Momento da intervención do edil de Sanidade, Xesús Pedreira, durante a charla en Santa Cruz de Montaos. |
Son impartidas pola farmacéutica Rosa Celia Otero Raña, e a próxima terá lugar este venres 8 de abril en Pereira
O Concello de Ordes, a través da concellería de Sanidade, está a realizar un novo ciclo de charlas informativas polas parroquias do municipio. Unhas charlas que tratan sobre a reciclaxe de medicamentos, dando información acerca do que se debe facer cun medicamento caducado ou rematado.
As primeras destas charlas, celebradas en Beán e Santa Cruz de Montaos contaron cun gran éxito de participación, tendo lugar a seguinte o vindeiro venres 8 de abril na parroquia de Pereira. Estas charlas están impartidas por Rosa Celia Otero Raña, licenciada en Farmacia e especialista en Nutrición e Dietética.
Próximas citas
En canto a próximas citas, o calendario de charlas será o seguinte:
8 de abril: Pereira (Escola Unitaria- Centro Social)
5 de abril: Poulo (Escola Unitaria- Centro Social)
29 de abril: Parada (Escola Unitaria- Centro Social)
6 de maio: Mercurín (Escola Unitaria- Centro Social)
13 de maio: Buscás (Escola Unitaria- Centro Social)
20 de maio: Vilamaior (Escola Unitaria- Centro Social)
27 de maio: Barbeiros (Escola Unitaria- Centro Social)
3 de xuño: Mesón do Vento (Recinto feiral)
10 de xuño: Leira (Escola Unitaria- Centro Social)
17 de xuño: Lesta (Escola Unitaria- Centro Social)
24 de xuño: Ordes (Casa da Cultura)
Todas as charlas terán lugar de 18:00 a 20:00 horas.
*