sábado, 28 de enero de 2012

Crece la renta de los ordenses hasta los 1.936 euros mensuales

Ordes ha experimentado uno de los mayores crecimientos de renta de toda Galicia


Somos igual de 'ricos' que los vecinos de Melide o Arzúa

Los últimos datos publicados del Instituto Galego de Estadística confirman que la renta media familiar de los vecinos de Ordes creció un diez por ciento respecto a los datos de 2007 llegando hasta los 1.936 euros de ingresos mensuales. 


Ordes se sitúa con una renta mensual familiar idéntica a la de las localidades de Melide (INE 2007 7.916 hab.) y Arzúa (INE 2011 6.328 hab.) y es, junto a estas poblaciones coruñesas, el municipio que mayor crecimiento de renta ha experimentado. El municipio líder en renta familiar mensual en Galicia es Santiago de Compostela, con 2.419 euros mensuales.


Por otra parte, las últimas cifras de desempleo en Ordes expresadas por el Gobierno de España en enero de 2012 es de 2.888 personas, 1.461 mujeres por 1.427 hombres.

*

El Museo Juanjo Liñares firma con museos de Valladolid y Logroño la 'Ruta de la Danza'

Momento da inauguración do Museo do Traxe o 16 de xaneiro de 2010. 
Fue ayer en Logroño y pretenden estimular los recorridos turísticos y el baile

La agencia EFE informa hoy que el Museo del traje Juanjo Linares de Ordes, el Museo Mariemma, de Íscar (Valladolid), y la Casa de la Danza de Logroño, han puesto en marcha ayer el proyecto de la "Ruta de la danza" con el que pretenden fomentar las actividades conjuntas y los recorridos turísticos relacionados con el baile.


Estas tres entidades han firmado en Logroño el convenio para desarrollar este proyecto, en un acto al que han acudido los responsables de los museos, el alcalde de Íscar, Alejandro García y la concejala de Cultura de Logroño, Pilar Montes, entre otros. La agencia EFE no cita a ningún nombre que haya asistido en representación del museo ordense.
*

Ordes acolle unha nova mostra sobre o cambio climático

A mostra consta de dezanove paneis informativos ademais de outras ferramentas divulgativas.
En colaboración co Instituto Enerxético de Galicia (Inega) e o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (Ceida)

O Concello de Ordes inaugurou o pasado xoves unha nova exposición sobre o cambio climático. ‘O noso mundo, o noso futuro, a nosa opción’ pretende dar a coñecer este problema, á par que informa sobre as súas causas e consecuencias tanto a nivel global como en Galicia. Outro dos obxetivos da mostra é o de propoñer comportamentos e accións que loiten contra a degradación medioambiental, fomentando un desenvolvemento máis equilibrado.

A exposición consta dun total de dezanove paneis ilustrados e informativos, da proxección audiovisual  ‘Cambio climático: o reto do século XXI’, ademáis do módulo interactivo ‘E máis eu, cantas emisións poido evitar ?’, no cal a través dunha bicicleta os visitantes poden comprobar cantas emisións de dióxido de carbono evitarían lanzar ao aire utilizando este medio de transporte en vez doutros que precisen de combustibles fósiles

A mostra permanecerá no primeiro e segundo andar da Casa do Concello de Ordes ata o vindeiro 1 de marzo. O horario de apertura será de 08:00 a 15:00 horas de luns a venres.

En colaboración co Ceida e Inega
A exposición está organizada polo Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ordes en colaboración co Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (Ceida) e o Instituto Enerxético de Galicia (Inega), institución esta última dependente da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia. 

*

viernes, 27 de enero de 2012

O pleno prohíbe o tránsito a camións de gran tonelaxe pola estrada Mercurín-Cerceda


O asunto da rúa Manuel Fraga será estudiado en comisión

O Concello de Ordes ofrécelle á Banda de Música un novo convenio dun fixo de 6.000 euros anuais

Na noitiña de onte tivo lugar a sesión plenaria ordinaria da corporación municipal do Concello de Ordes correspondente ao mes de xaneiro. Tras un minuto de silencio en memoria dos recentemente falecidos Manuel Fraga Iribarne e Isaac Díaz Pardo, a corporación aprobaba de xeito unánime o nomemamento de Silvia Marín como nova vogal suplente na asamblea da Mancomunidade Municipios da Comarca de Ordes.

A continuación, entráronse a debatir distintas mocións presentadas por cada un dos grupos da oposición. Abrindo este punto, Ana María Álvarez (CideGa) presentaba un ambicioso programa de aforro municipal para o periodo 2012-2014 que incluía, segundo as súas propias palabras, "unha serie de medidas moi pouco populares". Votada a súa urxencia, a moción foi finalmente rexeitada cos sete votos en contra de UxO e a abstención do BNG e PSdG-PSOE.

PEIM 2010-11
O PSOE decidiu retirar a moción pola que se solicitaba a construcción de depósitos de captación de auga para usos agrícolas e contraincendios forestais nas zonas de Barbeiros, Lesta, Parada e Vilamaior. Cunha partida de algo máis de 106.000 euros englobadas dentro do Proxecto Extratéxico de Medio Rural 2010-11 (PEIM), o equipo de Goberno manifestou a súa prioridade para investir estes cartos no arranxo de camiños e pistas rurais, finalidade para a que realmente están concebidas este tipo de subvencións. Neste eido o portavoz socialista, Xesús Pedreira, sinalou a importancia de que se acometeran este tipo de tarefas no vial do Quinto.

Tamén por parte dos socialistas presentouse unha moción en referencia a estrada de Mercurín que une Ordes con Cerceda. Petición que foi aprobada cos votos a favor de todos os grupos agás o PP que se abstivo. Nela prohíbese a circulación de vehículos de 5,5 toneladas que non estén autorizados polo Concello de Ordes. O mal estado deste vial é provocado polo numeroso tráfico pesado que diariamente se dirixe á pranta de Sogama. Precisamente esta semana o alcalde de Ordes, Manuel Regos, mantivo diversas xuntanzas tanto con persoal da Deputación da Coruña como da Xunta de Galicia que lle amosaron a súa predisposición a iniciar as obras de mellora en canto o Goberno central dé o seu visto bo.

Estación da Pontraga
Por parte do BNG rexeitouse a moción que solicitaba a revisión do convenio de cesión do uso da estación da Pontraga e a súa entorna, pola que se está a pagar 11.000 euros anuais a Adif. A concelleira do BNG, Montserrat Rei salientou que “é inaceptábel que o Concello ademáis de asumir os gastos de conservación desta infraestructura e do seu entorno, teña que facer fronte ao pago dun canon case 11.000 euros anuais ao ADIF, sen destinala a ningún fin de interese para a veciñanza, tendoa simplemente abandonada e pechada”.

O mesmo ocurriu coa proposta para manifestar o rexeitamente á suba do IBICastro anunciou que “a aplicación deste Real Decreto suporá un incremento do que están pagando os veciños e veciñas de Ordes na actualidade en concepto de IBI dun 10% no recibo de 2012 e dun 22,5% no recibo de 2013, o que obrigará a un incremento impositivo que prexudicará á cidadanía, cun grave impacto nas economías domésticas”.

Unha decisión a de rexeitar a proposta, establecida dende o Goberno Central para tratar de reducir o déficit público. Tal e como explicou Silvia Marín dende o Concello “rexeitan gravámenes innecesarios para os veciños nestes tempos de crise, pero negarse a facelo suporía incurrir nun delito con consecuencias penais para o Concello”.


Banda de música
O que sí se aprobou foi a moción de apoio á banda de música municipal e a escola de música. Segundo manifestou Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordesos profesores da Escola de Música teñen 2 meses sen cobrar do pasado curso 2010/2011, sen que teñan cobrado tampouco ningún mes do actual curso 2011/2012”. O portavoz nacionalista salientou que “a situación de abandono á que o alcalde ten condeado á Escola de Música, chega ao extremo de non pagar á persoa encargada da limpeza das instalacións da Escola, que desde o mes de maio non está a percibir ningunha cantidade do Concello, facéndose cargo do pago a esta persoa a Asociación de Amigos da Música de Ordes diante da pasividade do alcalde e o seu goberno para solucionar esta situación”. 

Marín asegurou que o Concello vese imposibilitado a manter o acordo verbal ó que se chegara no ano 2007 debido a situación económica actual. Aínda así actualmente se mantén un acordo polo que se lle abonan 2.500 euros por actuación ademáis de 6.000 euros fixos. Recoñeceu tamén que se adebedan unha serie de soldos a algúns profesores e que éstes se abonarán en breve. O portavoz nacionalista acusou ao alcalde e o seu goberno de “hipocresía, porque mentres manteñen no máis absoluto afogo económico á Escola e á Banda de Música, o goberno municipal negouse, co apoio do PP, á diminución dos gastos en dietas dos concelleiros, reducindo o seu número nas comisións informativas, algo que propuxo o BNG no Pleno de outubro e que suporía un aforro de 15.000 euros anuais ás arcas municipais, cantidade que costearía o convenio de todo un ano coa Banda de Música”.

Por último precisou Silvia Marín que a pesar do inxente esforzo que lle supón ó Concello continuar con este apoio á cultura non deixarán de impartirse clases de instrumentos ós que acuden un escasísimo número de alumnos.


Grumir
Outra das mocións que prosperou foi a proposta polo PP na que solicita a consideración do despedimento dos empleados no servizo de Grumir. Manuel Regos amosou a súa confianza en que nun curto prazo de tempo as entidades encargadas de xestionar os fondos europeos que subvencionan este servizo volvan a conceder os recursos necesarios para poder proceder á contratación de efectivos. Unha contratación para a cal o Concello de Ordes non ten capacidade tal e como informou o técnico municipal ante a solicitude do alcalde. Non obstante, o alcalde Manuel Regos comprometeuse a apoiar en todo o posible á volta deste servizo para o Concello.

Ante a solicitude dos populares de dedicar o nome dunha rúa en Ordes ao recentemente falecido Manuel Fraga Iribarne, acordouse nomear unha comisión para estudiar o caso.

CEIP Castelao
No apartado de rogos e preguntas destácase a plantexada polo PSOE en referencia á colocación dun ascensor  no CEIP Castelao para alumnos con diversidade funcional. En breve dende a Consellería se instalará un novo elevador en sustitución do que recentemente sufriu unha avería e que supuxo que un alumno en cadeira de rodas salise despedido. Dende entón o rapaz presenta unha serie de secuelas psicolóxicas que non lle permiten facer uso dese elevador. Tanto dende o Concello como dende os demáis organismos académicos xa amosaron o seu a poio a esta medida, confiando en que dende a Consellería de Cultura e Educación a tomen en consideración o antes posible xa que a instalación de dito elevador está programada para o vindeiro mércores.

Por outra banda, o concelleiro de Urbanismo, Roberto González comprometeuse a facer públicos nos próximos días os informes técnicos sobre as obras de rehabilitación que se estána acometer na antiga Casa Consistorial. Tamén se adiantou que en breve se farán públicas as axudas as asociacións municipais, facendo un especial fincapé nas de tipo educativo e social.

*

miércoles, 25 de enero de 2012

Os socialistas reclaman o "arranxo inmediato" da estrada Ordes-Cerceda


Pedreira propón que o vial, que sofre un grave deterioro polo paso de tráfico pesado, pase a ser de titularidade autonómica por exceder o ámbito local


O Partido Socialista de Ordes presentou esta mañá as iniciativas que presenta no Concello, na Deputación da Coruña e no Parlamento de Galicia para reivindicar o inmediato arranxo da estrada entre o polígono industrial de Merelle e o límite con Cerceda. O vial, aseguran os socialistas, presenta un grave deterioro e unha elevada perigosidade para vehículos e peóns debido ao tráfico excesivo que soporta a diario, sobre todo as deceas de camións que se dirixen a diario ao vertedoiro da Areosa (Cerceda).

Os socialistas solicítanlle á Xunta de Galicia que realice as xestións necesarias para a sinatura inmediata do convenio do Plan Miner que permita comezar a executar, nun prazo máximo de dous meses, a ampliación e mellora da estrada. Desde hai case dous anos, o proxecto está pendente de sinatura entre o Concello, a Xunta e o Ministerio de Industria. As obras están orzamentadas en máis de 2,8 millóns de euros.

Ademais, os socialistas propoñen que a Xunta de Galicia asuma a titularidade da estrada, ao considerar que o nivel e o tipo de tráfico que circula por ela excede o ámbito local. O portavoz socialista de Ordes, Xesús Pedreira, explica que “o Concello non debería ter que asumir os gastos por desperfectos nos vehículos que circulan por unha estrada que xa tiña que ter sido arranxada”. No caso de que a Xunta non estea disposta a asumir a titularidade, os socialistas pedirán no pleno municipal que se prohíba a circulación de todo tráfico pesado maior de 5,5 toneladas, agás aquel ao que o Concello de Ordes autorice expresamente.


Moitísimo tráfico
A parlamentaria autonómica Silvia Fraga, que ademais é usuaria habitual desta estrada, explicou que “é un perigo circular por ela porque ten moitísimo tránsito ao ser a unión natural entre Ordes e Cerceda e unir os polígonos de Merelle e do Acevedo”. De feito, durante 2011 producíronse numerosas saídas de vía, colisións, diversos danos en vehículos e, desgraciadamente, dous atropelos graves co resultado de catro vítimas mortais. Por eso, argumenta que a Xunta “ten que implicarse porque o deterioro débese aos camións que van ao vertedoiro da Areosa, que pertence a Sogama, unha empresa que no 51% depende da Xunta”.

Xaquín Fernández Leiceaga, parlamentario tamén presente nesta comparecencia, incidiu en que “este tráfico é derivado de decisións da Xunta, pola ubicación de Sogama, e está afectándolle ás condicións de vida dos veciños”. De aí que sexa necesario “un tratamento excepcional” coa estrada porque “esta comarca está asumindo unha función de servizo público para o conxunto de Galicia, con consecuencias negativas como as desta estrada”.

Leira apela á coordinación
Antonio Leira, deputado provincial socialista, apelou ao discurso de toma de posesión do presidente da Deputación, Diego Calvo, no relativo á necesidade de acordo entre as Administracións para unificar posturas á hora de definir e asumir as súas competencias. Neste sentido, Leira defendeu que “se o tráfico que deteriora esta estrada é dunha empresa relacionada coa Xunta e se a Deputación ten como un dos seus fins ofrecerlle asistencia aos Concellos, teñen que sentar e asumir cadaquén as súas competencias, fixar criterios”. “O que non pode ser –engadiu Leira- é que o Concello de Ordes sexa o que teña que asumir todo este deterioro e todos estes atrancos”.

Mellora de ensanche
Os traballos de mellora e ensanche desta estrada, de 8,275 quilómetros de lonxitude, teñen un prazo de execución de 24 meses e atravesan os lugares da Portela, Pedre, O Cruceiro, Bailia e Vilasenín, pertencentes ás parroquias ordenses de Mercurín e Leira. Na actualidade, o ancho medio desta estrada é de 7 metros, dos que só seis son aproveitables para o tráfico rodado. O novo proxecto contempla ampliar esta estrada ata acadar un ancho total da plataforma de dez metros, con beiravías de metro e medio a cada lado. Unha nova anchura á que habería que engadir sendas cunetas dun metro de ancho cada unha.

Así mesmo, o proxecto contempla a mellora do firme da estrada, que pasará a ter unha categoría especial para soportar tráfico pesado, e varias actuacións nas cunetas para favorecer a evacuación do auga e impedir o seu taponamento pola maleza

*

Sanjurjo chama a Regos a "reconsiderar" os despidos do Grumir

Martínez Sanjurjo, portavoz do PP de Ordes.
“O Grumir desaparece porque o Concello non soubo priorizar o destino dos cartos públicos”, asegura o portavoz popular


O grupo municipal do Partido Popular de Ordes informou hoxe de que defenderá no pleno municipal de mañá, unha moción para instar ao Concello a reconsiderar a decisión de despedir aos quince integrantes do Grumir local, aos que rescindiu os seus contratos o pasado 31 de decembro.

Para o portavoz municipal do PP de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, “a supresión do Grumir obedece en boa parte á nefasta xestión do Concello, que non soubo priorizar o destino dos cartos públicos”, xa que Regos preferiu destinar o orzamento municipal a actuacións como a ampliación da Alameda, un novo edificio para o Concello ou unha cafetería de luxo para o campo de fútbol, en lugar de desenvolver unha xestión responsable e acorde coas necesidades dos veciños, esquencendose completamente do aforro nas arcas municipais.

Reconsiderar gastos 
Con todo, e para reconducir a situación, os populares de Ordes propoñen que ademais de utilizar as subvencións procedentes doutras administracións coas que xa conta o Concello, como a concedida recentemente pola Deputación da Coruña, habilite partidas propias coas que contribuir ao mantemento do Grumir.

A tal efecto,  Martínez Sanjurjo, proporá ao pleno que o Concello dedique ao Grumir unha parte dos cartos que se destinan ao alugueiro de carpas -máis de 60.000 euros no ano 2008, por exemplo-, a edición de folletos  laudatorios, ou outras partidas semellantes, igual de prescindibles.

Martínez Sanjurjo recorda que outros concellos da provincia de características semellantes a Ordes continúan contando cos seus propios Grumir.

Os nacionalistas pedirán a retirada en Ordes da suba do IBI decretada polo Goberno de Rajoy

Gonzalo Castro, portavoz do BNG en Ordes.
Tamén levarán a pleno a cesión do centro comarcal, a cancelación do aluguer da estación da Pontraga, a financiación da escola de música e a publicación do patrimonio dos concelleiros


O portavoz do BNG de Ordes, Gonzalo Castro, anunciou a presentación dunha moción dos nacionalistas para que o pleno que se celebrará mañá se posicione en contra da suba do Imposto de Bens Inmóbeis de Natureza Urbana (IBI), decidida polo Goberno Central coa aprobación do Real Decreto-Lei 20/2011, pedindo a retirada desta suba e a mellora do sistema de financiamento dos concellos galegos.

No caso do Concello de Ordes, Castro anunciou que “a aplicación deste Real Decreto suporá un incremento do que están pagando os veciños e veciñas de Ordes na actualidade en concepto de IBI dun 10% no recibo de 2012 e dun 22,5% no recibo de 2013”.

O portavoz municipal do BNG manifestou que “no Concello de Ordes, o Goberno Municipal ten levado a cabo unha importante suba do IBI nos últimos anos e agora acumularase o incremento aprobado polo Goberno Central, causando un grave prexuizo á economía dos veciños e veciñas de Ordes”.

Castro enfatizou que “diante desta grave medida que obriga a un incremento impositivo que prexudicará á cidadanía, cun grave impacto nas economías domésticas e que invade as competencias municipais, o goberno municipal de Ordes non pode optar polo silencio cómplice diante da inxusta imposición do Goberno Central polo que ten optado o goberno do PP na Xunta”.

Outras mocións

O BNG tamén proporá, no pleno deste xoves, acordos sobre a cesión do centro comarcal para destinalo a local xuvenil, a cancelación do aluguer que está pagando o Concello ao Goberno Central pola estación da Pontraga e a súa cesión gratuita para destinala a usos sociais, a solución dos problemas de financiación da escola e da banda de música e a publicación na web municipal da declaración de bens e intereses dos concelleiros.



*

CideGa proporá no pleno de mañá un intenso plan de aforro municipal 2012-2014

Ana María Álvarez, concelleira de Ordes.
Aplicalo suporía renegociar a débeda bancaria, suprimir un de cada dous farois e desentenderse da organización das festas patronais


Os museos Juanjo Liñares e Xoxardo abrirían só as fins de semana

Ana María Álvarez, portavoz de Cidadáns de Galicia (CideGa) na corporación municipal do Concello de Ordes proporá mañá, durante o pleno ordinario do mes de xaneiro, un plan de aforro municipal para Ordes durante o período 2012-2014. Un proxecto que incluirá as seguintes actuacións:



1.- Revisión de todo tipo de incentivos, bonificacións e complementos de produtividade  e outros, a todo
 o persoal do Concello.

2.- Endebedamento bancario. Renegociación dos créditos, pedindo unha carencia de dous anos para o 
pagamento do principal do capital. O capital que se ía destinar a amortizar capital destes préstamos, 
se adicará a pagar débedas dos provedores e acredores do Concello. 

3.- Gasto eléctrico. No núcleo do Mesón do Vento, Santa Cruz de Montaos, Leira e vila de Ordes 
se apagarán alternativamente un de cada dous farois públicos. Tamén os focos do aparcamento  do 
campo da feira.

Festas
4.- Festas e festexos populares. Festas Patronais de agosto. O Concello deixará de facerse cargo 
da organización e custe desta festa. Nombrarase unha comisión de veciños e serían eles quen a organizen
 en función da recadación que obteñan. O Concello faría unha achega simbólica.

Cabalgata de Reis e Antroido. Se manterán. 

Festival Gala Panorama. Suspensión sine die. 

Festival Brincadeira. Se a organización deste festival privado se fai cargo da totalidade dos gastos, 
o Concello facilitará a organización do mesmo.

Festas Parroquiais, Festa Lacón, Festa da Malla, etc.... O Concello non se faga cargo do aluguer 
de carpas, do aluguer de xeradores eléctricos, e demais materiais que supoña un custe adicional 
o Concello. O Concello faría unha achega simbólica.

Festa do Champiñón. O reparto champiñón pasará a cobrarse.

Festa da Terceira Idade. Os asistentes pagarán unha determinada cantidade.

5.- Museo Juanjo Liñares e Museo Xoxardo. Apertura só as fins de semana.

6.- Piscina e Gardería Municipal. Se fará un estudio do custe anual de ámbolos dous servizos, e 
en función do resultado do mesmo, se faga unha reestruturación do seu funcionamento, asumíndose
en caso necesario por parte do Concello a xestión directa dos mesmos e subindo as cotas no seu caso.

7.- Supresión das comidas sufragadas polo Concello nas festividades do mesmo e calquer tipo de actos.

8.- Utilización eficiente e ética, de todos e cada un dos medios de transporte dos que dispón o Concello.

9.- Control exhaustivo de todo tipo de compras por persoal  especializado e revisión de gastos correntes.

*

martes, 24 de enero de 2012

Sanjurjo acusa a Regos e a González de querer borrar "probas comprometedoras" cos informes técnicos da Casa do Concello

De esq. a der. Roberto González (UxO), Manuel Regos (UxO) e José Luis Martínez Sanjurjo (PP).

"O alcalde e o concelleiro de Obras teñen que dar a cara e contar a verdade aos veciños", asegura o portavoz municipal popular

O Partido Popular de Ordes informou hoxe de que cando xa transcorreron dous meses desde que o propio alcalde de Ordes recoñecera, respondendo a unha pregunta do PP, que a Casa do Concello corría risco de derrubamento como consecuencia dos danos estruturais xurdidos coincidindo coas obras que se están a acometer nela, o Concello continúa sen facilitar os informes técnicos independentes reclamados polo Partido Popular.

O portavoz municipal do Partido Popular de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, atribúe este retraso ao intentos do alcalde, Manuel Regos, e do concelleiro de Obras, Roberto González, de borrar probas comprometedoras e buscar argumentos cos que ocultar a responsabilidade directa do Goberno local sobre os problemas rexistrados na antiga Casa Consistorial. O portavoz municipal popular informa ademais que volverá reclamar eses informes técnicos no Pleno previsto para o próximo xoves, nun novo intento de aclarar as crecentes dúbidas que rodean este asunto.

As frases de José Luis Martínez Sanjurjo, portavoz municipal do PP de Ordes
“É evidente que o risco de derrube, recoñecido polo propio alcalde cando afirmou, literalmente, que `estivo a punto de vir todo abaixo´ é consecuencia dunha mala planificación das obras e dunha presunta actuación temeraria consistente na retirada da tabiquería interior que sustentaba o edificio"

“Regos e González teñen que dara cara e dicirlle a verdade aos veciños, xa que a actitude mantida ata o de agora non fai máis que incrementar as sospeitas de anomalías, tanto sobre o proxecto de reforma da Casa Consisotorial, como sobre a execución material das obras”

“Ordes non precisaba reformar a antiga Casa Consistorial, como tampouco necesitaba o novo Concello, no que se malgastaron cartos que se deberían ter dedicado a  atender as verdadeiras prioridades veciñais

*

Orde do día do pleno deste xoves

Terá lugar nos baixos da Alameda a partires das 20:00 horas

Este xoves 26 o Concello de Ordes celebrará o seu pleno ordinario do mes de xaneiro. Será o primeiro  que teña  lugar neste ano e como ven sendo habitual dará comenzo a partir das 20:00 horas. O lugar onde se desenvolvera esta sesión será no salón de plenos situado nos baixos da Alameda, na rúa Xoxardo.
.
A radio municipal retransmitirá en directo este pleno e xa o venres a partir das 17:00 horas en diferido. Tamén a partir dese día e dende a páxina web de Radio Ordes poderase descargar a gravación da sesión.
Nel abordaranse os seguinte puntos:

 Primero.- Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior de data 24/11/11.
Segundo.- Informes da alcaldía.
Terceiro.- Designación, se procede, do vogal suplente na asamblea da Mancomunidade.
Cuarto.- Dar conta das resolucións e decretos da alcaldía.
Quinto.- Mocións.
Sexto.- Rogos e preguntas

*

Dende o 6 ata o 10 de xaneiro poderás renovar o teu DNI en Ordes

Será na Casa da Cultura en horario de 09:00 a 14:00 horas

Imprescindible cita previa no teléfono 981 680002 ou na Casa do Concello

Dende o próximo día 6 ata o 10 de febreiro  os veciños de Ordes poderán solicitar ou renovar o seu Documento Nacional de Identidade (DNI) sen necesidade de desprazarse. Durante eses días a unidade policial encargada deste servizo instalarase na Casa de Cultura en horario de 09:00 a 14:00  horas.

Para ser atendidos é imprescindible solicitar unha cita previa tanto nas oficinas xerais da Casa do Concello de Ordes, situadas na planta baixa, como a través  do teléfono 981 680002.

*

lunes, 23 de enero de 2012

¿Por qué no viene Núñez Feijóo a Ordes?

Lejos quedan los tiempos en que el alcalde Regos era recibido en la Xunta de Galicia. En la fotografía, en el despacho de la exconselleira de Política Territorial de la Xunta de Galicia, la socialista María José Caride en febrero de 2009. 
El presidente de la Xunta fue invitado por el Concello a visitar Ordes al menos en dos ocasiones


Mañana visitará Sigüeiro con motivo de la inauguración de su nuevo centro de salud 

Mañana martes, 24 de enero, el presidente de la Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, estará presente en la inauguración del nuevo centro de salud de Sigüeiro (Oroso). Le acompañarán además, la conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, y la delegada territorial de la Xunta de Galicia, Belén do Campo.

Hemos de recordar que el alcalde de Oroso, el socialista Manuel Mirás, casi dobló en votos en las elecciones de mayo del 2011 al Partido Popular. Mirás no solo ganó estas últimas elecciones con una clara mayoría absoluta, sino que además incrementó en más de 300 votos y siete puntos porcentuales el apoyo socialista respecto a la cita de 2007. Pese a este claro apoyo de los vecinos de Oroso a las siglas socialistas, la actitud de la Xunta de Galicia con el popular Alberto Núñez Feijóo a la cabeza está lejos de resultar hostil. La visita que se espera para mañana se añadirá así a la que Pilar Farjas había hecho a finales de agosto del 2010, donde después de firmar en el libro de honor del Concello, visitó junto al socialista Mirás, las obras del centro que mañana se inaugura.


No visitó Ordes 
Sin embargo, las cosas en Ordes son bien distintas. Desde que Alberto Núñez Feijóo es presidente de la Xunta de Galicia nunca visitó de manera oficial y como tal, el Concello de Ordes. Sí es cierto que estuvo en los últimos años al menos en tres ocasiones en nuestro municipio, en febrero de 2009 y mayo del 2011 con motivo de sendos mítines electorales y en una comida en la discoteca Elepé 45 en noviembre de 2011. En ambas ocasiones lo hizo en su calidad de presidente del Partido Popular de Galicia.

Oportunidades, como veremos a continuación, no han faltado:

Abril de 2010. El presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo, fue invitado por la alcaldía de Ordes a la inauguración de Expo Ordes. No hubo ni respuesta de Monte Pío ni persona delegada del presidente. Finalmente, y por contactos del teniente de alcalde, el socialista Xesús Pedreira, sería Carlos Fernández Castro, por aquel entonces alcalde de Ames y presidente de la FEGAMP, nuestro invitado de honor .

En ese mismo mes también se había hecho público el interés del Concello de Ordes porque la Xunta de Galicia declarase nuestra Festa do Champiñón como de interés turístico de Galicia. La respuesta, a diferencia de la dada a Manuel Mirás para su Festa da Troita con una Xunta de Galicia bipartita liquidada, pero aún en funciones, fue negativa.

11 de agosto del 2010. Se inauguraba la primera fase de la ronda leste. El presidente de la Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, fue invitado a su inauguración. Finalmente delegaría este honor en la persona de su delegado territorial, Diego Calvo Pouso.


¿Por qué Alberto Núñez Feijóo no visita Ordes? 
Según fuentes del Partido Popular consultadas por Ordessiete, esta respuesta debería ser ofrecida por el alcalde de Ordes. Los populares, afirman estas mismas fuentes, tienen la "absoluta certeza" que desde las pasadas elecciones municipales de mayo de 2011, no hubo "ni un solo contacto" entre la alcaldía de Ordes y algunas de las consellerías de la Xunta de Galicia. Menos aún con la sede de la Presidencia del Gobierno autonómico.

*

domingo, 22 de enero de 2012

Ordes busca ser o 'Villaenmedio' de Fairy

Se presentará a un concurso publicitario promovido pola marca industrial cun proxecto de pintura de grafito e cultura urbana

O Concello de Ordes participará este ano no concurso publicitario El pueblo más innovador, promovido pola coñecida marca de lavavaixelas Fairy. Para celebrar o seu 30º aniversario, escollerase o proxecto municipal máis innovador desenvolvido ó longo deste tempo. O Concello de Ordes decidiu presentarse co certame Desordes creativas, que cada verán desenvolve conxuntamente coa empresa de arte, deseño e comunicación Mutante.

Desordes creativas achega cada ano a diversos artistas e grafiteiros vidos de diversas partes do mundo que se serven de muros, fachadas e edificios para plasmar as súas creacións. Trátase do único certame destas características que se desenvolve nun eido rural, presentándose como unha fórmula tanto para combatir o feismo como para achegar este tipo de creacións á poboación ordense e os seus visitantes

Premios de 15.000 euros
Tras a elección do proxecto máis innvador os organizadores dotarán de 15.000 euros ó concello que consiga inscribir ó maior número de familias para participar na gravación dun spot para a marca. Entre as condicións está a de ter lavavaixelas eléctrico no fogar, a lo menos dous fillos menores de 18 anos vivindo na casa, elaborar un prato que presente un reto para o lavavaixelas e estar empadroados no municipio. De entre todas as familias presentadas cinco delas recibirán un premio de 3.000 euros cada unha por votación popular. O concurso desenvolverase na rede social Facebook a partir do mes de marzo a través do grupo http://es-es.facebook.com/FairyES.

Para inscribirse o Concello de Ordes pon a disposición dos seus veciños e veciñas ata o vindeiro mes de febreiro o teléfono 981681483 (de luns a venres de 12:00 a 15:00 horas), o correo electrónico prensa@concellodeordes.com, así como o facebook do Concello (http://www.facebook.com/concellodeordes).

Podes coñecer o proxecto de La Pobla del Duc (Valencia) para a edición do ano 2010 deste peculiar concurso publicitario:


*

Xesús Pedreira e Verónica Gómez representaron aos socialistas de Ordes no congreso da Coruña

Momento da votación de Xesús Pedreira xunto ao portavoz municipal do PSdG-PSOE de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo. Á dereita de imaxe, de negro e con gafas, Verónica Gómez.
O PSdG-PSOE provincial escolleu aos seus dezanove delegados para viaxar a Sevilla co gallo do 38º Congreso Federal

A Agrupación Socialista de Ordes estivo onte representada no Congreso Extraordinario provincial polo seu secretario xeral, Xesús Pedreira, e por Verónica Gómez Fuentes. Este encontro concluiu coa elección dos dezanove delegados que representarán á provincia da Coruña no 38º Congreso Federal do PSOE previsto para os días 3, 4 e 5 de febreiro en Sevilla. Se agarda que dese encontro saia o novo secretario xeral do partido, ou Alfredo Pérez Rubalcaba ou Carme Chacón.


Dúas premisas
As premisas coas que a delegación ordense viaxou á Coruña eran que os secretarios xerais locais, provinciais, autonómicos e estatais foran escollidos por elección directa dos militantes; e que os cargos representativos foran de dúas lexislaturas.

*

sábado, 21 de enero de 2012

O BNG pide que a declaración de bens e intereses dos concelleiros se publique na web municipal

Gonzalo Castro: "Pedimos un compromiso expreso coa transparencia e a honestidade"
O portavoz municipal do BNG de Ordes, Gonzalo Castro, anunciou hoxe que o os nacionalistas levarán unha moción ao pleno municipal que se celebrará o vindeiro xoves, na que proporán que se poña a disposición a declaración de bens e intereses dos membros das corporación municipal na web do Concello de Ordes, que se atopa no rexistro municipal desde o inicio do actual mandato e que os nacionalistas pretenden facer pública.
Castro  afirmou que “ao igual que se fixo noutras institucións, como o Parlamento Galego ou as Cortes do Estado, desde o BNG propoñemos que se publiquen na web do Concello de Ordes as declaracións de bens e intereses realizadas por todos os concelleiros e concelleiras da corporación municipal, o que constituiría un compromiso expreso dos cargos públicos municipais coa transparencia e a honestidade”.
Compromiso coa transparencia
Gonzalo Castro salientou que “agardamos que esta proposta poida sair adiante co apoio unánime da Corporación Municipal, porque unánime debe ser o compromiso coa transparencia, a eficacia e a honestidade no exercicio dos cargos públicos”.
*

viernes, 20 de enero de 2012

O PP pide dedicarlle a Fraga unha rúa en Ordes

Segundo os populares, o legado dos diferentes gobernos do expresidente no noso concello foi moi abundante

O Grupo Municipal do Partido Popular de Ordes defenderá no vindeiro pleno municipal que o Concello dedique unha rúa a Manuel Fraga, como sinal de recoñecemento á figura de quen foi presidente da Xunta de Galicia ao longo de catro mandatos e ponente constitucional.

A proposta está recollida nunha moción formulada polo PP local, que agarda contar co apoio necesario para aprobar a proposta dado que durante os catro mandatos nos que Manuel Fraga foi presidente da Xunta, Ordes dotouse dos principais equipamentos públicos cos que conta na actualidade.

Legado de Fraga en Ordes
Entre as actuacións executadas en Ordes polos diferentes gobernos presididos por Manuel Fraga atópanse o centro de saúde, o centro comarcal, a oficina comarcal da Xunta de Galicia, o recinto feiral do Mesón do Vento, o edificio dos xulgados, a Casa da Cultura, o polígono empresarial, o parque de bombeiros, a gardería pública, as concentracións parcelarias, o segundo instituto, a captación e abastecemento de auga no Mesón do Vento ou a universalización da cobertura telefónica, entre outras.

O portavoz municipal do Grupo Popular, José Luis Martínez Sanjurjo, tamén solicitou que no vindeiro pleno, previsto para o próximo xoves, 26 de xaneiro, se garde un minuto de silencio en memoria do expresidente falecido o pasado 15 de xaneiro.

Por últmo, informa o PP de Ordes que Martínez Sanjurjo asistirá mañá sábado ás exequias que se celebrarán na Catedral de Santiago de Compostela polo eterno descanso de Manuel Fraga Iribarne.

*

O PSOE solicita depósitos de auga para usos agrícolas e contraincendios en Barbeiros, Vilamaior, Parada e Lesta

Xesús Pedreira lembra que os terreos xa están dispoñibles e que o Concello de Ordes ten concedidos 53.463,14 euros a cargo do PEIM


O Partido Socialista de Ordes proporá ao pleno municipal de Ordes, que se reunirá en sesión ordinaria o vindeiro xoves 26 de xaneiro, a construción de depósitos de captación de auga para tarefas de usos agrícolas e contraincendios forestais nas parroquias de Barbeiros, Vilamaior, Parada e Lesta. Unhas obras que se farían con cargo aos 53.463,14 euros que lle corresponden ao Concello de Ordes con cargo aos Proxectos Estratéxicos de Infraestruturas no Medio Rural (PEIM Rural 2010-2011).

Xesús Pedreira Mirás.
O PEIM Rural 2010-2011 é froito dun convenio asinado en setembro de 2009 polo daquela Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño coa Consellería do Medio Rural, que subvencionan os 12,5 millóns de euros do plan. De acordo coa poboación rural, coa extensión municipal e co número e a dispersión dos núcleos e entidades de poboación, a Ordes correspóndelle un total de 53.463,14 euros.

Medidas preventivas
O voceiro municipal do PSdeG-PSOE en Ordes, Xesús Pedreira, explica que “nas parroquias de Barbeiros e Vilamaior xa existe terreo reservado na concentración parcelaria para este fin e, no caso de Parada e Lesta, os veciños doarían o terreo para estes depósitos”. Pedreira Mirás fai fincapé na importancia da realización deste tipo de medidas preventivas, sobre todos despois dos recurtes aplicados en materia de xestión forestal e de prevención de lumes por parte da Xunta nos exercicios 2010 e 2011, cifrados en 22 millóns de euros. Na práctica, isto supuxo “o abandono das políticas de ordenación forestal e de prevención de incendios para o rural de Ordes”, denuncia o edil socialista.

*

Os Heredeiros da Crus tocarán en Ordes

Será na discoteca Elepé 45 o sábado 3 de marzo a un prezo de vinte euros 

O lexendario grupo de rock bravú, Heredeiros da Crus decidiu darse unha nova oportunidade e saír de novo aos escenarios de toda Galicia a facer o que mellor saben: tocar rock e facer mil e unha tolerías sobre as táboas.

A banda que en 1992 fundaran Toñito de Poi, Tuchiño, Jan Fran e Jrarfuxo estarán o sábado 3 de marzo a partires das 22:00 horas na discoteca Elepé 45.

Prezo das entradas: 20 euros. Venta anticipada: 15 euros.

*

ORDENSES DEL AÑO 2011: Club Deportivo

Ya podéis elegir a los ordenses del año 2011. Este año hemos seleccionado ocho categorías diferentes. 

CLUB DEPORTIVO DEL AÑO


Senior A.C. Órdenes de Hockey El mes de mayo de 2011, después de una espectacular temporada en la cual en la cual no cedieron ni una sola derrota, el equipo senior del A.C. Ordenes de Hockey consiguió en Getxo (Vizcaya)  el ascenso a la primera división nacional de Hockey sobre patines.

Clube Atletismo Ordes. Organiza, junto al Concello de Ordes desde el año 1993 la Carrera Popular de Ordes, inscrita en el circuito gallego. A principios de julio de 2011, participaron en la celebración del primer campus de atletismo que organizaron los Concellos de Ordes e Cerceda en la ciudad deportiva de Vista Alegre (Ordes).

Juveniles S.D. Club Ordenes. El sábado 11 de junio del 2011, el equipo de juveniles de la S.D. Órdenes consiguió el ascenso a la Liga Gallega Juvenil tras imponerse con un contundente 5 a 2 en el partido de vuelta de la fase de  ascenso frente al C.D. Dorneda.

A.D. Vila de Ordes. Un club con apenas dos años y medio de historia, presidido por Roberto Iglesias y dirigido por Carlos Rodríguez Baleato, en abril del 2011 consiguió su primera gran alegría al lograr el ascenso a categoría 2ª Autonómica tras acabar la competición como segundos del Grupo 8.

*

miércoles, 18 de enero de 2012

ORDENSES DEL AÑO 2011: Ordense del Año

 Ya podéis elegir a los ordenses del año 2011. Este año hemos seleccionado ocho categorías diferentes. 


ORDENSE DEL AÑO

Fernando Carbajal. En 2011 fallecía este vecino de Santa Cruz de Montaos que pese a haber regentado un establecimiento de fotografía, su pasión y su vida sería el fútbol, y más concretamente la S.D. Órdenes, club al que llegaría a ser el entrenador de su primer equipo. Protagonista de numerosos homenajes a lo largo de su vida deportiva, el club presidido por Jesús Fernández Sánchez mostrará para siempre su eterno agradecimiento a este artista de la imagen y del balón.  

Antonio Castro. El 11 de octubre del 2011 fallecía en Santiago de Compostela Antonio Castro García. Nacido en Ordes hacía 86 años, abogado, alcalde de Santiago entre 1974 y 1979, posteriormente accedió a la presidencia del consejo de administración del Grupo Correo Gallego. Era miembro correspondiente de la Academia Gallega de Jurisprudencia y Legislación; fue director general de Justicia de la Xunta de Galicia, presidente del Club Obradoiro de Baloncesto y presidente de la Sociedad de Tiro Olímpico.   
Teodosio Martino. Ingeniero técnico agrícola, llegó a Ordes desde su León natal como funcionario de la Dirección de Extensión y Cooperación Agraria, que en 1986 se integraría en la Xunta de Galicia. Alcalde de Ordes desde 1987 hasta 2007, odiado y admirado por partes iguales, Martino fue protagonista de buena parte de nuestra historia más reciente. El 8 de junio de 2011 se despedía definitivamente como miembro de la corporación municipal y daba paso a un pacífico relevo tanto al frente del Partido Popular de Ordes como de su grupo municipal.  


Manuel Regos. El pasado año 2011 se enfrentaba a una trascendental reválida: repetir mandato como alcalde de Ordes por un nuevo periodo de cuatro años. Pese a la amenaza de una Partido Popular al alza, el independiente ordense aguantó el tirón y su partido, Unión por Ordes (UxO), se mantuvo como el más votado en el municipio, lo que le posibilitaría ser reelegido alcalde y gobernar en minoría hasta 2015. En el verano del 2011 alcanzaba igualmente la presidencia de la Mancomunidade de Municipios de la Comarca de Ordes.

lunes, 16 de enero de 2012

Pesar nos populares ordenses polo pasamento de Manuel Fraga

José Luis Martínez Sanjurjo con Manuel Fraga durante a entrevista que ambos mantiveron a finais de outubro do 2010. 

Martínez Sanjurjo: “Rendemos homenaxe á memoria dun gran político, un gran intelectual e un gran democráta"

O Partido Popular de Ordes expresou hoxe o seu pesar polo pasamento do antigo presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga, e traslada as condolencias aos seus familiares.

En opinión do portavoz municicipal do Partido Popular de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, este Concello, ao igual que Galicia e España,  mantén unha débeda de gratitude co presidente.

Ao papel determinante de Fraga Iribarne como ponente constitucional e como protagonista indiscutible da Transición á democracia, sumouse logo a súa xestión como presidente da Xunta de Galicia, desde a que apostou polo desenvolvemento autonómico e logrou “poñer Galicia no mapa”, en palabras do voceiro municipal do PP de Ordes.

Fraga e Ordes
Recorda Martínez Sanjurjo que  boa parte dos equipamentos públicos da localidade foron impulsados e executados polos equipos de Manuel Fraga, como o centro de saúde, o centro comarcal, o recinto feiral do Mesón do Vento, o edificio dos xulgados, a delegación da Xunta, a Casa da Cultura, o polígono empresarial, o parque de bombeiros, ou as concentracións parcelarias, entre outros.

“En Ordes somos xente agradecida e rendemos homenaxe á memoria dun gran político, un gran intelectual e un gran democráta, como don Manuel Fraga”, conclúe Martínez Sanjurjo.

domingo, 15 de enero de 2012

O paro, o endebedamento municipal e a falta de pago a proveedores é o que máis nos preocupa

Tamén a falta de oportunidades e as malas relacións Concello-Xunta

O paro (1º), o endebedamento municipal (2º) e a falta de pago a proveedores por parte do Concello de Ordes (3º) son os principais problemas de Ordes segundo os lectores de Ordessiete. A estes se lle unen a falta de oportunidades (4º) e as malas relacións entre o Concello e a Xunta de Galicia (4º).

Por contra, as circunstancia que menos preocupan aos nosos lectores son a situación da praza de abastos (1º) e da estación de Fosado (2º), seguido dos accidentes de tráfico na N-550 ao seu paso polo municipio (3º) e a tradicional movida nocturna dos sábados no Campo da Feira (4º).

*

ORDENSES DEL AÑO 2011: Político

Ya podéis elegir a los ordenses del año 2011. Este año hemos seleccionado ocho categorías diferentes.


POLÍTICO DEL AÑO


Ana María Álvarez.  El 12 de marzo del 2011 presentaba su candidatura a la alcaldía de Ordes con un partido, Cidadáns da Galicia (Cidega), que pretendía entrar por primera vez en la corporación municipal del Concello de Ordes. Con un muy inteligente programa político de captación de voto de centro izquierda decepcionado con el PSOE y el apoyo incondicional de su socio, Xesús Pampín, Cidega conseguía acta de concejal con 529 votos (6,27%). Tras su entrada como concejala ha visto aprobadas por el pleno sus mociones sobre la plaza de abastos y el local juvenil municipal.  


Silvia Marín. Docente de profesión, desde que se integró en las listas de Unión por Ordes (UxO) se ha convertido en una imprescindible para Regos. Fue en buena parte responsable de la ejecución del programa electoral de este haciéndolo llegar a cada rincón de nuestro municipio. Experta en educación, pero sobre todo en integración de personas con discapacidad, Silvia Marín  encabeza todas cuantas propuestas y acciones de gobierno tienen que ver con este colectivo, conviertiendo a Ordes en un municipio modelo en políticas de discapacidad.   


José Luis Martínez Sanjurjo. En noviembre de 2010, el Partido Popular de Ordes comunicaba su decisión de contar con este ingeniero forestal para encabezar su lista en las elecciones municipales de mayo de 2011. Experto en asuntos agrarios y medio rural, Martínez Sanjurjo elaboró su lista y concurrió como novato y candidato a la alcaldía de Ordes alcanzando un magnífico resultado con seis concejales y 2 956 votos (35,04%). Supo además liderar tanto al grupo municipal como al partido y coordinar la reactivación de Novas Xeracións de Ordes.  


Manuel Regos. Consiguió revalidar su mandato en la alcaldía encabezando la lista más votada en las elecciones de mayo del 2011 con la mayor participación de la historia. El 11 de junio tomaba de nuevo la vara de mando para liderar un gobierno en minoría, el de Unión por Ordes (UxO) durante los próximos cuatro años. Tras la renuncia de Prado Patiño, Regos se convertía, el 13 de julio, en presidente de la Mancomunidade de Municipios de la Comarca de Ordes y trasladaba sus oficinas a los bajos de la Alameda de Ordes.    


*

O BNG busca unha saída para a "pechada e abandonada" estación da Pontraga

A estación da Pontraga en Ordes (esq.) é idéntica arquitectónicamente á do muncipio guipuzcoano de Azpeitia (der.).

Pedirán no pleno a extinción do pago do canon e que sexa destinada a usos sociais da veciñanza

Ademais dos gastos de conservación, o Concello de Ordes paga un canon ao Goberno de España duns 900 euros ao mes

O portavoz municipal do BNG de Ordes, Gonzalo Castro, anunciou onte que o seu grupo presentará unha iniciativa no vindeiro pleno para que “a corporación municipal inste ao Ministerio de Fomento a revisar o convenio da cesión de uso da estación da Pontraga e o seu entorno, eliminando o canon que está a pagar na actualidade o Concello e que se aproxima aos 11.000 euros anuais

Castro salientou que “é inaceptábel que o Concello ademáis de asumir os gastos de conservación desta infraestructura e do seu entorno, teña que facer fronte ao pago dun canon case 11.000 euros anuais ao ADIF sen destinala a ningún fin de interese para a veciñanza, tendoa simplemente abandonada e pechada”.

Por estas razóns, os nacionalistas proporán no pleno, ademáis da eliminación do canon que está a pagar o Concello ao Ministerio de Fomento, “que se destine a antigua estación da Pontraga e o seu entorno a usos de interese social para a veciñanza do concello de Ordes, que na actualidade está a pagar co seu diñeiro un elevado custo por unha infraestrutura da que non desfrutan”, tal e como afirmou Castro.

Azpeitia e Fosado
A estación de ferrocarril da Pontraga trátase dun proxecto arquitectónico idéntico ao que existe no municipio guipuzcoano de Azpeitia, hoxe convertido en museo do ferrocarril. Xa a comezos do mes de xuño do ano 2009, unha delegación do Concello de Ordes, encabezada polo alcalde, Manuel Regos e composta por un grupo de alumnos do taller de emprego Ramón Ruibal, visitou aquelas instalacións. 

Por outra banda, a estación de Fosado, ubicada nun apeadoiro da parroquia de Montaos, tamén agarda por unha solución que poña fin a unha situación de absoluto abandono. O grupo municipal do Partido Popular trataba, en marzo de 2010 de poñer "en valor e en pleno funcionamento" a estación cunha proposta de  habilitar liñas de autobuses dende o centro da vila á estación e instando ao Ministerio de Fomento e ao Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF), a abrir ao público as "baleiras e abandoadas" dependencias da estación de Fosado. 

Compartindo a mesma sorte que os aeroportos de Ciudad Real e Castellón, o certo é que tal e como se publicara neste mesmo blogue naquela mesma data, as instalacións da estación de Fosado son dignas dun escenario do popular videoxogo de terror, Silent Hill:


A frase de Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes
“A nefasta xestión do alcalde na cesión da estación da Pontraga, supón un exemplo máis do exercicio do goberno e do uso dos recursos públicos de forma absolutamente irresponsábel e caótica

*