jueves, 30 de septiembre de 2010

Punto final ao curso de socorrista para parados

Nel participaron 15 desempregados que recibiron clases prácticas e teóricas

Hoxe deuse por finalizado en Ordes un curso enmarcado dentro da programación de accións formativas dirixidas prioritariamente para persoas traballadoras desempregadas da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia. Concretamente trátase dun curso de socorrista acuático, que foi totalmente gratuíto para os participantes, e que daba comenzo o pasado 19 de xullo. Neste curso participaron 15 persoas que realizaron tanto clases prácticas como teóricas, as prácticas na piscina climatizada e as teóricas na Casa da Cultura.

Combatindo o desemprego
O curso de socorrista acuático sumouse a outros cursos dirixidos a desempregados que todavía se están a realizar no municipio e cos que o Concello de Ordes pretende combater o desemprego a través da formación dos seus veciños e veciñas. É o caso dun curso de atención sociosanitaria a persoas no domicilio no que están participando outros 15 desempregados, enmarcado tamén na programación de accións formativas dirixidas prioritariamente para persoas traballadoras desempregadas da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e que ten lugar en Mesón do Vento.
.
Tamén dirixido a desempregados, o municipio ordense está levando a cabo un curso sobre enerxía térmica, enmarcado dentro do Proxecto Rede Xiana da Deputación da Coruña. Neste curso que deu comenzo o pasado 14 de xuño, e no que participan 18 persoas ensínase aos participantes a montaxe, a posta en servizo, operación e mantemento das instalacións solares térmicas. Un curso que serve ademais aos participantes como apoio para conseguir o certificado de profesionalidade.

As frases de Manuel Regos, alcalde de Ordes
"O Concello de Ordes aposta unha vez máis pola formación para facilitar a incorporación ao mercado laboral das persoas desempregadas"

“Cremos que nun momento de crise e desemprego como o que está vivindo o país a formación dos nosos desempregados é a mellor das iniciativas para facilitar a súa incorporación ao mundo laboral, dándolles unha ferramenta máis para conseguir un posto de traballo

Foto: Momento dunha das clases teóricas do curso de socorrista celebrado na Casa da Cultura.

*

O BNG ordense participou activamente nas mobilizacións da folga xeral


Os nacionalistas encabezados por Gonzalo Castro participaron nas concentracións do sindicalismo nacionalista

O portavoz municipal do BNG de Ordes, Gonzalo Castro, celebrou que a folga xeral do 29 de setembro “fose un éxito en Galiza” e asegurou que “o BNG de Ordes estivo onde ten que estar, cos traballadores e traballadoras, coa xente que demanda un futuro mellor para este país”.
Gonzalo Castro, acompañado dos restantes membros do grupo municipal do BNG e da súa dirección local, participou este mediodía en Santiago de Compostela na multitudinaria mobilización da CIG, á que se sumaron numerosos cargos orgánicos e institucionais da comarca de Santiago, como o alcalde de Teo, Martiño Noriega, a deputada no Parlamento Galego, Ana Pontón, ou o candidato do BNG á alcaldía de Santiago, Rubén Cela, así como moitos militantes e cargos do BNG de diferentes localidades.

O portavoz municipal do BNG de Ordes asegurou que “quedou claro que a mobilización foi un éxito, que miles de persoas da nosa comarca se desprazaron a Santiago a dicir que non están de acordo coas medidas do Goberno Central e da Xunta de Galiza, e a esixir unha rectificación das políticas antisociais que están a desenvolver o Goberno Central e a Xunta de Galiza”.

“O BNG de Ordes está onde ten que estar, coa maioría social da nosa comarca”
Gonzalo Castro subliñou que “o BNG de Ordes está coa maioría social da nosa comarca, defendendo que hai facer unha política favorábel aos traballadores, aos pensionistas e aos mozos e mozas”.

Con respecto ao seguimento da folga por parte dos ordenses, Castro manifestou que, “se ben o seguimento da folga por parte da hostelería e do comercio foi desigual, no sector industrial a folga tivo bastante seguimento e numerosos traballadores da nosa comarca achegaronse a Santiago a participar activamente das mobilizacións organizadas polo sindicalismo nacionalista"

Finalmente, Castro agradeceu aos veciños e veciñas da comarca a súa implicación e participación na folga xeral e afirmou que, “hai esperanza e hai alternativa e hai un pobo, o galego, que nen se resigna nen baixa a cabeza, que ten enerxía e que ten coraxe para enfrentarse ás políticas antipopulares que ditan o Fondo Monetario Internacional e a Comisión Europea e que aplican sumisamente Zapatero e Feijóo ou, o que é o mesmo, PSOE e PP”.

Foto arriba: Gonzalo Castro, no extremo esquerdo da pancarta con chaqueta clara, nas mobilizacións desta mañá en Santiago de Compostela xunto aos dirixentes nacionalistas Ana Pontón e Rubén Cela, entre outros.

*

martes, 28 de septiembre de 2010

Díaz Hermida abandoa o grupo municipal popular

A renuncia tivo lugar a través da lectura durante o pleno municipal desta mañá dun escrito do concelleiro ex socialista, ex popular e agora na bancada dos non adscritos


Regos: "Amortizaremos 300.000 euros de débeda este ano, e o seguinte, máis"


O BNG propón que o investimento para a nova casa do concello se destine á creación de emprego

A corporación municipal do Concello de Ordes reuniuse esta mañá para a celebración do pleno ordinario do mes de setembro. Unha sesión na que se aprobou a conta xeral do exercizo de 2009. Neste punto, e ante as críticas dos grupos da oposición sobre a débeda do Concello, o alcalde Manuel Regos, quixo aclarar que “a débeda viva do concello ímola reducir. Amortizaremos 300.000 euros de débeda este ano e o ano que vén moito máis. Son momentos de apretarse o cinto e farémolo garantizando que se reducirá a débeda. Cando as inversións están ben feitas redundan no beneficio dos veciños e veciñas de Ordes, na mellora da súa calidade de vida e dos servizos que se lles ofrecen, e iso é o que estamos a facer. Estamos investindo en cada veciño de Ordes 965 euros”.

Por outra banda, aprobouse por unanimidade, a inclusión das obras na rúa República Arxentina no Plan de Cooperación cos Concellos da Deputación (PCC 2008- 2011), para a anualidade de 2011, punto que contou co apoio de todos os grupos da corporación municipal.


Delegación de competencias de tráfico
Tamén se aprobou cos votos a favor de todos os concelleiros da Corporación, a excepción dos tres edís do BNG que votaron en contra, a delegación de competencias á Deputación da Coruña, para a instrucción de expedientes sancionadores por infracción das normas de tráfico, unha cuestión que tal e como explicou o alcalde, xa teñen delegada 83 concellos dos 94 da provincia e que beneficiará ao Concello facilitando o proceso.


Durante a sesión plenaria o secretario do Concello informou tamén da presentación dun escrito por parte do concelleiro, ata o momento do PP, José Luis Díaz Hermida polo que abandona o grupo político do Partido Popular pasando a formar parte do grupo dos non adscritos.


Mocións dos nacionalistas
En canto ás mocións, o grupo do BNG presentou tres. Unha na que se solicitaba o apoio da corporación Municipal á folga xeral que terá lugar mañá, e da que non se aprobou a súa urxencia, e tal e como explicou o tenente de alcalde, Xesús Pedreira, “cada un é libre de ir ou non á folga e consideramos que son os veciños e veciñas de Ordes os que deben decidir”.


Pola súa banda, o portavoz municipal do BNG de Ordes, Gonzalo Castro, xustificou a presentación desta moción manifestando que “a actual reforma laboral, que aumenta a flexibilidade no despedimento atrasará a saída da crise e fará recaer sobre a clase traballadora as súas consecuencias máis dramáticas, supoñendo un recorte nos dereitos dos traballadores e traballadoras”.


Outra das mocións solicitaba a creación dunha comisión formada por colectivos e axentes sociais do municipio para a organización das festas patronais, cuestión que tampouco contou co respaldo da Corporación. Os nacionalistas acusaron ao executivo local “de manter unha liña continuista que manten estancadas ás festas de Ordes”. O edil do goberno, José Luis Gómez Candal, explicou que non estaba xustificada a urxencia da moción “xa que deberá ser unha cuestión que terá que tratar o novo grupo de goberno tralas próximas eleccións municipais”.


Ampliación e reforma da Casa do Concello
A última das mocións do BNG solicitaba que se reorientase o investimento da obra para a ampliación e reforma da Casa do Concello, cuestión que tampouco saiu adiante e á que o edil de Obras e Urbanismo, Roberto González, explicou non era agora o momento, xa que as obras xa están contratadas, hai unha serie de subvencións para elas e non hai oposición dos veciños ao respecto.


Gonzalo Castro argumentou na defensa desta proposta que “o BNG xa ten manifestado en reiteradas ocasións que no momento actual as obras da nova casa do Concello non constituen unha prioridade, e que os recursos que se van destinar á súa execución deberían ser destinados a actuacións para a mellora dos servizos sociais e para a creación de emprego”. Castro lembrou que “os propios veciños de Ordes xa se teñen oposto á reclasificación urbanística dos terreos para a nova casa Consistorial, presentando máis de 150 alegacións que foron rexeitadas polo goberno municipal”. Finalmente a proposta foi rexeitada cos votos en contra do grupo de goberno e o xa ex popular Díaz Hermida polos a favor do PP e BNG máis o socialista Xesús Pampín.

Finalmente o grupo municipal nacionalista esixiu ao goberno municipal a construcción de todas as pistas que enlazan as concentracións de labradío e de monte en Barbeiros-Vilamaior, así como o arranxo das pistas da concentración de Beán-Pereira, que, a xuizo do concelleiro Ramiro Recouso, “se encontran nun estado lamentábel, sendo o seu arranxo competencia do goberno municipal”.
 
Foto: O xa ex concelleiro popular, José Luis Díaz Hermida durante unha intervención nun pleno municipal de Ordes (arquivo).
 
*

lunes, 27 de septiembre de 2010

Manuel Regos pide á Xunta unha escola obradoiro para Ordes


Foi durante a clausura esta mañá do obradoiro de emprego Ramón Ruibal na que participaron 26 alumnos do municipio

O obradoiro hoxe clausurado deu comezo fai un ano e nel desenvolvéronse os módulos de carpintería, albanelería e xardinería

O alcalde Manuel Regos foi o encargado de clausurar esta mañá o obradoiro de emprego Ramón Rubial II, nun acto no que estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Diego Calvo, e o Director Xeral de Promoción do Emprego da Xunta, Andrés Hermida, así como polos alumnos e alumnas participantes no obradoiro, o director e mestres do mesmo e os compañeiros da Corporación.

Durante o acto, o director do obradoiro, José Antonio Fra, quixo facer un percorrido polas obras nas que participaron os alumnos e alumnas do mesmo, como foi o acondicionamento e rehabilitación das escolas unitarias de Poulo, Leira e Barbeiros para convertilas en locais sociais de ditas parroquias, así como a rehabilitación da Rectoral de Beán para o mesmo fin. Ademais tamén levaron a cabo melloras no entorno e nalgunhas das edificacións da estación de Parada.


Formación para a xuventude ordense
Por outra banda Regos aproveitou a ocasión para solicitar aos representantes da Xunta unha escola obradoiro para o municipio, tendo en conta que Ordes tería un gran potencial de participantes ao contar con máis de 1.200 mozos e mozas de entre 17 e 25 anos e destacando a importancia que tería para afastar das rúas ou de malos hábitos aos rapaces, ademais de ter tamén unha gran importancia a formación para conseguir un emprego.

Por outra parte tanto o delegado territorial da Xunta, Diego Calvo, como o Director Xeral de Promoción de Emprego, Andrés Hermida, tamén quixeron agradecer a colaboración do Concello de Ordes nesta iniciativa, así como felicitou aos participantes por todos os traballos realizados animándoos agora a buscar un traballo despois de conseguir a formación nas diferentes especialidades.


Entrega de diplomas
Ao final do acto, o alcalde e os representantes da Xunta fixeron entrega dos diplomas acreditativos aos alumnos e alumnas do obradoiro de emprego. En total, neste obradoiro, que daba comenzo hai un ano, participaron 26 alumnos e alumnas do municipio nas especialidades de xardinería, albanelería e carpintería.

Foto arriba: Un grupo de participantes no II obradoiro de traballo Ramón Ruibal cos invitados e autoridades convidadas ao acto da clausura.

Foto medio: O alcalde de Ordes, Manuel Regos, descobre a placa en recordo da clausura en presenza do director xeral de Promoción de Emprego da Xunta de Galicia, Andrés Hermida e Diego Calvo, delegado territorial da Xunta de Galicia. 

Foto abaixo: Andrés Hermida entrega un diploma a un dos 26 participantes no obradoiro de emprego de Ordes, Ramón Ruibal.

*

sábado, 25 de septiembre de 2010

O grupo municipal popular reclama a limpeza das cunetas en todas as pistas do municipio

Alertan do risco de propagación de incendios forestais pola "deixadez" do goberno municipal

O Grupo Municipal do Partido Popular ven de anunciar que presentará no vindeiro pleno municipal, unha iniciativa para instar ao Goberno local a que axilice os traballos de limpeza das cunetas nas pistas e camiños do Concello, dado o retraso que acumulan estes traballos.


Esta demanda do Partido Popular é consecuencia das numerosas queixas formuladas por veciños das diferentes aldeas e parroquias do Concello, polas que aínda non pasou a desbrozadora municipal. A falta de limpeza de cunetas afecta tanto a pistas asfaltadas como a camiños secundarios que dan acceso a fincas.

Os camiños actuarían de cortalumes
Desde o grupo municipal do PP advirten que a deixadez do goberno está a incrementar o risco de propagación dos incendios forestais. Sucede especialmente en numerosas pistas de zonas de concentración parcelaria, nas que a louza atravesa os camiños, dificultando o tránsito de vehículos, pero incrementando tamén o perigo de incendio. Se os camiños estivesen limpos, alertan dende o PP, actuarían de cortalumes no caso de que se produciuse esta eventualidade.

*

Orde do día do pleno da corporación do próximo martes

CONVOCATORIA Pola presente convocase a Vd. á SESIÓN ORDINARIA, que se celebrará na CASA CONSISTORIAL polo CONCELLO PLENO, ás dez horas do día vinte e oito de setembro de dous mil dez, en primeira convocatoria e se procederá en segunda de acordo co estipulado no artigo 31.2 do ROF do Concello.

A partir desta data ten Vd. a súa disposición, na Secretaria desta Corporación, os antecedentes relacionados cos asuntos que figuran na seguinte:

ORDE DO DÍA

PUNTO PRIMEIRO: APROBACIÓN, SE PROCEDE, ACTA DA SESIÓN ANTERIOR, DE DATA 06/09/10.

PUNTO SEGUNDO: INFORMES DA ALCALDÍA.

PUNTO TERCEIRO: APROBACIÓN, SE PROCEDE, CONTA XERAL, EXERCIZO 2.009.

PUNTO CUARTO: SOLICITUDE, SE PROCEDE, INCLUSIÓN OBRAS PLAN DE COOPERACIÓN COS CONCELLOS (PCC) 2008/2011, ANUALIDADE 2011.

PUNTO QUINTO: DELEGACIÓN, SE PROCEDE, COMPETENCIAS DEPUTACIÓN PROVINCIAL INSTRUCIÓN EXPEDIENTES SANCIONADORES POR INFRACCIÓN DAS NORMAS DE TRÁFICO.

PUNTO SEXTO: DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS E DECRETOS DA ALCALDÍA.

PUNTO SÉTIMO: MOCIÓNS.

PUNTO OITAVO: ROGOS E PREGUNTAS.

Ordes, 24 de setembro de 2.010

O ALCALDE-PRESIDENTE

Manuel Regos Boquete

SRS. CONCELLEIROS do CONCELLO de ORDES

*

O luns se clausura o obradoiro de emprego da estación de Parada

Asistirán os 26 alumnos participantes acompañados do alcalde Manuel Regos, o delegado territorial da Xunta, Diego Calvo, e o director xeral de Promoción do Emprego, Andrés Hermida

O vindeiro luns 27 de setembro terá lugar a clausura do II Obradoiro de Emprego “Ramón Rubial” de Ordes, ás 12,30 horas do mediodía na antiga estación de tren de Parada.


Este segundo Obradoiro de Emprego, contou coa asistencia de 26 alumnos, que recibirán o diploma acreditativo o día da clausura. Os participantes recibiron formación teórico-práctica nas especialidades de xardinería, carpintería e albanelería; e tamén recibiron formación académica en ensino básico.

O Obradoiro de Emprego foi levado a cabo a través dunha subvención concedida pola Consellería de Traballo e Benestar.

A este acto asistirán, entre outros, Diego Calvo, delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña; Andrés Hermida, director xeral de Promoción do Emprego; Manuel Regos, alcalde de Ordes, concelleiros da corporación municipal e o director, profesores das especialidades (xardinería, albanelería e carpintería) e mestra de ensino básico do Obradoiro. Tamén estarán presentes os 26 alumnos e alumnas do Obradoiro.

Programa de actos
O programa de actos é tal como segue:


12:30 horas : Recibimento no lugar de desenvolvemento do Obradoiro de Emprego (Antiga estación de tren de Parada).

12:40 horas: Palabras das autoridades asistentes (Director Xeral de Promoción do Emprego, Delegado Territorial da Xunta de Galicia na Coruña e Alcalde de Ordes).

13:15 horas: Entrega de diplomas.
 
*

viernes, 24 de septiembre de 2010

Comienzan las fiestas de Poulo


A partir de las 23:00 h. con las orquestas Bámbola y Olympus

Las populares de fiestas de Poulo comienzan esta noche con la actuación de las orquestas La Bámbola a partir de las 23:00 h. y Olympus desde las 00:30 h.

Foto: Orquesta Olympus.

jueves, 23 de septiembre de 2010

A Concellería de Medio Ambiente, 'Proxecto Ríos' e voluntarios de Ordes limparán o cauce do Cabrón


A actuación terá lugar o vindeiro 3 de outubro e prazo de inscripción para os que queiran participar rematará o 30 deste mês



Pedreira: "Dende o Concello invitamos a esta limpeza a todas as persoas que queiran contribuir a preservar o medio ambiente" 

A Concelleria de Medio Ambiente de Ordes continúa a traballar preservación do medio ambiente e na concienciación social. Así o próximo domingo 3 de outubro levarase a cabo a terceira xornada de limpeza simultánea de ríos en 25 concellos espallados por toda Galicia. Unha xornada na que participarán membros do Voluntariado Verde de Ordes, promovido pola Concellería de Medio Ambiente, e que contará tamén coa colaboración de 'Proxecto Ríos'.


Lembrade! Inscricións antes do 30 de setembro
Os organizadores do proxecto convidan a todos os veciños que queiran participar que o poden facer, inscribíndose antes do 30 deste mes no departamento de Medio Ambiente, situado no segundo andar da Casa do Concello. O punto de encontro para todos será no río Cabrón ás 11:00 horas, concretamente no cruce da carretera comarcal AC 224 que vai dende Ordes a Lanzá coa pista que vai hacia A Gorita.

O ano pasado, cun total de 15 concellos participantes, unha ducia de veciños e veciñas de Ordes participaron na xornada de limpeza. Ésta tamén se desenvolveu no cauce do río Cabrón, concretamente nun tramo de tres quilómetros. Del estrouxéronse todo tipo de obxetos, incluindo neumáticos, plásticos, ferros, electrodomésticos, e mesmo restos dunha cociña e dunha motocicleta. Neste sentido o concelleiro de Medio Ambiente chama á reflexión dos veciños e veciñas de Ordes e lembra a existencia do Punto Limpo a carón do tanatorio do Balado, espazo onde se poden depositar tanto plásticos agrícolas coma electrodomésticos.

Podes ver a limpeza que se levou a cabo no río Cabrón o 27 de setembro de 2009:




Informes e adopcións
O Proxecto Ríos é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos cauces fluviais. Preténdese con elo inspeccionar o estado dos ríos por parte de persoas ou voluntarios locais, co obxectivo final de facerse responsábeis da súa vixianza, como mínimo dúas veces ao ano.

Coa información recabada elaboraranse informes anuais cos datos subministrados por todos os participantes nas distintas campañas. Os grupos que o desexen tamén poden participar no Programa de Adopción de Ríos, mediante o cal se fan responsábeis de velar polo estado de aqueles treitos de río que escollan.

Podes escoitar as declaracións de Xesús Pedreira para Radio Ordes:



A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente de Ordes
"Dende o Concello invitamos a esta limpeza do río Cabrón, a todas aquelas persoas que queiran contribuir a preservar o medio ambiente, en concreto os ríos, que son unha fonte de conservación da biodiversidade do noso Concello"

Foto: Momento da limpeza do río Cabron en setembro de 2009.

*

Comeza unha nova tempada de Noites de Tasca con concurso de aturuxos incluído

Será o 1 de outubro a partires das 22:00 h. no bar Carballeiro de Vilamaior

Despois da paradiña do verán volve a terceira tempada das 'Noites de Tasca' de Os Viqueiras de Ordes. Este ano percorrerán os municipios da comarca os primeiros venres de cada mes.

Nesta nova tempara que se inuagura o vindeiro venres 1 de outubro, terán como convidado de excepción ao gaiteiro de Santa María de Arzúa, Faustino Seoane. Aos seus 84 anos será quen de demostrar a súa plena forma na arte de tocar a gaita.

Foliada aberta á participación de todos
Como xa é tradicional, o acto rematará cunha foliada aberta á participación de todos coa novidade do Concurso de Aturuxos. Cada mes iranse preseleccionando os mellores para nunha data ainda por determinar poder competir nunha final onde se escollera ao 'Mellor botador de aturuxos das Noites de Tasca'.

Os Viqueiras de Ordes convidan a todos os lectores e lectoras de Ordessiete a disfrutar nesta nova Noite de Tasca no bar Carballeiro de Vilamaior (Ordes) o próximo venres 1 de outubro a partires das 22:00 h.

*

miércoles, 22 de septiembre de 2010

Ordenses ilustres (IV): Fernando Calderón Collantes, I marqués de Reinosa

Ordessiete continúa con la serie de biografías de ordenses ilustres. Muchos de ellos son o han sido personajes bien conocidos en nuestra villa. Otros muchos aún gozan de un histórico anonimato

Fernando Calderón Collantes (Reinosa, Cantabria, 21 de febrero de 1811 - Madrid, 9 de enero de 1890). Abogado y político español, fue ministro de Gracia y Justicia durante el reinado de Isabel II, cartera que volvería a ocupar junto con la de ministro de Estado durante el reinado de Alfonso XII.

Presidente del Tribunal Supremo
Tras estudiar Derecho en la Universidad de Santiago de Compostela inicia su carrera judicial ejerciendo como Juez de Primera Instancia en Ribadeo y Vigo pasando después a las Audiencias de Valladolid, Barcelona y Madrid hasta que en 1856 ingresó en el Tribunal Supremo, institución que llegaría a presidir entre 1857 y 1860

Su carrera política se inicia en 1840 cuando resulta elegido diputado en el Congreso por la circunscripción de Lugo adonde retornaría, tras no obtener escaño en los dos siguientes procesos electorales, en 1843, ya como representante de Santa Maria de Ordenes repitiendo el escaño hasta las elecciones de 1851. En los comicios de 1853 y 1854 no logra obtener acta de diputado, no regresando al Congreso hasta 1857 y, tras repetir acta en 1858, desaparece de la Cámara Baja al ser nombrado senador vitalicio en 1862. Tras la Revolución de 1868 retorna al Congreso al obtener, nuevamente por A Coruña, un escaño en las elecciones de 1869 y tras repetir en los comicios de 1872 retornará al Senado en 1872 donde en 1877 será designado nuevamente senador vitalicio.

Ministro en cuatro ocasiones
Fue ministro de Gracia y Justicia en tres ocasiones: entre el 21 de junio de 1865 y el 10 de julio de 1866 en un gabinete presidido por O' Donnell; entre el 12 de septiembre y el 2 de diciembre de 1875 en un gobierno de Cánovas y entre el 14 de enero de 1877 y el 6 de enero de 1879 en los gobiernos que presidieron Joaquín Jovellar Soler y nuevamente Cánovas. También desempeñó la cartera de ministro de Fomento entre el 2 de diciembre de 1875 y el 14 de enero de 1877 con Cánovas como jefe de gobierno.

El 7 de junio de 1878 se le concedió el título de marqués de Reinosa como premio a los servicios prestados a la Corona y en 1884 se le distinguió con la orden del Toisón de Oro. Se retiró de la política en 1885, al morir Alfonso XII.

Foto: Fernando Calderón Collantes, I marqués de Reinosa, diputado del Congreso por Santa María de Órdenes entre 1843 y 1851.

*

martes, 21 de septiembre de 2010

Como ensinar aos nosos maiores a non aburrirse?

Quince persoas fórmanse nun curso de animación xerontolóxica da Mancomunidade

A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes acaba de iniciar un curso de animación xerontolóxica, orientado á mellora da empregabilidade de personas desocupadas. O curso, que se imparte nas dependencias do Museo do Traxe de Ordes, conta coa participación dunhas quince persoas. As clases prolongaranse ata o 19 de novembro. En horario matinal de 9 a 14 horas, están sendo impartidas por dúas profesoras con ampla experiencia no sector da terceira idade e dos servizos sociais.
A creación de residencias e centros de día, a ampliación das programacións dos centros socioculturais e clubs de xubilados ou a necesidade de dinamizar centros municipais e vivendas comunitarias fan pensar nun aumento da demanda deste tipo de profesionais. Tal como explicou o presidente da Mancomunidade, Miguel Prado Patiño, “o interese das persoas maiores polo aproveitamento do tempo libre é cada vez maior e está claro que calquera traballador que queira desempeñar as súas funcións con este colectivo debe estar familiarizado coas súas particularidades e coñecer as técnicas específicas de animación”.

Prácticas non laborais
O curso de animación xerontolóxica da Mancomunidade de Ordes ofrece tamén prácticas non laborais en centros de atención á terceira idade, tanto públicos como privados. Coas prácticas, o alumnado poderá aplicar a teoría aprendida durante a acción formativa. A formación de persoas nesta categoría profesional resulta útil para as empresas e entidades do sector da dependencia para aumentar a súa competitividade e mesmo reducir custos, ao aumentar a calidade de vida dos maiores.

O curso está financiado nun 80% polo Fondo Social Europeo e no 20% restante pola administración autonómica. Por cada día de asistencia ao curso, o alumnado recibe unha bolsa de desprazamento de sete euros.

Foto: Os alumnos participantes posan xunto ao alcalde de Ordes, Manuel Regos, ás portas do Museo do Traxe Juanjo Liñares.

*

lunes, 20 de septiembre de 2010

¿Pero cómo murió el Soldado Lois?

Ordessiete consigue acceder al informe oficial de su fallecimiento archivado en la Comandancia General del Departamento Marítimo de Cádiz de fecha de 17 de agosto de 1938
A todos nos han contado que el soldado Manuel Lois García murió a bordo de un buque de guerra al usar su cuerpo como barrera para evitar mayores daños en la embarcación. Ordessiete ha conseguido acceder al documento oficial redactado por el teniente de Navío de la dotación del Crucero Almirante Cervera, de 17 de agosto de 1938 en el que relata con detalle la trágica muerte del soldado ordense. A continuación se traslada el documento literal:


“Que a las 10 de la mañana del día 7 de Septiembre de 1937 encontrándose el Crucero “Baleares” en las proximidades de Argel avistó a Fuerzas Navales rojas formadas por, los Cruceros “Libertad” y “Méndez Núñez” y ocho Destructores convoyando cuatro barcos mercantes; el citado buque abrió fuego sobre el enemigo, entablándose combate seguidamente durante el cual el Crucero “Baleares” recibió dos impactos de 15,24 centímetros procedentes de disparos del Crucero “Libertad”, uno de ellos en el costado de babor a proa y otro en la chimenea. Por efecto de la explosión del proyectil que dio en la chimenea quedó fuera de combate toda la dotación del cañón 4 de 12 centímetros de babor, a excepción del apuntador vertical, parte de la del 2, el Auxiliar de Artillería del grupo de 12 centímetros de proa, que falleció al poco tiempo e igualmente resultaron heridos, el Guardia Marina del grupo de proa y el Alférez de Navío que lo mandaba, así como el Teniente de Navío que mandaba el grupo de popa.

Uno de los cascotes penetró por la parte alta de una caja de urgencia, situada a babor a la altura del cañón 2, que contenía tres ó cuatro hileras de chilleras con iluminantes, incendiando un cartucho de éstos cuyo proyectil hizo explosión en el interior de la caja, en cuyo momento, el soldado de Infantería de Marina Manuel Lois García, telefonista del cañón 4, con puesto inmediato a la caja, ve como sale humo de ella y se abomba por su parte posterior, y dándose cuenta del peligro que una explosión probable de los proyectiles iluminantes y de los de alto explosivo situados en las chilleras de debajo de aquellos puede acarrear, se dirige a la caja y zafa la única tuerca que tiene echada la puerta; al zafarse la tuerca, la presión interior abre la puerta con violencia y una llamarada grande, da de lleno sobre el cuerpo del soldado Manuel Lois que recibe en el pecho el paracaídas del iluminante que hizo explosión y no obstante empezarle a arder las ropas se apodera de un proyectil que tira al agua, después, corre hacia popa envuelto en llamas alcanzándole, a la altura del cuarto del cuarto del Oficial de guardia dos Marineros del trozo de auxilio de proa que lo despojaron de las ropas y lo entregaron al trozo de auxilio de popa. Conducido a la Enfermería y después de curado, fue evacuado en una camareta en la que falleció por la noche del día siguiente día”.

Por esta heroica acción, al Manuel Lois García, ‘Soldado Lois’, le fue otorgada de manera póstuma la más alta condecoración militar al valor heroico, la Cruz Laureada de San Fernando.

Foto: Momento de la ofrenda floral en memoria del Soldado Lois que cada año tiene lugar en el cementerio municipal de O Balado.

*

Ordes conmemora mañá o Día Mundial Contra o Cancro de Mama

Membros da Asociación Española Contra o Cancro ofrecerán información sobre esta enfermidade nunha mesa que se instalará no centro de saúde ordense de 10 a 13 horas

Teléfono da sede de Ordes de Asociación Española Contra o Cancro: 981 680221

O centro de saúde de Ordes acollerá mañá mércores día 22 unha mesa informativa sobre o cancro de mama. O horario de atención ó público irá dende as 10 ata as 13 horas. Deste xeito tódalas persoas que se acheguen poderán obter información útil sobre a prevención, tratamentos, diagnósticos ou calqueira outro aspecto relativo a esta enfermidade.


Para poder levar a cabo esta iniciativa a AECC de Ordes conta coa colaboración do departamento de Sanidade do concello ordense. “Deste xeito pretendemos conmemorar o Día Mundial Contra o Cancro de Mama que tivo lugar o pasado 19 de setembro”, asegura Emilia Vázquez Pardo, presidenta da sede local da AECC. Unha data na que non se organizou ningún evento no concello por coincidir en domingo, “de ahí que se faga este mércores, porque así aproveitamos para falar coa xente que veña á feira”, puntualiza Emila Vázquez.

Ata o centro de saúde achegaranse membros do equipo do goberno dirixido por Manuel Regos. Un xesto co que queren amosar o seu apoio e solidaridade na loita contra esta infermidade que cada vez consiguen superar máis mulleres. Alí serán recibidos pola presidenta da AECC en Ordes, así coma outras integrantes entre as que estarán Argentina Campos, Concepción Castro, Mari Carmen Pérez, Marina Lamas ou Mari Carmen Iglesias, entre outras.

Podes ver un vídeo explicativo sobre o cancro de mama facendo clic baixo estas liñas:



Fondos necesarios para a investigación
Dende a AECC de Ordes queren aproveitar o acto de mañá para concienciar á xente “da importancia que teñen as aportacións económicas para recaudar fondos de cara á investigación”, destaca Emilia Vázquez. “Ter socios é importante pero non se pode avanzar se non hai cartos cos que investigar e continuar cos proxectos que está a realizarse”. A pesar de que na mesa que mañá se instalará no centro de saúde no se recollerán cartos, tódolos interesados recibirán a información precisa para saber onde e cómo poden contribuir na loita contra o cancro da maneira máis rápida e fectiva.

Na actualidade preto de 300 persoas están inscritas na AECC de Ordes. Para calqueira consulta poden acudir ó número 43 da rúa Fuente Estrey ou ben contactar no 981 680 221. Tamén o poden facer no bar Salón, ubicado no parque Félix Rodríguez de la Fuente.

*

Aberto o prazo de inscripción para participar nos novos obradoiros culturais e deportivos

Ioga, pintura e debuxo, teatro, baile, aerobic, patinaxe, fútbol ou ximnasia son algunhas das actividades ás que xa te podes apuntar
 
A Concellería de Cultura e Deportes de Ordes pon en marcha unha nova quenda de actividades destinadas ós veciños e veciñas de tódalas idades. Trátase dos obradoiros culturais e deportivos de outono e inverno e que darán continuidade os xa realizados en datas anteriores, gozando dunha gran aceptación por parte dos ordenses.


No listado de obradoiros culturais figuran actividades como o ioga. Neste caso as clases, tanto de perfeccionamento coma de iniciación, desenvolveranse en distintos grupos os luns e os mércores no local cultural cun horario que vai dende as 19 ata as 22 horas. Os que gusten de bailar poderán disfrutar das clases de bailes de salón no mesmo espazo tódolos venres de 21 a 22 horas ou ben de 22 a 23 horas.

O Concello de Ordes volve a ofrecer clases de pintura e debuxo na escola antiga. Os venres e os sábados, a partir das 18.30 e 10.30 respectivamente, serán os días nos que os máis cativos poderán agarralos pinceis e poñerse diante dos cabaletes. No caso dos adultos as clases, de dúas horas de duración para tódolos grupos, terán lugar os venres a partir das 19.30 horas. O teatro cerra o programa de actidades culturais. Os que se animen a subirse ó escenario terán unha cita os sábados de 11 a 13 horas na Casa de Cultura.

Dentro das ofertas deportivas figuran os cursos de ximnasia de mantemento e de aerobic, que cada martes e xoves terán lugar no local cultural de 19.30 a 20.30 horas e de 20.30 a 21.30 horas respectivamente. No que se refire ós cursos de patinaxe, éstes desenvolveranse os mércores e venres dende as 18 ata as 19.30 horas no pavillón Campomaior. Por outra banda os veciños e veciñas tamén contarán coas escolas municipais de fútbol, fútbol sala e hóckey. Nestes casos os encargados de levar a cabo os programas formativos serán os clubes correspondentes.

Prezo: 31,35 eurosO prezo para cada unha destas actividades será de 31,35 euros e haberá un máximo de alumnos co fin de poder prestar un servizo de calidade. No caso das familias numerosas poderán beneficiarse dun desconto de ata o 50 por cento. Terán preferencia aquelas persoas empadroadas no concello, reservándose as prazas por rigurosa orde de chegada. O prazo de inscripción permanecerá aberto dende hoxe luns ata o vindeiro día 30 deste mes no departamento de Cultura e Deporte, ubicado na planta baixa da Casa Consistorial. O horario de atención ó público vai de luns a venres dende as 9 ás 14 horas, así coma os martes de 17 a 19 horas. As preinscrippcións deberán ir acompañadas dunha fotocopia do DNI da o solicitante.

Ximnasio municipal
Ademáis das actividades englobas nos obradoiros propiamente ditos, os veciños e veciñas que desexen estar en forma tamén poderán facer uso do ximnasio municipal. Ubicado no pavillón Castelao permanecerá aberto durante todo o ano, agás nos meses de verán, de luns a venres nun horario que vai dende as 18.30 ata as 22.30 horas. Os seus usuarios e usuarias poderán contar tamén co asesoramento gratuíto dun adestrador persoal.

miércoles, 15 de septiembre de 2010

Ordes en loita contra os lumes forestais

Voluntariado verde levou a cabo charlas en varias parroquias sobre a vixilancia e prevención de lumes

As parroquias de Beán, Mesón do Vento, Santa Cruz de Montaos e Ordes acolleron durante os pasados luns e martes un ciclo de charlas informativas sobre a Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais en Galicia. Deste xeito a concellería de Medio Ambiente de Ordes continúa co programa Voluntariado verde desenvolvendo o seu segundo bloque, adicado á vixilancia e prevención de lumes. As charlas, impartidas por dous enxeñeiros técnicos forestais con coñecementos de prevención e defensa contra incendios, tiveron como destinatarios os veciños das catro parroquias ubicadas no concello de Ordes.
 
Prevención e extinción de incendios no rural
A Lei 3/2007 actualiza o réxime xurídico que regula os incendios no medio rural, integrando a prevención e a extinción, a protección da poboación das infraestructuras e das instalacións agrarias, así coma a importancia de manter franxas de terreo libres de vexetación para evitar a propagación do lume. A ordenación preventiva do terreo e da selvicultura son otros dos aspectos que contempla dita norma. Estas xornadas son froito dun convenio de colaboración entre a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado e a dirección Xeral de Montes, dependentes da Consellería de Traballo e Benestar e da de Medio Rural respectivamente.

A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente, Medio Rural e Sanidade de Ordes
“O obxetivo principal é implicar activamente os nosos veciños e formalos nas labores de prevención para reducir o número de incendios forestais no concello, ademáis de dar a coñecer mellor a lei para que voluntariamente se cumpra sin ter que mediar por medio denuncias entre veciños para ser resoltas polas Administracións”
 
Foto: Momento dunha das charlas informativas no local social da parroquia de Beán.
 
*

martes, 14 de septiembre de 2010

Satisfacción entre os populares polo investimento da Xunta nos CEIP Castelao e Mesón do Vento

Estrella Vázquez visitou esta tarde os traballos executados no CEIP Castelao, que permitiron a renovación integral dos baños da primeira planta e a construcción dun baño de discapacitados

A Xestora do PP de Ordes informa hoxe de que as obras por valor de 120.000 euros executadas pola Xunta de Galicia durante este verán nos CEIP Castelao e Mesón do Vento "remataron en prazo e permiten que os dous centros inicien o novo curso escolar con instalacións renovadas e acordes coas súas necesidades".


Así o constatou esta tarde a presidenta da xestora local, Estrella Vázquez , ao visitar as melloras levadas a cabo no CEIP Castelao por un importe de 60.000 euros. Ademais da renovación integral dos baños da primeira planta e a construcción dun baño de discapacitdos, previstas no proxecto inicial, a actuación incluíu, tamén, o pintado das pareces e as portas do corredor central do colexio.

No CEIP Mesón do Vento, informan os populares, o investimento doutros 60.000 euros "permitiu remodelar a cociña do centro para adaptalas aos novos requerimentos de aplicación para este tipo de instalacións".


A frase de Estrella Vázquez, presidenta da Xestora do PP de Ordes
"Este investimento fora acordado en maio pasado, nunha reunión celebrada entre a presidenta da xestora local do Partido Popular coa xefa territorial de Educación na Coruña, á vista da pasividade amosada polo Concello de Ordes en relación coas necesidades dos centros educativos do municipio".

*

lunes, 13 de septiembre de 2010

Ordenses ilustres (III): José Portos

Fue uno de los primeros integrantes del Partido Comunista de España en el exilio argentino

José Portos nació en Frades, pero en 1931emigraría a Buenos Aires, ciudad que ya nunca abandonaría. Allí se afilió a la sociedad de Frades que más tarde, en 1939 se unificaría a la Sociedad de Ordenes en Argentina. Allí regentaría un pequeño comercio de colchones, si bien por lo que tendría un papel destacado en la sociedad de la época sería por ser uno de los primeros integrantes del Partido Comunista de España (PCE ) en el exilio argentino, a mediados de los años 40. Junto al sastre lucense Gerardo Díaz (1893-1981), lider comunista republicano en el exilio, se integra en el Junta Ejecutiva del PCE como secretario de relaciones durante el periodo 1950-1955.

Tras un descanso, en 1960 volvería a integrar la Junta Ejecutiva del PCE hasta 1976. Finalmente moriría en Buenos Aires en 1980. Su cuerpo fue velado en la sede del PCE de la localidad de Chacabuco.

*

domingo, 12 de septiembre de 2010

O BNG de Ordes apoia a folga xeral do 29-S

Os nacionalistas consideran que a reforma laboral precisa dunha "forte contestación social e política"

Castro: "A actual reforma laboral atrasará a saída da crise e recortará os dereitos dos traballadores"

O BNG de Ordes presentou o pasado xoves unha iniciativa na que propón o apoio da corporación municipal á convocatoria e á mobilización da Folga Xeral do vindeiro 29 de setembro.


O portavoz municipal do BNG de Ordes, Gonzalo Castro, xustificou a presentación desta moción manifestando que “a actual reforma laboral, que aumenta a flexibilidade no despedimento e na aplicación do salario pactado, atrasará a saída da crise e fará recaer sobre a clase traballadora as súas consecuencias máis dramáticas, supoñendo un recorte nos dereitos dos traballadores e traballadoras”.

Castro salientou que “ante esta reforma laboral é necesaria unha forte contestación social e política, como a convocatoria de folga xeral o vindeiro 29 de setembro, que desde o BNG apoiamos para que se muden as políticas económicas contrarias aos intereses de traballadores e traballadoras e da sociedade en xeral, ao tempo de defender un modelo económico que garanta prioritariamente o benestar das persoas a través da súa estabilidade nos empregos e o acceso a servizos públicos de calidade”.

A frase de Gonzalo Castro, portavoz do BNG de Ordes
“Desde o BNG agardamos que a corporación municipal defenda de xeito unánime os dereitos dos traballadores e traballadoras de Ordes, apoiando a folga xeral do vindeiro 29 de setembro”
 
*

Un historiador rechaza el gentilicio 'ordense' para los habitantes de Ordes

Según este, debemos ser llamados "ordenenses" u "ordinenses"


El historiador Tomás de la Torre Aparicio, autor de tres volúmenes de Gentilicios españoles (Editorial Vision Net, 2006) rechaza el gentilicio de 'ordense' para nombrar a los habitantes de Ordes. En su lugar reclama los de "ordenense" u  "ordinense".

Gentilicios españoles hace un repaso a través de sus 524 páginas a todos los gentilicios de todas los municipios españoles. Así  por ejemplo, además de gallegos, hemos de saber que según este autor, podemos ser definidos como galaicos o incluso como ártabros.

*

sábado, 11 de septiembre de 2010

A feira de saldos xa está aberta ata mañá ás 10 da noite

Dende o goberno do Concello animan tanto a veciños como a visitantes a que se acheguen á Alameda e participen desta feira na que poderán comprobar a calidade do noso comercio 
O Concello de Ordes inauguraba esta mañá a segunda edición da Feira de Saldos que organiza coa colaboración da Asociación de Comerciantes de Ordes (Acordes).


O concelleiro de Industria, Comercio, Servizos Sociais e Terceira Idade, Xosé Manuel Tobío, dedicou unhas palabras tanto a comerciantes como a visitantes, desexando aos primeiros que esta feira conte co mesmo éxito que o ano pasado e teñan as mellores ventas, e aos segundos que sexan partícipes desta iniciativa aproveitando a calidade dos produtos do comercio de Ordes a un baixo prezo.

Pola súa banda, o edil Xesús Pedreira, como alcalde en funcións, foi o encargado de dar por inaugurada a feira, que desexou, teña un gran éxito e veña seguida de moitas máis edicións.


 En horario de 11:00 a 22:00 h.
A 2ª Feira de Saldos de Ordes, na que participan preto dunha vintena de comercios da vila, prolongarase durante toda a fin de semana cun horario de 11 a 22 horas. Os stands están instaladas nunha carpa ubicada na Alameda de Ordes.

Fotos: Momentos da inauguración da 2ª Feira de Saldos de Ordes esta mañá na Alameda.

*

Inaugurado o novo local social de Poulo

Despois de facer o propio coas parroquias de Leira e Beán, tócalle agora o turno ao lugar de A Senra

Logo de que a mediados do mes de maio se inaugurara os locais sociais de Leira e Beán, onte, o alcalde Manuel Regos inauguraba o novo local social de A Senra na parroquia de Poulo. Un espazo instalado na antiga escola da parroquia, que foi reformado e acondicionado polo Concello, e que agora servirá de lugar de encontro e esparcimento para todos os veciños e veciñas do lugar.


As instalacións, que estaban nun estado de deterioro, foron reformadas e neste momento contan con tres estancias e dous aseos, ademais dun entorno acondicionado para o disfrute dos veciños. Manuel Regos mostrou a súa satisfacción por poder facer realidade este proxecto e insistiu na importancia de “dotar ás parroquias con este tipo de infraestruturas para que os veciños e veciñas teñan un lugar onde poder socializarse, así como realizar as súas actividades”.


Nova pista polideportiva
Por outra banda ao novo local social, súmase tamén unha nova pista polideportiva ubicada nas inmediacións do local, creándose así unha gran área de esparcimento para todos os veciños e veciñas da parroquia. Estas obras da pista polideportiva forman parte do paquete de actuacións que o goberno local do Concello de Ordes incluiu dentro do fondo estatal do Estado. Tal e como explicaron dende o grupo de goberno do Concello de Ordes, todas estas obras, as do local e a pista, contaron cun investimento de aproximadamente 80.000 euros.

Fotos: Momentos da inauguración do novo local social de Poulo de A Senra.

*

jueves, 9 de septiembre de 2010

Xosé Manuel Tobío: "A feira de saldos pode deixar en Ordes esta fin de semana uns 250.000 euros"

Según as previsións da concellería de Comercio de Ordes, cada visitante gasta entre 20 e 30 euros por día e este ano agárdase pola presenza mínima diaria de 5.000 persoas

Xosé Manuel Tobío Boquete ven de converterse no concelleiro máis 'saturado' de toda a corporación municipal ordense. Ás delegacións de Industria e Comercio que xa viña asumindo se lle suman agora as do recentemente cesado Xesús Pampín e que xa heredara de Ana María Álvarez, as de Servizos Sociais e Terceira Idade.

Como leva a asunción das dúas delegacións de goberno, Servizos Sociais e Terceira Idade logo do cese do seu compañeiro de partido, Xesús Pampín como edil de goberno?
Máis ou menos ben. Estamos traballando nunha serie de reaxustes logo dunha primeira toma en consideración de todo o traballo desenvolvido nestas dúas delegacións. Xa tiven varias xuntanzas co persoal e os técnicos das concellerías de Servizos Sociais e Terceira Idade de Ordes. Agardamos poder facer unha maior valoración dos traballos no próximo pleno municipal.

"Non é o mesmo unha feira de saldos que un outlet..."
Esta fin de semana a súa concellería organiza o outlet na Alameda de Ordes...
Si, aida que non é exactamente un outlet. O que haberá será unha feira de saldos que a diferencia do outlet, ten un caracer periódico. A organizamos en colaboración con Acordes, a Asociación de Comerciantes de Ordes, e pódolle asegurar que haberá produtos rebaixados en ata un 70 por cento. Será facil poder atopar produtos cun prezo normal de venda de 300 euros por tan solo 50.

Contarán co mesmo espazo que o ano pasado?
Si, será na Alameda de Ordes que como sabemos ten o espazo que ten. A feira ocupará un espazo de 400 metros cadrados e contará cun total de 18 expositores.

Trátase dunha feira de cosumo interno ou se agarda pola presenza de visitantes?
Non, a feira está formada exclusivamente por comerciantes de Ordes, pero naturalmente está aberta a compradores de todas partes. O ano pasado estaban os arredores da Alameda cheo de coches de fora e este ano esperamos aumentar as ventas.

Que cifra de negocio estiman para a feira de saldos deste ano en Ordes?
Ainda que sabemos que a situación económica xeneralizada é a que é, este tipo de actividades son tamén unha gran ocasión. Como xa dixen haberá produtos especialmente rebaixados. Poderemos mecar produtos, por exemplo coma eu vin o ano pasado, uns zapatos que sei que custan entre 50 e 60 euros, pois que estaban vendéndose a 15. De repetir o éxito do ano pasado, que foi impresionante, estamos falando de cifras de en torno aos 5.000 visitantes diarios e cun gasto aproximado de entre 20 e 30 euros por persoa, así que calcule [Nota: Segundo as previsións do concelleiro, a Feira de Saldos podería arroxar unha cifra duns 125.000 euros diarios no comercio ordense]".

¿Quen é Xosé Manuel Tobío Boquete?
Veciño de As Casillas, ten 35 anos e é enxeñeiro de camiños. Nas eleccións municipais de 2007 formaría parte como número catro da candidatura del PSdG-PSOE encabezada por Esther Couto. O 30 de xuño de 2008, coa marcha de Couto ao Ministerio de Cultura en Madrid como asesora parlamentaria de César Antonio Molina, Xosé Manuel Tobío asumía o cargo de concelleiro do Goberno de Ordes entrando a formar parte do goberno municipal coma cuarto tenente de alcalde e delegado das áreas de goberno de Comercio e Industria. Tras o cese de Xesús Pampín en agosto de 2010, Tobío Boquete asumiría as súas delegacións de Servizos Sociais e Terceira Idade.

*  

Conta atrás para o 'outlet' na Alameda

Preto dunha vintena de comercios ordenses participarán esta fin de semana na 2ª Feira de Saldos



Está organizada polo Concello e a Asociación de Comerciantes de Ordes

O Concello e a Asociación de Comerciantes de Ordes teñen todo preparado para celebrar durante esta fin de semana a segunda edición da Feira de Saldos do municipio. Unha nova edición desta feira que contará coa participación de preto dunha vintena de establecementos comerciais da vila que traerán ata a carpa que estará instalada na Alameda de Ordes os seus mellores productos a baixo prezo.

Como na edición pasada, nesta ocasión estarán representados na feira diferentes sectores como o calzado, o textil, a moda tanto para nenos como para maiores, a artesanía, os xoguetes e demais que farán da Alameda ordense un gran centro comercial durante as xornadas do sábado e o domingo, no que a calidade dos productos a baixo prezo será a protagonista.

O recinto estará aberto tanto o sábado día 11 como o domingo 12 dende as 11 da mañá ata as 22 horas initerrumpidamente.

A frase de Xosé Manuel Tobío, concelleiro de Mercados de Ordes"Esperamos contar co mesmo éxito da edición do ano pasado, para o que animo tanto a veciños como a visitantes a que acudan a Ordes esta fin de semana para coñecer a calidade do noso comercio

*

Unha nova axuda aos discapacitados para desenvolverse por eles mesmos


Máis dunha decena de persoas están xa inscritas nun novo curso de habilidades sociais dirixido a persoas con discapacidade que organiza o Concello

Silvia Marín: "Con esta iniciativa se pretende facilitar a integración das persoas con discapacidade na sociedade"

O Concello xa ten listo un novo curso de habilidades sociais para persoas con discapacidade a partir do próximo día 1 de outubro ata o 31 de marzo de 2011. Nesta ocasión trátase dun programa dirixido a persoas cunha discapacidade legal, recoñecida pola Xunta de Galicia nun grao non inferior a un 33%, que se celebrará todos os días laborables da semana, durante catro horas diarias en horario de mañá. De igual xeito que sucedera o ano pasado, o curso é totalmente gratuíto.

O prazo de inscrición continúa aberto
Ata o de agora xa hai máis dunha decena de persoas inscritas, pero o periodo de inscrición continúa aberto. Todos aqueles que estean interesados en participar deberán formalizar a súa inscrición asinando unha solicitude e aportando unha fotocopia do DNI do interesado e/ou do seu representante, e unha fotocopia da calificación legal da discapacidade, na Oficina Integral da Discapacidade do Concello de Ordes, onde tamén se pode recibir máis información acerca desta actividade.

Nas clases desenvólvense diferentes tipos de obradoiros entre os que figuran clases de autonomía e desenvolvemento persoal, clases de cociña, obradoiros de psicomotricidade e relaxación, ou clases de alfabetización e cultura xeral, que axudan aos alumnos no seu desenvolvemento persoal.

A frase de Silvia Marín, concelleira de Discapacidade de Ordes
"Con esta iniciativa o Concello de Ordes pretende facilitar a integración dos participantes na sociedade, á vez de servir como respiro para as familias destas persoas que sofren algún tipo de discapacidade"

Foto: Momento do primeiro Curso de Habilidades Sociais para Persoas con Discapacidade do Concello de Ordes (arquivo).

*

miércoles, 8 de septiembre de 2010

¿Sabías que...el padre Sarmiento conoció Ordes?

Buscás, Santa María de Órdenes, Poulo, Cabeza de Lobo y Montouto son algunos lugares que visitó en su viaje a Galicia en el verano de 1745

Uno de los grandes eruditos y defensores de la cultura y la lengua gallega, el Padre Sarmiento tuvo la suerte de conocer nuestra vila de Ordes en el verano de 1745. Así lo recoge en su libro de cabecera, Viaje a Galicia:

"El día 6 de agosto de 1745", escribe el Padre Sarmiento, "salí de Santiago para el Ferrol. De Santiago a puente, río y lugar de Gionlla lengua. Agualada. Ponte Sigueiro, de Santiago dos leguas; río Tambre. Santiña, feligresía de Santa María de Cixebre. Legua.


"Caga boi na fonte feligresía de Santa María de Órdenes. Ponte Pereira, Poulo, cuatro leguas de Santiago. Mediodía. Ponte das Táboas. Buscás. Cabeza de Lobo, una legua horrorosa desde Poulo. Aquí dejé a la izquierda el camino real de La Coruña, al principio de la Cuesta de Rabo de Egoa, y tomé a la derecha el camino de Betanzos y de Zarandones.


"De Cabeza de Lobo a San Lorenzo y Hospital de Gruma. A San Bartolomé das Trabesas, dos leguas de Poulo. A la derecha quedó Montouto y Figueroa. A Zarandones tres leguas de Poulo y poco antes, a la izquierda, quedó Peito Bordel".

¿Quién fue el Padre Sarmiento?
Pedro José García Balboa nació presumiblemente en Villafranca del Bierzo en 1695 y murió en Madrid en 1772. Fue un escrito y erudito religioso de la orden de los Benedictinos. Pasó su infancia en Pontevedra, pero pronto se trasladaría a Madrid con sus padres. Con 30 años regresaría a Galicia y es cuando empezaría a mostrar una gran curiosidad por nuestra cultura y sobre todo por nuestra lengua. En 1745 publicaría su obra Viaje a Galicia. A día de hoy se le considera un gran precursor que contribuyó decisivamente a la investigación y recuperación de la cultura gallega. Se le dedicó el Día das Letras Galegas en el año 2002.

*

martes, 7 de septiembre de 2010

A Escola Municipal de Música dará comenzo a un novo curso académico en outubro

Todos aqueles que estean interesados en inscribirse poderán facelo do 13 ao 24 de setembro


A Escola Municipal de Música de Ordes dará comenzo a un novo curso académico o próximo día 4 de outubro. Como en anos anteriores, dende a escola continuaranse impartindo coñecementos de solfeo e clases de diferentes instrumentos como guitarra, trompeta, clarinete, saxofón, oboe, frauta, batería- percusión, trombón, tuba e bombardino.


Para todos aqueles que estean interesados en participar, a partir dos sete anos de idade, o prazo de inscrición estará aberto do 13 ao 24 de setembro no Departamento de Educación, Mocidade e Discapacidade do Concello de Ordes en horario de 9 a 14 horas, lugar onde tamén se poderá solicitar información ou realizar calquera consulta.
As prazas ofertadas por cada instrumento serán limitadas, polo que o criterio a seguir será por rigorosa orde de inscrición, podendo matricularse cada participante nun só instrumento.

lunes, 6 de septiembre de 2010

O pleno desestima as reclamacións do PP aos Orzamentos 2010 con tan só tres votos en contra

Manuel Regos: "Todas e cada unha das facturas do Concello de Ordes serán pagadas"

O pleno do Concello de Ordes, reunido esta mañá en sesión extraordinaria, aprobou de maneira definitiva os orzamentos municipais de 2010, tras aprobarse a desestimación da reclamación administrativa presentada polo PP a dito orzamento.

Precisamente dita reclamación, tal e como explicaron o secretario e o interventor do Concello, non podía ser admitida por un defecto de forma na súa presentación. Segundo información facilitada polo Concello, ambos técnicos explicaron que, segundo os fundamentos xurídicos, a reclamación non podía ser admitida xa que foi presentada en nome do grupo municipal do PP, que como tal, non estaría lexitimado para facer dita reclamación, tendo en conta que na aprobación provisional dos orzamentos os membros de dito grupo non votaron o mesmo, ao haber unha abstención dun dos populares e o resto de votos en contra.


Regos: "Esta reclamación do PP implica un maior retraso no pagamentos das facturas"
Aínda así, o pleno debatiu algún dos puntos incluidos na reclamación dos populares, uns puntos que o alcalde Manuel Regos, asegurou están “fóra de tono”. O primeiro edil explicou que é curioso que en dita reclamación se faga referencia a que hai retrasos nos pagos das facturas, cando precisamente, a presentación desta reclamación por parte dos populares, ten como consecuencia un maior retraso na aprobación dos orzamentos e polo tanto en ditos pagos, “todas as facturas do Concello serán pagadas e por culpa desta reclamación pagaranse con máis retraso”.

En canto aos apartados de ingresos e gastos no orzamento, insistiu o alcalde en que un presuposto é precisamente o que se presupón podendo haber variacións, e quixo poñer como exemplo un importante investimento da Xunta para obras de saneamento e abastecemento que se presupoñía no anterior orzamento, que fora acordado co goberno autonómico do bipartito, e que o actual goberno galego todavía non fixo chegar.

No relativo a outra das alegacións dos populares ao orzamento, na que acusaban ao grupo de goberno de utilizar a aprobación dunha nova Relación de Postos de Traballo (RPT) como mecanismo para vulnerar os límites de incrementos retributivos do persoal público, o propio secretario do Concello quixo aclarar que na RPT aprobada o persoal de plantilla segue a cobrar o mesmo que no momento actual, habendo variacións só nas prazas de nova creación.

En contra, só tres votos populares
Finalmente e despois do debate, o pleno pechouse aprobando, cos votos a favor do grupo de goberno, a abstención do BNG e un edil do PP, e os votos en contra dos outros tres edís populares, desestimando a reclamación presentada por Teodosio Martino como voceiro do grupo político do Partido Popular contra o acordo de aprobación inicial do orzamento municipal de 2010, por falta de lexitimación activa do grupo político para a súa presentación, toda vez que non todos os membros do citado grupo político votaron en contra do acordo adoptado.

Previsións de ingresos "demasiado optimistas", segundo o PP
Sen embargo, dende o Partido Popular insistiron durante o debate nos argumentos que lavaron ao seu grupo a formular un total de catro reclamacións contra a "aprobación irregular dos orzamentos". Segundo as informacións divulgadas polo PP, as reclamaciós formuladas e asinadas polos concelleiros Teodosio Martino, Estrella Vázquez e Susana Mosquera, "están baseadas nun informe elaborado polo interventor municipal no que advertía de diferentes deficiencias e ilegalidades".

A intervención municipal, sempre segundo o grupo municipal popular, cualificaba como “demasiado optimistas” as previsións de ingresos contempladas para licenzas de obra, primeira ocupación ou cemiterio, entre outras, o que supón "unha irresponsabilidade política e unha infracción legal por inflar os ingresos artificialmente co obxectivo de poder gastar por riba do autorizado".

Segundo denunciaron os populares ao remato do pleno, "o Orzamento do Concello de Ordes para o ano 2010 tampouco permitirá facer fronte a todas as facturas impagadas acumuladas no que vai de lexislatura polo Goberno local e que, no seu conxunto, poden roldar xa os dous millóns de euros". Deste xeito, continúan, "só no mellor dos casos, o Concello non pagará as facturas deste ano, co que seguirá acumulando débedas para o exercicio de 2011 e posteriores, xerando novos desequilibrios presupostarios nun momento de forte contención dos ingresos e, polo tanto, con escasa ou nulas posibilidades de facer fronte a novo gasto corrente".
 
"Os traballadores non deben pagar", aseguran dende o BNG 
Por outra banda, o grupo municipal do BNG optou pola abstención porque, segundo o seu portavoz Gonzalo Castro, “os traballadores non deben pagar, coa reducción dos seus salarios, as consecuencias da irresponsábel xestión do alcalde, tal e como propón o PP”. Así mesmo, Castro tamén xustificou a abstención do BNG porque “nas alegacións non se propoñen medidas para mellorar os servizos sociais nen para realizar investimentos destinados a creación de emprego”.
 
Con respecto ás alegacións do PP, Castro salientou que “por desgraza, a difícil situación económica que está a sufrir o concello non se pode resolver coa mera maquillaxe dunhas alegacións aos Orzamentos, o que precisan os veciños é cambio de rumbo profundo na xestión municipal, que conteña medidas para paliar a situación económica do concello, como a redución do gasto e a priorización do mesmo para dotar de recursos aos servizos públicos básicos, e facer fronte ao pago das débedas cos proveedores do Concello, así como a orientación dos investimentos á creación de emprego, con actuacións como a creación dun viveiro de empresas ou a modernización e promoción da praza de abastos”.
 
*

O Centro de Información á Muller pasa a mans da Mancomunidade

A entidade supramunicipal solicitará unha subvención á Xunta para a súa creación, e agarda instaurar o novo servizo a partir de xaneiro de 2011

O pleno da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes acordou hoxe solicitarlle unha subvención á consellería de Traballo e Benestar para instaurar a partir do vindeiro mes de xaneiro de 2011 un Centro de Información á Muller (CIM) con cobertura oficial para os sete municipios da comarca ordense: Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo.
Deste xeito, o actual CIM, dependente do Concello de Ordes, pasaría a ter unha xestión mancomunada. No caso de obter a subvención autonómica solicitada hoxe, a entidade supramunicipal habilitará nos seus orzamentos do vindeiro ano os recursos necesarios para a posta en marcha do seu CIM.

Os traballadores pasan á Mancomunidade
Na sesión plenaria de hoxe tamén se acordou que en futuras reunións valorarase cal é o sistema axeitado para transferir á mancomunidade o persoal do actual CIM. Polo de agora este é un aspecto sen dirimir, xa que a previsión é abordalo unha vez estea confirmada a subvención solicitada á consellería.

No pleno desta mañá participaron os alcaldes de Frades, Miguel Prado Patiño (tamén presidente da mancomunidade); de Mesía, Mariano Iglesias Castro; de Oroso, Manuel Mirás Franqueira; e de Trazo, José Dafonte Varela. En representación de Cerceda acudiu a concelleira María Isabel Castro Fraga; e polo concello de Ordes participou o concelleiro Nel Astray Mariño, á vez vicepresidente da mancomunidade.

Prestacións actuais do CIM
Baixo a titularidade da mancomunidade, o Centro de Información á Muller manterá como mínimo a gama de servizos e os programas actuais, desde as súas áreas de información xurídica, de atención psicolóxica, de formación e recursos, de programación de actividades, e de atención específica.
Na área de información xurídica ofrécese asesoría en temas como separacións, divorcios, herdanzas, impago de pensións de alimentos, vivenda, custodia, malos tratos e prestacións sociais. A área psicolóxica aborda casos de depresión, ansiedade, maltrato e problemas de autoestima, intervén en situacións nas que se precise mediación familiar, de dificultades na parella, adicións, e ofrece apoio grupal a persoas afectadas por enfermedades crónicas.

Desde a área de formación e recursos, o CIM programa cursos para persoas desempregadas e ocupadas, ofrece información sobre axudas ao aluguer de vivenda, axudas a familias numerosas, axudas económicas a vítimas de violencia de xénero, e sobre recursos para a conciliación da vida laboral e familiar. De xeito parello, a área de actividades programa charlas, obradoiros, as actividades da escola de nais e pais, excursións, video-forums e diversas campañas de sensibilización.

Por último, o CIM dispón dunha área na que se ofrece atención específica para emigrantes e inmigrantes retornados, para persoas con discapacidade, para vítimas de violencia de xénero, para situacións de prostitución, e para familias monoparentais, entre outros.

Foto: Momento da intervención do vicepresidente da Mancomunidade e concelleiro de Ordes, Nel Astray, durante o pleno desta tarde.
 
*

domingo, 5 de septiembre de 2010

O Concello promove charlas informativas sobre a prevención contra incendios

Terán lugar os días 13 e 14 de setembro en diferentes localizacións do municipio

O Concello de Ordes promove unha serie de charlas informativas sobre a Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais dentro do bloque de vixiancia e prevención de lumes do programa de Voluntariado Verde.


Os encargados de impartir estas charlas serán enxeñeiros técnicos forestais con coñecementos de prevención e defensa contra incendios forestais de Galicia dentro dunha actuación froito do convenio entre a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, dependente da Consellería de Traballo e Benestar e pola Dirección Xeral de Montes, dependente da Consellería de Medio Rural.

Os lugares e datas das charlas informativas serán os seguintes:
Luns 13 de setembro ás 20.00 h na Casa da Cultura de Ordes.
Luns 13 de setembro ás 20.00 h no Recinto Feiral do Mesón do Vento, 2º andar.
Martes 14 setembro ás 20.00 h na Casa Rectoral de Beán.
Martes 14 setembro ás 20.00 h na Escola Pública de Santa Cruz de Montaos

A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente, Medio Rural e Sanidade de Ordes
“Temos un desafío moi importante na conservación do patrimonio natural en Galicia posto que, só dende o 4 de agosto deste ano os incendios levan queimadas na nosa comunidade unhas 77.000 hectáreas. Preocuparse polo ambiente é preocuparse polo futuro e a calidade de vida de cada un. Con estas charlas os nosos veciños poderán comprobar de primeira man cal é a situación actual en materia de prevención de incendios e así recibir toda a información necesaria para previr lumes"

*

sábado, 4 de septiembre de 2010

Se habla de José Luis Martínez Sanjurjo como candidato del PP a la alcaldía de Ordes


Según fuentes, Teodosio Martino podría concurrir de nuevo en unas listas independientes

Un diario gallego publica hoy su apuesta para liderar las listas del Partido Popular a la alcaldía de Ordes: el ingeniero forestal José Luis Martínez Sanjurjo, natural de Ordes y de 33 años de edad. En las pasadas elecciones de 2007 su nombre acompañaba al de Roberto González en las listas de Terra Galega. A preguntas de Ordessiete a la gestora del PP de Ordes, ni confirman ni desmienten esta información y aplazan el resultado definitivo de su decisión hasta mediados del mes de septiembre cuando se produzca la presentación oficial del candidato o candidata.

Por otra parte, el mismo diario alerta de que el actual portavoz del PP de Ordes, Teodosio Martino, baraja la posibilidad de concurrir a las elecciones municipales nuevamente en una formación independiente.

Foto: José Luis Martínez Sanjurjo (a la derecha), posa a las puertas del Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia con Alberto Núñez Feijóo y algunos destacados militantes populares ordenses como la concelleira Estrella Vázquez, Susana García y Loly Caamaño.

*