A presidenta do PP de Ordes, Estrella Vázquez. |
O PP de Ordes fixo hoxe público un comunicado no que "ante as reiteradas declaracións nas que o aínda alcalde de Ordes fai alarde da súa capacidade para falsear a realidade", recordan que "a inmensa maioría das grandes obras acometidas neste municipio durante os últimos catro anos ou ben foron impulsadas e presupostadas pola Xunta de Galicia Manuel Fraga ou están a ser pagadas polo Goberno de Alberto Núñez Feijóo".
"Ultimado e presupostado"
Así, aseguran dendo o PP local que a Xunta de Fraga "deixou ultimado e presupostado" o convenio que permitiu a execución do paseo fluvial. Respecto ás roldas de circunvalación, aseguran que é "a Xunta de Feijóo" que pagou a primeira e segunda fase da ronda leste, e parte do novo edificio da Casa do Concello.
Do mesmo xeito se asegura que é o Executivo de Núñez Feijóo "o que está a acelerar os trámites para rematar as distintas concentracións parcelarias que se están a desenvolver en diferentes parroquias deste Concello". Aseguran dende o PP que esto sucedía, "mentres o aínda alcalde [Manuel Regos] se dedicou durate a lexislatura que agora conclúe a pedir o voto para Touriño e para Zapatero".
Neste escenario, o Partido Popular de Ordes insta ao alcalde a explicar o que fixo cos oito milóns de euros de débeda que deixa como herdaza a todos os veciños de Ordes e avanza a necesidade de investigar a fondo o sucedido por se puidesen ter cometido irregularidades.
"Se as grandes actuacións foron pagadas fundamentalmente pola Xunta de Galicia", se preguntan, "tampouco se entende que o Concello fose incapaz de aportar os fondos propìos necesarios para cofinanciar proxectos subvencionados por outras administracións, como o vial central do polígono empresarial, que non se chegou a executar dada a situación de bancarrota municipal".
As frases de Estrella Vázquez, presidenta do PP de Ordes
“¿Cal foi o destino real deses oito millóns de euros que Regos deixa a deber?, Os veciños de Ordes, que serán os que teñan que devolver ese empréstito a través dos seus impostos ben merecen unha explicación”
“Durante a próxima lexislatura, con José Luis Martínez Sanjurjo como alcalde popular, haberá que investigar en profundidade o destino que o actual Goberno local lle deu a esa débeda millonaria”
*