xullo de 16.30 h a 21.30 h tamén na Casa da Cultura de Ordes.

Os encargados de impartir os dous cursos serán docentes do Centro de Formación da Cruz Vermella. A duración de cada curso é de 10 horas e as prazas serán limitadas, polo que o prazo de inscrición para participar estará aberto a partir do luns día 31 de maio chamando ao número de teléfono 981 680002 ou na concellería de Sanidade situada na segunda planta da Casa do Concello.

Podes coñecer as palabras de Xesús Pedreira para Radio Ordes:



.

A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Sanidade de Ordes
"A dinámica de traballo proposta para os dous cursos facilitará a creación de habilidades de relación e axuda que melloren a atención tanto da víctima como dos testigos do incidente xa que, durante as sesións formativas realizaranse simulacións e adestramento de situacións habituais na atención de primeiro nivel”

*

sábado, 29 de mayo de 2010

A xestora local do PP ven de negociar coa Xunta obras para dous centros de ensino ordenses

.
Trátase dos CEIP Castelao e Mesón do Vento que serán sometidos a obras de mellora por valor de 120.000 euros
.
Os populares acusan ao goberno municipal de "falta de iniciativa"

A xestora local do PP de Ordes informa hoxe do acordo que posibilitará a realización de obras de mellora nos CEIP Castelao e Mesón do Vento, e que alcanzado entre a súa presidenta, Estrella Vázquez, e a xefa territorial da Consellería de Educación na provincia de A Coruña, María Teresa Villaverde Pais.

As obras a realizar serán por un importe de 120.000 euros e se levarán a cabo ao longo deste verán. En concreto, consistirán na renovación integral dos baños da primeira planta e a construcción dun baño de minusválidos, cun orzamento de 60.000 euros no CEIP Castelao. No CEIP do Mesón do Vento, a Xunta investirá outros 60.000 euros para a execución de obras de remodelación da cociña do centro.

As xestións efectuadas polo PP de Ordes ante a Consellería de Educación, aseguran dende o PP de Ordes, "suplen a pasividade amosada polo Goberno de Ordes en relación con estas e outras carencias dos veciños do Concello, dado que semellan ocuparse exclusivamente de proxectos faraónicos inservibles, como os baixos da Alameda nos que levan derrochado máis de un millón e medio de euros ou a ampliación da Casa Consistorial para dispoñer dun prestamo e agravar máis os problemas de solvencia do Concello".

Ademais, conclúen, "mentres o Concello de Ordes atopase en situación de bancarrota con facturas impagadas por máis de un millón de euros, o grupo de Goberno pretende asumir con fondos propios as obras do novo cuartel da Garda Civil, valoradas e máis de dous millóns de euros, a pesares de que se trata dunha competencia exclusiva do Ministerio do Interior".

Que gastos de funcionamento teñen os centros de educación secundaria de Ordes?
A consellería de Educación e Ordenación Universitaria recentemente fixo pública a 'factura' que anualmente paga polo mantenemento do ensino público galego. Respecto á educación infantil e/ou primaria, a Xunta investirá un total de 38.998 euros no CEIP Castelao e 23.558 no CEIP Campomaior. No CEIP Mesón do Vento a factura chegará ata os 16.000 euros anuais.

Respecto ao ensino secundario, os gastos elévanse no caso do IES Maruxa Mallo ata os 56.755 euros e ata os 116.893 euros no caso do IES nº 1. Ámbalas partidas orzamentarias fan referencia ao proxectado para este ano 2010.

Foto: Exterior do CEIP Castelao de Ordes (eOrdes)

*

Aberto o prazo de matrícula para as probas de clasificación na Escola Oficial de Idiomas

.
Máis información no teléfono 981 680922, no IES nº 1 ou na web www.eoisantiago.org

A Escola Oficial de Idiomas de Ordes informa hoxe que se abre o prazo de matrícula para as probas de clasificación na escola para o curso 2010- 2011.

Este prazo de matrícula permanecerá aberto do 1 ao 8 de xuño. Todos aqueles que queiran recibir máis información poden solicitala no IES Nº 1, no teléfono 981 680922 ou a través da web www.eoisantiago.org

*

viernes, 28 de mayo de 2010

Y el Gobierno contestó a do Campo

.
El equipo de Rodríguez Zapatero da respuesta a la diputada popular sobre los datos de víctimas de accidentes de circulación en la N-550 a su paso por Ordes
.
El pasado 9 de marzo, la diputada popular Belén do Campo presentaba ante el registro del Congreso de los Diputados de Madrid una serie de preguntas con solicitud de respuesta escrita al Gobierno respecto a la carretera N-550.
.
En concreto, las preguntas fueron las siguientes: Número de accidentes y causas que motivaron los accidentes de tráfico producidos en la N-550 a su paso por Ordes; y Número de peatones heridos y fallecidos en los accidentes de tráfico en la carretera N-550 a su paso por Ordes.

Finalmente, la respuesta del Ejecutivo, que fue publicada en el Boletín Oficial del Congreso de los Diputados nº 391, llegaría el 12 de mayo con la siguiente respuesta:

Según la información obrante en la Base de Datos de accidentes de circulación con víctimas a 24 horas, con el siguiente cuadro se contesta a la pregunta formulada por Su Señoría, relativa a accidentalidad en la N-550 a su paso por el Concello de Ordes:

2005;2006;2007;2008;2009(*)

Nº accidentes de tráfico con víctimas;6;2;12;8;2
Fallecidos;0;0;1;2;1

Heridos Graves;2;2;7;5;0
Heridos Leves;13;1;15;1;1
Total Heridos;15;3;22;6;1
.
Peatones Heridos Graves;1;0;2;2;0
Peatones Heridos Leves;2;0;0;1;1
Peatones Fallecidos;0;0;0;2;0

(*) Datos provisionales

Por otra parte, los factores en términos porcentuales que, en opinión del agente, motivaron los accidentes de tráfico reflejados en el cuadro anterior fueron los siguientes:

Factor concurrente;2005;2006;2007;2008;2009(*)

Distracción;100%;50%;33%;63%;50%
Inexperiencia del conductor;0%;0%;0%;0%;0%
Alcohol o drogas;17%;0%;8%;13%;0%
Cansancio, sueño o enfermedad;0%;0%;8%;0%;0%

Velocidad inadecuada;0%;0%;17%;13%;0%
Infracción a norma de circulación;50%;50%;83%;75%;50%
Estado o condición de la vía;0%;0%;0%;0%;0%
Estado o condición de la señalización;0%;0%;0%;0%;0%
.
Tramo en obras;0%;0%;0%;0%;0%
Mal estado del vehículo;0%;0%;0%;0%;0%
Avería mecánica;0%;0%;0%;0%;0%
Meteorología adversa;0%;0%;0%;0%;0%
.
Otro factor;0%;0%;0%;0%;0%
Sin opinión definida;0%;0%;0%;0%;50%

(*) Datos provisionales

Por último, los puntos kilométricos en los que se registraron los citados accidentes se reflejan en el siguiente cuadro:

Año;km;hm;Sentido

2005;35;0;Descendente;35;6;Descendente;35;9;Ascendente;36;2;Ascendente;36;5;Ascendente;36;5;Descendente 2006;36;7;Descendente;37;2;Ascendente
2007;35;2;Ascendente;35;4;Ascendente;36;0;Ascendente;36;1;Ascendente;36;1;Descendente;36;6;Ascendente;36;7;Ascendente;37;2;No especificado;37;3;Ascendente;37;5;Descendente;37;7;Descendente;37;9;Ascendente
2008;35;3;Descendente;35;7;Ascendente;36;0;Ascendente;36;0;Ascendente;36;0;Descendente;36;3;Ascendente;37;6;Descendente;37;9;Ascendente 2009(*);35;0;Descendente;36;5;Ascendente

Nota: En los cuadros anteriores se ha considerado el tramo de la N-550 que transcurre entre los puntos kilométricos 34 y 38.


Foto: La diputada popular Belén do Campo (derecha) junto a la concelleira popular y presidenta de la Gestora del PP de Ordes, Estrella Vázquez, el pasado mes de febrero.


*

As xornadas da discapacidade rematan cun gran éxito de participación

.
Foron máis dun centenar as persoas que participaron nestas dúas xornadas organizadas polo Concello

O Concello de Ordes clausurou este mediodía a segunda edición das xornadas 'A Discapacidade Hoxe' que tiveron lugar no auditorio do Museo do Traxe Juanjo Liñares, e que achegaron ata o municipio a importantes personalidades que intentaron informar acerca dos diferentes tipos de discapacidades, durante as dúas sesións celebradas onte e hoxe pola mañá.

En total foron máis dun centenar as persoas que quixeron participar nesta iniciativa promovida pola concellería da Discapacidade que dirixe a concelleira, Silvia Marín, quen se mostrou moi satisfeita co resultado das xornadas, que explicou, espera que se volvan a repetir en próximas edicións.

Podes escoitar as palabras da concelleira Silvia Marín para Radio Ordes:



Integración social e laboral
O encargado de dar o pistoletazo de saída ás charlas celebradas no día de hoxe foi o alcalde, Manuel Regos, quen volveu a insistir no empeño do goberno local con este tipo de iniciativas que non teñen outro obxectivo que dar a coñecer esta problemática, intentando ademais aportar ferramentas para a integración na vida tanto social como laboral das persoas que sufren algún tipo de diversidade funcional.

Nunha xornada na que se destacou, sobre todo, o tema da integración deste colectivo na vida laboral, Regos deu paso a Anxo Queiruga, presidente da Confederación de Discapacitados en Galicia (COGAMI), primeiro dos conferenciantes que explicou todas as iniciativas que se levan a cabo dende a entidade que representa.

A seguinte das charlas, impartida por representantes da Federación de Asociacións a favor das persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia (FADEMGA), tivo como protagonistas a Alberto Seoane, Marcos Sanmartín e José Antonio Martínez, tres persoas con discapacidade intelectual, que están traballando e que quixeron contar a súa experiencia aos asistentes, así como animar ás persoas que estean na súa situación a que se formen e vexan que encontrar un traballo para eles non é imposible.
..
Enfermidades mentais, esa grande descoñecida
Por último pechou as charlas de hoxe José Mª Regueiro, vicepresidente da Federación de Asociacións de familiares e enfermos mentais de Galicia (FEAFES), quen explicou diferentes cuestións acerca das enfermidades mentais, que asegurou son unhas grandes descoñecidas e a xente está chea de prexízos cara elas.

Desta maneira pechábase a segunda edición das xornadas 'A Discapacidade Hoxe' que organizou o Concello de Ordes e que contaron coa colaboración de diferentes entidades do mundo da discapacidade, como ADISCORDES, a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, a ONCE, COGAMI, FADEMGA e FEAFES Galicia.

*

Veciños da comarca expoñeron as súas manualidades

.
Un total de 168 veciños e veciñas de 15 asociacións deron a coñecer os seus traballos no IV Mostra de Obradoiros Culturais

A exposición pode visitarse no centro cívico de Cerceda ata o 31 de maio

Un total de 168 veciños e veciñas dos sete municipios da comarca de Ordes (Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo) participan na IV Mostra dos Obradoiros Culturais da Comarca de Ordes, organizada pola Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes. Unha exposición que foi inaugurada na noite do pasado martes no centro cívico de Cerceda e que poderá visitarse ata o vindeiro 31 de maio.

Trátase dunha mostra que recolle os traballos dun total de 15 escolas municipais e asociacións veciñais da comarca ordense, cinco máis ca na pasada edición. Na mostra pódense contemplar traballos de debuxo, pintura, cesteiría, manualidades, encaixe de bolillos, coiro e mesmo restauración de mobles. Uns traballos realizados ao longo deste ano polos veciños e veciñas de Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo.

Entidades veciñais participantes
Entre os participantes figuran quince escolas municipais e asociacións veciñais da comarca ordense, cinco máis ca na edición de 2009. Oroso é o municipio que máis asociacións aporta a esta mosta cun total de cinco entidades, seguido por Ordes con tres. Así, nesta IV Mostra de Obradoiros Culturais da Comarca de Ordes participan:

- Obradoiro municipal de debuxo e pintura, escultura e manualidades do Concello de Cerceda
- Obradoiro de manualidades de Frades
- Escola municipal de manualidades do Concello de Mesía
- Unidade Galega de Veciños e Mulleres rurais de Santa Cruz de Montaos (Ordes)
- Asociación de Amas de casa de Ordes
- Obradoiro municipal de debuxo e pintura de Ordes
-
Obradoiro de Bolillos de Oroso
- Obradoiro municipal de debuxo e pintura de Oroso
- Obradoiro municipal de bixutería do Concello de Oroso
- AAVV Pena do Tesouro de Trasmonte (Oroso)
- Asociación de Mulleres “A Ponderosa” (Tordoia)
- Asociación de Mulleres “Pedralonga” (Tordoia)
- Asociación de Mulleres de Trazo
- AAVV “A Carballeira” de Chaián (Trazo)

A IV Mostra de Obradoiros Culturais da Comarca de Ordes poderá visitarse ata o 31 de maio no centro cívico de Cerceda en horario de luns a venres, de 9:30 a 13:00 horas e de 15:00 a 20:00 horas; e o sábado 29 de maio, de 10:00 a 13:00 horas e de 15:00 a 20:00 horas. Esta exposición está organizada pola Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes e conta co patrocinio da Deputación Provincial da Coruña.

A frase de Miguel Prado Patiño, presidente da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes
"Síntome moi orgulloso desta mostra e do traballo que facedes todos vós, pois estas pezas son froito do voso esforzo diario ao longo de todo este ano”

*

jueves, 27 de mayo de 2010

O Concello celebra uns cursos de condución eficiente os vindeiros 3 e 4 de xuño

.
Terán lugar de 10 a 14 horas no Centro Comarcal e para poder participar é necesario facer unha inscrición previa no Concello

Están especialmente dirixidos a condutores habituais non necesariamente profesionais


A concellería de Medio Ambiente do Concello de Ordes está a preparar a programación para celebrar o Día Mundial do Medio Ambiente o vindeiro 5 de xuño. A primeira das actividades propostas consistirá en cursos de conducción eficiente totalmente gratuítos os días 3 e 4 de xuño en horario de mañá no Centro Comarcal de Ordes, de 10.00 a 14.00 horas. A duración destes cursos é de dúas horas. Para poder participar será necesario facer unha inscrición previa no Concello que se poderá realizar a través do teléfono 981 680002.

Trátase de unidades didácticas orientadas a condutores habituais, non teñen que ser profesionais. Este curso vai orientado, tanto a colectivos de profesionais, policías, bombeiros, parques móbiles, como a particulares.

Podes escoitar as palabras de Xesús Pedreira para Radio Ordes:



.

A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente de Ordes
"Estes cursos son unha resposta á necesidade de aforro enerxético e respecto ao medio ambiente. Segundo as experiencias recollidas, podemos saber que o aforro medio de combustible por alumno está arredor do 15%, ao tempo que contribuímos á reducción das emisións contaminantes de maneira considerable”

*

Ordes celebrará o sábado 29 o seu VI Torneo de Fútbol 7

.
Participarán un total de dez clubes galegos nas categorías prebenxamín, benxamín e alevín

Ordes acollerá o próximo sábado 29 de maio a celebración do VI Torneo de Fútbol 7 Concello de Ordes que terá lugar na cidade deportiva de Vista Alegre. Así, un ano máis, a S.D. Club Ordenes e o Concello organizan esta competición co fin de manter viva a ilusión de tantos nenos e nenas das categorías prebenxamín, benxamín e alevín, converténdose xa nun clásico na comarca e empezando a ser un torneo de referencia a nivel provincial.

Nesta ocasión participarán de novo unha serie de clubes de recoñecido prestixio tanto da comarca como de toda a provincia como serán os equipos da S.D. Ordenes, Deportivo da Coruña, Tordoia, X. Oroso, Celta de Vigo, Montañeros, Cerceda, Arteix, Luis Calvo e Amio.

Os partidos darán comenzo pola mañá, a partir das 11:00 horas, prolongándose ata a tarde cando se celebrarán as semifinais, finais e os encontros para o terceiro e cuarto posto. Ao remate dos partidos farase a entrega dos trofeos e medallas aos gañadores.

*

A estación de Parada contará cun centro de día para discapacitados

.
O anunciou o alcalde Manuel Regos no transcurso da sesión inaugural das xornadas “A Discapacidade Hoxe”

Silvia Marín: "Estas xornadas teñen un dobre obxectivo: formar e informar sobre que é a discapacidade"
Preto dun centenar de persoas encheron esta mañá o auditorio do Museo do Traxe “Juanjo Liñares” de Ordes para participar na segunda edición das xornadas “A Discapacidade Hoxe”, que leva a cabo o Concello de Ordes a través da Oficina Integral da Discapacidade, e nas que colaboran importantes entidades como ADISCORDES, a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG), a ONCE, COGAMI, FADEMGA e FEAFES Galicia.

O acto inaugural contou coa participación de Manuel Regos e a concelleira de Educación, Mocidade e Discapacidade, Silvia Marín, quen explicou o dobre obxectivo desta segunda edición das xornadas “por un lado informar e por outro formar á xente sobre o que é a discapacidade”. Tanto o alcalde como a concelleira fixeron fincapé no empeño do goberno local ordense para con esta problemática, e mostra delo todas as iniciativas que se levaron a cabo e están postas en marcha no municipio para este colectivo e as súas familias, como foi o curso de habilidades sociais recentemente clausurado que se celebrou durante seis meses en Mesón do Vento e no que participaron máis dunha decena de veciños e veciñas de Ordes con algún tipo de diversidade funcional.
.
Preto de mil discapacitados en Ordes
Regos, aproveitou ademais a ocasión para anunciar un novo proxecto no que está a traballar o equipo de goberno, consistente na instalación dun centro de día para persoas discapacitadas na estación de Parada, que explicou, espera poida ser unha realidade dada a importancia do mesmo e a necesidade ao respecto do municipio, que conta con preto de 1.000 persoas que sufren algún tipo de diversidade funcional.

Tralo acto de inauguración por parte do alcalde e a concelleira, deuse paso ás conferencias programadas para o día de hoxe. Na primeira delas participaron Antonio Morán, presidente de ADISCORDES, que foi o encargado de dar paso a Antonio Bestilleiro, experto en neuroloxía e equinoterapia, e a José Manuel Iglesias Vilas, fabricante de xogos adaptados e experto en etoloxía.

A segunda das conferencias do día correu a cargo de Kizkitza Velasco, membro da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, quen explicou a súa propia experiencia persoal como persoa xorda, e as diferentes dificultades que se encontran, así como explicou as facilidades que se poden encontrar a través da Federación e o seu funcionamento.

Por último tocoulle o turno a Dolores Venancio, presidenta do Consello Territorial da ONCE en Galicia, que falou neste caso doutra diversidade funcional, a falta de visión.

Programa de actos para mañá venres
As II Xornadas “A Discapacidade Hoxe” continuarán mañá venres, tamén no auditorio do Museo do Traxe Juanjo Liñares dende as 10 ás 13 horas, coa celebración doutra serie de charlas.
Neste caso a partir das 10 horas tocaralle o turno a Anxo Queiruga, presidente de COGAMI, ao que seguirá outra conferencia na que representantes de FADEMGA falarán sobre temas relativos ao emprego de persoas con discapacidades na que tamén participarán tres traballadores da comarca que teñen algún tipo de diversidade funcional.
Pechará as charlas, Jose Ramón Girón, presidente da Federación de Asociacións de familiares e enfermos mentais de Galicia (FEAFES).
As xornadas están abertas a todo o mundo e son gratuítas.
Foto: O alcalde Manuel Regos e a concelleira de Discapacidade, Silvia Marín, inauguran as xornadas no auditorio do Museo Juan Liñares.
*

Os nenos aprenden o aniñamento das aves

.
O Concello traballa nun plan de seguemento ambiental a través do programa Voluntariado Verde

O Concello de Ordes dende o programa Voluntariado Verde, promovido pola concellería de Medio Ambiente, está a traballar nun plan de seguemento ambiental de aniñamento de aves insectívoras nas caixas niño, unhas caixas que foran colocadas coa colaboración da empresa Internaco durante 2009, na pasada edición do programa.

A actividade está dirixida aos escolares da zona e en total participan uns 150 escolares de entre 3 e 10 anos. Os centros participantes son o CEIP Castelao, o CEIP Campomaior e as escolas unitarias de Beán, Buscás e Santa Cruz de Montaos.

Unha actividade teórico-práctica
Durante a actividade realízanse diferentes accións. En primeiro lugar os participantes reciben unha charla sobre as aves da zona que poderían utilizar estas caixas niño en función do tamaño do buraco de entrada, a mellor orientación, época de colocación, cómo colocar as caixas, etc., para a continuación, facer un inventario das caixas que conteñen niños. Por último xa na aula, os rapaces traballan con diferentes plantillas e fichas sobre as aves avistadas.
As actividades comenzaron o pasado 29 de abril e rematarán o vindeiro venres 28 de maio.

A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente de Ordes
"O obxectivo da realización de accións de seguemento ambiental dentro do programa de Voluntariado Verde, responde á necesidade de fomentar un optimismo ambiental entre os máis novos co fin de que afronten o reto da conservación e respecto polo medio ambiente con forza dende as súas primeiras etapas educativas”

*

miércoles, 26 de mayo de 2010

Ordes pasará por un completo 'chequeo' sociolóxico

O Concello poñerá en marcha a elaboración do Plan Municipal de Cidadanía, Convivencia e Integración

O concelleiro de Servizos Sociais, Xesús Pampín, presentou esta mañá o inicio dun novo proxecto que se levará a cabo dende o seu departamento, a elaboración do Plan Municipal de Cidadanía, Convivencia e Integración do Concello de Ordes. No acto, o concelleiro ordense estivo acompañado por Francisco Hurtado, da ONG Ecos do Sur, e Ismael Blanco, representante da empresa Grupo OBZ Consulting, ambas entidades que estarán encargadas, xunto ao Concello, da elaboración do plan.

Se realizará con técnicas o máis participativas posibles, un diagnóstico da realidade social do municipio contando con todos os axentes sociais, para despois definir e planificar as actuacións a realizar no futuro.

Así, se realizarán entrevistas tanto persoais como grupais, ademais de dous tipos de enquisas. Unha destas enquisas farase á poboación de orixe galego ou español residente en Ordes, co fin de coñecer o grao de prexuizo que hai cara os inmigrantes e emigrantes retornados, as súas opinións e demais. A outra enquisa irá dirixida á poboación inmigrante e emigrante retornada para ver a súa visión, así como as necesidades de tipo social e incluso persoal que encontran no municipio.

Durante as próximas semanas comenzaranse os traballos con diversas entrevistas e xuntanzas con representantes do tecido asociativo local, así como con distintos organismos e entidades tales como centros educativos e o centro de saúde, entre outros.

Para suxestións e recomendacións das persoas interesadas en colaborar neste proxecto, o Concello pon a disposición o número de teléfono 981 680002 en horario de 8 a 15 horas.

Pods escoitar a presentación que Pampín fixo para os micrófonos de Radio Ordes:

A frase de Xesús Pampín, concelleiro de Servizos Sociais de Ordes

"As administracións públicas debemos facer políticas sociais de calidade e para iso hai que coñecer a realidade social do municipio. Trátase dun plan moi ambicioso non só en obxectivos, senón tamén en contidos, que pretendemos sexa o máis participativo posible e no que se involucrarán todos os axentes sociais do municipio”

Foto: O concelleiro Xesús Pampín entre Francisco Hurtado, de Ecos do Sur, e Ismael Blanco, de Grupo OBZ Consulting.

*

martes, 25 de mayo de 2010

O goberno aproba en solitario o protocolo de creación do cuartel da Garda Civil

.
Regos: "Este é un momento histórico. Levamos máis de trinta anos agardando por el"

Populares e nacionalistas critican a medida por ter o Concello que adiantar os cartos que logo abonará o Ministerio de Interior

O goberno rexeita todas as outras mocións da oposición

O pleno celebrado esta mañá no Concello de Ordes aprobou, cos votos a favor do grupo de goberno, o convenio de colaboración co Ministerio do Interior para a construcción dun edificio de nova pranta que será destinado a cuartel da Garda Civil. Un convenio no que se establece que o pago das obras será asumido inicialmente polo Concello, sendo o importe abonado pola Dirección General de la Policía y de la Guardia Civil, unha vez finalizadas as obras.

O alcalde Manuel Regos calificou este momento como "histórico", ao tratarse dunha das infraestructuras que levaba máis de trinta anos esperándose no municipio, e que agora se poderá facer realidade gracias a este convenio. Ante a oposición de nacionalistas e populares para aprobar este convenio, o primeiro edil lamentou que o PP de Ordes se opoña á construcción deste cuartel que durante os vinte anos de Teodosio Martino como alcalde non se puido levar adiante. Regos insistiu no seu lamento porque tanto BNG como PP “non crean na Gardia Civil nin no cuartel, unha infraestructura que sen dúbida redundará no beneficio do municipio tanto dende o punto de vista social como de seguridade para os veciños e veciñas de Ordes”.

O PP expresou o seu "recoñecemento" á Benemérita
Respecto a isto último, os populares expresaron o seu recoñecemento ao labor que desenvolve a Benemérita, pero advertiron que este non implica que o Goberno local deba asumir unhas obras para as que carece de capacidade financeira, co agravante de que non son de competencia municipal. Así, visto que o Concello, a xuízo dos populares, non é capaz de aportar garantías de que vai recuperar ese investimento, e dada a situación de bancarrota das arcas municipais, o PP optou por votar en contra do documento.

Tamén o Partido Popular lembrou que o Concello xa destinara, no seu momento, preto de 500.000 euros para a adquisición do baixo que a Garda Civil ocupa actualmente, como solución transitoria mentres non se constrúa a súa nova sede. E, paralelamente, tamén puxo a disposición do Ministerio do Interior os terreos necesarios para o novo cuartel. Ademais, o Concello anunciara, no seu momento, que pasados dous anos dende o traslado da Benemérita á sede provisional mercada polo Concello, a Dirección Xeral da Garda Civil lles aboaría un alugueiro mensual de 2.000 euros, pero tal documentro nen sequera se chegou a asinar, xa que foi rexeitado polo Ministerio do Interior.

Igual de críticos resultaron os nacionalistas co protocolo sobre o cuartel da Garda Civil. Gonzalo Castro sinalou que “mentres os veciños e veciñas de Ordes vense obrigados pola incapacidade do alcalde a financiar o cuartel da Garda Civil, noutros concellos como Ames, Vilagarcía de Arousa ou Santa Comba, os cuarteis están sendo construidos con fondos propios do Ministerio do Interior”.

Tamén acusou a Manuel Regos de “cometer unha absoluta irresponsabilidade co convenio". O nacionalista considerou que a xestión do alcalde neste asunto “pon de manifesto a súa incapacidade para defender os intereses dos veciños de Ordes, que van ter que pagar máis de dous millóns de euros na construcción do Cuartel, máis o medio millón de euros do baixo no que se ubica na actualidade, o que vai a supoñer que a cada veciño o Cuartel lle custe máis de 200 euros”.

Ante as críticas da oposición sobre o custo que a operación supón para o Concello, Regos quixo aclarar que “este cuartel vaise facer sen ningún tipo de cargo aos veciños e veciñas de Ordes". "Trátase", asegurou á corporación o primeiro edil, "dunha operación normal de tesourería que non endebedará ao Concello xa que, en 2013 cando se terminen as obras, o Ministerio abonará ao Concello o custe das mesmas”.

Tamén quixo explicar Regos que con este novo cuartel Ordes terá un posto principal deste Corpo de Seguridade do Estado, e dirixíndose aos membros da oposición insistiu en que “o que lles molesta é que o cuartel se faga agora sen que foran capaces de facelo antes”.

Aínda así, os populares ordenses apelaron á responsabilidade do rexedor para evitar que asuma ese novo compromiso, "imposible de cumprir para un Concello en situación de bancarrota, con facturas impagadas por máis de un millón de euros e proxectos faraónicos, como os baixos da Alameda, as obras de ampliación da Casa Consistorial ou infinidade de gastos sen orzamento".
.
Astray: "Levamos esperando 33 anos polo cuartel"
Pola súa banda, o concelleiro de Persoal, Réxime Interior e Comunicación e voceiro do goberno, Manuel Astray, explicou que “aínda que estou dacordo de que non é unha competencia do Concello, esta é a única oportunidade para que Ordes conte con este cuartel da Garda Civil polo que levamos esperando 33 anos. Nós non imos ser responsables de que Ordes quede sen cuartel e se o queremos hai que aprobar este convenio. Isto non vai endebedar ao Concello porque a inversión vaise recuperar”. Finalmente o convenio para a construcción do cuartel da Garda Civil aprobouse cos votos a favor dos nove edís do grupo de goberno, e os votos en contra de PP e BNG.

En canto ás mocións presentadas polos grupos da oposición, o BNG presentou unha relativa ás obras da rolda leste, da que non se aprobou a súa urxencia, e na que os nacionalistas solicitaban instar a Fomento a que se manteña o proxecto inicial con rotondas na conexión coa N-550, así como a que se ampliase o vial ata Cano de Leira e se dote ao tramo da zona sur dos servizos básicos e beirarrúas nas dúas marxes.

O concelleiro nacionalista Ramiro Recouso defendeu “a modificación do proxecto da ronda leste para prolongar o vial nunha distancia de 800 metros até a N-550 á altura do Cano de Leira, dotando ao mesmo dun acceso neste punto, co obxectivo de evitar que todo o tráfico pesado teña que pasar polo polígono industrial de Merelle, o que provocaría un caos circulatorio, ademáis dun serio problema de seguridade vial“. Tamén o nacionalista propuxo que “tratándose dun tramo urbano, debe contemplarse na obra a instalación dos servizos básicos propios, como saneamento, abastecemento de auga potábel, gas, telefonía, etc..., así como beirarrúas polas dúas marxes”.

O concelleiro de Obras e Urbanismo, Roberto González, insistiu en que se trata dun proxecto aprobado e que hai que respetalo agora mesmo. En canto á rotonda explicou que se están a manter conversacións con Fomento ao respecto.
.
Axudas ao sector lácteo
Tampouco se aprobou a urxencia dunha moción do BNG sobre as axudas ao sector lácteo, moción á que xa fixera referencia no seu día o edil de Medio Ambiente, Medio Rural e Sanidade, Xesús Pedreira, quen explicou que dende o goberno local sempre se defendeu e defenderá coas armas que se poden dar como administración local o sector agrogandeiro, “por iso fixemos a rebaixa dun 90% das tasas por construción ou ampliación das explotacións, esto sí entra dentro das nosas competencias e é un respiro para moitas economías, como tamén axudamos con transporte ás mobilizacións dos gandeiros fóra de Ordes, así como nas numerosas mocións presentadas en pleno dimos traslado das resolucións ás diferentes administracións estatais e autonómicas”.

Pola súa banda, Gonzalo Castro considerou “moi necesaria a unidade da corporación municipal na demanda de apoio para o sector lácteo, xa que esta discriminación do sector lácteo nas axudas da PAC chega xusto cando Ordes ten afrontado, grazas aos investimentos da anterior consellería do Medio Rural, xestionada polo BNG, a fase final da maioría das súas concentracións parcelarias, que é cando as explotacións poderían empezar a mellorar a súa base territorial e a súa rendabilidade”.

Pedreira criticou a “falta de rigor do BNG de Ordes por querer quitar rentabilidade política” cando fala de que os limitados recursos dispoñibles para o sector lácteo se destinan exclusivamente ás zonas de montaña, beneficiando claramente a comunidades como Asturias, Cantabria ou País Vasco e perxudicando aos gandeiros galegos. Explicou o edil que, “a pesares de que os nosos gandeiros de Ordes estean coa auga ao pescozo, non é menos certo que desta non saen como os máis perxudicados”, explicando que “unha zona coma Ordes que está clasificada como zona desfavorecida, vai cobrar a prima B e opta á C, mentras zonas como Santa Comba ou Bergantiños, veciñas e parecidas xeográficamente a Ordes, nunca van poder cobrar a axuda A, B nin C”.

Decreto do galego e o decreto de Zapatero
O pleno tampouco aprobou a urxencia de dúas mocións dos nacionalistas, unha sobre o decreto do galego, e outra na que se solicitaba instar a retirada do decreto aprobado polo goberno de España en canto aos recortes sociais, moción esta última que explicou o edil Xesús Pedreira “son cuestións que non se debaten nos concellos e deben ser debatidas polos deputados”.

En canto á moción presentada polo Partido Popular na que se reclamaba ao Concello que se variase o emprazamento dunha fonte na parroquia de Leira, Pedreira pediu aos populares que se informen, xa que estas actuacións as están a levar a cabo os veciños, aportando o Concello só o material.

Podes escoitar o contenido completo do pleno a través da sinal de Radio Ordes facendo clic neste enlace.

Imaxe: Transcurso da sesión ordinaria do pleno da corporación municipal ordense que contou coas ausencias dos concelleiros José Luis Díaz Hermida (dereita) e Juan Simón (esquerda).

*

Tertulia con 'Carmelo' de Matalobos

.
Organizada pola Asociación Cultural Foucelhas, o actor lugúes explicará a súa visión da lingua galega na industria televisiva

O actor Luis Iglesia Besteiro (Riotorto, Lugo, 1962) será o convidado á tertulia que a Asociación Cultural Foucelhas de Ordes prepara para o vindeiro venres 28 de maio. O encontro, que terá lugar no Centro Comarcal de Ordes a partires das 19:00 h., versará sobre a situación da lingua galega na industria televisiva e a súa función na normalización lingüística.


*

El Ministerio de Medio Ambiente da el OK a la variante

.
El trazado seleccionado no afecta directamente al cercano Lugar de Interés Comunitario 'Río Tambre', pero dado que la variante discurre próxima, la DIA exige al promotor medidas preventivas durante la fase construcción

El Ministerio de Medio Ambiente, y Medio Rural y Marino, ha evaluado favorablemente ayer lunes en nota de prensa la realización del estudio informativo 'Variante de Ordes. N-550 A Coruña - Tuy" concluyendo que siempre y cuando se autorice la alternativa A-3 (Corredor Este) y en las condiciones deducidas del proceso de evaluación ambiental, quedarán adecuadamente protegidos el medio ambiente y los recursos naturales.

El objeto del estudio es analizar los datos necesarios para definir los trazados de las diferentes alternativas viables de la variante de la N-550 en el entorno de Ordes. Esta variante evitará el paso a través del núcleo urbano y resolverá los problemas de tráfico que se presentan en la actualidad. Se han considerado tres posibles corredores y finalmente el trazado elegido como más viable es el 'Corredor Este' por razones ambientales y de funcionalidad. Esta alternativa tiene una longitud de 13,525 km.

No afecta al Tambre
El trazado seleccionado no afecta directamente al cercano Lugar de Interés Comunitario 'Río Tambre', pero dado que la variante discurre próxima, la DIA exige al promotor medidas preventivas durante la fase construcción como el control de movimiento de maquinaria así como cerramiento de áreas sensibles.

En relación con las afecciones a la hidrología, el promotor deberá mitigar posibles impactos con sistemas de captación y sedimentación de partículas como canales o cunetas vegetadas y balsas de decantación.

No se prevé afecciones de relevancia para la fauna, ya que el cauce fluvial no sufre fragmentación por la ejecución del proyecto al cruzarse con puentes o viaductos. No obstante, la DIA exige al promotor medidas de restauración en terraplenes, riberas y vaguadas y plantaciones de Agnus glutinosa y Betuna alba en las zonas alteradas por la construcción de viaductos sobre los cauces Pequeño, Cabrón, do Cabo, das Penedas y da Ponte Ribeira.

Con el fin de complementar las medidas preventivas y correctoras propuestas por el promotor, la DIA establece que en el proyecto de construcción se concretarán los periodos de reproducción de las especies faunísticas más sensibles presentes en la zona en coordinación con el organismo competente de la Xunta de Galicia.

Asimismo, la DIA exige la elaboración de un estudio acústico que determinará la necesidad de desarrollar medidas de protección del tipo de pantallas acústicas absorbentes, caballones de tierras u otras para alcanzar los objetivos de calidad.

En la DIA se proponen nueve zonas de vertido elegidas por proximidad al trazado y con criterios ambientales, que se corresponde con canteras o enclaves utilizados actualmente como vertederos.

Prospección arqueológica
El estudio de impacto ambiental incluye una prospección arqueológica extensiva y se han detectado once elementos del patrimonio cultural que pueden verse afectados. Para ello se proponen medidas tanto para fase de construcción como de obras en coordinación con la Consejería de Cultura y Deporte de la Xunta.

Además, la DIA contempla un Programa de Vigilancia Ambiental para el seguimiento y control de los impactos y de la eficacia de las medidas protectoras y correctoras establecidas.

Foto: La ministra de Medio Ambiente, Medio Rural y Marino, la ourensana Elena Espinosa.


*

lunes, 24 de mayo de 2010

Mañana se aprobará el protocolo que posibilite la construcción del cuartel de la Guardia Civil

.
Tendrá lugar durante la sesión plenaria de la corporación municipal en la Casa do Concello a partir de las 10:0o horas

Gonzalo Castro pedirá que el equipo de Regos inste al Gobierno de Rodríguez Zapatero a retirar el decreto anti crisis


El pleno de la corporación municipal se reunirá mañana martes 25 de mayo a las 10:00 horas para tener su sesión ordinaria del mes de mayo. El orden del día versará sobre la aprobación, si procede, del protocolo de colaboración entre la Secretaría de Estado del Ministerio de Interior y el Concello de Ordes, que posibilitaría la construcción de la nueva casa cuartel de la Guardia Civil en el barrio de O Paraíso.

Por otra parte, el BNG de Ordes viene de informar de la presentación de una moción en contra de los recortes sociales aprobados por el Gobierno de José Luis Rodríguez Zapatero.

*

Un total de 313 alumnos participaron na clausura do 'Cinensino'

.
Un programa de prevención fronte as drogas proxectado pola Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes

Un total de 313 alumnos de 1º e 2º da ESO dos sete municipios da comarca ordense (Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo) participaron esta mañá na sesión de clausura do programa de prevención fronte ás drogas 'Cinensino 2009-2010', organizado polo Servizo de Prevención de Drogodependencias da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes. Unha sesión celebrada no auditorio da Casa da Cultura de Ordes, onde os rapaces asistiron á proxección do filme Pequeños invasores e despois traballaron nun obradoiro de 'Autoestima negativista'.

Que pasaría se consumisen drogas?
O presidente da Mancomunidade, Miguel Prado Patiño, sinalou a importancia destas iniciativas para “axudar aos escolares a que descubran o valor da autoestima e potenciar a autoestima positiva como factor protector fronte ao consumo”. Un punto no que incide tamén a técnica de Prevención de Drogodependencias da Mancomunidade de Ordes, Mónica González López, quen sinala que “a partir de argumentos inspirados na película buscamos que imaxinen o que sucedería se consumisen drogas, evitando así a necesidade de experimentalo para coñecelo”.

O programa 'Cinensino 2009-2010' incluíu un total de tres sesións nas que participaron todos os adolescentes da comarca ordense (de 1º e 2º da ESO). Trátase dun programa incluído no Plan Nacional contra a Drogadicción, está organizado polo Servizo de Prevención de Drogodependencias da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes e conta coa financiación da Consellería de Sanidade.


*

O BNG pide manter as rotondas proxectadas para ligar a ronda leste coa N-550

.
Propoñen tamén a prolongación da vía até o Cano de Leira e a dotación de servizos e beirarrúas nas súas marxes

O BNG ordense fixo público onte a súa posición ao respecto do cambio do proxecto de enlace da ronda leste coa N-550, feito público polo Ministerio de Fomento, que finalmente optará por unha intersección en forma de T con carriles de espera centrais e non por unhas rotondas, como se tiña barallado inicialmente.

O concelleiro nacionalista Ramiro Recouso defendeu “o mantemento do proxecto inicial no tocante á conexión da ronda e a N-550 mediante rotondas, xa que a opción dun carril de espera central, tendo en conta a elevada densidade de tráfico, pode xenerar graves problemas de seguridade vial, nuns puntos que xa teñen, a día de hoxe, unha elevada siniestralidade”.

Prolongación da ronda e ausencia de servizos
Por outra banda, Recouso lembrou que “o BNG segue a defender unha modificación do proxecto da ronda leste para prolongar o vial nunha distancia de 800 metros até a N-550 á altura do Cano de Leira, dotando ao mesmo dun acceso neste punto, co obxectivo de evitar que todo o tráfico pesado teña que pasar polo polígono industrial de Merelle, o que provocaría un caos circulatorio, ademáis dun serio problema de seguridade vial”.

Finalmente, o concelleiro defendeu que “tratándose dun tramo urbano, debe contemplarse na obra a instalación dos servizos básicos propios, como saneamento, abastecimento de auga potábel, gas, telefonía, etc..., así como beirarrúas polas dúas marxes”.

As frases de Ramiro Recouso, concelleiro nacionalista de Ordes
"Despois de moitos anos de espera, a mobilización dos veciños e veciñas de Ordes, con máis de 3.000 sinaturas que solicitaron o desvío o tráfico pesado do centro da vila, especialmente os camións de lixo que teñen como destino Sogama, iniciáronse as obras dunha rolda alternativa para desviar o tráfico pesado do centro da vila”

"Resulta moi preocupante que Ordes teña un alcalde que non se preocupe de negociar coas demáis administracións para conseguir unha boa execución e melloras para os proxectos a realizar no noso concello”

Foto: O concelleiro nacionalista, Ramiro Recouso.


*

domingo, 23 de mayo de 2010

Resultados da XV Carreira Popular Concello de Ordes

.
Unha proba que tivo como gañador absoluto ao corredor marroquí Hassan Lekhili

Ordes acolleu esta mañá unha das súas citas deportivas máis importantes, a XV Carreira Popular Concello de Ordes, na que participaron preto dun milleiro de corredores repartidos nas diferentes categorías.

CLASIFICACIÓN DAS PROBAS POR CATEGORÍAS:

BABY:
Nenos:
1º.- Samuel Villaverde Rey
2º.- Raul Rodríguez Garabato
3º.- Iker García Riego

Nenas:
1º.- Gloria Iglesias Grobas
2º.- Tatiana Grela García
3º.- Uxía Vázquez Casas

PREBENXAMÍN:
Nenos:
1º.- Hugo Vázquez Vázquez
2º.- Daniel Corral Mosquera
3º.- Anxo Ferro Martínez

Nenas:
1º.- Estefanía Otero Buelta
2º.- Sunny Seijas Portas
3º.- Noemi Fraga Domínguez

BENXAMÍN:
Nenos:
1º.- Martín Darriba Crespo
2º.- Leonardo Guazzone Mariño
3º.- Lucas Correa Rodríguez

Nenas:
1º.- Lara López Fernández
2º.- Nuria García Veira
3º.- Diana Iglesias Mira

ALEVÍN:
Nenos:
1º.- Iván Carnero Rodríguez
2º.- Arturo Ramos Rey
3º.- Leo Cendan Malingret
Nenas:
1º.- Lucía Suárez Crespo
2º.- Irene López Álvarez
3º.- Claudia Torres Rey

INFANTIL:
Nenos:
1º.- Jesús Álvarez Pazos

Nenas:
1º.- Alba Cajide Castro

CADETE:
Nenos:
1º.- Álvaro Veiga Vázquez
2º.- Damián Martínez Sánchez
3º.- Rubén Jesús Vaamonde Sánchez

Nenas:
1º.- Cristina González Brea

XUVENIL:
Homes:
1º.- David Santos Domínguez
2º.- José Antonio Martínez López
3º.- Brandan Iglesias Pereira

Mulleres:
1º.- Anais Liste Rodríguez
2º.- María Tasende Vilariño
3º.- Tania Gándara Suárez

JUNIOR:
Homes:
1º.- Juan José Candanedo Pajaro
2º.- Francisco Viqueira Castro
3º.- Daniel Fernández Calvo

PROMESA:
Homes:
1º.- Maykel Portela Portela
2º.- José Manuel Reboreda Martínez
3º.- Fernando José Varela Castro

SÉNIOR:
Homes:
1º.- Juan Pablo Fernández Rodrigues
2º.- José Manuel Vieito Vilacoba
3º.- Álvaro Prieto Fervenza

Mulleres:
1º.- Mª Carmen Penas Blanco
2º.- Raquel Suárez Pedrosa
3º.- María Leira Martín

VETERÁNS A:
Homes:
1º.- Manuel Oliver Pérez López
2º.- Miguel Carrillo Silvoso
3º.- Angel Maceiras Lago

Mulleres:
1º.- Carolina Seth- Smith
2º.- Mª José Grobas Garaboa
3º.- Pamela Rodríguez Milazo

VETERÁNS B:
Homes:
1º.- Samuel Veiga Iglesias
2º.- Pedro Alen
3º.- Angel Jose Rodríguez López

Mulleres:
1º.- Sonia Botana González
2º.- Montserrat Hernández García
3º.- Silvia Sánchez Bascoy

VETERÁNS C:
Homes:
1º.- Jose Manuel Insua Rodríguez
2º.- Avelino Bugallo Sousa
3º.- Jose Rey Camiño

VETERÁNS D:
Homes:
1º.- Antonio Riera Cachero
2º.- Antonio Hernández Barreiro
3º.- Cándido Calvo Varela

Mulleres:
1º.- Francisca Romasanta Parada
XERAL ABSOLUTA:
Homes:
1º.- Hassan Lekhili
2º.- Robertas Geralavicius
3º.- Akka Essaadaqui

Mulleres:
1º.- Mª Jesús Gestido Rodríguez
2º.- Mª Yolanda Gutiérrez Robles
3º.- Solange Pereira

ABSOLUTA CONCELLO:
Homes:
1º.- José Alfredo Amado González
2º.- Jose Manuel Boquete Casas
3º.- Carlos Fernández Villaverde

Mulleres:
1º.- Puri López Presedo
2º.- Tania Gándara Suárez
EQUIPOS:
1º.- Atletismo Milladoiro
2º.- Atletismo Coruña Comarca
3º.- Atl. Alejandro Gómez New Balance

GRUPOS MUNICIPIO:
Asociación Entre Lusco e Fusco

CENTRO EDUCATIVO DO MUNICIPIO:
CEIP Castelao

CORREDOR MÁIS XOVEN:
Ramón Casal Presedo

CORREDOR DE MAIOR IDADE:
Enrique Rio Nieto
*

Recepción municipal aos benxamíns campións de hockei

Regos felicitou aos rapaces e os animou a seguir disfrutando da práctica deportiva

Membros do goberno ordense encabezado polo alcalde Manuel Regos recibiron o pasado xoves a visita equipo de benxamíns da A.C. Órdenes, que a pasada fin de semana se proclamaban campións da liga de hockei sobre patíns.

O alcalde animou aos pequenos a que sigan practicando deporte, así como mostrou tamén o apoio do Concello ao deporte de base. Regos entregou aos pequenos un agasallo do Concello, así como unha placa conmemorativa á directiva do clube, que se mostrou moi agradecida co Concello polo apoio recibido en todo momento.

*

Inaugurado o novo local social de Beán

Regos: "Trátase da antiga casa reitoral da parroquia que foi rehabilitada para o uso e disfrute de todos os veciños"

O alcalde Manuel Regos, acompañado por compañeiros de corporación e centos de veciños, inauguraba esta mañá o novo local social da parroquia de Beán. Un local que está ubicado na antiga casa reitoral da parroquia que foi rehabilitada para este uso veciñal. Consta de dúas plantas con diferentes departamentos en cada unha delas para os diferentes usos que lle poderán dar os veciños, así como conta tamén cunha oficina para uso do párroco.

O alcalde aproveitou o acto para lembrar algunhas das obras que xa se teñen desenvolvido na parroquia, como as melloras na escola unitaria, melloras en camiños e estradas, así como outras que espera se poidan levar a cabo, facendo fincapé na importancia que o goberno que dirixe lle dá a todas e cada unha das parroquias do municipio.

Ademais o alcalde tamén tivo palabras de agradecemento durante o seu discurso para o obradoiro de emprego do Concello que participou nos traballos de rehabilitación da rectoral, así como para a asociación de veciños de Beán.
.
A frase de Manuel Regos, alcalde de Ordes
"O local é de todos e espero que sirva como punto de encontro para todos os veciños e veciñas, tanto nenos como maiores, e que teñan así un lugar para socializarse e desenvolver as súas actividades”.

*

La Guardia Civil abonará "en un solo pago" las obras del cuartel, una vez estas concluyan

.
El Concello de Ordes asumirá inicialmente el pago de las mismas

Los nacionalistas, muy críticos con la "irresponsabilidade" de Manuel Regos en la firma del acuerdo

El BNG de Ordes ha dado ayer a conocer su malestar por la redacción del protocolo de colaboración entre la Secretaría de Estado de Seguridad y el Concello de Ordes por el cual se redactará el convenio que posibilite la construcción de la nueva casa cuartel de la Guardia Civil en el barrio ordense de O Paraíso. El acuerdo, que será firmado por Antonio Camacho Vizcaíno, Secretario de Estado de Seguridad, y por el primer edil ordense, Manuel Regos contempla, entre las obligaciones por parte del Concello, la de "asumir con cargo a sus presupuestos la redacción de los Proyectos Básico y de Ejecución así como sus estudios y asistencias que sean preceptivas, y la cesión en precario del local de la rúa República Arxentina para sus usos "hasta la entrada en servicio del nuevo cuartel".
.
Reintegrarán la inversión una vez entregado el cetificado final de obra
Por su parte, la Dirección General de la Policía y la Guardia Civil se hará cargo del pago de las obras de construcción del cuartel, si bien estas serán asumidas inicialmente por el Concello ordense. El acuerdo recoge que aquella Administración pública "le hará entrega al Ayuntamiento de Ordes, en un solo pago, el importe total correspondiente a la adjudicación de la obra, así como de los gastos derivados de las posibles modificaciones". Los únicos requisitos que deberá asumir el Concello para que este reintegro se cumpla, será la entrega a esa Dirección General del certificado final de obra, su acta de recepción y la acreditación documental de todos cuantos gastos han sido soportados previamente por el consistorio ordense.

También la parcela de 1.169 metros cuadrados en la calle Maestro Nicolás en O Paraíso será cedida gratuitamente por Ordes al Estado y pasará a formar parte del Patrimonio del Estado.

Ahora, este acuerdo entre las partes será elevado a convenio una vez la construcción se haya declarado la "especial utilidad para el municipio", se hayan redactado los proyectos Básico y de Ejecución y se conozca el importe de las obras de construcción.
.
Un ejercicio de "absoluta irresponsabilidade"
Para los nacionalistas ordenses existen dos acciones motivo de crítica. Por una parte, el adelanto económico que deberá asumir el Concello, y que el portavoz nacionalista Gonzalo Castro ya ha definido como un ejercicio de "absoluta irresponsabilidade" al "pretender financiar unha infraestructura do Ministerio do Interior, que suporá un investimento de máis dun millón de euros, cando o concello está nunha situación económica moi crítica". Y en este sentido pone como ejemplo a los concellos de Ames, Vilagarcía de Arousa o Santa Comba cuyos cuarteles "están sendo construido con fondos propios do Ministerio do Interior”.

Por otra, la "cesión gratuíta" -que el protocolo califica formalmente como "cesión en precario"- a la Benemérita del local de titularidad municipal en la rúa de República Arxentina. Así, según Castro la gestión del alcalde Manuel Regos en este asunto "é a proba do algodón da incapacidade do alcalde para defender os intereses dos veciños e veciñas de Ordes, xa que, ademáis de gastar máis de medio millón de euros nun local que ten cedido de forma gratuita á Garda Civil, agora pretende que os veciños do noso Concello financien o Cuartel da Garda Civil ao Ministerio do Interior”.

Foto: Manuel Regos, alcalde de Ordes (izq.) y Antonio Camacho Vizcaíno, Secretario de Estado de Seguridad del Ministerio de Interior.

*

sábado, 22 de mayo de 2010

As xornadas 'A Discapacidade de hoxe' xa teñen data: 27 e 28 de maio

.
Dende o Concello de Ordes e a Oficina Integral da Discapacidade animan a veciños e veciñas a que participen desta iniciativa, coa que se pretenderá explicar moitas cuestións relativas a estas desfuncións

O Concello de Ordes ten todo preparado para celebrar a segunda edición das xornadas 'A Discapacidade hoxe' que traerán ata o municipio a importantes personalidades a nivel galego que ofrecerán os seus coñecementos acerca de diferentes discapacidades.

As xornadas terán lugar os días 27 e 28 de maio no auditorio do Museo do Traxe “Juanjo Liñares” de Ordes en horario de 10:00 a 13:00 horas. Para todos aqueles que queiran participar non fai falta inscribirse, están abertas para todo o mundo e serán totalmente gratuítas.

Inauguración a cargo do alcalde Manuel Regos
En canto ao programa de actos, o día 27 ás 10 horas levarase a cabo a inauguración das xornadas que correrá a cargo do alcalde, Manuel Regos e a concelleira de Educación, Mocidade e Discapacidade do Concello de Ordes, Silvia Marín. A continuación o presidente de Adiscordes, Antonio Morán, dará paso aos conferenciantes, que neste caso serán Antonio Bestilleiro Ríos, fisioterapeuta da Clínica Cecine e experto en neuroloxía e equinoterapia, e José Manuel Iglesias Vilas, fabricante de xogos adaptados e experto en etoloxía.

Ás 11:00 horas tocaralle o turno a Kizkitza Velasco, membro da Federación de Asociación de Persoas Xordas de Galicia. E ás 12 horas pechará a xornada do xoves Dolores Venancio, presidenta do Consello Territorial da ONCE en Galicia.

Xa na xornada do venres 28 de maio a primeira das conferencias, ás 10 horas, correrá a cargo de Anxo Queiruga, presidente da Confederación de Discapacitados en Galicia -Cogami-. Ás 11:00 horas a charla desenvolverana membros da Federación de Asociacións a favor de persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia -FADEMGA-.

Neste caso serán, Ana Paula Álvarez, coordinadora da área de emprego e formación, Irene Calvo, orientadora do servizo de emprego de FADEMGA, e tres persoas discapacitadas que traballan na comarca de Santiago. Ás 12 horas, para pechar as xornadas, tocaralle o turno a José Ramón Girón, presidente da Federación de Asociacións de familiares e enfermos mentais de Galicia (FEAFES).

Foto: Antonio Morán (esq.), o alcalde Manuel Regos e a concelleira de Discapacidade, Silvia Marín o pasado 3 de decembro na celebración do Día Internacional da Discapacidade.


*

viernes, 21 de mayo de 2010

Cinema contra as drogas

.
Máis de trescentos alumnos da comarca participarán o luns na sesión final do programa de prevención da drogadición, 'Cinensino'

O auditorio da Casa da Cultura de Ordes acollerá o luns 24 de maio, a partir das 10:00 horas, a clausura dunha nova edición do programa de prevención fronte ás drogas “Cinensino 2009-2010”, organizado polo Servizo de Prevención de Drogodependencias da Mancomunidade de Municipios de Ordes. Unha sesión na que participarán un total de 313 alumnos de 1º e 2º da ESO dos sete municipios da comarca ordense (Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo).

Cine como ferramenta pedagóxica
Os rapaces repartiranse en dúas tandas: ás 10:00 e ás 12:00 horas, respectivamente. Utilizando o cine como ferramenta pedagóxica, os técnicos do Servizo de Prevención de Drogodependencias da Mancomunidade proxectarán a película “Pequeños invasores”, coa que tratarán de facerlles ver aos escolares que o esforzo e o interese por chamar a atención de xeito negativo pode ser reorientado para favorecer o seu propio desenvolvemento persoal.

*

O Lengüelle será limpado ao seu paso por Fosado

.
Pedreira: "Servirá de medida de prevención de inundacións en vindeiras épocas e temporais de choivas, tal e como pasou o ano pasado"

O Concello de Ordes será beneficiario dunha serie de traballos de conservación e mantemento do dominio público hidráulico, segundo lle comunicou o organismo autónomo de Augas de Galicia dende a Subdirección Xeral de Programación e Proxectos, á concellería de Medio Ambiente do Concello de Ordes.

As actuacións previstas, que se desenvolverán no río Lengüelle ao seu paso polo lugar de Fosado, consistirán no desbroce de marxes, apeo e retirada de árbores mortas caídas no cauce. Estas labores de conservación e mantemento, enmárcanse nun contrato de acondicionamento, mantemento e conservación do dominio público hidráulico das bacias de Galicia- Costa no ámbito territorial da zona Galicia Centro, ás súas zonas de acceso e protección.

A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente de Ordes
"O programa de limpeza de ríos do que vai a ser beneficiario o Concello servirá de medida de prevención de inundacións en vindeiras épocas e temporais de choivas, tal e como pasou o ano pasado, no que, pese á gran cantidade de precipitacións caídas, as crecidas dos ríos non conlevaron grandes zonas anegadas debido ó estado de limpeza na que se encontraban os nosos ríos”

*

jueves, 20 de mayo de 2010

O Concello acondiciona locais sociais nas parroquias

.
O pasado 14 de maio, Manuel Regos inauguraba o de Leira, ao que se sumarán un en Beán e outro en Poulo no que participan o obradoiro de emprego do Concello

Regos: "O obxectivo é que os veciños poidan realizar as súas actividades sen ter que desprazarse ao centro urbano"

O alcalde Manuel Regos inauguraba o pasado 14 de maio o novo local social para os veciños da parroquia de Leira. Este local, que está ubicado nas instalacións da antiga escola da parroquia, foi reformado e rehabilitado co fin de dar un novo uso para todos os veciños e veciñas da parroquia.

Os traballos realizados no local social de Leira consistiron na mellora de todo o edificio así como do seu entorno. No edificio, que ten un total de 160 metros cadrados repartidos en dúas plantas, habilitáronse diferentes espazos como una salón para a realización das actividades, ademais de oficinas para as asociacións e veciños da parroquia, baños, almacén, así como un espazo no exterior do edificio, tamén cuberto, para a realización de actividades culturais.

Beán e Poulo tamén terán o seu local
Pero este non será o único local social co que contarán as parroquias ordenses, ao que se sumarán o de Beán, que será o próximo en inaugurarse, e que se ubica nas instalacións da antiga rectoral da parroquia; e o de Poulo no que todavía se están a realizar as obras na antiga escola.

O arranxo destes locais forma parte dun plan municipal a través do que se están a levar a cabo obras nestas antigas instalacións para convertilas en locais sociais, obras nas que está participando o obradoiro de emprego do Concello.

Dende o goberno local explicaron que estas instalacións se encontraban nun estado “lamentable”, querendo desta maneira poñer fin á situación e dándolles un valor tanto a nivel patrimonial para o Concello, como para os veciños e veciñas de cada unha destas parroquias.

A frase de Manuel Regos, alcalde de Ordes
"É moi importante dotar ás parroquias con este tipo de infraestructuras para que os veciños e veciñas teñan un lugar onde poder socializarse, así como realizar as súas actividades sen necesidade de ter que desprazarse ao centro urbano da localidade”

Foto arriba: O alcalde Manuel Regos e o concelleiro delegado de Promoción Económica, Turismo, Mercados e Exposicións, José Luis Gómez Candal, amosan a placa na que se inmortaliza a inauguración do local social de Leira.

Foto abaixo: Momento da inauguración do local social de Leira.

*