jueves, 31 de octubre de 2013

Terrorífica mañá de Samaín en Ordes



Os pequenos da escola infantil municipa convertéronse en vampiros

Os nenos e nenas da escola infantil municipal de Ordes celebraron esta mañá a festa do Samaín, caracterizados como auténticos vampiros con capas e maquillaxe facial. 

Ademais de xogos todos eles disfrutaron cos relatos e contos de terror que as súas profesoras e coidadoras lles tiñan preparado para o día de hoxe. 

Ademais, moitos deles prepararon cabazas e outro tipo de detalles cos que  decoraron as instalacións da escola.

*

O PP de Ordes reclama arranxos na sinalización horizontal da vila

Aspecto dun paso de peóns na vila de Ordes. 
Martínez Sanjurjo: "A maior parte dos pasos de peóns están despintados e que, coa chegada do mal tempo redúcese a visibilidade, cos conseguintes riscos para peóns e condutores"

Tamén reclamarán unha solución para os asolagamentos que se producen en Merelle 


O Grupo Municipal do Partido Popular de Ordes reclamará no Pleno ordinario deste xoves que o Concello revise e repare todos os pasos de peóns da vila.

José Luis Martínez, Sanjurjo, portavoz municipal do Partido Popular de Ordes, recorda que o desgaste que presenta a sinalización horizontal tradúcese en falta de visibilidade, cos conseguintes riscos para peóns e condutores, riscos que se  incrementan considerablemente no outono e no inverno, pola chuvia e a ausencia de luz.

Asolagamentos en Merelle
No Pleno deste xoves, o Partido Popular presentará outro rogo para que o Concello ofreza unha solución definitiva aos reiterados asolagamentos que se rexistran no lugar de Merelle

As enchentes procedentes do polígono empresarial e da estrada N-550 inundan predios e baixos de vivendas cada vez que se rexistran chuvias de consideración. Os veciños quéixanse de que as obras acometidas polo Concello non resolveron un problema que se repite desde hai varios anos.


Firme e baldosas das beirarúas
Outro dos rogos a formular, irá encamiñado a denunciar e reclamar unha solución para o mal estado do firme e das baldosas das beirarúas da vila de Ordes, en moitos casos desprendidas, rotas ou inexistentes. 

A situación vólvese máis  perigosa coas choivas, posto que estes puntos se transforman en pozas, nas que os viandantes  corren serio risco de sufrir esvaróns ou caídas.

Trasladarán tamén os populares ao Pleno corporativo un rogo reiterando a solicitude, xa formulada tres meses atrás, para eliminar un vertedoiro de residuos detectado ao carón da pista denominada “cara a Ponte de Raña”, preto de Fosado, na parroquia de Montaos.

Outros Rogos do PP

  • Que o Concello dea a coñecer o custe final das festas patronais de Ordes, celebradas entre o 14 e o 17 de agosto pasado, solicitando que se especifique a achega municipal e o importe das doazóns recadadas.
  • Corrixir as deficiencias detectadas nos labores de desbrozamento de algúns tramos das pistas de concentración parcelaria.
  • Arranxar os desperfectos que presenta o firme da pista que enlaza a estrada N-550 con Pereira á altura do lugar de O Curro.
  • Dotar de alumeado público a vía de titularidade municipal que comunica o núcleo de O Ceidón coa estrada que une Ordes con Ponte Carreira.
  • Reparar a marquesiña situada ao carón da estrada N-550 e preto da rotonda de acceso ao Polígono, en dirección a O Conde.
  • Informar sobre as tarifas que se están a aplicar aos veciños pola actuación dos bombeiros do parque comarcal, dadas as queixas dos veciños que requiriron a intervención deste servizo por incendios en vivendas ou alpendres.
  • Corrixir as deficiencias detectadas nas beirarrúas de acceso ao CEIP do Mesón do Vento, recentemente executadas, e que, por falta de previsión, presentan pozas no acceso ao centro, o que xera problemas aos nenos.
  • Que se informe sobre as actuacións do radar nun vehículo da DXT empregado pola Policía Local nas pasadas semanas.
  • Se mellore a sinalización do ceda o paso entre a Rúa Compostela e a Rúa Reconciliación
  • *

A Mancomunidade de Ordes exprésase como "exemplo de colaboración e axuda"

Carpas, sillas, mesas, maquinaria e incluso a intervención das forzas de seguridade local intercámbianse en base a un espírito de apoio mutuo veciñal 

Os Concellos que formamos a a Mancomunidade de Ordes apostamos pola colaboración e a compartición mutua e voluntaria de moitos dos nosos bens, recursos e servizos. Sobre todo tendo en conta situacións como a actual, na que é preciso o aforro en moitas áreas debido á crise económica que está a atravesar o país”. 

Son palabras do presidente da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes, Manuel Regos, e respaldadas por cada un dos sete concellos que a integran. 

Unha actitude coa que se da un paso máis aló do estrictamente estipulado nos servizo a mancomunados que se prestan, como pode ser o CIM, o de atención temperá, os servizos sociais ou a labor do axente de emprego.

Inventario 
A pesar de que non hai un inventario oficial de todos os bens que se poden intercambiar os membros mancomunados “pódese dicir que todos vimos sabendo o que posúe cada un de nós”, asegura Regos. 

Un coñecemento dado “pola comunicación constante que temos entre os alcaldes e representantes da Mancomunidade, xa que como mínimo unha vez ao mes nos xuntamos para celebrar as sesións plenarias. É entón cando ademais dos puntos da orde do día tamén nos poñemos ao corrente como veciños que somos”. 

Un espíritu de entendemento e unión que ven corroborado pola traxectoria histórica desta Mancomunidade, que é a máis antiga de Galicia e que a día de hoxe todos queremos seguir mantendo”.

Manuel Regos (UxO).
As frases de Manuel Regos, presidente da Mancomunidade de Ordes
“Os primeiros en demostrar as ventaxas que se poden acadar a través das mancomunidades somos nós, polo que colaboracións desta índole son, ademais da nosa responsabilidade como xestores, unha fórmula excepcional de cara á cidadanía de demostrarlle o respeto que nos merecen"

"Non compartimos as críticas, comentarios negativos e desconfianzas que nalgún momento se chegaron a verquir sobre a cesión dalgún destes bens entre nós, xa que van en contra do nosa filosofía e en contraposición do que entendemos por prestar un servizo público financiado con fondos públicos”

*

Finaliza a primeira parte do proxecto Sementeira

Pepe González, Clemente Boo, Manuel Regos e Javier García, note en Ordes.
Emprendido por Cáritas, no Concello de Ordes

Manuel Regos fixo entrega dos diplomas do curso de agricultura ecolóxica e visitou os terreos 

Na maña de note clausurouse a primeira fase do proxecto Sementeira emprendido por Cáritas Ordes e no que participan preto de vinte veciños e veciñas. 

No acto de entrega de diplomas estiveron presentes Manuel Regos, alcalde de Ordes; Silvia Marín, tenente de alcalde de Ordes; Javier García Sánchez, responsable de comunicación de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela; e Pepe González e Clemente Boo, administrador e secretario de Cáritas Ordes respectivamente.

Formación e  coñecementos 
Ao longo das últimas semanas os participantes recibiron formación  e adquiriron coñecementos sobre agricultura ecolóxica, contando para elo con docentes especializados na materia. 

Un curso cunha duración total de 52 horas que se impartiu na vila de Ordes e no que os alumnos pudieron resolver dúbidas e analizar aqueles cultivos máis recomendables dada a época do ano e o tipo de terreo. 

Algúns dos aspectos dos que tamén se falou foron a producción industrial e os seus problemas, a importancia dos coñecementos tradicionais, os elementos necesarios para o cultivo dunha horta ecolóxica. 


Cultivo de hortas
Nun breve espazo de tempo dará comenzo a segunda fase do proxecto Sementeira, consistente en explotar unha parcela ubicada na vila de Ordes. 

Precisamente esta mañá o alcalde de Ordes e os membros de Cáritas citados anteriormente acudiron á finca onde se realizarán as labores de plantación e recoleción

Un terreo de máis de 8.000 metros ubicado á mesma entrada da vila de Ordes, e que foi cedido  por catro familias. 

Mesmamente esta mañá persoal da empresa encargada do suministro de augas desprazouse ata o lugar para analizar a posibilidade de instalar un sistema de rego que facilite o traballo dos participantes.

*