domingo, 29 de septiembre de 2013

Ordes homenaxea a Juanjo Liñares no 80 aniversario do seu nacimiento


Dúas visitantes admiran onte a colección de cucifixos de Juanjo Liñares.
Poderá visitarse no Museo do Traxe ao longo das vindeiras semanas de balde

Manuel Regos: "Os investimentos en proxectos culturais son fundamentais para o beneficio da nosa sociedade"


O Concello de Ordes homenaxeu na tarde de onte ao coreógrafo e bailarín ordense Juanjo Liñares (1933-2009) co gallo do 80 aniversario do seu nacemento, fillo predilecto de Ordes e fundador do Museo do Traxe, un dos puntos culturais de  maior  interés de toda a comarca de Ordes, e que leva o seu nome.

Foi precisamente neste espazo onde a Agrupación Folclórica Sementes da Arte, fundada por Liñares, iniciou o acto conmemorativo cunha serie de pezas que foron interpretadas en directo e bailadas por un corpo de baile composto por arredor de 30 bailaríns. 

Bonecas vestidas con tradicionais de múltiples países.
80 imaxes
Manuel Segovia, fundador da compañía Ibérica de Danza, representantes de numerosas agrupacións e asociación folclóricas e culturais de toda Galicia e da Federación Galega de Danza, antigos alumnos e colaboradores entre outros, abarrotaban a entrada do museo á espera de que se abrirán as portas da exposición ‘Juanjo Liñares, a súa vida en 80 imaxes e obxetos persoais’. 

Previamente tanto Manuel Viqueira, director do Museo do Traxe como Manuel Segovia tiveron palabras de ensalzamento á obra e figura de Liñares, destacando “o papel tan importante que tivo na difusión do folclore”. 

Pola súa banda o alcalde de Ordes, Manuel Regos defendeu unha vez máis ‘os investimentos en proxectos culturais para beneficio da sociedade, incluso en tempos como os actuais”. Ao seu carón tamén se atopaban a tenente de alcalde, Silvia Marín, e o concelleiro de Urbanismo, Roberto González.

Bocetos orixinais de traxes folclóricos deseñados por Juanjo Liñares (1933-2009).
Ampla mostra
Xa dentro da sala que albergará esta mostra das coleccións que Juanjo Liñares foi realizando ao longo das súas viaxes como bonecas coa indumentarias típicas, libros, bocetos dos traxes rexionais, unha ampla colección de crucifixos e unha representación dos seus traxes entre os que se atopan un traxe de gala de Ordes, un sari hindú pertencente a Anita Delgado ou unha bata de cola flamenca lucida por Paloma Díaz

Tamén se expoñen numerosas placas e premios dos que foi recibindo ao longo da súa traxectoria, ademais dunha montaxe videográfica onde se pode ver ao propio Liñares ofrecendo discursos e falando da súa actividade profesional. 

Pero o que maior número de comentarios e interés suscitou entre os asistentes foron a colección de fotografías que amosaban a súa traxectoria tanto persoal como profesional do bailarín e folclorista.

*

Arranca a nova tempada de contos e lendas na biblioteca de Ordes


'Tardes de Contos e Lendas' deu comezo onte  na biblioteca de Ordes co relato 'Violeta a carterira bolboreta'.

Terán lugar o último venres de cada mes

Aberto o prazo de inscrición no clube de lectura de Ordes

A biblioteca municipal de Ordes inaugurou na tarde de onte unha nova tempada do seu ciclo de narracións Tardes de contos e lendas. O relato escollido para esta primeira cita foi ‘Violeta a carteira bolboreta’, especialmente dirixido a nenos de entre 3 e 8 anos de idade.

Como en edicións anteriores as Tardes de contos e lendas desenvolverase o último venres de cada mes a partir das 18:30 horas. 

Clube de lectura
Por outra banda, a vindeira semana está previsto que teñan lugar as primeiras xuntanzas dos clubes de lectura que por primeira vez se levarán a cabo no centro. 

Neles participarán veciños e veciñas de distintas idades, mantendo aberto o prazo de inscrición para os que estean interesados en participar nesta actividade.  

*

viernes, 27 de septiembre de 2013

O pleno traslada a comisión o asunto do IBI


A Corporación municipal do Concello de Ordes reunida onte en pleno ordinario. 
Se bonificarán nun 75 % as obras de ampliación de explotacións agropecuarias

Unanimidade no interese por entrar no Plan de Transporte Metropolitano de Santiago e Coruña

O pleno do Concello de Ordes acordou por unanimidade na sesión celebrada onte a bonificación do 75% para as obras de ampliación de explotacións agropecuarias no imposto de construcción, instalación e obras

Outro punto no que coincidiron todos os grupos foi na solicitude da autorización previa á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria do uso e servizos de carácter local das escolas unitarias de Beán e Uzás (Buscás) cerradas este ano.

No apartado de mocións o grupo socialista viu aprobada a proposta de  instalar un semáforo en Santa Cruz de Montaos, ademais dun paso de peóns. No mesmo texto demandaba a eliminación da liña continua que atravesa o Mesón do Vento e a catalogación deste núcleo como urbán.  

Neste punto a tenente de alcalde, Silvia Marín, puntualizou que “recentemente cambiouse o sistema dos semáforos da vila, polo que agora non é preciso cambialos ao non estar dando problemas”.

Autobuses
Os socialistas tamén denunciaron a falta de puntualidade dos autobuses que unen Ordes con Santiago e A Coruña, ademais de rebaixar as frecuencias en localidades como Mesón do Vento, Leira e Santa Cruz de Montaos

“No traxecto Coruña-Santiago, algúns dos servizos que se tiñan que facer por estrada estanse a facer pola AP-9 ata Ordes, polo que localidades como Mesón do Vento ou Leira quedan sen servizo. E o mesmo pasa co traxecto Santiago-Coruña, no que se fai por autoestrada o camiño ata Ordes, quedando os veciños de Santa Cruz de Montaos sen servizo de autobús”, explicou Xesús Pedreira

Na moción presentada puntualízase que se trata “dunha situación que se agrava nestes momentos de crise económica, na que moitos veciños optan polo transporte público”. 

En palabras do voceiro socialista “hoxe é máis necesario ca nunca que Ordes entre a formar parte do Plan de Transporte Metropolitano de Santiago e A Coruña”.  Un punto que novamente foi aprobado por unanimidade.

Neste sentido o goberno local explicou que esa é unha demanda que xa leva solicitado o Concello dende a pasada lexislatura, e que según explicaron recentemente se está demorando polo recente nomeamento da nova directoral xeral de Movilidade da Consellería de Territorio e Infraestructuras. Un feito que está a provocar que dende a Xunta teñan que volver a revisar e estudar o informe previo que dende o Concello se lles fixo chegar.

Copago sanitario 
Por último o PSOE de Ordes instou ao pleno a posicionarse contra o copago sanitario aprobado recentemente polo Ministerio de Sanidade e que afectará a preto de 200 medicamentos dende o vindeiro 1 de outubro. 

Pedreira, considera  que “se trata dun atropelo do Goberno do PP que van sufrir moitos veciños con enfermidades crónicas e do que nos enteramos polo BOE, xa que a ministra de Sanidade ocultouno na súa comparecencia no Congreso dos Deputados”. 

Os socialistas instan ao presidente da Xunta de Galicia a non adoptar este copago para pacientes con tratamento oncolóxico, hepatites crónicas, esclerose múltiple e outras enfermidades, cuxos medicamentos lles eran dispensados sen custo. 

Tamén se lle solicita á ministra de Sanidade a retirar este copagamento ou a dimitir, en caso contrario. A proposta foi aprobada por 10 votos contra 7 abstencións. Os populares puntualizaron que non se trata dunha nova medida encuberta polo Goberno, senón dunha extensión do copago de medicamentos que xa se aprobara hai meses e que  xa precisaba que se extendería ao ámbito hospitalario.

Modificacións no imposto de construcións
Por outra banda os nacionalistas tamén viron como por unanimidade se aprobou a súa moción para a modificación da ordenanza fiscal reguladora do imposto de construccións, instalacións e obras no apartado relacionado coas bonificacións de explotacións gandeiras e agropecuarias. Según explicaron os nacionalistas, tal e como está redactada a medida a non solicitude para aplicación do ICIO pode facer destas bonificacións que chegan ao 75%. 

O edíl nacionalista Pablo Vidal considerou que “tal e como estaba redactada a Ordenanza Fiscal, a non presentación dunha solicitude para a bonificación non ICIO no momento de solictar a licenza, podería levar á perda da bonificación”. 

O BNG consideraba que “era preciso unha modificación, para que no momento en que o Concello formula a contestación por escrito da solicitude de licenza, se inclúa na mesma un recordatorio da existencia de dita bonificación e das condicións da mesma.”


Dende o BNG de Ordes propoñen que dende o Concello se deixe constancia por escrito nas súas contestacións das licencias solicitadas da posibilidade de beneficiarse de ditas bonificacións. 

Tamén que se inclúa no primeiro punto do artigo 5 da seguinte medida o seguinte texto: “Declarar de interese social as obras de ampliación, construcción, reforma e ampliación realizadas nas explotación gandeiras e agropecuarias de Ordes que cumpran coa normativa urbanística e dispoñan da licencia de apertura previa tramitación do expediente ambiental”. 


Tamén se autorizou a bonificación do 75% do ICIO para tres explotacións gandeiras ubicadas en Poulo, Barbeiros e Pereira. Unha subvención aprobada con anterioridade por todas as formacións políticas tras unha moción presentada polos socialistas ordenses.

IBI
No referente ás mocións relacionadas coas bonificacións e medidas aplicables ao IBI que tanto PP como BNG tiñan previsto debatir, considerouse de xeito unánime tratalas previamente nunha comisión para no prazo dun mes presentalas no vindeiro pleno. 

Obras no parque de bombeiros
Por úlitmo, O BNG xa denunciara a través do seu portavoz municipal, Ramiro Recouso, que o Consorcio Contra Incendios e Salvamento da provincia de A Coruña, estaba executando obras de acondicionamento exterior da base dos Bombeiros de Ordes e o acondicionamento dunha explanada destinada a adestramento dos bombeiros.


Recouso solicitou que se abrira expediente urbanístico para restaurar a legalidade das obras para verificar a súa legalidade e que o Consorcio pagara as taxas municipais estipuladas nas Ordenanzas Fiscais, e que ascenden aproximadamente a 2.000 euros.

O Goberno municipal explicou que o Consorcio presentou a solicitude de licenza posteriormente á denuncia do BNG. Así, a medida foi retirada polo propio grupo municipal do BNG "sempre que o Concello tramite a licenza, estea todo correcto e o Consorcio pague a correspondente taxa".

Concerto de rock
Polasúa banda, o grupo municipal do PP expuso que o Concello de Ordes concedeu unha axuda de 10.000 euros para a celebración dun festival rock no campo da feira da vila o primeiro venres de setembro e sen que se rexistrase afluencia algunha de público


José Luis Martínez Sanjurjo, portavoz municipal do PP, recorda que esta axuda forma parte dos compromisos adquiridos polo alcalde co único concelleiro do PSOE local para acadar o seu apoio nos orzamentos 2013. 

“¿É deste xeito como pretenden UxO e o PSOE axudar aos veciños de Ordes, tirando cartos en iniciativas que ninguén demanda, mentres o Concello sablea aos veciños coa suba do IBI e se desentende das súas verdadeiras obrigas?”, preguntou.

*