jueves, 28 de abril de 2011

O Concello recollerá o cartón dos comercios

Os establecimentos participantes serán informados nos próximos días 

As concellerías de Medio Ambiente e Comercio e Industria do Concello de Ordes puxeron en marcha un sistema municipal de recollida porta a porta de cartón comercial dirixido aos establecementos situados nas zonas de maior concentración comercial do centro da vila.

Os comercios incluidos nesta inciativa serán informados nos próximos días por persoal do área de medio ambiente do concello e da empresa concesionaria da recollida de residuos urbanos na localidade, das condicións nas que se llevará a cabo a prestación do servicio. Tamén o departamento municipal de medio ambiente atenderá e resolverá calquera dúbida que haxa ó respecto desta iniciativa chamando ó 981 680002 ou na Casa Consistorial no segundo andar.

Imaxe negativa
Eliminar a imaxe negativa que presentan os colectores desbordados por grandes cantidades de cartón, así como a dos propios comercios e o seu entorno, encóntrase entre os fins que se perseguen coa posta en marcha deste novo servicio as dúas concellerías implicadas. A experiencia demostra que o comercio tradicional permite recuperar grandes cantidades de cartón para o seu reciclado, reducindo o seu impacto ambiental e as emisións de gases de efecto invernadeiro, o que contribúe á loita contra o cambio climático.

Outra consecuencia inmediata é que aumentará a capacidade dispoñible nos colectores azuis, o que permitirá tamén unha maior recuperación do papel e cartón que xenera a cidadanía polo uso doméstico.

Os beneficios serán tamén extensibles aos colectores ordinarios de residuos sólidos urbanos (RSU) que tamén verán disminuir o seu contido. Neste caso, co agravante que supoñía a imposibilidade de reciclado de todo o material que se deposita nos mesmos.

Recuperación do material
Os ediles promotores da iniciativa, Xesús Pedreira e Xosé Manuel Tobío, concelleiros de Medio Ambiente e Industria e Comercio, respectivamente, coinciden en que "a recollida selectiva específica do cartón xerado nos establecimentos comerciais, nas zonas de densidade comercial, ademáis do beneficio ambiental directo que supón a recuperación do material, ten aspectos positivos para o servicio público de limpeza viaria e o de recollida de papel-cartón en colector, mellorando a eficiencia de ambos servicios e, sobre todo, permite mellorar a imaxe das rúas comerciais. Esta iniciativa aportará notables melloras, tanto á cidadanía como ao propio comercio".

*