Terá lugar o martes 19 ás 20:30 horas no Museo do Traxe e versará sobre a importancia da cualificación profesional
Inscripcións na Casa do Concello e os teléfonos 981 680002 ou 981 680157
O Concello de Ordes, en colaboración coa empresa Recursos, organiza unha xornada informativa sobre os certificados de profesionalidade. Unha xornada que terá lugar o vindeiro martes día 19 de abril ás 20:30 horas no salón de actos do Museo do Traxe Juanjo Liñares.
Tal e como explican dende o Concello, con esta iniciativa preténdese concienciar e sensibilizar á poboación da importancia da cualificación profesional, do recoñecemento da experiencia laboral e do que esto supón no aumento da empregabilidade do individuo. O que se quere coas xornadas é a difusión dos cambios que se están a producir no sistema de formación ocupacional e que afectan a un número moi elevado de traballadores de Galicia.
Neste sentido, a idea é explicar o funcionamento do Instituto Nacional das Cualificacións, de toda a súa organización en canto aos certificados de profesionalidade e transmitir a súa terminoloxía e conceptos.
Inscripcións
Para máis información ou para inscribirse na xornada, xa que as prazas son limitadas, os interesados poden dirixirse á Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Ordes, situada no 2º andar da Casa do Concello, ou chamar aos teléfonos 981680002 ou 981680157.
*