lunes, 29 de noviembre de 2010

Os socialistas ordenses felicitan á Deputación pola súa aposta nas inversións directas aos concellos e os investimentos en creación de emprego en 2011

Fernández Moreda nun encontro socialista en Ordes.
A institución presidida polo socialista Salvador Fernández Moreda aproba os seus orzamentos para ano que ven por valor de 175 millóns de euros

Xesús Pedreira: "2011 será o ano no que a Deputación da Coruña máis apoie ao progreso económico e á creación de emprego nos concellos da nosa provincia”

A Agrupación Socialista de Ordes valorou moi positivamente a boa saúde económica da Deputación da Coruña logo de que o pasado venres, cos votos a favor de PSdG-PSOE e BNG e a abstención do PPdG, o Pleno da institución supra municipal aprobase uns orzamentos para o exercicio do ano 2011 por valor de 175.045.000 euros, un 1,94% menos que no presente exercicio.

Uns orzamentos que, segundo a Agrupación Socialista de Ordes, permitirán á institución presidida polo socialista Salvador Fernández Moreda liderar a senda da recuperación económica dos concellos provinciais ao destinar 67 de cada 100 euros en inversión directa nos municipios, ademais de na mellora dos servizos e na creación de programas de promoción do emprego. Tamén os socialistas ordenses se felicitaron do gran acerto do Pleno da Deputación en permitir que os concellos poidan destinar o 50 por cento dos 24,2 millóns de euros do Plan de Obras e Servizos (POS) a sufragar gasto corrente, medidas de aforro enerxético e modernización da administración local.

Aínda así, a Agrupación Socialista de Ordes lamentou como durante o ano 2010 a Deputación recolleu un notable aumento de demanda de apoio aos concellos sen que foran previamente atendidos pola administración competente que é a Xunta de Galicia.

Investimentos en Ordes
Por último, a Agrupación Socialista tamén considerou moi satisfactorio o investimento de 21.037 euros na reparación, pavimentación e mellora de drenaxe na rúa Rosalía Castro de Ordes, e dos 116.663 euros que serán investidos na mellora da capa de rodadura na estrada de Ordes a Portomouro, medidas que tamén foron aprobadas durante a sesión plenaria do venres.

Xesús Pedreira (der.) con Pachi Vázquez en Ordes.
As frases de Xesús Pedreira, secretario xeral da Agrupación Socialista de Ordes
“A Deputación da Coruña presidida polo socialista Salvador Fernández Moreda é un claro exemplo de xestión pública de éxito, cun nivel de endebedamento baixo situado no 45,68%, coa débeda viva máis baixa dende 1998 e unha política de distribución dos fondos equitativa, sen ningún tipo de discriminación por criterios políticos entre os concellos”

"2011 será o ano no que a Deputación da Coruña máis apoie ao progreso económico e á creación de emprego nos concellos da nosa provincia”

*

Orde do día do pleno municipal de mañá martes 30 de novembro de 2010

ORDE DO DÍA PLENO NOVEMBRO 2010

PUNTO PRIMEIRO: APROBACIÓN, SE PROCEDE, ACTA DA SESIÓN ANTERIOR, DE DATA 26/10/2010
PUNTO SEGUNDO: INFORMES DA ALCALDÍA
PUNTO TERCEIRO: APROBACIÓN INICIAL, SE PROCEDE, ORZAMENTO MUNICIPAL EXERCIZO 2011
PUNTO CUARTO: ALEGACIÓNS PRESENTADAS POLO REPRESENTANTES DO SINDICATO COMARCAL DA FSC DE CC.OO.
PUNTO QUINTO: DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS E DECRETOS DA ALCALDÍA
PUNTO SEXTO: MOCIÓNS
PUNTO SÉPTIMO: ROGOS E PREGUNTAS
 
A reunión plenaria terá lugar no salón de plenos da Casa do Concello a partires das 09:00 h. A entrada é completamente libre.
 
*

Abertas as portas da Biblioteca Municipal nos baixos da Alameda


O seu horario será é de luns a venres de 08:30 a 14:30 h. e de 15:30 h. a 20:00 h., e sábados de 10:00 h. a 14:00 h.

Proximanente os baixos da Alameda tamén albergarán o museo Xosé Xoxardo, unha sala de conferencias e un local de ensaio

Hoxe luns se abriron ao público as novas instalacións da Biblioteca Municipal que están ubicadas nos baixos da Alameda. Unhas instalacións que duplican a capacidade das anteriores e que contan con mobiliario novo e aspecto renovado.

A Biblioteca Municipal do Concello de Ordes conta agora cunhas instalacións pensadas para todos os públicos, diferenciando os espazos para os adultos e para os máis pequenos. Así, conta cunha zona de xogos e audiovisuais para os máis pequenos da casa, outra zona de lectura tamén para os nenos e nenas ordenses, e por último a zona de biblioteca propiamente dita para adultos, que conta ademais con diferentes postos de ordenador para os usuarios.


Dende hoxe mesmo todos os socios e veciños e veciñas do municipio poden utilizar estas novas instalacións. O horario de apertura da Biblioteca Municipal de Ordes é de luns a venres de 08:30 a 14:30 horas e de 15:30 a 20:00 horas; e os sábados de 10:00 a 14:00 horas.


A frase de Manuel Regos, alcalde de Ordes
“Os ordenses poden disfrutar xa dunha biblioteca renovada, pensada para todas as idades e que está ubicada nos baixos da Alameda. Uns baixos que, próximamente, albergarán o Museo Xosé Xoxardo, unha sala de conferencias, locais de ensaio para os grupos do municipio e demais oficinas, converténdose así nun referente en canto a instalacións culturais en pleno centro do municipio”.

*

Eco-encontro entre o Concello e os alumnos do Programa Comenius


Un grupo de alumnos do IES Maruxa Mallo amosaron o seu interese polas políticas medioambientais de Ordes

O concelleiro de Medio Ambiente de Ordes, Xesús Pedreira, recibiu a pasada semana ós alumnos e profesores do IES Maruxa Mallo que participan no Programa Comenius, instituto que participa con centros de Polonia e Lituania nesta experiencia educativa.

O alumnado implicado dos tres países desenvolverán múltiples destrezas dentro deste programa, nesta ocasión o módulo de investigación no que están a traballar é o de calidade de vida e medio ambiente. A finalidade da visita foi a de coñecer de primeira man o traballo que se leva a cabo en materia de medio ambiente dende a Concellería de Medio Ambiente deste concello e así recabar toda a información necesaria para levar a cabo o intercambio de experiencias cos outros países participantes.

*

sábado, 27 de noviembre de 2010

A charla sobre fibromialxia interesou moitísimo aos ordenses


Enmarcada dentro do programa 'Venres Saudables' que leva a cabo o Concello

Onte tivo lugar unha nova charla de saúde dentro do seu programa Venres Saudables, que nesta ocasión abordou o trastorno da fibromialxia.

A Asociación Galega de Fibromialxia colaborou co Concello de Ordes nesta iniciativa e foi a súa presidenta, María Dolores Bermúdez Vázquez, a encargada de impartir a charla. No coloquio tamén participou o Coordinador do Centro de Saúde de Ordes, Jacobo Laya García aportando os seus coñecementos médicos sobre o tema.

A charla contou cun gran éxito de participación ao ser preto de medio cento de persoas as que participaron na iniciativa.

*

Medio cento de persoas participaron no curso sobre sanidade forestal


Foi organizado pola Asociación Forestal de Galicia en colaboración co Concello de Ordes

Medio cento de persoas participaron onte e hoxe nun curso sobre sanidade forestal organizado póla Asociación Forestal de Galicia.

O curso tivo como obxectivo conseguir que os propietarios forestais poidan identificar as pragas e poñer en marcha mecanismos de loita e/ou prevención a tempo, cuestión fundamental se se queren evitar danos cuantiosos nas plantacións.

O encargado de impartir o curso foi Francisco Fernández de Ana- Magán, presidente da AFG e investigador de recoñecido prestixio no ámbito das enfermidades e pragas forestais, que desenvolveu a súa traxectoria profesional na sección de Fitopatoloxía do Centro de Investigacións Forestais de Lourizán.

O curso estivo patrocinado pola Consellería do Medio Rural e os fondos FEADER da Unión Europea e contou coa colaboración do Concello de Ordes.

*

O BNG non está satisfeito co novo sistema de identificación de gando bovino ideado pola Xunta

Presentarán unha moción para que o Concello de Ordes demande ao goberno autonómico o mantemento do actual servizo con presenza de persoal veterinario
O portavoz municipal do BNG de Ordes, Gonzalo Castro anunciou hoxe a presentación dunha moción, que será debatida no próximo pleno da corporación municipal, na que se propón demandar da Xunta de Galicia o mantemento do sistema de identificación, rexistro e control das explotacións gandeiras coas garantías e nas condicións nas que se ven desenvolvendo este servizo público.

Castro informou na presentación desta iniciativa de que “a Consellaría do Medio Rural anunciou unha serie de cambios no que respecta ao sistema de identificación e rexistro do gando bovino, que nestes momentos estábase facendo a través de persoal veterinario identificador ”.

Imprescindible a presenza de persoal veterinario
Para o portavoz municipal do BNG “a presenza de persoal veterinario nas explotacións facilítalles moito o labor aos gandeiros e ás gandeiras, pois colaboran para anotar correctamente no libro de explotacións e favorecen un control e seguimento moito máis rigoroso e axeitado. Estas cuestións son de suma importancia, dado que moitas das axudas europeas están directamente vinculadas á correcta identificación dos produtos”.

Castro salientou que, “segundo os anuncios de responsábeis da Xunta de Galiza, os cambios implicarían o despedimento do persoal veterinario encargado deste labor e suporían a supresión da visita do mesmo ás explotacións quedando a identificación, rexistro e anotacións dos animais no libro de explotación”.

O portavoz nacionalista manifestou que “con este método a identificación do gando quedaría únicamente a cargo dos gandeiros e das gandeiras, que deberían pasar a recoller as chapas na Oficina Agraria Comarcal e, por tanto, limitando o asesoramento e o seguimento directo por parte da administración en todo este proceso”.

Sen acceso a internet no rural
Para Gonzalo Castro “con estes cambios, a maioría das xestións administrativas terían que facelas os gandeiros e as gandeiras a través dunha Oficina Agraria Virtual da Xunta, vía internet ou no seu caso telefonicamente. Esta medida pode supor problemas para moitos gandeiros e gandeiras, pois a maioría das explotacións non poden dispoñer de acceso a internet, situación que lles obrigaría a trasladarse á Oficina Comarcal para uns trámites ou chamar a un teléfono da Xunta para outros, aumentando deste xeito, o custe e o tempo de atención á explotación, e en boa medida, os propios custos da tramitación”.

O portavoz do BNG fixo fincapé en que “o sistema actual está recoñecido por todos os axentes do sector como unha das mellores garantías da sanidade animal e en consecuencia de seguridade da cadea alimentaria humana, e a súa supresión pola Xunta vai no camiño de debilitar o sistema de seguimento e control público da sanidade animal”.

A frase de Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes 
“Tendo en conta a importancia do sector gandeiro na comarca de Ordes, desde o BNG agardamos que todos os grupos políticos de Ordes apoien esta iniciativa para esixir ao Goberno da Xunta o mantemento do actual sistema de identificación, rexistro e control do gando

*

La Deputación apuesta con 67 de cada 100 euros por la inversión, servicios y promoción del empleo en los concellos de la provincia durante 2011


El ente provincial aprobó ayer un presupuesto total de 175 millones de euros para el ejercicio del año que viene

El pleno de la Diputación de A Coruña ha aprobado ayer, con los votos a favor del PSdeG-PSOE y BNG y la abstención del PP, los presupuestos de la institución provincial para el ejercicio de 2011, que ascenderán a 175.045.000 euros, un 1,94% menos que el presente ejercicio, de los que un 66,85% (117.013.618 €) se destinarán a inversiones directas en los 94 ayuntamientos de la provincia, según ha detallado el portavoz del grupo socialista y responsable del área económica de la institución provincial, Antonio Lagares, que calificó las cuentas de “austeras, realistas e solidarias”, pero también "más solidarias" al mantener la cuantía reservada al área de servicios sociales y distribuir equitativamente los fondos provinciales entre todos los ayuntamientos de la provincia, “sen criterios de cor política”.

“Queremos ser ainda máis concello de concellos”, afirmó Lagares, subrayando que de cada 100 euros del presupuesto, casi 67 se destinarán a “investimentos, mellora dos servizos e promoción do emprego nos concellos”.

Inversiones en carreteras
El pleno de la Diputación ha aprobado también el proyecto de reparación, pavimentación y mejora de drenaje en la carretera 3802 calle Rosalía de Castro de Ordes (21.037,41 euros) y mejora de la capa de rodadura en la DP 5903 Ordes a Portomouro por Pontechonia (116.663,02 euros)

Presupuestos 2011 Deputación da Coruña
INVESTIMENTOS E PROGRAMAS CANTIDADE PORCENTAXES
XESTIÓNS DE PLANS: 32.210.000,00 € 18,40%
EDUCACIÓN CULTURA E DEPORTES: 19.615.036,00 € 11,21%
INFRAESTRUTURAS E CONSERVACIÓN: 20.891.000,00 € 11,93%
PROMOCIÓN E INCENTIVOS ECONÓMICOS: 15.051.546,00 € 8,60%
ARQUITECTURA E ENXEÑERÍA: 4.495.303,00 € 2,57%

PATRIMONIO E CONTRATACIÓN: 6.235.243,00 € 3,56%
SERVIZOS SOCIAIS: 9.604.050,00 € 5,49%
UNIÓN EUROPEA: 1.820.933,00 € 1,04%
ASISTENCIA A CONCELLOS, RECADACIÓN, XESTIÓN E INSPECCION TRIBUTARIA E INFORMÁTICA: 7.090.507,00 € 4,05%

TOTAL INVESTIMENTOS: 117.013.618,00 € 66,85%

PERSOAL: 40.621.562,00 € 23,21%
TESOURERÍA: 15.053.521,00 € 8,60%
OUTROS: 2.356.299,00 € 1,35%

TOTAL: 175.045.000,00 € 100,00%

Partidas más destacadas
1. Xestión de Plans : Total de 32.210.000,00 € e que representan o 18,40 % do presuposto.
1.1. Plan Estratéxico Provincial (PCC)..................................................... 5.000.000,00 €
1.2. Plan de Obras e Servizos (POS)..................................................... 24.200.000,00 €
1.3. Programa FEDER-MANDEO............................................................. 3.000.000,00 €

2. Educación, Cultura e Deportes: Cun total de 19.615.036,00 € e que representan o 11,21 % do presuposto.
2.1. Becas.................................................................................................... 306.350,00 €
2.2. Museos.................................................................................................. 195.000,00 €
2.3. Subvencións correntes a concellos para música, teatro e cine........... 445.000,00 €
2.4. Subvencións a consorcios para música, teatro e cine...................... 1.690.000,00 €
2.5. Subvencións a institucións para música, teatro e cine........................ 430.600,00 €
2.6. Congresos, feiras e exposicións........................................................... 280.000,00 €
2.7. Convenios con institucións públicas..................................................... 200.000,00 €
2.8. Actividades culturais da institución.................................................... 1.550.700,00 €
2.9. Subvencións correntes a concellos destinadas á cultura................. 1.930.000,00 €
2.10. Subvencións correntes a institucións destinadas á cultura............. 2.095.410,00 €
2.11. Subvencións de capital a concellos destinadas á cultura............... 1.000.000,00 €
2.12. Subvencións a fundacións.................................................................. 800.000,00 €
2.13. Convenios para actividades culturais.................................................. 699.500,00 €
2.14. Actividades deportivas da institución................................................... 500.000,00 €
2.15. Subvencións correntes a concellos destinadas ao deporte............ 1.300.000,00 €
2.16. Subvencións correntes a institucións destinadas ao deporte......... 1.465.000,00 €
2.17. Subvencións de capital a concellos destinadas ao deporte............... 700.000,00 €
2.18. Subvencións de capital a institucións destinadas ao deporte............ 500.000,00 €

3. Infraestruturas e Conservación: Total de 20.891.000,00 € e que representan o 11,93 % do presuposto.
3.1. Conservación de estradas provinciais............................................... 6.500.000,00 €
3.2. Estudos e traballos técnicos................................................................. 150.000,00 €
3.3. Inversión en vías provinciais (Plan VIP)............................................. 6.500.000,00 €
3.4. Plan de travesías................................................................................ 2.000.000,00 €
3.5. Expropiacións en vías provinciais...................................................... 2.400.000,00 €
3.6. Estacións depuradoras......................................................................... 310.000,00 €
3.7. Sendas Peonís................................................................................... 2.000.000,00 €
3.8. Mantemento de vías provinciais............................................................ 800.000,00 €

4. Promoción e Incentivos Económicos: Cun total de 15.051.546,00 € e que representan o 8,60 % do presuposto.
4.1. Subvencións correntes a concellos para protección civil..................... 720.000,00 €
4.2. Consorcio provincial de parques de bombeiros................................ 3.846.953,00 €
4.3. Subvencións a concellos para parques de bombeiros......................... 250.000,00 €
4.4. Limpeza de praias.............................................................................. 1.000.000,00 €
4.5. Acción comunitaria. Subvencións correntes a concellos..................... 600.000,00 €
4.6. Acción comunitaria. Subvencións correntes a entidades..................... 620.000,00 €
4.7. Acción comunitaria. Subvencións de capital aos concellos.............. 1.400.000,00 €
4.8. Acción comunitaria. Subvencións de capital as entidades................... 950.000,00 €
4.9. Subvencións correntes para o fomento pesqueiro............................... 300.000,00 €
4.10. Subvencións de capital para o fomento pesqueiro............................. 475.000,00 €
4.11. Subvencións correntes a entidades para o sector primario............... 670.000,00 €
4.12. Subvencións de capital a entidades para o sector primario............... 150.000,00 €
4.13. Subvencións correntes a consorcios para o fomento industrial......... 120.000,00 €
4.14. Inversións para a mellora do comercio............................................... 949.000,00 €
4.15. Subvencións a concellos para a mellora do comercio....................... 435.000,00 €
4.16. Subvencións correntes a consorcios de turismo............................... 400.000,00 €
4.17. Promoción turística Eume-Ferrol-Ortegal........................................... 400.000,00 €
4.18. Subvencións de capital a concellos para turismo............................... 350.000,00 €
4.19. Subvencións a entidades para promoción educativa......................... 300.000,00 €

5. Servizos Sociais: Total de 9.604.050,00 € e que representan o 5,49 % do presuposto.
5.1. Subvencións de apoio e prestación de servizos sociais municipais 4.070.000,00 €
5.2. Subvencións a entidades para de persoas maiores e discapacitados 2.430.000,00 €
5.3. Outros traballos para persoas maiores e discapacitados.................... 702.000,00 €
5.4. Outras subvencións a entidades de iniciativa social............................ 305.000,00 €
5.5. Políticas de igualdade de xénero........................................................... 286.000,00 €
5.6. Subvencións a concellos para igualdade de xénero............................. 750.000,00 €
5.7. Subvencións a institucións para políticas de igualdade........................ 200.000,00 €
5.8. Normalización Lingüística..................................................................... 100.000,00 €
5.9. Subvencións correntes a concellos para normalización lingüística..... 500.000,00 €

6. Asistencia a Concellos, Recadación, Xestión Tributaria e Informática........... 7.090.507,00 €

7. Unión Europea......................................................................................... 1.820.933,00 €

8. Arquitectura................................................................................................ 413.155,00 €

9. Enxeñería e Mantemento....................................................................... 4.082.148,00 €

10. Persoal.................................................................................................... 40.621.562,00 €

11. Tesourería.............................................................................................. 15.053.521,00 €

Foto: O presidente da Deputación da Coruña, o socialista Salvador Fernández Moreda.

*

Os centros de ensino ordenses xa poden pedir os contedores de reciclaxe de móbiles


O Concello busca concienciar aos escolares sobre a importancia da recollida de residuos de telefonía, cedes e deuvedés

O Concello de Ordes informou esta semana aos diferentes centro do municipio da apertura do prazo de solicitude de contedores de recollida de resíduos de telefonía móbil, cedés e deuvedés.


Por medio deste programa Tragamobil, recolleranse aparatos de telefonía móbil tales como terminais, cargadores e baterías que serán enviados dende os puntos de recollida ás plantas de tratamento. Ali se separarán as partes contaminantes das reciclables, contribuíndo así a un aforro dos recursos naturais.

Como no resto das iniciativas dentro do programa da concellería de Medio Ambiente de Ordes, Ordes  Recicla, esta campaña é gratuíta para todos aqueles centros que desexen participar nela, ainda que será necesario contactar previamente co departamento de Medio Ambiente de Ordes no segundo andar da Casa do Concello.

A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente de Ordes
"A política ambiental levada a cabo por esta concellería dende o seu programa Ordes Recicla insiste unha vez máis na necesidade de concienciar aos máis xoves da importancia da reciclaxe destes residuos. A práctica de depositar os nosos resíduos nos contedores de reciclaxe aporta numerosos beneficios ambientais como é o aforro de recursos naturais"

*

viernes, 26 de noviembre de 2010

A Casa da Cultura acolle tres ponencias sobre a historia de Galicia

Organizadas pola Escola Popular Galega e a Associaçom Cultural Foucelhas

A Escola Popular Galega e a Associaçom Cultura Foucelhas de Ordes organizan o próximo 4 de decembro o II Curso de Historia, que terá lugar na Casa da Cultura. Nesta ocasión terán por título Três achegas à história da Galiza, que contará coas seguintes ponencias:

11:30 h. Da Gallaecia romana ao Reino Suevo, a cargo de Duarte Abade, especialista en Historia Medieval.

16:00 h. Marxismo e libertaçom nacional desde a década de 60, a cargo de Julio Teixeiro, membro do Grupo de Estudos Mádia Leva.

18:00 h. O fracasso dumha direita galeguista. O caso Franqueira a cargo de Tiago Peres, especialista en Historia Contemporánea.
 
*

23º Noite de Tasca

O 3 de decembro no local social de Carbrui, Mesía

Regos recibiu esta mañá no Concello a escolares do Campomaior

Coñeceron todos os departamentos da Casa Consistorial

O alcalde de Ordes, Manuel Regos Boquete, recibiu hoxe na Casa do Concello a un grupo de escolares do CEIP Campomaior. En total realizaron a súa visita ao Consistorio 32 nenos e nenas de 5 anos deste centro escolar ordense, acompañados polas súas profesoras. O obxectivo desta visita foi que os rapaces coñeceran de primeira man o funcionamento do Concello.



A concelleira de Educación, Mocidade e Discapacidade, Silvia Marín, foi a encargada de levar aos pequenos por cada un dos departamentos polos que está composto o Concello, explicándolles o traballo que se realiza en cada un deles e presentándolles a cada un dos concelleiros. Dende Cultura, a Educación, Servizos Sociais, Urbanismo, administración, tesourería, intervención e mesmo a Policía Local os pequenos interesáronse polo traballo de cada un dos departamentos.


Trala visita polas instalacións, o alcalde recibiunos no salón do plenos onde lles explicou as súas funcións como alcalde, así como atendeu ás preguntas dos rapaces.

Mañá venres outro grupo de escolares do mesmo centro volverán a visitar o Concello.

*

miércoles, 24 de noviembre de 2010

Ordes, contra a violencia de xénero


Se conmemora o Día contra a Violencia de Xénero baixo o lema “Detrás de cada vítima hai un maltratador, que non quede sen axuda, que non quede sen castigo”

O Concello de Ordes súmase un ano máis á conmemoración do Día contra a violencia de xénero mañá 25 de novembro. Nesta ocasión o lema escollido foi “Detrás de cada vítima hai un maltratador, que non quede sen axuda, que non quede sen castigo”.

O Consistorio ordense segue a traballar firmemente na loita contra este tipo de violencia e a última das súas iniciativas consistiu na elaboración dunha serie de dípticos, dirixidos especialmente a mulleres inmigrantes vítimas de violencia de xénero. Uns dípticos que se editaron en varios idiomas, castelán, inglés, francés e árabe, e nos que se recollen diferentes cuestións como o que é a violencia de xénero, tipos de maltrato, a onde se pode acudir no caso de ser unha vítima, dereitos e axudas das que se dispón como vítima e outras cuestións de especial interese para estas mulleres.

Protocolo para atención ás vítimas
Estes dípticos, tal e como informaron dende o Centro de Información á Muller do Concello de Ordes, repartiranse entre a poboación en xeral e tamén se distribuirán a través dos corpos e forzas de seguridade, xulgados, centro de saúde, servizos sociais, o CIM de Ordes e a Subdelegación do Goberno, institucións implicadas no “Protocolo de actuación para a atención integral a vítimas de violencia de xénero”, elaborado no ano 2008 en Ordes.

*

martes, 23 de noviembre de 2010

Os nosos nenos evitan a froita e pérdense polo chocolate e os snacks


A Mancomunidade está a organizar uns obradoiros sobre alimentación saúdable dirixidos aos escolares

As primeiras conclusións indican que os escolares non fan as cinco comidas precisas para unha dieta equilibrada

A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes vén de poñer en marcha unha nova edición da súa campaña preventiva sobre alimentación saudable, denominada Comendo ben. Uns obradoiros nos que participan escolares de 5º e 6º de Primaria dos sete municipios da comarca de Ordes (Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo) e que pretenden servir como unha ferramenta de prevención dende a escola fronte aos trastornos da conduta alimentaria.

En dúas sesións, de 50 minutos cada unha, as psicólogas do Servizo de Prevención de Drogodependencias e Apoio á Persoa da Mancomunidade de Ordes realizan unha aproximación á alimentación equilibrada e saudable, así como á importancia dunha correcta hixiene bucodental. Mónica González López, técnica de Prevención de Drogodependencias da Mancomunidade de Ordes, explica que, tras as primeiras sesións realizadas o pasado mes de abril, “conclúese que ningún rapaz fai as cinco comidas ao día necesarias para unha dieta equilibrada e, ademais, non lle dan importancia ao almorzo”.

Neste sentido, González López sinala que “os rapaces adoitan desayunar leite e cereais” pero alerta de que “non toman nada de froita e se trata de almorzos repetitivos, normalmente cola-cao con galletas, polo que sempre son os mesmos nutrintes e as mesmas vitaminas. Un exemplo é que o que toma froita é porque toma un zume de laranxa, pois tampouco toman outro tipo de zumes”. Ademais, destaca tamén “a preferencia dos rapaces pola bollería industrial, as galletas, os snacks salgados e, sobre todo, polo chocolate, que están moi presentes nos recreos”.

Que é a alimentación saudable?
Fronte a esta realidade, as técnicas da Mancomunidade de Municipios da Comarca de de Ordes están a facer fincapé no concepto de alimentación saudable. “A alimentación xoga un papel fundamental no benestar das persoas dende os primeiros anos da nosa vida”, explica González López, quen sinala que “entre os problemas de saúde da poboación actual, en particular dos adolescentes, atópanse os trastornos da conduta alimentaria”. Así, a obesidade é un dos problemas de saúde pública máis preocupantes nestes momentos debido ao seu crecemento. Unha realidade onde as maiores cifras detéctanse na prepubertade, concretamente no grupo de idades de 6 a 12 anos.

Por iso na primeira das sesións, como a levada a cabo esta mañá no CEIP de Sigüeiro, os rapaces traballaron sobre uns cuestionarios nos que se fixo fincapé na importancia de manter unha alimentación saudable, reducindo o consumo de refrescos, bollería e chucherías e fomentando o consumo de froita e verduras. Uns hábitos aos que hai que engadir recomendacións dunha vida sá e deportiva, fronte ao sedentarismo que fomentan factores como os videoxogos.

A segunda sesión fai fincapé na importancia de manter unha hixiene bucodental axeitada. “Moitos dos nenos non ven a necesidade de limparse os dentes despois de cada comida”, sinala Mónica González, “simplemente cepíllanse os dentes dúas ou, como moito, tres veces ao día e non son conscientes do importante que é limparse os dentes despois de tomar cousas con moito zucre”.

*

Raña pide ao Pleno instar á Xunta a dar cumprimento á lei contra a violencia de xénero

A concelleira do BNG, María Xosé Raña.
Solicitan, entre outras, á creación do Observatorio Galego da Violencia de Xénero e a o Centro de Recuperación Integral

María Xosé Raña: "O pleno apoiará de forma unánime esta moción"

A concelleira do BNG de Ordes, María Xosé Raña anunciou hoxe a presentación dunha moción, que se debatirá no pleno da corporación municipal de Ordes da vindeira semana, na que propoñen que o pleno inste ao Goberno da Xunta de Galicia a realizar unha planificación para a efectividade das previsións contidas na Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

Raña manifestou na presentación desta iniciativa que “a violencia de xénero constitúe unha vulneración dos dereitos fundamentais das mulleres. É a manifestación máis clara e brutal da desigualdade aínda existente entre mulleres e homes na nosa sociedade, un indicador de que queda moito traballo para erradicar a discriminación e subordinación das mulleres e acadar unha sociedade igualitaria”.

Unha lei específica contra a violencia de xénero
A concelleira nacionalista salientou que “na pasada lexislatura, en Galiza deuse un paso moi importante para superar esta inaceptábel situación, coa aprobación dunha lei específica para a prevención e tratamento integral da violencia de xénero. Unha lei que, por primeira vez, fai un tratamento da violencia de xénero desde unha perspectiva integral, recoñece dereitos para as mulleres que vivan unha situación de violencia no ámbito económico e social e articula toda unha serie de obrigas para as administracións públicas tanto no ámbito preventivo, como no formativo e na asistencia ás vítimas”.

Raña fixo fincapé en que “a Lei prevé a creación do Observatorio Galego da Violencia de Xénero, un órgano institucional da Xunta de Galiza que ten por obxecto encargarse do estudo, avaliación e seguimento das políticas de violencia de xénero, así como outras medidas que é necesario que se continúen impulsando, como son as relacionadas coa sensibilización social ou a formación de todas e todos os profesionais en ámbitos relacionados, directa ou indirectamente, contra a violencia de xénero”.

A concelleira nacionalista lembrou que “xa o 25 de novembro do ano pasado puñamos de manifesto estas cuestións noutra moción semellante, máis estes e outros aspectos do texto legal quedan aínda por desenvolver, no que constitue unha actividade do goberno galego que nos preocupa, pois a erradicación da violencia contra as mulleres debe ser unha prioridade de calquera goberno, que ten que materializarse na mobilización de recursos e no cumprimento das disposicións legais vixentes nesta materia”.

Sen Servizo Galego de Igualdade
María Xosé Raña afirmou que “máis alá da parálise destes puntos, estase a producir ademais un desmantelamento das poucas estruturas básicas coas que a administración galega contaba neste ámbito, acabamos así, de asistir ao desmantelamento do Servizo Galego de Igualdade e unha redución económica e de medidas en xeral para a prevención da violencia de xénero”.

Por todas estas razóns, a concelleira do BNG amosou o seu convencemento de que “o pleno da corporación municipal apoiará de forma unánime esta moción para instar ao Goberno da Xunta a que cumpra coas súas obrigas para desenvolver os instrumentos legais que permitan a erradicación da violencia de xénero da nosa sociedade”

*

En marcha un curso de atención psicosocial a enfermos crónicos


Trátase dunhas clases totalmente gratuítas e deo vinte horas de duración

O Concello de Ordes puxo onte en marcha un curso de atención psicosocial a enfermos crónicos, que se celebrará ata o próximo 29 de novembro no Centro Comarcal de Ordes de luns a venres de 16 a 19:30 horas.

Trátase dun curso totalmente gratuíto de 20 horas de duración que inclúe conceptos básicos sobre dependencia e coidados asociados ás necesidades especiais do colectivo de enfermos crónicos dependentes. Aínda que se tocará a parte física (alimentación, descanso,...) incídese máis nos aspectos psicosociais dos enfermos crónicos.

En total están a participar nesta iniciativa arredor dunha vintena de persoas. O curso está adaptado para a poboación xeral sen experiencia/coñecementos previos do tema, para coidadores informais que poidan aplicar os contidos no seu coidado diario e para persoas que desexen aplicar os contidos de xeito profesional (traballadores de centros de día, centros residenciais...)

*

domingo, 21 de noviembre de 2010

O ordense José Morlán Rodríguez, subcampión do II Trofeo Concello de Cangas de Orientación


Trátase dunha forma moi natural e estratéxica de disfrutar do medio natural

O ordense José Morlán Rodríguez resultou subcampión do II Trofeo Concello de Cangas de Orientación nunha proba organizada opla Vicerreitoría de Cultura da Universidade de Santiago de Compostela que desenvolveuse na praia de Nerga. O trofeo, valedeiro para o campionato galego de Orientación, consistía en chegar a unha meta coa axuda dun mapa e unha brúxula e tendo que pasar por varios puntos de control establecidos pola organización. 

Tal como recolle FARO DE VIGO, trátase dunha forma máis de disfrutar do medio natural, de hacer deporte respetando a natureza. Os corredores son, na súa maioría, universitarios ou están ligados á universidade. E que segundo todos os expertos, esta nova disciplina exixe un alto nivel de preparación física.

Foto: Plano do I Trofeo de Orientación Concello de Cangas valedeiro tamén para esta segunda edición.

*

O PP de Ordes denuncia a "cifra absolutamente insignificante" do Ministerio de Fomento para a variante de Ordes

O PP de Ordes preguntará no pleno polas xestións de Manuel Regos para lograr que Fomento execute a circunvalación da N-550

O xestora do Partido Popular de Ordes amosou onte o seu parecer respecto dos Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2011, nos que, denuncian, "condenan a Ordes, un ano máis, a seguir sen variante, dado que non consignan euro algún para iniciar as obras da Variante da N-550, malia que leva desde o no 2005 en fase de estudo e proxecto".

A Variante de Ordes, aseguran os populares, "continuará unicamente sobre o papel, pero sen concreción algunha sobre o terreo, a pesar de que en xullo de 2009 o Ministerio de Fomento someteu a información pública o estudo informativo da mesma".

O Estado consigna só o 0,1% do presuposto necesario para a obra
Esa mesma información oficial do Ministerio de Fomento cifraba en 77,8 millóns de euros o orzamento base de licitación da alternativa seleccionada, pero nos orzamentos de 2011 só destina 134.000 euros para o proxecto, cifra absolutamente insignificante, malia o optimismo do PSOE local. É dicir, os Orzamentos do Estado de 2011 asignan tan só o 0,172% do presuposto total necesario para executar a obra.

Dada a demora que está a acumular este proxecto, o Partido Popular agarda que, "polo menos, Fomento teña en conta as alegacións formuladas polos veciños de Pereira e Poulo, que entendían que a alternativa elixida partía pola metade a parroquia e ía xerar serios problemas de comunicación terrestre e tamén de relación social".

O Grupo Municipal do PP de Ordes aproveitará o próximo pleno municipal para preguntar ao alcalde Manuel Regos qué xestións está a desenvolver ante o Goberno central para conseguir que o Ministerio de Fomento execute a circunvalación da estrada N-550 ao seu paso pola localidade.

A preocupación do PP xorde logo de constatar o retraso de varios anos que acumula esta obra, malia as reiteradas promesas de execución efectuadas, tanto desde o PSOE como polo propio alcalde ordense cando pedía o voto para os socialistas, tanto nas eleccións xerais, como nas autonómicas.

Financiamento da Xunta de Galicia
Os populares de Ordes contrapoñen a desidia do alcalde e os seus socios do PSOE co interese que a actual Xunta de Galicia, gobernada polo PPdeG, está a demostrar por Ordes e que se materializa no financiamento das dúas fases da rolda leste da vila, ás que destina unha achega de arredor de 2,2 millóns de euros: 868.000 euros para o primeiro tramo, inaugurado en agosto pasado, e a segunda fase, actualmente en execución cun investimento de 1,3 millóns de euros procedentes dos orzamentos autonómicos.

*

Recouso: "Ao ritmo que marca o Ministerio de Fomento, teremos variante para o ano 2591"

Os nacionalistas denuncian o abandono de populares (Xunta de Galicia) e socialistas (Goberno de España) dos compromisos de invstimento no concello de Ordes

O concelleiro do BNG de Ordes, Ramiro Recouso anunciou que o BNG presentará unha moción para o seu debate polo próximo pleno, na que proporán que corporación inste “aos gobernos da Xunta e do Estado para que cumplan cos investimentos pendentes no concello de Ordes”. O nacionalista sinalou que “o concello de Ordes non existe para o Goberno do PP na Xunta, ao quedar excluído dos Orzamentos da Xunta de Galiza para o 2011”.

Ramiro Recouso lembrou que “o BNG ten presentado no parlamento galego varias emendas aos Orzamentos da Xunta para cubrir as principais necesidades do noso concello, como son a construcción dun Centro de Día, o impulso das parcelarias ou a ampliación da Rolda Leste, e solicitaremos o apoio unánime do Pleno da Corporación Municipal a estas emendas”.

Por outra banda, no tocante ao Goberno Central, o concelleiro nacionalista manifestou que “resulta absolutamente inaceptábel o ridículo investimento destinado nos Orzamentos Xerais do Estado para o 2011 por parte do Goberno Central do PSOE a unha infraestructura tan importante como a circunvalación de Ordes”.

A variante de Ordes precisa de 77,8 millóns de euros
Ramiro Recouso lembrou que “a variante da N-550 en Ordes é un proxecto de 77,8 millóns de euros, e co ritmo inversor que ten previsto o Ministerio de Fomento para a circunvalación de Ordes durante o ano 2011, isto é 134.000 euros, tardaríamos en vela rematada 580 anos e 6 meses”, exclamou o concelleiro do BNG.

O concelleiro nacionalista afirmou que “o Goberno do PSOE en Madrid ten paralisado a execución da variante, xa que o Ministerio de Fomento só ten previsto investir durante o 2011 un 0,17% do total do custo desta infraestructura”.

Diante destes datos Recouso ironizou manifestando que “con este ritmo inversor terémos a variante rematada en maio do ano 2.591, haberá automóbiles para aquela?”

Ramiro Recouso lembrou que “o BNG presentou no Congreso dos Deputados e no Senado emendas para ampliar o investimento na variante de Ordes nos Orzamentos Xerais do Estado para o 2011, mais o PSOE rechazou estas propostas do BNG”.

Lectura triunfalista do PSOE
O concelleiro nacionalista salientou, con respecto á lectura triunfalista dos Orzamentos por parte do PSOE de Ordes que “o PP ten esquecido a Ordes nos Orzamentos da Xunta para o 2011, pero que os responsábeis do PSOE de Ordes intenten contrastar este inaceptábel comportamento do PP, co ridículo investimento na circunvalación de Ordes, parece un insulto á intelixencia dos nosos veciños.”

Recouso finalizou afirmando que “por desgraza, tanto o goberno do PP na Xunta, como o goberno do PSOE en Madrid están esquecéndose de Ordes nos Orzamentos para o 2011, por esta razón, desde o BNG agardamos que o Pleno da Corporación Municipal apoie unánimente esta moción, na que propoñemos esixir a ambos gobernos que cumpran os seus compromisos cos veciños e veciñas de Ordes”.

*

Nova charla dos Venres Saudables: Fibromialxia

Terá lugar o vindeiro 26 de novembro ás 20:30 horas no salón de actos do Museo do Traxe Juanjo Liñares


O Concello de Ordes organiza unha nova charla de saúde dentro do seu programa Venres Saudables, que nesta ocasión abordará o trastorno da fibromialxia.


A Asociación Galega de Fibromialxia colabora co Concello de Ordes nesta iniciativa e será a súa presidenta, Mª Dolores Bermúdez Vázquez, a encargada de impartir a charla o vindeiro venres día 26 de novembro ás 20.30 h no Museo do Traxe Juanjo Liñares. No coloquio tamén participará o coordinador do Centro de Saúde de Ordes, o Dr. Jacobo Laya García aportando os seus coñecementos sobre o tema a tratar.

Podes ver a reportaxe que fixo Documentos TV para La 2 sobre a fibromialxia:



A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Sanidade de Ordes
“O obxectivo desta charla é o de servir de guía para todas aquelas persoas que padecen fibromialxia ou teñen algunha persoa moi achegada que padece este transtorno e intentar transmitir algúns consellos, recomendacións, estratexias, que a investigación psicolóxica demostrou son eficaces para a maioría das persoas que a padecen, e que poden axudarlle a convivir con esta enfermidade e, sobre todo, a vivir mellor a pesar de ela”

*

sábado, 20 de noviembre de 2010

Castro a Regos: "Dime do que presumes e direiche do que careces"

O portavoz do BNG de Ordes, Gonzalo Castro.
O BNG alerta de que en dous anos o paro subiu en Ordes un 62%, máis do dobre que no resto da comarca


Critican que o alcalde viva "nun mundo irreal" e se adique a facer "lecturas triunfalistas" da realidade socioeconómica do concello

O BNG de Ordes fixo onte públicos os datos da evolución do desemprego en Ordes durante os últimos dous anos, datos que o seu portavoz, Gonzalo Castro, calificou de “moi preocupantes”.

Segundo informaron os nacionalistas ordenses, os últimos datos feitos públicos polo Instituto Galego de Estatística poñen de manifesto que o desemprego incrementouse no municipio de Ordes nun 62% nos últimos dous anos, pasando de 662 persoas desempregadas en outubro de 2008, a 1.070 en outubro de 2010.

Segundo os datos facilitados polos nacionalistas, o Concello de Ordes está sufrindo un incremento do paro moi superior ao sufrido no conxunto dos demáis concellos que forman parte da comarca de Ordes, isto é: Cerceda, Frades, Mesía, Oroso, Tordoia e Trazo, que pasaron, no seu conxunto, nos últimos dous anos de 1.114 parados a 1.428, o que supón un aumento do desemprego do 28%.

Aumento do desemprego en Ordes
A xuizo de Gonzalo Castro, “estes datos son moi preocupantes, xa que poñen de manifesto que a tendencia de aumento do desemprego no concello de Ordes é máis de dúas veces superior á dos concellos do seu entorno, como o demostra o feito de que mentres a porcentaxe de incremento do paro experimentada nos últimos dous anos no conxunto dos outros seis concellos da comarca foi do 28%, no caso de Ordes chegou ao 62%.”

Así mesmo, o portavoz nacionalista lamentou que “a maíoría dos parados rexistrados na comarca nos últimos anos sexan do concello de Ordes”, e lembrou que o BNG “propuxo incluir nos orzamentos municipais inversións que poidesen crear emprego no noso Concello, como un viveiro de empresas ou un plan de reforma e dinamización da praza de abastos, mais o alcalde rexeitou incluilas”.

Que facer para crear emprego?
Gonzalo Castro anunciou que “o BNG vai seguir propoñendo medidas para crear emprego no noso Concello” e emplazou ao alcalde de Ordes a “rectificar unha política que está levando a Ordes a ter as cifras máis altas de desemprego da nosa comarca”, a este respecto, o portavoz nacionalista manifestou que “é moi grave que o alcalde en lugar de poñerse a traballar para paliar o grave problema de desemprego que existe en Ordes, se adique a vivir nun mundo irreal e a facer lecturas triunfalistas da realidade socioeconómica do noso concello”.

Finalmente, o portavoz do BNG ordense botou man do refraneiro popular para calificar as lecturas do alcalde sobre a situación socioeconómica de Ordes salientando que “á actitude do alcalde resultalle de aplicación aquel refrán que dicía: dime do que presumes e direiche do que careces”.

*

viernes, 19 de noviembre de 2010

O Goberno de Zapatero xa ten comprometido con Ordes, segundo o PSOE, un investimento en 2011 de máis de 370.000 euros


Pedreira: "O Goberno de Madrid acordase ben de Ordes, mentres que os proxectos da Xunta de Galicia connosco non contan con partida orzamentaria algunha"

As maiores cantidades virán das mans do Ministerio de Fomento de Xosé Blanco

A Agrupación Socialista de Ordes destacou hoxe en nota de prensa que o Goberno de José Luis Rodríguez Zapatero vai investir en 2011 máis de 370.000 euros en Ordes. Así o vén de confirmar o secretario xeral do PsdeG ordense, Xesús Pedreira, quen destaca “o compromiso do Goberno de José Luís Rodríguez Zapatero con Ordes, polo que agardamos que a Xunta tome nota para que as partidas que destine a Ordes sexan proporcionais e acepte as enmendas que imos propoñer”.

A maior partida orzamentaria para Ordes procederá do Ministerio de Fomento, dirixido polo galego Xosé Blanco. Xesús Pedreira confirma sendos investimentos na N-550 de 134.000 euros (nun tramo de 6,4 quilómetros da variante de Ordes) e de 166.000 euros (para conexión Ordes-Sigüeiro Sur). Así mesmo, o Ministerio de Cultura compromete un investimento de 70.000 euros en mobiliario e equipamento para o Museo do Traxe “Juanjo Liñares”.

O ministro Xosé Blanco en Ordes con Xesús Pedreira a súa dereita (arq.).
As frases de Xesús Pedreira, secretario xeral da Agrupación Socialista de Ordes
“O Goberno do Estado acordouse ben de Ordes nos seus orzamentos, mentres que os proxectos de auga, alcantarillado e do Museo do Traxe que tiña que acometer a Xunta de Galicia non contan con partida algunha”

"Espero que dende o Goberno galego estean á altura do feito polo Goberno de Rodríguez Zapatero, atendan as nosas enmendas e acometan esas obras tan necesarias en Ordes que non só estaban comprometidas, senón que mesmo tiñan o proxecto feito pero que agora quedaron en nada

*

Entregados os diplomas do curso de animación xerotolóxica da Mancomunidade

Os quince alumnos participantes desenvolverán as prácticas a vindeira semana en centros de maiores dos concellos de Ordes, Oroso e Trazo


A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes fixo entrega esta mañá dos diplomas certificativos de asistencia aos quince alumnos (catorce mulleres e un home) que participaron nun curso de animación xerontolóxica, organizado pola entidade supramunicipal e orientado á mellora da empregabilidade de persoas desocupadas.

Inicio das prácticas

O curso de animación xerontolóxica, que se impartiu nas dependencias do Museo do Traxe de Ordes desde o 20 de setembro, tivo unha duración de 215 horas. A parte teórica rematou hoxe, e durante a vindeira semana os participantes efectuarán prácticas non laborais en centros de atención á terceira idade, tanto públicos como privados, dos concellos de Ordes, Oroso e Trazo.

*

En marcha o Circuíto Deportivo e Cultural para este trimestre


Estanse a desenvolver cursos de informática, obradoiros de pandeireta, pilates e tiro con arco

O Concello de Ordes,a través da concellería de Cultura e Deporte que dirixe o edil José Ramón Vázquez Raña, puxo en marcha un ano máis, o Circuito Depotivo e Cultural para este trimestre.

Un circuito que inclúe diferentes actividades como pandeireta, diferentes cursos de iniciación e perfeccionamento á informática, tiro con arco e pilates, cunha gran acollida entre a veciñanza e nas que participan preto dun cento de ordenses.

Concretamente e no relativo aos cursos de informática, moi demandados polos veciños e veciñas, estanse a desenvolver neste momento dous cursos de iniciación a Windows XP, de 20 horas de duración cada un, un en horario de mañá e outro de tarde. Ademais tamén se está celebrando un curso de perfeccionamento de Windows XP os martes e xoves de 20 a 22 horas na Casa da Cultura.

Cursos de informática: Windows XP e Excel
Estes cursos de informática veranse completados o próximo mes de xaneiro coa celebración dun novo curso de iniciación a Windows XP, outro de perfeccionamento, e un terceiro de perfeccionamento de Excel. Para poder participar nestes tres cursos todavía está aberto o prazo de inscrición no departamento de Cultura e Deporte, onde recibirán máis información.

Pero a oferta cultural e deportiva do Concello de Ordes non se queda aí, e a este circuito de actividades trimestrais, hai que sumar tamén a posta en marcha dos obradoiros culturais e deportivos que teñen carácter anual, e que un ano máis, programou o departamento de Cultura e Deporte para o disfrute dos veciños. Trátase dun amplo abano de actividades que contan con preto de 300 participantes, e nas que se imparten obradoiros de debuxo, bailes de salón, ioga, ximnasia de mantemento, aeróbic e patinaxe.

*

jueves, 18 de noviembre de 2010

Xesús Pedreira clausura o curso sobre mobilización de pacientes dirixido aos coidadores


Participaron unha vintena de ordenses que quedaron moi satisfeitos cos novos coñecementos adquiridos

A concellería de Sanidade do Concello de Ordes deu onte por finalizado un curso que levou por título Mobilización de Pacientes e Prevención de Lesións. Tratouse dun curso no que se prestou especial atención aos principais riscos posturais e ergonómicos aos que están expostos os coidadores que se encargan da mobilización de enfermos ou persoas con dificultades motoras, así como nos consellos preventivos que axudan a evitar os trastornos músculo-esqueléticos ligados á mesma.

Nas clases participaron unha vintena de ordenses que mostaron a súa satisfacción polo resultado das mesmas.

A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Sanidade de Ordes
"Este curso tivo como finalidade que os participantes chegaran a adquirir unha serie de coñecementos necesarios para a correcta intervención ante pacientes que requiren coidados específicos para unha patoloxía determinada, tendo en conta as súas limitacións e atencións especiais por parte das persoas encargadas da súa atención, e a prevención de lesións tanto no afectado, como no responsable do seu coidado”

*

miércoles, 17 de noviembre de 2010

Xa somos 13.000!


O veciño número 13.000 inscribíase esta mañá no Padrón municipal

Segundo os datos do INE, dende 2007, Ordes creceu en case 700 novos veciños 

Ordes chegou esta mañá aos 13.000 habitantes. O alcalde Manuel Regos, mostrou a súa satisfacción por ter alcanzado esta cifra que asegurou, “é mostra do crecemento do noso municipio e que cada vez son máis as persoas que queren vivir en Ordes e gozar dos servizos que ofrece o Concello”.

Tal e como explicou o primeiro edil, este era un dos seus retos á hora de chegar á alcaldía, facendo así do municipio un lugar idóneo para a vida tanto de nenos como de maiores e de familias en xeral.

Esta mañá a Oficina do Padrón de Habitantes, acollía o empadronamento do seu habitante número 13.000, a quen acompañou tamén o primeiro edil.

Importante crecemento do padrón municipal nos últimos anos
Dende 2007, o padrón de habitantes experimentou un importante incremento. Así, segundo datos oficiais do Instituto Nacional de Estadística, o número de habitantes de Ordes en 2007 era de 12.359, en 2008 de 12.534 habitantes e en 2009, 12.757 habitantes, chegando hoxe aos 13.000.

Regos insistiu en que o crecemento do municipio é unha clara mostra de que Ordes está a ser un dos destinos elexidos por moitas familias para establecer a súa residencia, evidenciando así as boas condicións que ofrece, e que se trata dun concello en pleno desenvolvemento.

*

O Concello levará aos centros educativos obradoiros sobre reciclaxe

Terán lugar durante este mes de novembro e o de decembro

O Concello de Ordes, a través do programa de Voluntariado Verde, levará ós diferentes centros educativos da vila obradoiros sobre reciclaxe, que levan por título Reciclaxe Divertida, programa co que se pretende que os máis xoves aprendan a separar os elementos do lixo e coñecer e empregar de forma axeitada os contenedores de reciclaxe dun xeito moi didáctico e divertido.

Os obradoiros terán lugar durante este mes de novembro e decembro nas instalacións dos centros de ensino participantes. En total, máis de 400 nenos e nenas das escolas unitarias e dos CEIP Castelao e Mesón do Vento participarán nesta iniciativa coa que o departamento de medio ambiente do concello confía en que os rapaces cheguen a comprender as consecuencias de non separar ou separar incorrectamente, e a poder decidir o que se pode reciclar dende os seus fogares.

A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente de Ordes
"Con este novo ciclo de actividades que promovemos dentro do programa de Voluntariado Verde pretendemos facer reflexionar sobre o dano que facemos ao noso medio ambiente, especialmente ós nosos sitios naturais, coa incorrecta xestión do lixo"

*

O BNG pide o apoio do Concello na manifestación contra a privatización da Sanidade

Castro lembra que o Pleno apoiou unha mociòn do BNG en defensa da sanidade pública e pide un "apoio expreso" do Concello á manifestación do próximo domingo
Os nacionalistas queren que o Concello poña autobuses para desprazar a veciños ata Santiago
Gonzalo Castro instou onte ao goberno municipal de Ordes a apoiar a manifestación contra a privatización da sanidade pública, convocada pola plataforma SOS Sanidade Pública para o vindeiro domingo, 21 de novembro, en Santiago de Compostela.

O portavoz nacionalista manifestou que “o empeoramento da sanidade pública desde a chegada do PP ao Goberno Galego é evidente, como o demostra o incremento das listas de espera, tamén en Atención Primaria, o aumento do número de intervencións e probas diagnósticas derivadas aos centros privados concertados, a supresión da actividade de tarde nos hospitais do Sergas ou a ameaza de privatización e financiamento público-privada das novas infraestruturas sanitarias".

Castro salientou que “o goberno de Ordes non pode cruzarse de brazos e debe apoiar a mobilización do domingo, porque a defensa dunha sanidade pública de calidade é unha cuestión que afecta directamente ao benestar dos veciños e veciñas do noso concello”.

Finalmente, o portavoz nacionalista emplazou ao alcalde Manuel Regos a “facer un esforzo por facilitar a asistencia dos veciños e veciñas de Ordes a esta manifestación en defensa da sanidade pública, poñendo á súa disposición medios de transporte colectivo”.

A frase de Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes
"O pleno da corporación municipal de Ordes apoiou por unanimidade unha moción do BNG en defensa da sanidade pública e en contra do deterioro e a privatización da mesma que pretende o goberno do PP na Xunta”
*

martes, 16 de noviembre de 2010

Voluntarios de Protección Civil da provincia participarán nun curso sobre accidentes organizado polos de Ordes

Terá lugar os días 18, 20, 21, 27 e 28 deste mes nas instalacións do Campo de Fútbol de Vista Alegre

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ordes organiza un curso sobre Accidentes na Estrada, dirixido a voluntarios de toda a provincia. O curso dará comenzo o próximo xoves día 18 de novembro, tendo continuidade tamén os días 20, 21, 27 e 28 deste mes, coincidindo coas fins de semana.

O obxectivo destas xornadas, tal e como explicaron dende a Agrupación, é dotar ao persoal do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia da formación necesaria para o exercicio da súa función, proporcionándolles unha especialización na prevención e na intervención nos accidentes de circulación.

As clases serán impartidas por profesionais do sector dependendo da temática a tratar en cada unha das sesións. Así o día 18 serán membros da Garda Civil de Tráfico os que impartan as clases que versarán sobre os conceptos básicos relativos a accidentes de tráfico.

As sesións dos días 20 e 21, que tratarán o tema dos primeiros auxilios, serán impartidas por persoal sanitario do 112, e as clases dos días 27 e 28 terán como mestres a membros do parque Comarcal de Bombeiros de Ordes que tratarán o tema das excarceracións. As clases contarán con partes teóricas e prácticas.

O curso terá lugar nas instalacións do Campo de Fútbol de Vista Alegre.

TEMARIO DO CURSO:
PARTE TEÓRICA

INTRODUCIÓN E CONCEPTOS XERAIS (4 horas teóricas, 3 horas prácticas)
TEMA I: O accidente de tráfico. Concepto. Definicións. O accidente ocasionado por forza maior. O caso fortuíto. Evolución do accidente.
TEMA II: Elementos do accidente. Causas e clases de accidentes de tráfico: definición, causas mediatas e inmediatas, algúns tipos de accidentes por erro humano, clases de accidentes de tráfico.
TEMA III: Actuación nun accidente de tráfico: formas e maneiras de sinalizar, de regulación do tráfico en función da situación do accidente. Retirada dos automóbiles implicados no accidente. Responsabilidade civil.
TEMA IV: Valoración de riscos. Demanda de auxilio. Toma de datos sobre a calzada. TEMA V: Normas de conducción de vehículos prioritarios.

PRIMEIROS AUXILIOS (5 horas teóricas, 7 horas prácticas)
TEMA VI: Soporte vital básico
TEMA VII: Soporte vital pediátrico
TEMA VIII: Traumatismos.
TEMA IX: Catástrofes: Control do escenario. O mando. Atención sanitaria. “Triage”.

EXCARCERACIÓN E TRANSPORTE DE MERCADORÍAS PERIGOSAS (6 horas teóricas, 9 horas prácticas)
TEMA X: Excarceración de accidentados; medidas de precaución. Equipos de excarceración: tipos e manexo
TEMA XI: Riscos ambientais nos accidentes de tráfico. Transporte de mercadorías perigosas, clasificación. Identificación: etiquetas, paneis.
TEMA XIII: Actuacións nun accidente dun vehículo que transporta mercadorías perigosas.

PARTE PRÁCTICA:
ACCIDENTES DE TRÁFICO
Análise e discusión de accidentes reais.
Simulacro dun accidente de tráfico.
Lectura de etiquetas e paneis de mercadorías perigosas.
Técnica do manexo dos equipos de excarceración.
Triaxe de accidentados.
Técnicas de reanimación de accidentados.
Transporte de feridos.
Prácticas en camión.

PRIMEIROS AUXILIOS
Repaso de avaliación básica das victimas: vía aérea, respiración, circulación.
Repaso de RCP básica: control da vía aérea, soporte respiratorio (boca a boca, etc), soporte circulatorio (masaxe cardíaco externo, etc.).
Inmobilización con utilización de equipos específicos.
Rescate e mobilización de victimas en incendios.

MATERIAL DE PRÁCTICAS


ACCIDENTES DE TRÁFICO
Vehículos desguace
Equipos de excarceración.
Conos de sinalización.
Vehículo autobomba forestal.

PRIMEIROS AUXILIOS
Manequíns para RCP básica.
Resucitador manual.
Colariños cervicais.
Férulas extremidades.
Padiola de pas.
Colchón de baleiro.
Vendas, mantas térmicas, etc.

*

Ordes celebrou o seu magosto popular sen Alameda, pero con música e castañas para todos

Tivo que celebrarse no local cultural da rúa Recociliación por mor do mal tempo

A Alameda de Ordes tiña previsto acoller o pasado sábado un magosto popular, pero que a causa do mal tempo tivo que trasladarse ao local cultural da rúa Reconciliación.


Durante a tarde, todos os asistentes puideron disfrutar dunha degustación gratuíta de castañas e da música da Asociación Grupo de Gaitas Os Viqueiras, que foron os encargados de amenizar a xornada.

*

A Xunta adxudicará 17 vivendas protexidas de promoción privada na rúa Francisco Asorey

Poderán optar a ditas vivendas quenes estiveran inscritos no Rexistro de Demandantes antes do 8 de novembro de 2010 

O Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) iniciou hoxe o procedemento para a adxudicación de 247 vivendas protexidas de promoción privada construídas nos concellos da Coruña, Fene, Mugardos, Ames, Noia, Ordes e Oroso, segundo o establecido na normativa do Rexistro Único de Demandantes de Vivenda de Galicia.

Poden optar á adxudicación de ditas vivendas os solicitantes que estiveran inscritos no Rexistro de Demandantes na data do oito de novembro en que o Xefe Territorial da Coruña da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas ditou as resolucións de inicio do procedemento de adxudicación das devanditas vivendas. Os solicitantes deberán estar inscritos no réxime, modalidade e localidade da promoción á que se opte.

No concello de Ordes adxudicaranse 17 vivendas de réxime xeral situadas na rúa Francisco Asorey, con remate de obras previsto para decembro de 2012. O promotor da obra foi Promociones J. Cao, S.L.

As solicitudes deberán presentarse ata o día tres de decembro en calquera rexistro público ou portelo único, dirixidas á xefatura provincial do IGVS na Coruña, empregando o modelo de solicitude que se pode atopar na web do IGVS a través deste enlace.

*

lunes, 15 de noviembre de 2010

Manuel Regos clausurou o curso de atención a dependentes dirixido a desempregadas

No curso, posto en marcha polo Concello, participaron preto dunha vintena de mulleres ordenses



O alcalde Manuel Regos, acompañado polo edil de Servizos Sociais e Terceira Idade, José Manuel Tobío, clausurou o pasado sábado o curso de atención a persoas dependentes posto en marcha polo Concello o pasado 8 de novembro.

O curso estivo dirixido a mulleres desempregadas do municipio, sendo preto dunha vintena as que participaron nesta iniciativa. Tratouse de clases teóricas e prácticas nas que as alumnas aprenderon cuestións relativas ao coidado de persoas con algún tipo de dependencia.

As alumnas do curso tamén mostraron a súa satisfacción pola realización da iniciativa, que aseguraron poderá facilitarlles a súa incorporación ao mercado laboral.

Satisfacción mostrou tamén o primeiro edil pola realización desta actividade, que inisistiu unha vez máis, é mostra clara da aposta que o Concello de Ordes fai pola formación para combatir o desemprego, sumándose este curso a moitos outros levados a cabo no municipio, ou que todavía se están a desenvolver, dirixidos tamén a desempregados. O curso de atención a persoas dependentes contou co financiamento da Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta.

A frase de Manuel Regos, alcalde de Ordes
"Este tipo de cursos formativos, ademais de proporcionar coñecementos ás alumnas, dálles unha ferramenta máis á hora da busca dun traballo, ao tratarse dunha iniciativa dirixida a desempregados, e concretamente a mulleres, sendo este un colectivo moi castigado polo desemprego”

*

Os veciños de Mercurín-Lesta xa coñecen os detalles da súa concentración parcelaria

Momento da reunión informativa na Escola de Mercurín.
O Concello tamén informoulles da rede de camiños secundarios e os camiños de concentración

A Escola de Mercurín acolleu a pasada semana a celebración dunha reunión informativa sobre a concentración parcelaria da zona Mercurín- Lesta. Unha reunión á que asistiu o edil de Medio Ambiente, Medio Rural e Sanidade do Concello de Ordes, Xesús Pedreira, e tamén un bo número de veciños e veciñas ordenses afectados por dita concentración.

Na reunión, organizada polo Concello de Ordes, tratáronse temas xerais da concentración parcelaria destas parroquias, así como se falou sobre a rede de camiños secundarios e os enlaces necesarios entre os camiños da nova concentración e os camiños da concentración anterior.

O obxectivo desta reunión foi informar aos afectados pola concentración parcelaria de Mercurín- Lesta sobre a situación na que se encontra dito proceso.

*

domingo, 14 de noviembre de 2010

Os nacionalistas pedirán no Parlamento 2,5 millóns de euros máis para Ordes

A proposta nacionalista: Centro de día, 900.000 euros; ampliación da ronda leste, 600.000 euros; remate das concentracións parcelarias, un millón de euros

Castro: "O Concello de Ordes no existe para o PP ao quedar excluído dos Orzamentos da Xunta para o ano 2011"

O portavoz municipal do BNG de Ordes, Gonzalo Castro, anunciou onte a presentación no Parlamento de Galicia por parte do BNG dun conxunto de emendas aos Orzamentos da Xunta de Galicia para o 2011, “para paliar a grave situación derivada do feito de que o concello de Ordes non exista para o Goberno do PP, ao quedar excluído dos Orzamentos da Xunta de Galiza para o 2011”, segundo manifestou o propio Castro.

“Con estas emendas”, aseguro o nacionalista, “propoñemos cubrir as principais necesidades do noso concello, con investimentos que suman un total de 2,5 millóns de inversións para o Concello de Ordes”.

Un centro de día con 900.000 euros
O portavoz do BNG salientou, no tocante aos servizos sociais, que “o BNG propón a inclusión dunha partida de 900.000 euros destinada á construcción dun centro de día, co obxectivo de atender a demanda dun concello onde preto de 3.000 veciños superan os 65 anos”.

En canto ás infraestruturas, Castro manifestou que “propoñemos incluir unha partida de 600.000 euros para prolongar a Rolda Leste até o Cano de Leira, para dotala dunha saída alternativa á do polígono industrial e evitar o caos circulatorio e a inseguridade vial que se xenerará nese punto.”

Finalmente, o portavoz do BNG ordense informou de que “noutra emenda propoñemos a inclusión dunha partida dun millón de euros destinada a impulsar o remate das concentracións parcelarias que se atopan abertas en Ordes, xa que o goberno do PP na Xunta non ten contemplado ningún investimento para as parcelarias nos Orzamentos para o 2011”.

*

O Concello organiza unha excursión a Portugal para a Terceira Idade

Terá lugar os dias 25, 26 e 27 de novembro e o prazo para inscribirse remata o día 17

O Concello de Ordes organiza unha nova excursión dirixida aos membros da terceira idade do municipio. Unha excursión que terá lugar os próximos días 25, 26 e 27 de novembro e que levará aos maiores ordenses ata terras portuguesas.

Concretamente os participantes poderán visitar as cidades de Aveiro, Porto e Fátima, nunha excursión coa que dende o Concello se pretende contribuir co ocio dos nosos maiores.

A viaxe inclúe réxime de pensión completa, seguro de viaxe e un guía- acompañante durante toda a viaxe. O prezo por persoa é de 135 euros.

Información no Concello ou no teléfono 981 680000
Todas aquelas persoas que estean interesadas en participar terán aberto o prazo de inscrición ata o próximo 17 de novembro no departamento de Servizos Sociais e Terceira Idade do Concello de Ordes ou chamando ao teléfono 981680002, onde tamén poderán recibir máis información.

*

viernes, 12 de noviembre de 2010

Respostas ao encontro dixital con José Luis Martínez Sanjurjo

José Luis Martínez Sanjurjo, onte durante a súa presentación oficial. 
Finalmente recibimos sete correos electrónicos que quixeron trasladarlle ao candidato popular as súas cuestións.

Estas son as preguntas dos lectores e as respostas de José Luis Martínez Sanjurjo:

01. ISABEL pregunta… Está a favor ou en contra da movida no Campo da Feira?

Estou a favor de "unha movida" de calidade.


02. EDU pregunta… Se chegara a gobernar, encargaría unha auditoría sobre as contas do Concello?
Rotundamente, si.

03. ANÓNIMO 1 pregunta...Nas parroquias rurais de Ordes estase a levar a cabo unha campaña contra o canon da lei de augas que aprobou o goberno do PP na Xunta, polo que se cobrará o consumo de auga aos propietarios de pozos particulares e de traidas veciñais. Que opinión ten deste asunto?
O BNG está a confundir os veciños. Primeiro, que non se trata dun novo canon, sustitúe ao de saneamento, e implicará unha mellora na xestión dos recursos hídricos de Galicia. Segundo, que a lei contempla que a dedución do 90% da cota do canon se aplicará a todolos usuarios domésticos de fontes propias e traídas veciñais, de xeito que esa cota super-reducida posibilitará que na practica, estes usuarios queden exentos do canon. E terceiro, non é obrigatoria a instalación de contadores- Tal e como se recolle na lei, os usuarios terán opción de acollerse a outros sistemas de estimación obxectiva. A falta de contador non implicará sancións.

Vertedoiro da Areosa
04. ANÓNIMO 2 pregunta... En Ordes está a desenvolverse unha campaña con recollida de sinaturas contra a a ampliación do vertedoiro de Sogama, que vai supoñer a acumulación dun millón de toneladas de lixo perto de Ordes, que opinión ten deste asunto o candidato do PP?
Ainda que non estivese de acordo, a ampliación do vertedoiro de Areosa xa é unha realidade. O que se deberá garantir é un control medioambiental adecuado. No futuro haberá que intentar ampliar a pranta de tratamento de resíduos de Sogama, e evitar tanto volume de soterramentos.

05. ANÓNIMO 3. Parará as obras de ampliación da Casa do Concello se gaña a alcaldía?
Desta obra non entendo a sua necesidade, menos ainda en tempos de crise. Pero, visto o ritmo ó que van as obras, coido que se o PP acada a alcaldía e o goberno, o unico que tocará será pagala.

06. JUAN pregunta...Que é o peor que fixo Manuel Regos como alcalde? E o mellor?
O peor, a mala xestion dos recursos publicos. O mellor...deixame que pense... o paseo do río Mercurín.

Investimentos 2011
07. ANÓNIMO 4. Que lle parece que a Xunta de Galicia, gobernada polo PP, non vaia investir nin un só euro en Ordes en todo 2011?
Polo de agora estamos no ano 2010. No ano 2011 a Xunta de Galicia xa ten previsto e comprometidos, entre outros a execución dos plans de cooperación, recentemente asinada co conselleiro de Medio Rural; e a contratación de diversas partidas para a continuación e remate das concentracións parcelarias abertas no noso concello. Tamén a Xunta de Galicia  pagará a segunda fase da rolda leste. De todos xeitos, de cara á segunda metade do ano 2011, se o PP goberna Ordes, terá un interlocutor válido para incrementar as achegas autonómicas.

*