Mostrando entradas con la etiqueta Sabela Arias. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Sabela Arias. Mostrar todas las entradas

miércoles, 18 de diciembre de 2013

Sabela Arias presentou o seu libro en Ordes



A artista e docente luguesa deu a coñecer Icía e Avoa

O Museo do Traxe Juanjo Liñares acolleu note a presentación do libro Icía e Avoa, nunha presentación na que a súa autora, Sabela Arias, tivo palabras de agradecemento para todos. 

Ademais, no mesmo espazo estanse a exhibir nestes días obras pictóricas desta artista, que imparte clases no IES nº1 de Ordes.

*

jueves, 22 de marzo de 2012

O IES Maruxa Mallo acolle a ‘Icía e Avoa’ de Sabela Arias

A artista ordense expón as súas historias, que se poden ler no xornal Terras de Santiago


O Instituto de Ensinanza Secundaria Maruxa Mallo acolle estes días unha ampla mostra sobre as viñetas de Icía e Avoa. As historias e personaxes creadas pola artista ordense Sabela Arias, tamén profesora no centro, son expostas en distintos espazos do centro académico, despertando o interés tanto do profesorado como dos alumnos e alumnas.

A artista lucense afincada en Ordes, Sabela Arias.
Quen é Sabela Arias
Sabelas Arias nace na véspera do Día de Galicia do ano 1969 en Lugo. Aos dezanove anos presenta a súa primera exposición pictórica na súa cidade natal. Poucos anos despois, licénciase na facultade de Belas Artes da Universidade de Salamanca para a continuación realizar estudos de posgrado na Universidade do País Vasco. 

A súa principal liña de traballo artístico céntrase na investigación da cor, o seu espazo e a textura da mesma. O tema resulta anecdótico para  situar o centro das súas creacións nun universo de ríos de pigmentos.

A súa obra está exposta en diferentes espazos da xeografía galega, así como en Porto (Portugal), Chalatenango (El Salvador) ou Nova Iorque (Estados Unidos).

As súas personaxes, Icía e Avoa, son ben coñecidas do público lector compostelán grazas a súa publicación semanal no xornal Terras de Santiago. Aqueles que  queiran disfrutar da filosófica retranca destas mulleres  tamén o poden facer a través do seu blog   http://historiasdeiciaeavoa.blogspot.com.es/ .

*

jueves, 8 de marzo de 2012

Sabela Arias, premiada no certame de arte de Begonte

Mirando a cidade, de Sabela Arias.
Recibiu unha das tres mencións de honra do encontro pictórico lucense

A obra Mirando a cidade da pintora ordense Sabela Arias ven de ser recoñecida no XXII Certame de Arte José Domínguez Guitián que anualmente organiza o centro cultural de Begonte (Lugo). A ordense recibiu unha das tres mencións de honra xunto aos tamén pintores Noa Persán e Eduardo Baamonde. 


Gañador
O gañador absoluto foi o lucense Iago Eireos, Premio José Domínguez Guizán 2012, coa súa obra Dos hermanas.

sábado, 20 de diciembre de 2008

La profesora Sabela Arias expone en la Sol & Bartolomé de Santiago


Natural de Lugo, es profesora en el I.E.S. de Ordes y expone su colección 'Paisaje cotidiano'

La artista lucense y profesora del I.E.S. de Ordes, Sabela Arias, expone estos días su obra pictórica en la galería compostelana Sol & Bartolomé. 'Paisaje cotidiano' ha querido llamar a su catálogo. "Un paseo por unha paisaxe íntima e próxima, cuxas pezas pretenden chamar a atención sobre momentos que por habituais pasan desapercibidos", escribieron de ella en Turismo de Santiago. 'Paisaje cotidiano', "ofrece unha mirada amable ás veces, descritiva outras pero sempre reveladora do cotián. Pequenos detalles, formas que desaparecen da nosa vista por habituais, recunchos e obxectos fóra da estéticacomo concepto, buscando formas coñecidas".

Galería Sol & Bartolomé.
Rúa San Francisco 30, 1º
Santiago de Compostela
Tlf. 981 575085
Hasta el 31 de enero.
De lunes a viernes, de 12 a 14 h. y de 18 a 21 h. Sábados previa cita.

*