Mostrando entradas con la etiqueta Pablo Quinteiro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Pablo Quinteiro. Mostrar todas las entradas

domingo, 28 de abril de 2013

Nace "Ordes. Terras de Trastámara"

De esq. a der. o fotógrafo e xornalista Pablo Quinteiro; o director xeral de Administración local da Xunta de Galicia, Norberto Uzal; Manuel Regos, alcalde de Ordes; o fotógrafo Moncho Martínez Noya; e Renato A. Landeira. 

Ordes. Terras de Trastámara*

Hoxe nace un libro inédito: Ordes. Terras de Trastámara. Unhas tresecenta fotografías en trescentas follas que reflectan que somos moitisimo máis que como tantos nos queren ver: unha tira de edificios atrapallados a ambas beiras dun cacho ao norte da Nacional 550.

Nós os ordenses posuímos unha terra privilexiada que agora amosamos ao mundo con orgullo: Terras tras o Tambre –Trastámara− asentada en planas amesetadas, penechairas polas que discorren os afluentes do frío Cabrón, que desauga no Lengüelle inmortalizado por Eduardo Pondal no seu milagre de Queixumes dos Pinos:

Rio Langüelle, rio Langüelle,
Ben se vé q’és da montaña;
Ou feo fillo das brétomas,
E das uces desleiradas.

Ordes u Órdenes, como se lle identificou durante tantos anos, podería ter a orixe do seu nome no hidronímico -ord ou –urd, o que fai referencia á auga. Os ordenses, segundo o investigador Edelmiro Bascuas, vemos sendo os ribeiregos dun río, do hoxe río Cabrón. Coma os de Ordesa (Huesca), do lago Urdiceto, de Ordizia, en Guipúscoa, á beira do río Oria. O Ordunte (Burgos), Urdanta (A Rioxa), Orduña (Burgos) e Ordino (Andorra). Tamén en Laracha  existiu unha villa Ordini documentada no ano 990, e en Guitiriz (Lugo), un monte coñecido como Ordinum.

Posuímos unha terra pisada por milleiros de peregrinos chegados do norte de Europa dende fai séculos no seu encontro co Apóstolo. Terras habitadas xa dende 4 000 anos antes de Cristo.

Zona oceánica, chuviosa e húmida, plantamos cara ao Atlántico e os seus frontes cargados de auga. O normal é que chova máis de dez días ao mes, e quince nos meses de inverno.

De Ordes deixou constancia por escrito Ramón Otero Pedrayo, Alejandro Pérez Lugín, José María Castroviejo e frai Martí Sarmiento.

Durante a Idade Media pertenceron estas terras ao poderoso condado dos Trastámara, donos das terras intimamente vinculadas á estirpe real de Castela.

Xa en época moderna sería Poulo a poboación que centraría o protagonismo da zona. Por esta hoxe parroquia ordense discorría o chamado Antigo Camiño Real, construído en 1761 sobre a vía romana que unía Braga con Astorga pola costa pasando por Brigantium –Betanzos− e Lucus Augusta –Lugo−, as tres capitais conventuais da Gallaecia.

Logo do fin do Imperio, a vía pasou a ser administrada polo pobo como camiño carreteiro ata que a tradición xacobina recuperouna como vía de acceso até Compostela.

Na Casa dos Maldonado, no lugar de Calle, pasou unha noite o príncipe Filipe, despois rei Filipe ii, o 25 de xuño de 1554, antes de embarcar na Coruña con direción a Inglaterra para casar con María Tudor. A un lateral da porta, na xamba esquerda, unha inscrición onde se lee:

En esta casa poso el rei D. Fhelipe ii  a 25 de ivnio de 1554.

Arriba no dintel aparece un escudo tallado que serviría de modelo para o actual escudo municipal: un castelo con torre e tres flores de lis.

Outro ilustre peregrino do Camiño inglés sería o gran duque Cosme III de Médicis, quen tamén fixo noite en Poulo o 6 de marzo de 1669. En xuño de 1755 sería frei Martín Sarmiento quen habería de describir puntillosamente a zona no seu libro de viaxes:

Caga boi na fonte feligresía de Santa María de Órdenes. Ponte Pereira, Poulo, cuatro leguas de Santiago. Mediodía.

Ponte das Táboas. Buscás. Cabeza de Lobo, una legua horrorosa desde Poulo. Aquí dejé a la izquierda el camino real de La Coruña, al principio de la Cuesta de Rabo de Egoa, y tomé a la derecha el camino de Betanzos y de Zarandones. 

Ata abril de 1834 non pasaría Santa María de Órdenes a ser capital do seu partido xudicial, e un par de anos máis tarde, o 6 de xuño de 1836, nacía o moderno municipio de Ordes. Poucos anos antes, na sobremesa da cea do 22 de setembro de 1815 era detido no caserón do Mesón de Deus, tamén chamado de Viqueira, en Merelle, o xeneral Juan Díaz Porlier levantado contra o rei Fernando VII. De alí foi levado á Coruña, onde morrería aforcado na hoxe praza de España, antes praza da Forca, da capital herculina.

Así, a vila de Ordes medraría en torno ao núcleo central parroquial e aos pés da rúa Real, que era pouco máis que un regato de adoquís que desembocaba, uns trescentos metros máis arriba, na carretera de La Coruña.

Unha monumental cacicada, froito da viciada e subdesenvolvida política da época, mudou en 1923 o nome orixinal do Novo Camiño Real, logo Rúa Real, polo que actualmente soporta: Avenida de Alfonso Senra. Sinistro político de nula vinculación coa nosa terra, beneficiado polos Trampetas –caciques- que chamaba Pardo Bazán, da nosa comarca. 

Ao final da Guerra Civil, entre 1939 e 1941, o Plan Xeral de Obras Públicas do ministro Alfonso Peña posibilitou a construción da estrada nacional 550. Arranca dende a hoxe avenida do alcalde Alfonso Molina até a mesma fronteira de Tui con Portugal, atravesando en canal a nosa vila. A vella rúa Real convertíase así en parte do seu trazado.

Á N-550 chamárona ‘a cidade galega que non figura nos mapas’, e Ordes en boa medida contribuíu a esta fama compartida con outras localidades irmás do seu trazado, tales como Carral, O Milladoiro ou Caldas de Reis. Non resulta disparatado dicir que a ambas marxes dos 180 quilómetros da N-550, agloméranse maís de 600 000 persoas.

Pero sería a partires dos anos 50, coa proliferación do tráfico rodado, cando a vila de Ordes despega, gañándose a súa fama como principal apeadeiro na viaxe entre as dúas cidades provinciais. Un traxecto dunhas dúas horas de duración que convidaba a moitos a facer pausa a, máis ou menos, metade de camiño; esa sorte tocoulle a Ordes. O Nogallás, El Túnel, o Vasco, Chocolatería Francisco Vilar ou os xa desaparecidos bares Liñares, Juanito ou Moar, deron boa conta durante longas décadas do filón que supoñía a estrada. 

Os populares queiques, receita xenuinamente ordense, foron creados nos años 60 á mesma beira da N-550 por Lolita Iglesias logo das modificacións persoais que faría á receita do pan doce porteño que un tío seu emigrado na Arxentina lle ensinara.

Logo está o agro e a nosa comarca de Ordes: unha mesma cousa. Nun xantar no Nogallás de Josefa e Manolito entre o presidente Fernández Albor e o xornalista veciño de Mesía Augusto Assía, debatiuse o nome do primeiro conselleiro de Agricultura do Goberno autonómico: Jaime Rey de Roa.

Non era nada raro ver a aquel veterano xornalista internacional que tivo trato persoal con Adolf Hitler, Charles de Gaulle e Dwight Eisenhower, falamos de Assía-Felipe Fernández-Armesto e da súa dona, María Victoria Fernández-España, Totora, a primeira muller vicepresidenta do Congreso dos Deputados. Non era extraño, dicía, velos comendo nunha das campechanas mesas do bar Juanito, falando co seu patrón e a súa dona, Carmiña, de caza, vacas, vacunas e pensos. 

O peculiar feísmo galego da segunda metade do século xx deixouse notar moito en Ordes. Como á metade do pobo, onde hoxe está o entorno do bar Orellas, existía unha igrexa románica, dedicada ao culto á virxe de Lurdes, e un cemiterio que o bárbaro urbanismo demoleu en 1974. Ben sabedes quenes foron os resposables deste disparate.

De interese arquitectónico resultan as igrexas románicas de San Xiao de Poulo en Outeiro de Arriba, e de San Paio de Buscás. A primeira, de planta única e bóveda rectangular, está aos pés do antigo Camiño Real a Compostela. Chégase a ela a través dunha bucólica ruta de sendeirismo duns nove quilómetros, de grande interese paisaxístico. En outono e con frío, resulta delicioso.

Xa logo chegaría a movida de Ordes dos anos 90, cuxa orixe pode deberse a un cóctel del baby boom de finais dos 60 e primeira metade dos 70 en España; a elevada taxa de natalidade rexistrada en Ordes durante os años 1975 e 1976, bastante por riba da media galega; o crecemento económico dos primeiros anos 90 unido ao retorno de numerosos grupos familiares orixinarios de Ordes e emigrados a Arxentina, Brasil, México e Venezuela nos años 40 e 50, e a Alemaña, Países Baixos, Francia e Suíza, nos 60 e 70; e dende logo, a estratéxica ubicación da vila de Ordes, punto central dunha gota de diamante formada polas poboacións de Carballo, A Coruña, Betanzos e Santiago de Compostela.

Todo isto converteu a zona e á súa comarca nun núcleo vivo de louzanía. A recente entrada de España na Unión Europea e o éxito das reformas democráticas catapultaron a toda unha xeración de xoves hacia o entusiasmo. O éxito internacional de España no ano 1992 fixo que a Galicia se entregara no Xacobeo 93. Ordes viviría a súa explosión como principal centro de ocio nocturno provincial. O Campo da Feira contaba cunha novidosa discoteca, Elepé 45, posible tras a reforma dunha antiga sala de festas chamada Órdenes 2000.

Dende os primeiros cacharros, como aqui lle chaman, do Orellas, Carpe Diem, Arcos, Kronos, O’Priorato, a piscina do Muíño, Doniña ou Bambú, a movida continuaba no Bruxas para seguir polo Papaluz, Desórdenes, Tahití, Manisero, e rematar a velada bailando en Elepé 45 o «Y digo Deportivo vamos a ganar esta partido…» acompañados das imaxes dos goles do ‘super-Dépor’ de Bebeto en pantalla xigante…

Todo isto e moito máis é Ordes. Cidade do mundo, aberta, acolledora co forasteiro, moi independente. Somos tamén os ordenses protestones e cabezotas. Gústanos a vida tranquila, a cercanía con Santiago e A Coruña que nos permite escoller entre unha segunda patria, e por riba de todo, somos moi ben dados a saír para fóra. Ordenses dos tres mundos: Galicia, América e Morte. Non houbo no mundo centro de recepción de emigrantes que non fora desembarcado por un ordense.

Agora nace este libro dedicado a todos nós, os ordenses. Aos ordenses de Ordes, aos ordenses de Santiago, da Coruña, de Vigo, de Francia, de Suíza, de Holanda, da Alemaña, dos Estados Unidos, de México, de Venezuela, do Brasil, do Uruguai, da Arxentina. Tamén aos ordenses de Cuba, onde moitos, chegados analfabetos e voltos analfabetos, trouxeron as máns negras, calosas e laceradas de traballar, agarrando fortuna.

Despídome xa agradecendo de novo a vosa presenza, nunha xornada ademais moi especial, dedicada á Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes, esas outras terras que tamén comparten esa dignidade de pertencer ao Tras-Tamaris.

Quero despedirme ademais insistindo na necesidade de reforzar a nosa autoestima e o noso orgullo pola nosa terra, propoñendo ademais de que no caso de que a fusión de concellos prospere e o actual concello de Ordes poida integrarse con outros municipios veciños, ese novo gran concello que nacerá, leve por nome o que históricamente nos corresponde: o de concello de Trastámara.

Moitas grazas, veciños e veciñas de Trastámara.

Ordes, 26 de abril do 2013.

* Transcripción do texto leído por Renato A. Landeira na presentación de Ordes. Terras de Trastámara.

*

viernes, 26 de abril de 2013

Mañá se presenta 'Ordes. Terras de Trastámara', editado por Mediasiete

Asinado por Renato A. Landeira (coordinación da obra e textos) e Pablo Quinteiro (fotografías)

Será nos baixos da Alameda de Ordes ás 13:00 horas

A sala de conferencias dos baixos da Alameda acollerá mañá a presentación do libro Ordes. Terras de Trastámara, editado por Mediasiete, empresa titular deste blog Ordessiete e do xornal compostelán Santiagosiete

O libro está asinado por Renato A. Landeira (coordinación da obra e textos) e Pablo Quinteiro (fotografías). 

Ao longo das case 300 páxinas que compoñen a obra ofrécese un percorrido comparativo entre o Ordes de hoxe en día e o Ordes histórico. Aspectos e puntos de interese cultural, económico, turístico, arquitectónico, deportivo, industrial, festivo, etc, están representados na obra que sae á venta a un prezo de trinta euros.

Presentación Ordes. Terras de Trastámara. 
Lugar: Sala de conferencias dos baixos da Alameda. Ordes
Día e hora: Sábado 27 de abril. 13:00 horas.
Presenta: Renato A. Landeira
________________

Ordes. Terras de Trastámara.
Coordinación da obra e textos: Renato A. Landeira
Fotografías: Pablo Quinteiro, Ramón Martínez Noya.
Edita: Mediasiete Publicaciones, S.A., 2013.
Páxinas: 280
Prezo: 30 euros
Pedidos: 981 938444 / 619135217 / administracion@santiagosiete.es

*

viernes, 19 de octubre de 2012

Prado Patiño "planta" a Pedreira e Gonzalo Castro

Pedreira -PSOE- (esq.) e Gonzalo Castro (BNG) entre Pablo Quinteiro.
O debate de Radio Ordes resultou un cara a cara entre o socialista e o nacionalista

O debate que co gallo das eleccións autonómicas celebrou Radio Ordes esta noite finalmente non contou coa presenza dun representante do Partido Popular. 

Miguel Prado Patiño, exalcalde de Frades e agora candidato ao Parlamento de Galicia polo Partido Popular, si confirmara a súa presenza uns días atrás, ainda que finalmente non compareceu á cita ante os micrófonos da radio municipal.

Quenes si expresaron as súas ideas fronte aos escoitantes de Ordes foron o secretario xeral da Agrupación socialista de Ordes, Xesús Pedreira, e Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes.

*  

sábado, 12 de marzo de 2011

'Son de chafarís' repite candidatura a mellor programa de radio municipal en España

Raquel Ríos e David Fernández, creadores e conductores de 'Son de Chafarís' de Radio Ordes.
Son concedidos pola Deputación de Barcelona e coñeceremos o fallo do xurado o vindeiro 25 de marzo

O programa de Radio Ordes 'Son de Chafarís' (107.3 FM), conducido por Raquel RíosDavid Fernández terá unha nova oportunidade de converterse no mellor programa de radio municipal de España, a lo menos para o xurado da 30 edición dos Premios de Comunicación Local da Deputación de Barcelona. Nunha gala que terá lugar o vindeiro 25 de marzo na localidade de Terrassa, os 'chafarís' ordenses deberán impoñerse na votación do Premio Deputación aos programas '7 dies', de Aldaia Ràdio (Valencia), Viareventos e 'Arredor de nós', ambos de Radiodifusión de Emuga, Galicia), e 'Desde fuera del armario', de Onda Andalucía.

Haberá novos programas a finais deste mes
Pablo Quinteiro, director de Radio Ordes amosou esta mañá a súa satisfacción por esta nova nominación que ven a confirmar a gran calidade deste programa radiofónico cultural. O xornalista confía que nesta ocasión poida haber máis sorte para 'Son de Chafarís' e poidan traer para Ordes o galardón. Pese a que dende mediados de decembro a realización do programa está suspendido por mor dos compromisos académicos de Raquel e David, Quinteiro confirma que a nova programación de 'Son de Chafarís' será retomada a finais deste mesmo mes de marzo.

*

sábado, 26 de febrero de 2011

O mellor do debate da Lei de Augas

Extraemos para todos vos os mellores momentos do debate de onte en Radio Ordes

Podes coñecer o contido íntegro da charla a través deste enlace



O enxeñeiro Francisco Menéndez, de Augas de Galicia.
 Francisco Menéndez, presidente de Augas de Galicia
“Gustaríame saber de onde saiu a subida do 300 por cento da que fala o portavoz do BNG, e do 140 por cento que di o representante do PSOE porque eu non o sei e nós fixemos a lei. Non sei de onde saíron eses cálculos”

"Non se pararon obras en Ordes"
“En Ordes non houbo ningunha obra en tramitación en Augas de Galicia que se paralizara con motivo do cambio de Goberno na Xunta de Galicia”

“O ano pasado, a empresa que máis pagou polo canon de saneamento foron 800.000 euros, non sei de onde saíron os cinco millóns de máis dos que se fala aquí”

“Coa nova lei agora existe un gravame aos usos hidroeléctricos que antes non existía e que agora non interesa dicilo [por parte dos outros participantes]”

"Dentro dun ano veremos se se cobra ou non"
“Eu estou abraiado cos cálculos que estades dando, de verdade. Co tema dos usos agrarios e gandeiros, si estades tan convencidos de que vaise aplicar imos facer unha aposta aquí con el [Quinteiro] de testigo, dentro dun ano vémonos aquí mesmo e vemos se se cobra ou non”

“Esta lei aprobouse en moitos outros sitios, con este canon como é Cataluña por exemplo, é non houbo ningún problema”

"Tivemos tres reunións coa FEGAMP"
“O único problema que prantexou a FEGAMP nas tres reunións que tivemos con eles foi respecto a que non estaban de acordo en que foran os concellos os recadadores

“É absurdo dicir que se está privatizando a auga, en todo caso sería o contrario porque as traídas veciñais se chaman redes privadas de augas. O que se vai facer é pública a auga que é de todos”

“Creo que fixemos algo mal en canto á comunicación da Lei, nós pensamos que este é un bo instrumento, que non terá un impacto negativo, quen non hai nada electoralista, máis ben ao contrario, e que o tempo da e quita a razón”



O concelleiro de Medio Rural, Xesús Pedreira.
  Xesús Pedreira, conselleiro de Medio Ambiente e Medio Rural de Ordes
“Dende o Goberno de Ordes xa votamos en Pleno a retirada desta lei

“A Lei de Augas tamén foi rexeitada pola Deputación de Ourense e mesmo polo goberno do Concello de Frades, ambos gobernados polo Partido Popular”

"As obras hidráulicas irán para os concellos amigos"
“Este canon, xa o dixo o presidente de Augas de Galicia agora, o que quere é cobrar para facer obras hidráulicas que pola experiencia que temos xa sabemos onde van ir; van ir aos concellos amigos

“A Xunta vai a facer agora que os concellos fagan de recadadores. Non contan primeiro con nós e logo queren que lles recademos. O que deben facer vostedes é crear as ferramentas axeitadas para que os cidadáns sexan conscientes de que non van ser os concellos quen cobra este canon”

"Coas enmendas do PSdG-PSOE facíamos unha nova lei de augas" 
“Nós [o PSdG-PSOE] presentamos 171 emendas á lei, aceptáronse dúas e nós, coas nosas emendas, practicamente facíamos unha nova lei de augas

“A mi o que máis me doe e que Xóvenes Agricultores crea en esto e que sexa cómplice do que vostedes están facendo”


Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes.
 Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes
“A principal novidade que plantexa esta lei é a creación de dous novos impostos: o canon da auga e o coeficiente de vertido que vai supoñer un impacto brutal nas economías domésticas”

“O alcalde do PP de Frades tense manifestado en contra da lei de augas unha vez que o BNG de Frades ten empezado a explicarlle aos veciños en que consiste esta lei e as consecuencias moi negativas que tería para eles”

"Non hai vontade de suprimir o canon da auga"
“O retraso manifesto na tramitación desta lei no Parlamento galego por parte do PP e que acaba de recoñecer o presidente de Augas de Galicia é unha proba de que existe un cálculo electoral porque non se ten vontade de suprimir o canon da auga”

“O regulamento da Lei de Augas do País Vasco contempla unha exención total nos usos domésticos. Isto é o que non pretende facer o Partido Popular no caso galego e por iso están retrasando a aprobación do regulamento ata despois das eleccións municipais

"Hai encuberto un beneficio fiscal ás empresas que máis consumen e máis teñen" 
“ENCE, en Pontevedra pagou o ano pasado, co antigo canon de saneamento, cinco millóns de euros. Como se prevé agora recadar sete millóns de euros co total das industrias do país si xa unha soa pagou cinco? O que hai encuberto é un beneficio fiscal ás industrias que máis consumen e as que máis teñen”

“Por que non eliminan o canon, se coma di o conselleiro de Medio Ambiente, non compensa cobrar aos pozos e traídas particulares? É evidente… porque se quere cobrar

*

jueves, 10 de febrero de 2011

Sanjurjo (PP): "Non hai nada máis que debater da Lei de Augas que non fora xa debatido no Parlamento de Galicia"

O candidato popular José Luis Martínez Sanjurjo. 
"A lei non é tan mala como o BNG quere facernos crer"

"Estarei encantado de debater en Radio Ordes temas verdadeiramente importantes para os ordenses, como por exemplo a tramitación do PXOM"

Segundo as declaracións de onte de Pablo Quinteiro, director de Radio Ordes, o candidato do PP á alcaldía de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo rexeitaba a invitación a participar no debate da Lei de Augas que lle fixera o concelleiro de Réxime Interior e Comunicación, Manuel Astray. Ordessiete púxose en contacto co candidato popular para coñecer os detalles.

Pregunta. É certo que rexeitou a participación no debate da Lei da Augas en Radio Ordes?
Resposta. Si, así é.

P. E por que?
R. Pois moi fácil. A Lei de Augas é unha lei autonómica que foi debatida e posteriormente aprobada polo Parlamento de Galicia. Non hai nada máis que debater, é de obrigado cumprimento e agora so queda regular os seis regulamentos que a desenvolven.

P. Pero tan mala é esta lei para os ordenses?
R. Claro que non. En absoluto supón unha suba das tarifas como o BNG quere facernos crer.

"Existen temas máis importantes que esta Lei de Augas"
P. Logo por que toda esta polémica?
R. O BNG xa comezou con ela cando a lei aínda era un anteproxecto, alá polo outono pasado repartindo panfletos contra a mesma…Insisto, xa non hai nada máis que debater sobre esta lei que non fora debatido no Parlamento de Galicia, ademais existen outros temas moito mais interesantes para os veciños de Ordes, como as políticas municipais de emprego ou mesmo o Planeamento Xeral que é un tema que está bastante esquecido.

P. Seguirá o debate por Radio Ordes?
R. Si, o seguirei, aínda que non teño claro se finalmente se realizará. Ademais, quen irá ademais do BNG, o alcalde, Pedreira…?

"Astray e o BNG...e contra quen debaterán?"
P. Fálase de que pola parte do Goberno comparecerá Manuel Astray.
R. Pois moi ben se é Astray e o BNG…E contra quen debaterán? Insisto en que este debate non ten ningún obxecto, non hai nada máis que discutir desta lei xa aprobada polo Parlamento de Galicia.

P. Pero que rexeite este debate non quere dicir que non poida asistir a outros, non si?
R. Claro que non, todo o contrario, estarei encantado de participar en debates en Radio Ordes moito máis importantes que este.

P. Como por exemplo?
R. Pois como por exemplo a situación do Plan Xeral de Ordenación Municipal, que é unha medida trascendental para o futuro de Ordes.

*

miércoles, 9 de febrero de 2011

A dirección de Radio Ordes confirma que haberá debate sobre a Lei de Augas

O xornalista Pablo Quinteiro, director de Radio Ordes.
Terá lugar nunha data próxima e poderá ser seguido a través do  107.3 FM do dial

Martínez Sanjurjo (PP) rexeita o convite de Manuel Astray a participar "por non alimentar as demagoxias do BNG de Ordes"

O director de Radio Ordes, Pablo Quinteiro, fixo hoxe públicas unhas declaracións en resposta á solicitude de onte do concelleiro nacionalista Ramiro Recouso de iniciar un debate na emisora municipal sobre a Lei de Augas co alcalde Manuel Regos.

Así, Quinteiro confirma que tal e como se acordou no último pleno municipal celebrado hai escasamente dúas semanas, Radio Ordes levará a cabo un debate sobre la lei de aguas. A cita desenvolverase en breve dentro do espazo 'Toca debate', programa que aborda diversos temas políticos, económicos e sociais que atañen directamente ó municipio e no que participan veciños e representantes do concello.

Non foi Recouso senón Castro
En relación co escrito enviado polo BNG de Ordes aos medios de comunicación no que se insta óao alcalde á realización deste debate, a dirección da emisora local lembra que non foi Ramiro Recouso, senón Gonzalo Castro quen solicitou a celebración deste debate. Unha solicitude que non lle foi plantexada ó alcalde de Ordes senón ó concelleiro de Persoal, Réxime Interior e Comunicación, Manuel Astray Mariño, tras a desaprobación dunha moción presentada polo BNG sobre este tema.

Así, dende a dirección de Radio Ordes tíldase de manipulación informativa o escrito no que se insta a Manuel Regos a que cumpra co seu compromiso de realizar dito debate. Tamén queren poñer en coñecemento de todos os oíntes e veciños que se está a traballar no tema, así coma noutras propostas plantexadas por membros da oposición, como por exemplo as concentracións parcelarias.

Referente ó debate sobre a lei de augas, Manuel Astray como responsable directo da emisora, solicitou persoalmente a participación do actual candidato do PP a alcaldía de Ordes. Unha invitación que José Luis Martínez Sanjurjo rexeitou por “non querer participar e alimentar as demagoxias do BNG de Ordes” según manifestou.

As frases de Pablo Quinteiro, director de Radio Ordes
“Non é a primeira vez que o BNG insinúa e incluso nos acusa de manipular a información e de vetalos, polo que este escrito e o que nel se insinúa non é unha sorpresa para nós”

“En multitude de ocasións poñémonos en contacto con Gonzalo Castro para emitir as súas explicacións sobre diversos asuntos. Sempre foron convidados ós debates e no informativo das 14.30 horas téñense ofrecido declaracións sobre as emendas e mocións presentadas nos plenos"

"Que a oposición teña un nivel de participación tan elevado nunha emisora municipal é algo impensable en calqueira outro medio municipal. E si esto sucede así é grazas ó talante democrático e a liberdade que tanto Manuel Regos como Manuel Astray profesan hacia as labores e os traballadores desta emisora”

*

viernes, 19 de marzo de 2010

Ordes celebra la próxima visita del Papa Benedicto XVI

.
El próximo 6 de noviembre pasará unas horas en la capital de Galicia

Preguntamos a las fuerzas vivas de la villa el papel de Ordes en esta transcendental fecha para todos nosotros

Cuando el Papa Benedicto XVI aterrice en el aeropuerto de Lavacolla el próximo sábado 6 de noviembre se encontrará a apenas quince kilómetros de nuestra villa de Ordes. Una visita y un programa que apenas se conocen a grandes rasgos, pero de los cuales deberíamos mostrarnos muy afortunados. El papa alemán no comparte el mismo gusto que Juan Pablo II por los viajes. Así, Benedicto XVI únicamente realizó un viaje apostólico en todo el pasado año 2009, a Tierra Santa entre el 8 y el 15 de julio.

A diferencia de lo que se podría pensar, los viajes papales son algo bastante infrecuente y todos ellos guardan detrás una inexcusable circunstancia. En 2008 fueron tres las salidas del Vaticano, una a Estados Unidos, a la sede de la ONU en el mes de abril; la segunda, tres meses después a Sydney (Australia) a presidir la XXIII Jornada Mundial de la Juventud. La última de ellas a Francia en septiembre de ese mismo año y con motivo del 150 aniversario de las apariciones marianas de Lourdes. Hasta hoy, Ratzinger tan sólo ha realizado once viajes al extranjero desde que accediera a la cátedra de San Pedro el 19 de abril de 2005.
.
Juan Pablo II estuvo dos veces en Santiago
Todavía son muchos los ordenses que recuerdan con toda nitidez una o las dos visitas que Juan Pablo II hizo a Santiago de Compostela en el pasado. La primera de ellas tuvo lugar el martes 9 de noviembre de 1982 haciendo escala en su primer viaje apostólico a España. Monseñor Ángel Suquía era el Arzobispo de Santiago. Desde la misma escalinata del avión y a esos mismos quince kilómetros de nuestra villa de Ordes, pronunció las ya inmortales palabras “¡Hasta siempre España, tierra de María!”

Seis años después, el sábado 19 de agosto de 1989, Juan Pablo volvería a a tocar suelo compostelano. En ese segundo viaje apostólico viviría uno de los momentos más emotivos que se recuerdan de un Papa en España: el recorrido simbólico de los últimos cien metros del Camino de Santiago, en concreto desde el convento de San Francisco hasta la misma Catedral compostelana.

Un día después le esperaba el masivo acto de la Jornada Mundial de la Juventud en el Monte do Gozo en el que según datos de la Conferencia Episcopal Española, “participaron cerca de un millón de jóvenes”.

¿Qué lugar ocupa Ordes en la visita del Papa y en el Año Santo Compostelano?
Será en apenas ocho meses cuando tengamos ocasión de recibir de nuevo la visita del Papa de Roma y hemos preguntado a algunos destacados ordenses por su opinión del transcendental hecho. También hemos querido conocer si esta visita reportará algún beneficio para Ordes y los ordenses. Por último, saber también del papel que juega el municipio de Ordes en el programa institucional del Año Santo Compostelano 2010.

Xesús Pedreira, conselleiro de Medio Ambiente, Medio Rural y Sanidade, además de secretario xeral de la Agrupación Socialista de Ordes, reconoce que se trata de “unha ocasión histórica para Santiago de Compostela en particular e para toda Galicia en xeral de situarse no mapa mundial” y no le cabe duda “da fonte de riqueza que repercute a visita dun Papa e dun Xefe de Estado, neste caso á capital de Galicia”.

Para el alcalde Manuel Regos, la visita del Papa “é algo positivo e importante que lle dará un pulo ao Ano Santo nuns tempos de crise como os que estamos a vivir”. Benedicto XVI supondrá, según declara Regos, “un atractivo máis para os potenciais visitantes da cidade”.

Más prosaico se muestra Pablo Quinteiro, director de Radio Ordes. “Á marxe das conviccións relixiosa de cada un, a campaña promocional a nivel mundial que supón a visita do Papa non pode deixar de ser valorada”. Para el periodista no existe duda de que “unha visita deste tipo supón millóns de euros para as arcas públicas”.

Estrella Vázquez, presidenta da la gestora del PP local coincide con Regos en congratularse de esta visita en tiempos de crisis. “Vai a supoñer unha importante fonte de ingresos para a nosa comunidade”, asegura.

Desde la fuerza nacionalista, Gonzalo Castro "comprende" y "respeta" la importancia que para nuchos gallegos y gallegas pudiera tener esta visita "dende unha valoración estrictamente relixiosa". Aún así, Castro teme que la Xunta de Galicia pretenda usar la visita del Papa "como unha cortina de fume que esconda a deficiente planificación que se está a facer do Xacobeo".

De “importante y positiva” la define Juan Simón, médico y concelleiro de la corporación municipal. Y no sólo por su innato contenido religioso, “senón tamén nos aspectos económicos, políticos e culturais”. Simón además, hace una interesante reflexión sobre las gestiones que posibilitaron el compromiso del Vaticano. “Cando tódalas forzas políticas teñen unha postura común –respecto a la intervención de Casa Real, Gobierno, Xunta de Galicia, Arzobispado y Conferencia Episcopal- é mais sinxelo recollelos froitos e lograr obxectivos como é o caso, e oxalá que fora así noutros aspectos tal vez máis importantes”.
.
Se espera un gran número de visitantes
Nadie duda ya del beneficio neto que el viaje apostólico generará a la ciudad de Santiago de Compostela. ¿Y en Ordes? ¿Tendríamos alguna opción de beneficiarnos de este singular episodio?

Todos los encuestados han asegurado que sí. La visita del Papa Ratzinger beneficiará al comercio, el turismo y la hostelería de Ordes. “A viaxe do Papa conlevará un gran número de visitantes que, dada a nosa proximidade a Santiago, se moverán por toda a zona, o que nos permitirá ademais de dar a coñecer o noso municipio, que supoña un pulo para a nosa hostalería e o comercio”, apunta el alcalde Manuel Regos.

Por su parte, Pedreira apunta al hecho de “non esquecer que Ordes ten o privilexio de ser un municipio atravesado por un dos Camiños a Santiago, neste caso, o Camiño Inglés” y que la visita del Papa “debería multiplicar por varias veces a frecuencia de visitantes e peregrinos a Santiago”.

De la misma opinión es Estrella Vázquez al asegurar que los pueblos por los que discurran una parte de los Caminos “van a saír moi beneficiados coa visita do Santo Padre, posto que o número de peregrinos aumenta”. La popular afirma que “moitos logo de rematar a andaina, quédanse uns días para coñecer o entorno e iso xenera ingresos”.

Los altos precios que ya han empezado a aflorar en los hoteles compostelanos para esas fechas puede ser una magnífica oportunidad para la hostelería ordense, o al menos así lo apunta Juan Simón. “Ordes pola súa proximidade a Santiago pode notar a afluencia de visitantes, e mesmo persoas que pernocten no noso concello evitando os prezos mais altos da capital”, reconoce.

Ser punto de paso de peregrinaje también es clave para el nacionalista Gonzalo Castro, quien entiende que "unha afluencia masiva de peregrinos" es lo que causaría el deseado efecto positivo sobre Ordes. Aun así, asegura que "Ordes está ainda moi lonxe de ter unha estructura hoteleira capaz de poder convertir o noso pobo en referencia de paso cara Santiago nun ano Xacobeo, ou cando menos de hospedaxe para a xente que poida vir á visita do Papa".

Quinteiro sugiere reforzar nuestras virtudes, entre ellas el formar parte del Camino Inglés, para sacar el mayor beneficio a esta ocasión histórica. “Citas estivais como as festas patronais ou Brincadeira con carteis de artistas que resulten atractivos para un público amplo son algunhas das opcións”, apunta.
,
Ordes tiene su lugar en la cita religiosa y cultural
La Xunta de Galicia se ha esforzado por convertir el Año Santo Compostelano en un evento festivo y cultural de todos los gallegos. ¿Qué lugar por tanto, ocupa Ordes en este Año Santo Xacobeo?

Todos los consultados se muestran convencidos de que Ordes tiene, más o menos angosto, su lugar en la cita religiosa y cultural. Un lugar que se debe traducir en volumen de visitas que dejen dinero en nuestros comercios, restaurantes y hoteles. “Sen dúbida o feito de que o 2010 sexa Ano Santo traerá peregrinos e demais visitantes ao noso municipio”, apunta el alcalde, quien ya adelanta que se hará un balance a finales de año de la incidencia del Año Santo Xacobeo en la villa de Ordes.

Pedreira fue capaz de concretar más las actuaciones municipales en vistas a este 2010. “Dende o Concello existe unha aposta decidida pólo noso patrimonio peregrino cultural e relixioso”, dice el socialista. En el momento actual el gobierno municipal se encuentra a la espera “de que a Xunta de Galicia inclúa nos próximos orzamentos o proxecto que fixemos e entregamos para converter a reitoral de Poulo como albergue de peregrinos”.

Estrella Vázquez opina que ofrecernos tal y cual no es suficiente para el turista y sugiere elaborar “rutas alternativas, excursións organizadas e programas de actividades tanto diurnas coma nocturnas” para seducir a los visitantes. Vázquez reconoce que “temos que saber ‘vender’ moi ben o que podemos ofrecer a quen nos visite”.

Para Simón los importante es que se genere “un movimento económico en todos os sectores”, y que los visitantes no sólo vengan a comer y dormir “senón tamén para realizar as súas compras”.

Menos entusiasta se muestra Castro, quien asegura que "o papel de Ordes está moi condicionado pola deficiente estructura hoteleira que existe no noso concello". En cualquier caso, dice, "se debería intentar aproveitar o patrocinio do Xacobeo para organizar festivais e actividades que poidesen atraer a visitantes ao noso concello".

Por último, el director de Radio Ordes sugiere que tomemos buena nota de las actuaciones que llevaron a cabo los municipios por los que transcurre el Camino Francés “e que tanto beneficio lles está a aportar”. Una vez conocidos se estudiaría la viabilidad de ser implantados aquí. “Ordes podería presentarse como un bo lugar de pernoctación onde poder disfrutar dunha paraxe natural como hai poucas na comarca” concluye el periodista.

Foto arriba: El arzobispo Ratzinger saluda al Papa Juan Pablo II

Foto medio: El sacerdote Joseph Ratzinger con 38 años siendo profesor universitario.


*

miércoles, 17 de marzo de 2010

Un programa de Radio Ordes, candidato al Premio de Comunicación de la Diputación de Barcelona

.
Se trata de 'Son de Chafarís', una propuesta radiofónica de los estudiantes de Periodismo Raquel Ríos y David Fernández

Es el único espacio gallego candidato a estos premios dotados con 12.000 euros

En su categoría, Mejor Programa de una emisora municipal de España, compite con otras ofertas andaluzas, mallorquinas y valencianas

El programa cultural de Radio Ordes 'Son do chafarís' opta este viernes al premio en la categoría de Mejor Programa Municipal de Radio a nivel estatal 2009 . Se trata de la única candidatura gallega a dicho premio, convocado por la Diputación de Barcelona dentro de la 29ª edición de los Premios de Comunicación. El galardón está dotado con 12.000 euros.

Cultura contemporánea y tradicional gallega
Son do Chafarís lleva emitiéndose en la emisora local ordense desde el pasado més de octubre. Conducido por Raquel Ríos y David Fernández bajo la dirección de Pablo Quinteiro, aborda durante más de dos horas aspectos de la cultura contemporánea y tradicional gallega. Para ello cuenta con secciones fijas en las que la lengua, literatura y música gallegas son el tema principal.

Cada semana ofrece entrevistas con destacados personajes de máxima actualidad dentro de los circuitos culturales y audiovisuales de la comunidad gallega. El actor Luis Tosar, la escritora Rosa Aneiros, la cantante Guadi Galego, la poeta Yolanda Castaño, el catedrático Euloxio Ruibal o la banda de folk Milladoiro son algunos de los invitados que han tenido presencia en Son do Chafarís durante su primera temporada.

Dentro de su categoría Son do Chafarís compite con los programas De este a oeste (Emisoras Municipales Andaluzas), Això no és Sicília (D'Ona Mallorca) y Aldaia en emergència (D'Aldaia Ràdio).

Los Premios de Comunicación 2009 se inscriben dentro de las acciones de la Diputación de Barcelona para potenciar la comunicación local, contribuyendo a un enriquecimiento del panorama general informativo y comunicativo.

Las frases de Pablo Quinteiro, director de Radio Ordes
“O feito de estar nominados a un premio de índole nacional xa nos enche de orgullo e xa nos fai sentir dalgún xeito un pouco gañadores aínda que non recibamo-lo premio”

“O bo sabor é máis intenso tendo en conta que é por un programa de marcado carácter galego, feito por e para galegos e a través do cal se pretende facer país”

“Todo o mérito é de Raquel Ríos e David Fernández, dous estudantes de xornalismo cun gran porvir e cunhas cualidades comunicativas excepcionais. Eles son os verdadeiros artífices deste espazo cultural que cada semana ten máis seguidores e para eles ten que ir todo o recoñecemento, eu simplemente me limito a canalizar debidamente todo o seu esforzo”

Foto: Raquel Ríos y David Fernández conducen Son de Chafarís en Radio Ordes cada viernes.
*

domingo, 3 de enero de 2010

Lo Mejor de Ordes en 2009 (III)

.
Ordense Revelación del Año 2009. Nominados: Montse Rey, Nazaret González, Pablo Quinteiro y Macarena Pallas

Montse Rey. Presidenta de Adega-Ordes. Ha sabido llamar la atención sobre varios aspectos medioambientales a tener muy en cuenta en nuestro municipio. Presidenta de la asociación ecológica desde noviembre de 2008, ha sabido revivirla y convertirla en un auténtico referente informativo de la comarca. Los encuentros que convoca desde Adega-Ordes son cada vez más frecuentados por vecinos, y atendidos por los concellos, empresas y medios de comunicación como información verídica y rigurosa.

.
Nazaret González. Directora del Centro de Información a la Mujer (CIM) de Ordes. Este 2009 fue un año de un antes y un después en esta oficina municipal. Se potenció la comunicación y el acceso a la misma de las mujeres inmigrantes residentes en nuestro municipio. Desde la concellería de Servizos Sociais de Ana Álvarez, se hicieron estudios de violencia de género y se puso en marcha una web, www.ordessenviolencia.org pionera en España en información y denuncia de violencia contra las mujeres.

.
Pablo Quinteiro. Director de Radio Ordes. El periodista aterrizaba en 2008 en una emisora municipal completamente muerta. Después de algo más de un año de trabajo ha logrado crear una programación variada con un nutrido grupo de colaboradores. Ha contribuido además en el fortalecimiento del convenio de colaboración de Radio Ordes con la Red de Emisoras Municipales de Galicia (Emuga). Tiene ahora por delante materializar el reto que el concelleiro delegado de Comunicación, Manuel Astray se había propuesto: autofinanciar la emisora a través de ingresos publicitarios.

.
Macarena Pallas Rodríguez. Vecina de Lesta, aunque nacida en Tordoia, nunca olvidará este pasado año de 2009 en el que consiguió el Premio Autonómico de Bachillerato. Terminó sus estudios en el IES nº 1 de Ordes con una calificación media de 9,8 y en selectividad alcanzando el 9,58. Su gesta logró el premio de 732 euros con los que la Consellería de Educación premia a los expedientes más brillantes. Actualmente estudia Medicina en la USC.

Puedes votar el/la Ordense Revelación de 2009 en la columna de la izquierda.
Mañana...Lo Mejor de Ordes en 2009
*

lunes, 30 de noviembre de 2009

Centos de nenas e nenos no espectáculo de 'La Bruja Tapita'

.
Varios concelleiros entregaron lotes de xoguetes aos cativos participantes

A discoteca LP45 acolleu esta fin de semana unha iniciativa solidaria en prol da discapacidade da que non quixo deixar de ser partícipe o Concello. Unha iniciativa organizada pola Asociación de Discapacitados de Ordes e Comarca (Adiscordes) e o Concello, e presentada polo xornalista Pablo Quinteiro, e que trouxo ata o municipio ao espectáculo lo infantil de 'La Brujita Tapita'. Así, na tarde do domingo foron centos os nenos e nenas que se achegaron ata a discoteca para presenciar este festival solidario e didáctico, no que o dúo Tiempo de Sol, creadores de “La Brujita Tapita”, combinou xogos musicais, bailes e cancións, facendo aos nenos e tamén aos adultos partícipes do espectáculo.
Lotes de xoguetes
Se sortearon entre os rapaces e rapazas asistentes lotes de xoguetes que foron entregados polos concelleiros do goberno local, Silvia Marín, José Luis Gómez Candal, Xosé Ramón Vázquez Raña e Xesús Pedreira, así como por representantes de Adiscordes, encabezados polo seu presidente Antonio Morán, quen agradeceu a boa acollida do evento.

Pola súa banda a concelleira de Discapacidade do Concello de Ordes, Silvia Marín, tamén quixo agradecer a boa resposta do pobo ordense a esta iniciativa solidaria, así como fixo tamén un especial agradecemento a LP 45 que cedeu as súas instalacións para a celebración do festival de maneira totalmente gratuíta.
*

jueves, 22 de octubre de 2009

Esta tarde, debate en Radio Ordes sobre la situación de la educación Infantil y Primaria de Ordes

A las 17 horas en Radio Ordes

Silvia Marín (Concelleira educación)Paz Robado (Directora CEIP Castelao)Marisa Cela (Vocal da ANPA Castelao)Mercedes Barros (directora Campomaior)Conchi Muiño (Tesoreira ANPA Campomaior)

Modera: Pablo Quinteiro (Director Radio Ordes)

Temas que se abordarán: Eliminación barreras arquitectónicas, apoyo del cuadro de profesorado con profesores de apoyo de cara a los alumnos deficientes con necesidades educativas especiales, déficit, carencia y deterioro de las infraestructuras de los centros educativos ordenses, presupuestos cara este nuevo curso, preguntas planteadas en la Mesa del Parlamento por parte de grupos políticos.

*

lunes, 21 de septiembre de 2009

Radio Ordes inicia una prometedora y revolucionaria temporada

.
La emisora dirigida por el periodista Pablo Quinteiro espera convertirse en referente radiofónico de los ordenses

Contará con un equipo formado por DJ Miguel Fons, Juan Abeijón, Belén Rodríguez, David Fernández, Raquel Ríos y José Antonio Sanjurjo

Los servicios informativos de Radio Ordes comienzan una nueva etapa con la emisión diaria de un informativo que se emite a las 14 y a las 22.30 horas de lunes a viernes. Este nuevo espacio se viene emitiendo desde ayer lunes y en él se da cuenta de las informaciones más relevantes del ámbito local y comarcal. Política, economía, cultura, deportes, meteorología y sorteos son las áreas a las que se presta una atención especial. En el nuevo informativo de Radio Ordes también se da cuenta de todas las novedades referentes al ámbito agrícola y ganadero, de vital importancia para la economía de toda la comarca ordense.

Pablo Quinteiro, actual director de la emisora, es el encargado de llevar a cabo este nuevo proyecto que, en breve, espera convertirse en el referente informativo radiofónico de todos nuestros vecinos.

No obstante, los responsables de la emisora esperan poder ofrecer en breve este espacio a través de plataformas multimedia como es el caso de nuestro Ordessiete.

Además, desde Radio Ordes ya se ha puesto en marcha el convenio de colaboracón con la Red de Emisoras Municipales de Galicia (Emuga). Gracias a este acuerdo semanalmente la emisora de carácter autonómico se hará eco de todas las informaciónes, actos o eventos más destacados del municipio.

Paradisc, nueva apuesta musical
Por otro lado, el DJ Miguel Fons se ha unido al equipo que actualmente configura la plantilla de Radio Ordes. Paradisc es el nombre de su espacio musical que se emite todos los sábados de 19 a 21 horas. En él se dan cuenta de todas las novedades relativas a la música de baile, especialmente a las englobadas dentro del estilo house. Miguel Fons es sobradamente conocido por los aficionados a la música dance, sobre todo en el ámbito de Ordes, ya que desde hace una década viene pinchando en esta localidad durante las noches de los sábados. (www paradisc.com)

Esta nueva apuesta musical, unida a Bucle (www.myspace.com/bucleradio), Frecuencia de Baile (http://www.frecuenciadebaile.com/) y las sesiones con DJ´s completa la oferta para las tardes y noches en Radio Ordes, donde los más fiesteros tienen una cita ineludible.

Asimismo, esta semana Juan Abeijón ha iniciado una nueva temporada con su magazine matinal, As mañanciñas de Radio Ordes. De lunes a viernes, en un horario comprendido entre las 9 a las 13 horas mantendrá entrevistas con los personajes que protagonizan la actualidad de Ordes. Como es costumbre se seguirán atendiendo las peticiones musicales de todos los oyentes.

PARRILLA DE PROGRAMACIÓN

LUNES, MARTES, MIÉRCOLES Y VIERNES:
09:00-13:00 h. As mañanciñas de Radio Ordes. Magazine matutino, con Juan Abeijón.
13:00-14:00 h. Música sen pausa. Bloque musical elaborado por Radio Ordes.
14:00-14:20 h. Informativo Radio Ordes. Boletín informativo con Pablo Quinteiro.
14:20-14:30 h. Cerna. Espacio informativo sobre Medio Ambiente, con Belén Rodríguez.
14:30-17:00 h. Música sen pausa. Bloque musical elaborado por Radio Ordes.
17:00-18:00 h. Stars, Beale steet, 18 rodas, Música da túa vida. Programa musical especializado. Estilos Rock, Años 80, Blues, Pop y éxitos pasados (Emuga).
18:00-20:00 h. O viraventos. Magazine juvenil de tarde, con Eva Ocampo (Emuga).
20:00-20.30h Informativo Galicia. Información de ámbito autonómico, con Manuel Álvarez Moreira (Emuga).
20:30-22:30 h. Arredor de Nós. Magazine de actualidad regional, con Heleda Dopico. Reemisión. (Emuga).
22:30-22:50 h. Informativo Radio Ordes. Boletín informativo, con Pablo Quinteiro (Reemisión)
22:50-09:00 h. Música sen pausa. Bloque musical elaborado por Radio Ordes.

JUEVES:
09:00-13:00 h. As mañanciñas de radio Ordes
13:00-14:00 h. Música sen pausa
14:00-14:20 h. Informativo Radio Ordes
14:20-14:30 h. Cerna
14:30-16:00 h. Música sen pausa
16:00-17:30 h. Son do Chafarís. Espacio de cultura, música y de tradiciones. Presentado por David Fernández y Raquel Ríos. Dirigido por Pablo Quinteiro.
17:30-18:00 h. Música sen pausa
18:00-20:00 h. O viraventos
20:00-20:30 h. Informativo Galicia
20:30-22:30h. Arredor de Nós
22:30-22:50 h. Informativo Radio Ordes
22:50-09:00 h. Música sen pausa

SÁBADO:
00:00-12:00 h. Música sen pausa
12:00-13:30 h. Son do Chafarís
13:30-18:00 h. Música sen pausa
18:00-19:00 h. Bucle
19:00-21:00 h. Paradisc Programa centrado a la música de baile. Dirigido y presentado por Miguel Fons. Además de presentar las principales novedades se realizan entrevistas con figuras destacadas de la música electrónica
21:00-23:00 h. Frecuencia de Baile. Espacio que atiende a todas las novedades y éxitos que llenan las pistas de baile. José Antonio Sanjurjo y sus colaboradores realizan reportajes y entrevistas con figuras del ámbito musical electrónico a nivel nacional.
23:00-00:00 h Sesión Dj. Cada semana un disc jockey nos ofrece una sesión especialmente creada para Radio Ordes.

DOMINGO
24 h. Música sen pausa


*