jueves, 7 de abril de 2011

A Alameda converteuse esta mañá en centro de saúde


Instalouse unha 'carpa da saúde' na que se revisou a tensión arterial, o peso e os niveis de glucosa

Pedreira: "Debemos lembrar a importancia de facer revisións periódicas para previr enfermidades" 

A Alameda de Ordes converteuse esta mañá nun centro de saúde ambulante ao acoller unha iniciativa levada a cabo polo Concello de Ordes, a través da concellería de Sanidade dentro do programa Ordes Saudable. Unha iniciativa que serviu para conmemorar o Día Mundial da Saúde, e que consistíu na instalación dunha Carpa da Saúde na que se revisaron de balde a tensión arterial, o peso e os niveis de glucosa dos ordenses que ata alí se achegaron.

Toma da tensión arterial.
Mesas informativas de doazón de órganos
Os encargados de revisar ditos niveis foron personal do Centro de Saúde de Ordes e do Colexio de Enfermería da Coruña. Nesta actividade participaron tamén a Asociación Galega de Enfermos para a Doazón de Órganos e a Irmandade de Donantes de Sangue de A Coruña que colocaron dúas mesas informativas sobre a doazón de órganos e sangue.

O edil de Sanidade, Xesús Pedreira, mostrou a súa satisfacción pola boa acollida da iniciativa, así como lembrou a importancia de facer revisións periódicas como forma de previr enfermidades e doenzas.

*