martes, 19 de abril de 2011

Cando os artistas son as nosas xentes

Sigüeiro acolle a Mostra de Obradoiros Culturais cunha mostra dos traballos das artes de máis de 200 veciños e veciñas da nosa comarca 

O centro cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro (Oroso) será a sede da quinta edición da Mostra de Obradoiros Culturais da Comarca de Ordes, organizada pola Mancomunidade de Ordes en colaboración co Concello de Oroso. A exposición recolle unha selección de traballos de debuxo, pintura, cesteiría, manualidades, bolillos e outro realizados ao longo deste ano por máis de 200 veciños e veciñas dos municipios de Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo.

A exposición poderá visitarse gratuitamente entre o 25 e o 30 de abril. Este ano, participarán un total de 16 escolas municipais e asociacións de veciños da comarca ordense, unha máis ca na edición de 2010 e seis máis ca na de 2009.
 
Colectivos participantes
Nesta V Mostra de Obradoiros Culturais da Comarca de Ordes participarán:
Obradoiro de manualidades de Frades
Obradoiro municipal de bixutería de Frades
Escola municipal de manualidades e encaixe de Camariñas do Concello de Mesía
Unidade Galega de Veciños e Mulleres rurais de Santa Cruz de Montaos (Ordes)
Obradoiro municipal de debuxo e pintura de Ordes
Asociación de Amas de Casa de Ordes
Obradoiro municipal de bolillos de Oroso
Obradoiro municipal de debuxo e pintura de Oroso
Obradoiro municipal de manualidades de Oroso
Obradoiro municipal de arte floral de Oroso
AA.VV. de Senra (Oroso)
Asociación de mulleres labregas “As Medorras” (Oroso)
Asociación de Mulleres “A Ponderosa” (Tordoia)
Asociación de Mulleres “Pedralonga” (Tordoia)
Asociación de Mulleres de Trazo
AA.VV. “A Carballeira” de Chaián (Trazo)

Ata o día 30
A V Mostra de Obradoiros Culturais da Comarca de Ordes abrirase ao público o vindeiro luns 25 de abril, ás 20:00 horas e poderá visitarse ata o día 30 no centro cultural de Sigüeiro en horario de luns a venres, de 10:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:30 horas; e o sábado 30 de abril, de 10:00 a 13:00 horas.

*