Terá lugar o próximo 28 de abril no Punto de Encontro de Ordes e as prazas son limitadas
Inscripcións e máis información na Axencia de Emprego da Casa do Concello (Tlf. 981 680002 e 981 680157)
O Concello de Ordes celebrará o vindeiro 28 de abril un novo curso de manipulador de alimentos. Un curso que terá lugar en horario de 16:00 a 19:00 horas nunha das aulas de formación do novo Punto de Encontro de Ordes (baixos da Alameda).
O curso consistirá nunha charla informativa de 3 horas presenciais nas que se tratarán aspectos prácticos sobre a seguridade alimentaria, a manipulación de alimentos e as normas mínimas a cumprir na industria alimentaria. Haberá un examen final tipo test de aproveitamento do curso.
Obrigatorio para traballar na industria alimentaria
Trátase dun curso obligatorio para todas aquelas persoas que traballen no sector da industria alimentaria: panadeiros, camareiros, cociñeros, dependentes de conxelados, charcuterías, personal de supermercados, repartidores, traballadores de queixerías, personal de guarderías, comedores de colexios, personal de residencia de anciáns, e outros.
Para máis información ou para inscribirse, xa que as prazas son limitadas, os interesados deberán dirixirse á Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local ubicada no 2º andar da Casa do Concello, ou chamar aos teléfonos 981680002 /981680157.
*