Mostrando entradas con la etiqueta Fernando Gontad. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Fernando Gontad. Mostrar todas las entradas

lunes, 23 de diciembre de 2013

O Concerto de Nadal de Ordes enche a Casa de Cultura


Participaron a Escola de Música de Ordes e os Reiceiros de Pontecarreira

A Asociación Amigos da Música de Ordes en colaboración co Concello de Ordes celebrou esta fin de semana o seu tradicional concerto de Nadal. Unha cita que tivo lugar no auditorio da Casa da Cultura. Abrindo o acto estiveron os alumnos da Escola de Música de Ordes, que interpretaron os temas El cuco e Navidad, Navidad.

A continuación chegoulle o momento aos Reiceiros de Pontecarreira. Esta formación cantou varios temas tradicionais da época de Reices, algún deles recuperado hai anos da tradición local da zona que lle da nome ao grupo. 

Reices de Añá ou O Merlo foron algunas destas cancións, que moitos corearon dende a súa bancada.

Homenaxe a José Lisardo
Posteriromente a Banda de Música de Ordes ofreceu entre outros temas Muiñeira de Cercedo. Unha composición asinada polo director da formación, Fernando Gontad, e que dedicou especialmente a José Lisardo, integrante tanto da banda como da asociación “por todo o gran traballo e adicación que desinteresadamente ofrece á banda á música e á asociación, xa que sin elo nada sería igual nin funcionaría tan ben” explicou o director. 

En palabras de José Lisardo este foi “un momento moi especial polo agradecemento mostrado en público, pero tamén por poder ver o nome da miña parroquia plasmado nunha partitura”.


Para concluir o acto o concelleiro de Cultura de Ordes, Ramón Vázquez, fixo entrega de dúas placas conmemorativas aos organizadores e participantes deste evento que marca o inicio do programa de actos navideños organizados polo Concello de Ordes .

*

domingo, 24 de noviembre de 2013

Gran éxito na homenaxe aos antigos membros da Banda de Música de Ordes


A Casa da Cultura rexistrou un cheo absoluto de público

Regos: "Resulta necesario apoiar a cultura, algo que dende a Mancomunidade se ven facendo en celebracións coma esta"
 

A Asociación de Amigos da Música de Ordes rendeulle onte unha homenaxe aos máis de 80 excompoñentes cos que contou ao longo dos seus 22 anos de existencia. Un acto que encheu o auditorio da Casa da Cultura de Ordes e co que tamén se honrou á patrona dos músicos, Santa Cecilia. 

O concerto estivo presidido polo alcalde e presidente da Mancomunidade de Ordes, Manuel Regos, quen estivo acompañado por Manuel Mirás, alcalde de Oroso.


Agasallos e diplomas
Tras o concerto no que tocaron un total de cinco pezas, todos os homenaxeados foron requeridos no escenario para entregarlle os seus agasallos e diplomas de mans de Fernando Gontad, director da banda e de José Castro, Miguel Calvo e Lisardo Varela, presidente, vicepresidente e secretario da Asociación Amigos da Música de Ordes, respectivamente. 

Tamén houbo unha mención especial para os falecidos ao longo destes anos, que estiveron representados por varios dos seus familiares.

Xa á tardiña, as rúas da vila volveronse a encher coa música da Banda de Ordes nun concerto aberto ao público e no que tamén participaron moitos dos antigos integrantes que foran homenaxeados horas antes.

Manuel Regos, alcalde de Ordes.
As frases de Manuel Regos, alcalde de Ordes
"Bríndolles aos músicos todo o meu apoio para continuar con esta gran tarefa e este gran traballo que se está facendo  en nome de Ordes

“Aínda que corren tempos difíciles, é necesario apoiar a cultura, algo que dende a Mancomunidade de Municipios de Ordes se ven facendo en celebracións como a de hoxe”


*

lunes, 5 de agosto de 2013

A música invadiu onte a Alameda de Ordes

A Banda de Música de Ordes, dirixida por Fernando Gontad, durante a súa actuación de onte.

A XIV Xunta de Bandas de Música congregou a máis de 400 persoas 

A Alameda de Ordes foi punto de encontro na tarde de note domingo para os amantes da música. Máis de 400 persoas segundo estimacións do Concello de Ordes, desfrutaron coa XIV Xuntanza de Bandas Concello de Ordes que contou coas actuacións da Banda de Música de Ordes e da Banda de Música de Boiro.

Instantes previos a que as formacións ocuparan o seu lugara no escenario, percorreron as principais rúa nun animado pasarrúas.
   
Bandas
No caso dos boirenses, con Juan Lois Diéguez á batuta,  interpretaron as pezas Ceresio (Franco Cesarini), Adagietto para flauta (Ted Huggens) con Nerea Ruibal como solista, Pacis Valley (Ben Haemhouts) e Basiliana (Jan Var der Roost). 

Por parte da Banda de Música de Ordes, dirixida por Fernando Gontad Losada, o seu repertorio estivo composto por Calpe (Fernando Penella), Rapsodia Galega Nº1 (E. García Rey), Obertura Selección (Arr. Fernando Gontad) e A noite do Santo Cristo (H. Cambeses).

Ao finalizar o acto os concelleiros Lucía Iglesias e Roberto Iglesias foron os encargados de entregar unha placa conmemorativa desta nova edición. 

*

viernes, 2 de agosto de 2013

A Alameda de Ordes, escenario este domingo da música das Bandas


A vila de Ordes acolle a 14º edición da Xuntanza de Bandas de Música coa participación das agrupacións de Ordes e Boiro

A Alameda de Ordes acollerá o vindeiro domingo a partir das 20:00 horas a súa tradicional Xuntanza de Bandas de Música, que este ano celebra a súa 14º edición. 

Un acto que se trasladará tamén ás principais rúas da vila grazas ao pasarrúas previo. Enriba das táboas estarán a Banda de Música de Boiro e os anfitrións, a Banda de Música de Ordes.

Ordenses e boirenses
No caso dos boirenses, con Juan Lois Diéguez á batuta,  interpretarán Ceresio (Franco Cesarini), Adagietto para flauta (Ted Huggens) con Nerea Ruibal como solista, Pacis Valley (Ben Haemhouts) e Basiliana (Jan Var der Roost). 

Por parte da Banda de Música de Ordes, dirixida por Fernando Gontad Losada, o seu repertorio estará composto por: Calpe (Fernando Penella), Rapsodia Galega Nº1 (E. García Rey), Obertura Selección (Arr. Fernando Gontad) e A noite do Santo Cristo (H. Cambeses).

*