Mostrando entradas con la etiqueta Silvia Marín. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Silvia Marín. Mostrar todas las entradas

miércoles, 2 de julio de 2014

O Museo do Traxe acolle unha mostra dos alumnos de pintura de Ordes


A inauguración contou cunha gran aceptación polos amantes da pintura e das artes

O Museo do Traxe Juanjo Liñares acollerá ata o vindeiro martes 8 de xullo unha ampla mostra na que os autores son os alumnos dos cursos de pintura organizados polo Concello de Ordes. Máis de cen obras, a inmensa maioría realizada coa técnica do óleo, que responden a todo tipo de temáticas. 


Inauguración

No acto de inauguración que tivo lugar note, decenas de persoas déronse cita, entre os propios autores, familiares, amigos e afeccionados e amantes da pintura e da arte. 

A tenente de alcalde de Ordes, Silvia Marín, destacou o nivel de moitas das obras e mostrou a súa satisfacción pola grande aceptación popular e o beneficio que achega á veciñanza esta iniciativa emprendida dende o departamento de Cultura do Concello de Ordes.

*

Bo índice de aprobados no curso da ESO para adultos


Este ano superou as vinte persoas matriculadas

A tenente de alcalde de Ordes, Silvia Marín, fixo hoxe entrega dos diplomas e cualificacións aos alumnos do curso de graduado en ESO para adultos organizado polo Concello de Ordes. 

Un grupo que este ano superou as 20 persoas matriculadas e que unha vez máis obtiveron unhas cualificacións que “demostran o esforzo e a calidade do ensino que se imparte neste curso” segundo palabras de Marín.

De feito a comparativa mostra uns niveis de aprobado superiores á media. Nas áreas científico-tecnolóxica, lingüística e sociais o número de aprobados dos ordenses superaron o 60%, 70% e 90% respectivamente, mentres que en Santiago foron do 11%, 25% e 26%.

*

jueves, 26 de junio de 2014

O Concello de Ordes realiza tarefas de limpeza e resinalización no roteiro de Buscás


A semana que ven darán traballos no roteiro do río Mercurín

Varios membros do Goberno local de Ordes realizaron recentemente un percorrido polo roteiro de Buscás. Unha camiñata que aproveitaron para efectuar tarefas de limpeza e de resinalización ao longo deste traxecto. 

Trátase dunha das rutas de sendeirismo das que dispón o municipio, que cada ano son transitadas e desfrutadas por centos de caminantes e ciclistas. Os encargados de efectuar este traballo foron Luis Gómez Candal, Lucía Iglesias, Ramón Vázquez, Roberto Iglesias e a tenente de alcalde, Silvia Marín.


Xa de cara á vindeira semana está previsto que se levan a cabo os mesmos traballos no roteiro do río Mercurín.

*

domingo, 22 de junio de 2014

O Jogafán Ordes, subcampión da Copa Autonómica


Perderon na final contra o Autos Leiros por 4-5

O Jogafán Ordes F.S proclamouse subcampión da Copa Autonómica e campión da Sección Norte tras un partido contra o Autos Leiros (Mos) no que o marcador finalizou plasmando un resultado de 4-5. 

O partido foi seguido por un numeroso público que encheu as instalación do pavillón Castelao II. Previamente o Riazor F.S venceu por 3 - 0 ao Libertad F.S. o que lle permitiu aos herculinos alzar a Copa Provincial.

Gran churrascada
A xornada en Ordes estivo caracterizada non só pola deportividade senón tamén pola festa e a diversión, e en gran medida grazas á gran churrascada que se organizaou a mediodía para os xogadores, cadro técnico, directiva e seguidores.
Tanto a tenente de alcalde, Silvia Marín, como es concelleiros Lucía Iglesias e Roberto Iglesias estiveron apoiando aos locais en todo momento. Tamén se contou coa presencia do representante da Federación Galega de Fútbol Sala.

*

domingo, 8 de junio de 2014

Máis dun milleiro de asistentes na xuntanza cabalar de Ardemil


Organizada pola Asociación Cabaleiros de Ardemil, trátase duna proba incluída dentro do campeonato galego de velocidade

Máis dun milleiro de persoas, entre público asistente e xinetes, déronse cita onte na parroquia de Ardemil con motivo da IV Xuntanza Cabalar. 

Unha convocatoria organizada pola Asociación Cabaleiros de Ardemil, que este ano por primeira vez se incluíu dentro do campionato galego de velocidade. 

Tanto o alcalde de Ordes, Manuel Regos, como os edís Luís Gómez e Silvia Marín mostraron  coa súa presenza o seu apoio a esta convocatoria.

Probas

Competicións e probas de bestas e cabalos cruzados, andadura de trotadores, concurso de barrís, saídas en ruta, espectáculos ecuestres, touros mecánicos, agasallos sorpresa, paseos a cabalo para os máis novos e unha misa na honra a San Antón foron as actividades organizadas para hoxe. 

Para repoñer forzas no medio xornada serviuse un gran xantar popular con produtos típicos como lacón asado e patacas estufadas.

*

viernes, 30 de mayo de 2014

O PP de Ordes denuncia a "inmensa soberbia" do Goberno municipal

Estado da pista de Trillán, en Buscás. 
Solicitaron diversos arranxos que ao seu xuízo, foron responstados polo Grupo de Goberno con arrogancia e "cobardía política" 

O Grupo municipal do PP de Ordes manifestou hoxe que o grupo de Goberno de Ordes deu resposta onte, "cunha chulería inadmisible para os cargos públicos", a parte dos rogos formulados polo PP "para arranxar algunha das diferentes carencias que os veciños veñen demandando deste hai meses ante a indiferenza municipal".


Espello convexo deteriorado en A Canle (Buscás).
Espello
Facéndose eco das demandas que lle trasladan os veciños a cotío, o Grupo Municipal do PP aproveitou o Pleno ordinario de maio para reclamar que o Concello atenda necesidades como o desbrozamento das pistas da rede de camiños de concentración parcelaria, o arranxo de fochancas  en diferentes puntos da rede viaria municipal e a substitución dun espello convexo de tráfico en A Canle (Buscás) que xa non cumpre a súa función polo deterioro que presenta.

Seguridade nunha ponte sobre o Lengüelle
O grupo que lidera José Luis Martínez Sanjurjo reclamou tamén que o Concello de Ordes arranxe a Ponte de Raña sobre o río Lengüelle, en Montaos, moi deteriorada e con riscos para a seguridade dos seus usuarios; que amplíe a capacidade da marquesiña que utilizan os nenos de Vilagudín (Lesta) para agardar o transporte escolar; que se conecte a aldea de Vilagudín á rede de abastecemento de Tordoia, situada a 400 metros, previo acordo co Concello veciño; e que se arranxen os desperfectos que presentan as beirarrúas da rúa Campeiras, no núcleo urbano de Ordes.

Fronte ás demandas trasladadas polo PP, aseguran que a tenente de alcalde respondeu en moitos dos casos cunha arrogancia impropia dun responsable público que ten entre as súas obrigas a de atender as necesidades dos cidadáns, argumentando baixo o pretexto da “toma en consideración”, que as obras reclamadas se farán só se o Goberno local o estima oportuno, “cando o decida o Goberno”.

A xuízo do Partido Popular, o tono e as respostas ofrecidas pola voceira do equipo de Goberno de Ordes poñen de manifesto a súa incompetencia, por non terse corrixido a tempo unhas carencias das que xa tiñan coñecemento; pero tamén unha “inmensa soberbia”, demostrando que lles molesta que o PP se convirta en altofalante dos veciños.

"Silencio do alcalde"

En opinión do portavoz municipal do PP de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, o silencio do alcalde, que volveu agocharse en lugar de responder ás necesidades dos veciños, acredita de novo a “covardía política dun rexedor que se parapeta na hipocresía de Silvia Marín por carecer de argumentos que ofrecer a uns veciños que están fartos de evasivas”.

*

jueves, 29 de mayo de 2014

Ordes pedirá á Xunta a derogación da cláusula 'anti festas' parroquiais

Un momento da celebración do pleno municipal, note nos baixos da Alameda de Ordes.
A aplicación da lei obrigaría ás comisións de festas a facer proxectos de seguridade, estructuras, contratar seguros, e moita documentación que cifran nuns 2000 euros

O pleno da Corporación municipal de Ordes acordou onte instar ao conselleiro de Economía e Industria a derogación do artigo 41 da Lei 9/2013 de 19 de decembro do emprendemento e da competitividade económica de Galicia. 

Unha medida “da que somos coñecedores e que sabemos que acarreará moitos inconvintes ás comisións, polo que queremos facilitarlle o traballo o máximo posible dende o Concello”, mnifestou a voceira do goberno, Silvia Marín. 

Según a moción presentada polo PSOE “isto acarreará uns gastos aproximados de máis de 2.000 euros e causará un conflicto ás comisións das festas parroquiais ao obrigarlles a presentar proxectos de seguridade e instalacións, contratar seguros que  e a instalación de escenarios e estructuras móbiles, entre outros aspectos”. 

Un texto ao que se lle engadiu unha emenda presentada polo BNG na que se acorda a colaboración do Concello coas comisións na elaboración dunha documentación estándar para abaratar custes. 

Finalmente todos aprobaron a medida excepto o PP que se abstivo alegando que moitas das medidas recollidas na normativa xa estaban vixentes con antelación, “polo que non se pode solicitar a derogación de aínda que sí se recoñece a necesidade de facilitar o máximo posible a labor das comisións na organización das festas”, precisou o voceiro popular, José Luis Martínez Sanjurjo.

Limpeza de cunetas
Por unanimidade tamén se acordou solicitarlle a Demarcación de Estradas do Estado a executar a limpeza das cunetas da N 550 ao seu paso por Ordes, sobre todo tendo en conta que o ano pasado non se levou a cabo dita limpeza co risco de incendio que isto suporá de cara á tempada de verán. 

A moción presentada polos socialistas tamén lembra a responsabilidade do mantemento do firme e do asfaltado na estrada nacional, o cal está enormemente deteriorado. Outra medida que contou coa aprobación de todos os grupos foi a que presentou o BNG en relación á sinalización da ponte medieval de Pereira e a súa inclusión nas guías turísticas municipais, así como a limpeza  e adecentamento do seu entorno.


Outra medida aprobada onte foi a delegación á Deputación Provincial da recadación da taxa por reserva na vía pública para aparcamento.

*