Mostrando entradas con la etiqueta Roberto González. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Roberto González. Mostrar todas las entradas

jueves, 17 de abril de 2014

Unanimidade ordense na defensa dos seus xulgados


A corporación mobilizará aos veciños en contra da desaparición do partido xudicial de Ordes

O pasado venres 11, a xunta de voceiros do Concello de Ordes celebrou unha xuntanza na que se abordou a posible desaparición do seus dous xulgados. 

Un encontro que estivo encabezado polo alcalde, Manuel Regos Boquete e a o que tamén acudiron a primeirea tenente de alcalde, Silvia Marín; o presidente da xunta de voceiros, Roberto González e os concelleiros Estrella Vázquez Varela (PP), Ramiro Recouso (BNG), Xesús Pedreira (PSOE) e Ana Álvarez (CideGa). 

A todos eles se uniron tamén os exconcelleiros Gonzalo Castro, Manuel Astray Mariño, Susana García Gómez e Marco Antonio del Río Pardo. Ao longo das máis de dúas horas de xuntanza analizáronse as consecuencias que suporía para Ordes a recente aprobación do Anteproxecto de Lei Orgánica do Poder Xudicial. 

Unanimidade
Entre o acadado figura a ratificación do acordo adoutado no pleno municipal do pasada mes de maio do ano 2012, no que por unanimidade se lle requería ao Consello do Poder Xudicial para que manteña Ordes como partido xudicial. 

Unha solicitude a través da que se lle instaba ao Ministerio de Xustiza a que no caso de que se producira a tramitación dun proxecto de lei que modifique a Lei 38/1988, de 28 de decembro, se manteña nesa reforma o actual partido xudicial de Ordes. 

No que se refire ao Goberno da Xunta de Galicia demandábaselle que no exercicio das súas competencias defendese expresamente o mantemento do partido xudicial de Ordes e ao mantemento dos xulgados Nº 1 e 2 actualmente existentes na vila ordense.

Acordouse tamén que sexa o alcalde quen convoque, pasadas as celebracións da Semana Santa, a todos os sectores sociais afectados. Preténdese así organizar e mobilizar á cidadanía para que apoien e se impliquen na loita en contra deste anteproxecto de lei, tratando así de evitar a súa aprobación polo Congreso dos Deputados.


Xulgados de Ordes 
Na actualizade a vila de Ordes conta con dous xulgados nunha sede na que realizan as súas funcións 20 traballadores e onde se celebran uns 3.000 procedementos ao ano. 

A súa supresión suporía un grave prexuízo para os máis de 32.000 veciños que cada ano requiren dos seus servizos e que se verían obrigados a desprazarse ata A Coruña. Unhas molestias que tamén afectarían aos residentes de concellos como Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia, Trazo e Val do Dubra.

*

domingo, 29 de septiembre de 2013

Ordes homenaxea a Juanjo Liñares no 80 aniversario do seu nacimiento


Dúas visitantes admiran onte a colección de cucifixos de Juanjo Liñares.
Poderá visitarse no Museo do Traxe ao longo das vindeiras semanas de balde

Manuel Regos: "Os investimentos en proxectos culturais son fundamentais para o beneficio da nosa sociedade"


O Concello de Ordes homenaxeu na tarde de onte ao coreógrafo e bailarín ordense Juanjo Liñares (1933-2009) co gallo do 80 aniversario do seu nacemento, fillo predilecto de Ordes e fundador do Museo do Traxe, un dos puntos culturais de  maior  interés de toda a comarca de Ordes, e que leva o seu nome.

Foi precisamente neste espazo onde a Agrupación Folclórica Sementes da Arte, fundada por Liñares, iniciou o acto conmemorativo cunha serie de pezas que foron interpretadas en directo e bailadas por un corpo de baile composto por arredor de 30 bailaríns. 

Bonecas vestidas con tradicionais de múltiples países.
80 imaxes
Manuel Segovia, fundador da compañía Ibérica de Danza, representantes de numerosas agrupacións e asociación folclóricas e culturais de toda Galicia e da Federación Galega de Danza, antigos alumnos e colaboradores entre outros, abarrotaban a entrada do museo á espera de que se abrirán as portas da exposición ‘Juanjo Liñares, a súa vida en 80 imaxes e obxetos persoais’. 

Previamente tanto Manuel Viqueira, director do Museo do Traxe como Manuel Segovia tiveron palabras de ensalzamento á obra e figura de Liñares, destacando “o papel tan importante que tivo na difusión do folclore”. 

Pola súa banda o alcalde de Ordes, Manuel Regos defendeu unha vez máis ‘os investimentos en proxectos culturais para beneficio da sociedade, incluso en tempos como os actuais”. Ao seu carón tamén se atopaban a tenente de alcalde, Silvia Marín, e o concelleiro de Urbanismo, Roberto González.

Bocetos orixinais de traxes folclóricos deseñados por Juanjo Liñares (1933-2009).
Ampla mostra
Xa dentro da sala que albergará esta mostra das coleccións que Juanjo Liñares foi realizando ao longo das súas viaxes como bonecas coa indumentarias típicas, libros, bocetos dos traxes rexionais, unha ampla colección de crucifixos e unha representación dos seus traxes entre os que se atopan un traxe de gala de Ordes, un sari hindú pertencente a Anita Delgado ou unha bata de cola flamenca lucida por Paloma Díaz. 

Tamén se expoñen numerosas placas e premios dos que foi recibindo ao longo da súa traxectoria, ademais dunha montaxe videográfica onde se pode ver ao propio Liñares ofrecendo discursos e falando da súa actividade profesional. 

Pero o que maior número de comentarios e interés suscitou entre os asistentes foron a colección de fotografías que amosaban a súa traxectoria tanto persoal como profesional do bailarín e folclorista.

*

miércoles, 24 de julio de 2013

Ordes pídelle á Xunta que manteña as escolas de Buscás e Beán

Aula do CEIP de Buscás / Arq.


O PSOE logra aprobar as súas mocións respecto das escolas unitarias e do mantemento das axudas públicas á escola de música 

Silvia Marín: "Hai que destacar a importancia das escolas unitarias para a conciliación da vida laboral e familiar e a dinamización poboacional do eido rural”

O PP pide o desbroce das pistas e estradas de titularidade municipal

O Pleno aproba a proposta do BNG de melloras eléctricas e telefónicas na zona do Ceidón

O pleno ordinario do Concello de Ordes celebrado onte abriu a súa sesión presentando públicamente a declaración institucional en apoio aos bombeiros do parque comarcal de Ordes, gestionado actualmente por Veicar, SL, empresa concesionaria dos sete parques comarcais da Coruña. 

Deste xeito, o conxunto de formacións políticas respaldan a petición de manter o convenio colectivo e que se respeten as mesmas condicións para todos os traballadores. No texto reclámanse melloras no eido laboral e salarial e que sexa a Xunta de Galicia, e non empresas privadas, quen xestione os servizos de salvamento e emerxencia outorgándolle aos traballadores actuais a condición de funcionario ou persoal laboral fixo.

 Nos informes da alcaldía deuse conta do peche de cinco vertedoiros incontrolados durante o último mes, e do correcto cumprimento de obxetivos establecidos para o último trimestre en relación co plan de saneamento económico e financieiro.

Tamén se acordou por unanimidade na convocatoria de Premios Reina Sofía 2013 de Accesibilidade Universal de Municipios según a resolución de 4 de abril 2013.

Aula do CEIP Igrexa de Beán.
Silvia Marín (UxO).
Escolas unitarias de Buscás e Deán
O PSOE abriu o seu apartado de mocións reclamando o mantemento das escolas unitarias de Buscás e Beán, tras o anuncio por parte da Xunta de Galicia de pechalas ao non chegar ao novo ratio esixido de seis alumnos. Todos eles serán trasladados ao CEIP Castelao “co conseguinte problema de saturación que esta medida acarreará". 

Tamén hai que destacar, continuou Marín, "a importancia das unitarias para a conciliación da vida laboral e familiar e a dinamización poboacional do eido rural” según palabras da tenente de alcalde Silvia Marín. 

O voceiro municipal socialista, Xesús Pedreira, criticou “a dobre linguaxe do PP, que lle fala á xente de que hai que apostar polo rural pero despois lle quita todos os servizos”.

Pola súa banda o PP xustificou a súa abstención neste punto argumentando que “con tan poucos alumnos faise inviable o mantemento destes centros e a posta en marcha de actividades extraescolares, ademais de ser contraproducente para a integración dos nenos e nenas”. O resto dos grupos políticos votaron a favor.

Xesús Pedreira (PSOE).
Escola de música
Os socialistas tamén abriron o debate sobre as axudas ás escolas municipais de música, que no caso de Ordes non recibirá ningunha cuantía por parte da Xunta, mentres que a Deputación aportará algo máis de 2.000 euros fronte os arredor de 10.000 que viña entregando. 

“Hai que falar dun descenso de máis dun 60% neste tipo de axudas que non se aprecia noutros concellos gobernados polo PP, o que suporá un descenso na calidade do centro”, puntualizou Xesús Pedreira.  Un punto ao que o PSOE tamén engadiu que esas axudas “estean ao nivel doutros concellos”.

Por elo ínstase á Xunta a manter este tipo de aportacións económicas de xeito lineal independentemente do grupo que goberne. Neste aspecto engadiuse unha emenda presentada polo PP, na que se solicita á Deputación da Coruña non só o mantemento senon o incremento destas axudas, e que no caso de Ordes que se aproben subvencións futuras de acorde coas súas necesidades. 

O BNG encargouse de precisar algúns dos recortes que esta medida acarreará, como é a eliminación dos profesores de clarinete e trompeta. Finalmente a solicitude aprobouse por unanimidade.

Arranxo da N-550
Por outra banda, o PSOE aceptou retirar a súa proposta para o arranxo da N-550 a petición do Partido Popular, que propuxo elaborar unha nova declaración institucional apoiada por todos os grupos municipais e que será dada a coñecer durante a vindeira sesión plenaria, que terá lugar o vindeiro mes de setembro. Pedreira insiste en que “é urxente que o Ministerio de Fomento acometa unha renovación do firme e da sinalización horizontal e vertical na N-550, un dos principais viais de conexión da comarca pero que nalgúns tramos parece unha corredoira”.

Ramiro Recouso (BNG).
Aparcamento na rúa Campomaior
O concelleiro do BNG Pablo Vidal presentou unha moción referente ao problemas de circulación que se xeran na rúa Campomaior. O BNG propuña a eliminación do estacionamento nunha beira para facilitar o tránsito rodado. 

Por parte do Goberno Local informouse que actualmente a Policía Local está a realizar un estudo para aplicar a mellor solución, barallándose a posibilidade de retrinxir o estacionamento  durante algunhas horas do día. Tanto PSOE como UXO votaron en contra da proposta fronte aos votos a favor do BNG e as abstencións de PP e CideGa.

O Ceidón
Por unanimidade aprobouse a proposta do BNG de realizar melloras no sistema eléctrico e telefónico da urbanización do Ceidón. Neste punto e dende o Goberno municipal deuse conta da recente xuntanza mantida entre os veciños e o edil de obras, Roberto González, tras a que se lle enviaron misivas tanto ás compañías R, Telefónica e Fenosa. 

Tamén se precisou que unha vez que se aprobe o PXOM procederase á renumeración das vivendas ubicadas nesta área. 

Tamén o portavoz municipal do BNG de Ordes, Ramiro Recouso, acusou á tenente de alcalde de Ordes de  "falta de talante democrático" por non contestar ás preguntas deste respecto á identificación da empresa adxudicataria  da concesión de mantemento de viais públicos e dos desbroces e limpeza de cunetas do concello de Ordes.

José Luis Martínez Sanjurjo (PP).
Desbroce de pistas e estradas
Pola súa parte, o Partido Popular de Ordes volveu a reclamar que o Concello desbroce a totalidade das marxes das pistas e estradas de titularidade municipal. De feito, o Partido Popular continúa recibindo queixas dos veciños que ou ben critican que numerosos viais continúan sen ser desbrozados, ou cuestionan as “chapuzas” cometidas en lugares nos que as tarefas de mantemento entullan as tubaxes e canalizacións de pluviais.

Entre outras medidas, o grupo que lidera José Luis Martínez Sanjurjo reclamou que se aproveite a bonanza climatolóxica do verán para reparar a ponte da estrada que enlaza Meitufe coa Porta do Nó; que se revisen as farolas que permanecen acesas día e noite; e que se arranxe o firme do vial asfaltado que comunica A Fraga da Galiña co Balado, moi deteriorado e que numerosos veciños utilizan con frecuencia, especialmente para dirixirse ao tanatorio bordeando o núcleo urbano.

Vertedoiro en Montaos
Os populares de Ordes tamén instaron ao Concello a eliminar un vertedoiro situado a carón da pista denominada “Cara a Ponte de Raña”, preto de Fosado (Montaos). No Lugar das Casillas, reclamou o PP que se corrixan os problemas que presenta a acumulación de pluviais nunha vía de servizo da N-550.

Tamén considerou necesario o PP instar ó equipo de Goberno a que se coloque unha baranda de protección na pasarela situada ao carón da Piscina Municipal, cara a Rúa do Muiño, para evitar os riscos de caída que presenta actualmente, sobre todo para os nenos.

Facéndose eco das queixas veciñais, o PP presentou outro rogo para que os usuarios da piscina municipal poidan obter o carné de usuario na propia piscina, nun horario amplo, dado que na actualidade só se pode tramitar nas oficinas de concello en horario de atención ao público, coas limitacións que isto implica.

Tamén se interesaron dende o Partido Popular polos problemas suscitados pola tramitación de autorizacións para a instalación de terrazas en espazos públicos.

“Como semella que o Goberno local vive nunha burbulla e non se entera dos problemas reais, o PP recolle os problemas dos veciños para trasladalos ao Pleno, xa que a realidade demostra que, en moitas ocasións, o Concello non toma iniciativa algunha ata que nós denunciamos as carencias”, afirmou Martínez Sanjurjo.

*