lunes, 24 de marzo de 2014

O BNG propón en Ordes a creación dun fondo lácteo de compensación


Miranda: "Ocriterios de reparto dos fondos europeos para a agricultura marcados por Arias Cañete, e asumidos pola Xunta, teñen como consecuencia que o sector agrogandeiro galego perda 308 millóns de euros"
O pasado xoves 20, a candidata do BNG ás eleccións europeas, Ana Miranda tuvo un encontro cun grupo de gandeiros de Ordes no que salientou a repercusión que isto terá no sector agrogandeiro galego, que suma 350.000 vacas leiteiras, o 48% de todo o Estado, e propón a creación dun Fondo Lácteo de Compensación que se nutra dos recursos que recibe o Estado español procedentes da PAC.
“Moitas das explotacións se endebedaron precisamente para comprar cota leiteira e adaptarse a un sistema que desaparece, e desde o BNG demandamos un fondo que compense a quen fixo investimentos en adquirir unha cota que agora queda en papel mollado”, explicou Miranda, que cifrou en 200 millóns de euros o investimento do sector realizado para comprar cota leiteira ao longo destes anos.
No encontro mantido en Ordes tamén participou o portavoz nacional, Xavier Vence, e o portavoz municipal, Ramiro Recouso.
En contra da PAC
Miranda, que como eurodeputada nesta Lexislatura votou en contra da PAC por entender quen prexudicaba ao sector galego, explicou que os criterios de reparto dos fondos europeos para a agricultura marcados polo ministro Arias Cañete, e asumidos pola Xunta, teñen como consecuencia que sector agrogandeiro galego perde 308 millóns de euro.
“O noso sector recibirá o 3,2% do total das axudas que chegan desde Bruxelas, pese a que Galiza aporta o 6% da produción agraria total e ten o 16% dos gandeiros e agricultores de todo o Estado”, explicou.
A candidata nacionalista subliñou que se o Estado español aplicase os criterios de Francia, “o sector leiteiro obtería o dobre de recursos”.
*

viernes, 21 de marzo de 2014

Os maiores de Ordes visitaron a biblioteca municipal


Ana López, directora da biblioteca municipal, co grupo de maiores da residencia municipal de Ordes.
Tamén leron lendas, refráns e relatos

Os maiores da residencia municipal do Concello de Ordes realizaron unha visita á biblioteca de Ordes, onde coñeceron de primeira man o seu funcionamento interno e os servizos que nela se prestan. 

Ademais tamén se procedeu coa lectura de lendas, refráns e relatos que tiñan como tema central a igualdade.

*

jueves, 20 de marzo de 2014

O Concello investirá uns 250.000 euros na mellora de rúas da vila

As intervencións terán que ver coas beirarrúas, pluviais e alumeado público

O Concello de Ordes levará a cabo o arranxo e mellora de varias rúas e sistemas lumínicos en distintos puntos do casco urbano da vila. Unhas intervencións acordadas en comisión e que se   levarán a cabo en base ao Plan DTC 93 da Deputación da Coruña

Estímase que éstas comenzarán a executarse ao longo das vindeiras semanas cun orzamento que rolda os 250.000 euros.

Concretamente procederase ao arranxo da rúa do Parque e a rúa Reconciliación, onde se instalará un sistema de pluviais e intervencións nas beirarrúas e aplicarase aglomerado na súa estrada, ao igual que na travesía do Regueiro

Beirarrúas e alumeado
No caso da rúa da Igrexa aplicarase unha capa de formigón, mentres que en Cidade Xardín, na rúa Mercado e na rúa Compostela se traballará nas beirarrúas. A rúa Carnota será outro dos puntos nos que se intervirá.


Ademais disto tamén se realizarán obras de mellora e un cambio no sistema de alumeado público nas rúas Eduardo Pondal, Pascual Veiga, Mestre Nicolás do Río, Abastos, Compostela, Ramón Ferreiro e Parque Municipal.

*

O PSOE de Ordes xestiona varios arranxos viais por máis de 90.000 euros

Manuel Regos da o visto bo ás propostas socialistas para a rúa Laranxal, travesía do Regueiro e rúa Carnota 

O PSOE de Ordes conseguiu incluír tres das súas propostas na relación de obras que o Concello de Ordes vai acometer a través do Plan DTC 93 da Deputación da Coruña. Trátase do arranxo con formigón da rúa Laranxal, a reparación da travesía do Regueiro e a reparación e finalización das beirarrúas da rúa Carnota, todas elas na vila de Ordes.

O voceiro municipal socialista, Xesús Pedreira, amosa a súa satisfacción pola aceptación por parte do alcalde, Manuel Regos, das propostas socialistas xa que “se trata de tres obras moi demandadas polos veciños e veciñas de Ordes e suporá un investimento de algo máis de 90.000 euros”. 

Unha cifra que representa máis do 36% do total do Plan DTC 93 concedido a Ordes, que ascende a 246.932 euros.

"Compromiso do alcalde"
Así mesmo, Xesús Pedreira destaca “o compromiso ofrecido polo alcalde de incluír no próximo POS a reparación da pista que vai dende a Fraga da Galicia ata a estrada Ordes-Portodemouro, así como o de mellorar o alumeado público na rúa Laranxal”.

*


miércoles, 19 de marzo de 2014

O BNG de Ordes quere unha explicación ao corte de luz no Museo do Traxe

No momento do corte, unha pequeña explosión causou lesións a un operario

O Grupo Municipal do BNG de Ordes reclamou hoxe explicacións polo corte do suministro eléctrico ao Museo do Traxe Juanjo Liñares, e polo accidente sufrido polo electricista encargado de manipular o cuadro eléctrico.

Segundo o vocero municipal do BNG, Ramiro Recouso, “o pasado luns 17, un operario da empresa Cobra procedía a manipular a cuadro da instalación eléctrica do Museo do Traxe Juanjo Liñares, para realizar un corte de suministro eléctrico ao inmobel, cando se orixinou unha pequena explosión que lle provocou queimaduras na parte inferior da cara”   

Recouso sinala “Que os motivos polos que Gas Natural-Fenosa encargou o corte de luz no Museo do Traxe é a falta de pagamento do suministro eléctrico por parte do Concello de Ordes” 

Déficit 
Desde o BNG  lembran “que Manuel Regos recoñeceu, nos Orzamentos Municipais do 2013, que o Museo do Traxe xeraba uns gastos de 54.000 euros fronte a uns ingresos de 6 euros, e dicir un déficit de 53.994 euros”.

Para Ramiro Recouso “non é estraño que con esta xestión económica non se poidan afrontar os gastos de mantemento do Museo. Tampouco  entende que Manuel Regos non pague o suministro eléctrico, pero siga mantendo e pagando puntualmente 1.500 euros mensuais á empresa  contratada para a dirección e asesoramento museístico, que dirixe o Museo Juanjo Liñares”


Desde o BNG de Ordes “reclaman explicacións sobre o acontecido, e tamén reclaman cambios no xeito de xestionar o Museo de Traxe para evitar que provoque un furado nas xa maltreitas contas municipais, de 54.000 euros anuais.”

*