O prazo para inscribirse estará aberto dende mañá ata o 12 de abril
Coa chegada da Semana Santa o Concello de Ordes organiza, a través da concellería de Educación, Mocidade e Discapacidade, que dirixe a concelleira Silvia Marín, unha nova edición do programa “Conciliar será fácil e divertido”.
Trátase de actividades dirixidas aos pequenos do municipio nas mañás das vacacións, co fin de facilitar a conciliación da vida laboral e familiar das familias ordenses, á vez de que os nenos e nenas participantes teñan un tempo de diversión e ocio con xogos e obradoiros.
As actividades terán lugar os días 18, 19, 20 e 25 de abril en horario de 09:00 a 14:00 horas. Poderán participar nestas actividades os nenos e nenas escolarizados en educación infantil ou primaria no curso 2010/2011.
A inscrición deberá realizarse no departamento de Educación, situado na planta baixa do Concello de Ordes, dende o mañá luns 4 ata o día 12 de abril.
A frase de Silvia Marín, concelleira de Educación de Ordes
"Con estas actividades procuramos que as familias ordenses poidan deixar aos seus pequenos durante as mañás de vacacións, facilitando a conciliación co traballo, e ao mesmo tempo facendo que se divirtan compartindo con outros nenos e nenas da súa idade xogos e obradoiros”
*