Mostrando entradas con la etiqueta Gonzalo Álvarez Prado. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Gonzalo Álvarez Prado. Mostrar todas las entradas

viernes, 13 de abril de 2012

Pablo Vidal: "O BNG é unha alternativa seria e honesta para gobernar Ordes"

Pablo Vidal, responsable local do BNG de Ordes.
O BNG de Ordes confía a súa nova dirección en Pablo Vidal, de 26 anos, veciño da vila de Ordes e arquitecto técnico

O Bloque Nacionalista Galego de Ordes renovou a dirección local nunha asamblea na que se respaldou por unanimidade a candidatura ao Consello Local encabezada por Pablo Vidal Ríos, un xovén arquitecto técnico, de 26 anos, veciño da vila de Ordes, que a pesar da súa xuventude leva unha contrastada traxectoria dentro do nacionalismo, no que ten desempeñado importantes responsabilidades en Galiza Nova, organización xuvenil do BNG.

No novo Consello local, destaca tamén a presenza da concelleira Montserrat Rei, que ocupará a vicerresponsabilidade local, e do portavoz municipal do BNG de Ordes, Gonzalo Castro.

Nova dirección
Xunto a eles figuran nesta nova dirección local, renovada nun cincuenta por cento  dos seus membros, as seguintes persoas: Gonzalo Veiras Carneiro, Oscar Martinez Iglesias, Paula Castenda Blanco, Ramiro Recouso Liste, Avelino Candal Fariña, José Antonio Raña Regueira, Lino Gaudeoso Vázquez e Gonzalo Álvarez Prado.

Na súa primeira intervención como novo responsable local, Pablo Vidal afirmou que o obxectivo do BNG de Ordes para os próximos anos pasa por «reforzar a alternativa de goberno que representa o BNG en Ordes, unha alternativa seria e honesta para gobernar Ordes e sacalo do atraso ao que o teñen condeado as políticas dos sucesivos gobernos da dereita”.


Gonzalo Castro, portavoz municipal do BNG de Ordes, e Montserrat Rei, a súa vicerresponsable local.
As frases de Pablo Vidal, responsable local do BNG de Ordes
“Se algo caracteriza o proxecto do BNG para Ordes é o seu futuro, como o atestigua a media de idade da súa dirección, de 34 anos, o claro exemplo de que existe unha opción de futuro para gobernar Ordes con ideas novas, desprazando a gobernantes que levan máis de vinte anos gobernando o noso concello. Ordes precisa aire fresco, e iso é o que representa o BNG”

"As liñas de traballo da nova dirección do BNG de Ordes buscarán reforzar a actuación do BNG na sociedade, así como intensificar a comunicación cos veciños do noso concello"


*

viernes, 4 de febrero de 2011

Gonzalo Castro: "O BNG gobernará para todos os veciños e veciñas de Ordes sen discriminacións"


O BNG de Ordes presentou a súa lista para as municipais de maio nun abarrotadísmo El Túnel

As prioridades do BNG para Ordes: Creación de emprego, servizos sociais e participación cidadá

Guillerme Vázquez: "Galiza leva cinco meses destruíndo máis emprego que o resto do Estado"

O BNG de Ordes celebrou onte xoves o acto de presentación das 17 persoas que formarán parte do primeiro tramo da candidatura ás próximas eleccións municipais, candidatura encabezada por Gonzalo Castro e que conta nos primeiros postos coa presenza de Monserrat Rei, Ramiro Recouso, Pablo Vidal e Rosa Neira, e que contou coa participación do portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez. A presentación, que se celebrou no restaurante O Túnel, congregou a un numeroso público de veciños e veciñas de Ordes, tanto que o recinto quedou pequeno para acoller a toda axente que se achegou ao acto.

Así mesmo, o BNG de Ordes contou neste acto co respaldo dunha ampla representación da executiva nacional do BNG, onde destacaba a presenza de Francisco Jorquera, portavoz do BNG no Congreso dos Deputados, e Carlos Aymerich, portavoz do BNG no Parlamento de Galicia.

Os salóns do restaurante El Túnel rexistraron un cheo absoluto de xente para coñecer a lista do BNG de Ordes.
"Co goberno do PP o paro en Galiza medra máis que no conxunto do Estado"
Na súa intervención, o portavoz nacional do BNG denunciou que “en Galiza levamos xa cinco meses destruíndo máis emprego que o resto do Estado”. Ante esta situación, manifestou que “o BNG está en condicións de frear o PP porque só o BNG ten políticas verdadeiramente alternativas ás políticas da dereita”.

Guillerme Vázquez asegurou que o PP vai levar a Galicia a liderar as listas do paro en España.
"A candidatura do BNG, a única que representa un cambio real para Ordes"
Os integrantes dos primeiros postos da candidatura do BNG de Ordes interviron salientando que só o BNG representa unha alternativa de cambio real para Ordes. Rosa Neira, membro do comité de empresa de viriato e candidata nº 5, manifestou que o BNG pretende convertir Ordes no verdadeiro motor socioeconómico da comarca.

Pablo Vidal, arquitecto técnico e candidato nº 4, incidiu en que para o próximo goberno do BNG será prioritario adoptar medidas para paliar o desemprego da xente nova, así como fomentar o asociacionismo xuvenil. Ramiro Recouso, empresario e candidato nº 3, animou aos veciños e veciñas de Ordes a dar o paso e apoiar ao BNG para erradicar de Ordes aos políticos que só se presentan para “encher e bandullo e por intereses persoais”. Montse Rei, candidata nº 2, salientou que o BNG “mellorará os servizos sociais no noso Concello, que están a sufrir un grave deterioro e abandono”.

Momento da intervención de Gonzalo Castro, candidato do BNG á alcaldía de Ordes.
“O BNG gobernará para todos os veciños e veciñas de Ordes sen discriminacións”
Pola súa parte, o candidato Gonzalo Castro situou como un compromiso fundamental o de “gobernar para todos os veciños e veciñas de Ordes sen discriminacións, para todos por igual”.  E é que, segundo salientou “nas vindeiras eleccións municipais o BNG é a única alternativa de cambio real en Ordes”.

Ademais, o cabeza de lista do BNG marcouse “como prioridade do BNG no próximo goberno a creación de emprego, de servizos sociais e a participación cidadá”. Neste sentido, Castro anunciou o compromiso do BNG de elaborar uns orzamentos participativos, a construción e impulso dun viveiro de empresas, a modernización da praza de abastos e o impulso do tan necesitado e demandado centro de día de Ordes. O candidato concluíu afirmando que “o BNG é a alternativa da xente que quere que en Ordes haxa un cambio real”.

Foto arriba: De esquerda a dereita, Carlos García, Mónica Pedreira, Paula Castenda, Manuel Beiras, José Antonio Raña, Gonzalo Álvarez, Pablo Vidal, Ramiro Recouso, Rosa Neira, Gonzalo Castro (candidato á alcaldía), María Xosé Raña, Guillerme Vázquez (portavoz nacional do BNG), Paula Costa, Lino Gaudeoso, Óscar Martínez, Gonzalo Veiras, Pilar Rivera e Monserrat Rei.

*

sábado, 15 de enero de 2011

Castro encabezará unha lista na que Montse Rey será número 2 e Recouso o 3

María Xosé Raña abandona a corporación pechando as listas no posto de honra

Castro: “Chegou a hora dun cambio real en Ordes, un cambio que liderará o BNG”

A asamblea do BNG de Ordes ven de aprobar por unanimidade  a candidatura ás vindeiras eleccións municipais que encabezará o actual portavoz municipal, Gonzalo Castro.

A candidatura inclue ás seguintes persoas:

1. Gonzalo Castro. Avogado, portavoz municipal do BNG de Ordes.

2. Montse Rey Patiño. Licenciada en Química, presidenta de Adega Ordes.

3. Ramiro Recouso. Empresario, actual concelleiro do BNG en Ordes.

4. Pablo Vidal Ríos. Arquitecto técnico, membro de Galiza Nova.

5. Rosa Neira Noy. Membro do comité de empresa de Viriato, S.A.

6. José Antonio Raña, de Buscás.

7. Lino Gaudeoso, de Vilamaior.

8. Mónica Pedreira, de Ardemil.

9. Paula Costa, de Mercurín

10. Gonzalo Álvarez Prado, de Poulo.

11. Oscar Martínez, de Parada.

12. Paula Castenda, de Ordes.

13. Gonzalo Veiras, de Ordes.

14. Carlos García, de Lesta.

15.  Pilar Rivera, de Ordes.

16. Manuel Veiras, de Pereira.

17. María Xosé Raña, de Barbeiros e actual concelleira do BNG de Ordes.

As frases de Gonzalo Castro, candidato á alcaldía de Ordes polo BNG

“chegou a hora dun cambio real en Ordes, un cambio que liderará o BNG”.

"A creación de emprego, o saneamento económico do Concello e a participación dos veciños e veciñas na xestión municipal, son os tres principais obxectivos do próximo goberno municipal do BNG”.

“Síntome moi satisfeito por poder contar cun equipo tan capacitado, unido e ilusionado para cambiar Ordes”

"Emprazo a todos os membros da candidatura e da asamblea local a traballar intensamente, con cercanía e humildade, para lograr o vindeiro mes de maio o verdadeiro cambio que os veciños e veciñas de Ordes levan esperando desde hai moitos anos”

*

miércoles, 12 de mayo de 2010

Unha ruada achegará a troula de vinte agrupacións folclóricas

.
A Asociación Cultural 'Camiño Real' de Poulo organiza o vindeiro venres 21 o encontro, que conta coa colaboración do Concello de Ordes e os establecimentos hostaleiros do Campo da Feira

O vindeiro venres, 21 de maio no Campo da Feira e a partires das 21:00 horas, a Asociación Cultural 'Camiño Real' de Poulo organiza a I Ruada 'Vai de Troula', en colaboración co Concello de Ordes.

Unha foliada que contará coa participación de diversos grupos folclóricos da provincia coma son os ordenses 'Pelexos', de Santa Cruz de Montaos; 'Os Viqueiras'; 'Embruxo', de Leira; 'Flor da Maquía'; e 'Camiño Real'. Dende Trazo chegarán as pandereteiras de 'Xentiña de Trazo'; 'Xeitosos'; e 'Faíscas'. De Tordoia, 'Brisas do Quenllo', da Pontraga; e 'Pandereteiras Bouba'.

Dende Cerceda, 'San Martiño' e Pandereteiras de Cerceda. De Oroso, 'Buxos Verdes', de Senra; 'Lembranzas do Tambre', de Sigüeiro e 'Néboas'. Xa por último, os fradenses de 'Grupo de Aiazo'; 'Os Reiceiros', da Ponte Carreira; e Grupo de Gaitas. Dende A Coruña, 'Maghúa'; e 'Donas de Marantes'; e 'A Gracia' dende Santiago de Compostela.

A organización convida a todos os lectores de Ordessiete a participar da xornada festiva "cantando, bailando e trouleando ata que o corpo aguante". Máis información no enderezo electrónico: accaminorealdepoulo@gmail.com.

A frase de Gonzalo Álvarez Prado, secretario da Asociación Cultural 'Camiño Real' de Poulo
"A festa estará asegurada, haberá carpa, bar, venta de rifas para sortear diversos agasallos cedidos por varias asociacións e entidades colaboradoras e a entrada é de balde. Teremos unhas uchas para quen queira aportar donativos para enviar a través da Cruz Vermella a Haití e Chile, para axudar as súas xentes e que poidan voltar a vida de novo e loitar por un futuro millor para todos eles"

*

jueves, 18 de febrero de 2010

Aberta unha campaña popular de doazóns a Haití

.
Organizada pola Asociación Cultural 'Camiño Real' de Poulo, a Asociación Cultural e Deportiva Poulo, e Acordes

Desde a próxima semana terá lugar en Ordes a campaña de recollida de doazóns 'Ordes por Haití', organizada pola Asociación Cultural 'Camiño Real' de Poulo, Asociación Cultural e Deportiva Poulo e a Asociación de Comerciantes de Ordes (Acordes).

A campaña terá lugar ata o próximo 21 de marzo, e consistirá nunha recollida de doazóns polos comercios, locais de hostelería e outros estabelecimentos ordenses, con destino á Asamblea Local da Cruz Vermella. As cantidades recaudadas serán enviadas a Haití, para paliar os danos causados polos recentes terremotos. O destino das doazóns será o envío de mediciñas, tendas de campaña e todo aquel material urxente.

Sorteo de regalos deportivos
Para incentivar a participación dos veciños e veciñas de Ordes e comarca, sortearanse regalos como camisetas firmadas polos xogadores dos equipos: R.C. Deportivo da Coruña, S.D. Ordes, Mesón do Bento C.F., S.D. Montaos, A.C.D. Poulo, Vilamaior C.F., Jogafán F.S., A.C. Ordenes, Club Atletismo Ordes, e outros aínda por confirmar.

Dende a asociación de Poulo confían que o triatleta Iván Raña poida sumarse á iniciativa solidaria. A Asociación de Hostelería de Ordes, aportará unha comida ou cena nun restaurante de Ordes para dúas persoas, e o Incluso o equipo do programa de Roberto Vilar, Land Rober, nos enviará unha camiseta firmada. A Asociación Cultural "Camiño Real" de Poulo aportará unha pandeireta.

O sorteo dos regalos faráse o día 24 de marzo pola mañán en directo en Radio Ordes, que emitirá unha cuña diaria, anunciando a campaña. Haberá carteis con fotografías dos regalos e asociacións e persoas colaboradoras en todolos comercios e locais de hostelería de Ordes.

As doazóns podense facer nunhas huchas que se porán nos devanditos locais ou enseñando un resguardo bancario da aportación a devandita causa a calquer ONG, con campaña aberta por Haití. Dáse esta posibilidade pois tamén desgrava na declaración da Renta. A entrega do donativo, entregaranse as participacións para o sorteo.

Na foto: Gonzalo Álvarez Prado, secretario da Asociación Cultural 'Camiño Real' de Poulo, con parte das doazóns das entidades deportivas

*