Mostrando entradas con la etiqueta Rosa Maceiras. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Rosa Maceiras. Mostrar todas las entradas

jueves, 3 de marzo de 2011

Os 'comenius' polacos e lituanos, de visita en Ordes


Como contrapartida, un grupo de seis estudantes de 3º e 4º da ESO do IES Maruxa Mallo viaxará de novo a Polonia a finais do mes de abril 

O alcalde Manuel Regos recibiu esta mañá a un grupo de alumnos e profesores de Lituania e Polonia que están a pasar uns días no municipio a través dun intercambio escolar con alumnos de IES Maruxa Mallo.

En total son seis alumnos e catro profesores polacos, e outros seis alumnos e unha profesora lituana os que nos están visitando nestes días, nunha iniciativa enmarcada dentro do proxecto Comenius da Unión Europea no que participa o IES Maruxa Mallo xunto aos institutos da localidade lituana de Druskininkai e a polaca de Pszczyna. Un proxecto que ten unha duración de dous anos e polo que xa o ano pasado visitaran o municipio outros dous grupos de alumnos lituanos e polacos, así como escolares ordenses viaxaran en dúas ocasións a Lituania e unha a Polonia.

O grupo de estudantes e profesores no salón de plenos da Casa do Concello de Ordes.
A Polonia a finais de abril
A finais do vindeiro mes de abril os alumnos ordenses, que están a acoller nestes días aos seus compañeiros lituanos e polacos, viaxarán a Polonia, dando así por finalizadas as viaxes enmarcadas dentro deste programa. En total vixarán ao pobo de Pszczyna, seis alumnos de 3º e 4º da ESO acompañados por profesores do centro.

Na recepción desta mañá, participaron xunto ao alcalde, tamén os alumnos ordenses anfitrións, así como a directora do IES Maruxa Mallo, Rosa Maceiras, e a coordinadora do programa, Isabel Mato, ademais dos concelleiros de Medio Ambiente, Xesús Pedreira, e a concelleira de Educación, Mocidade e Discapacidade, Silvia Marín.

Os estudantes centroeuropeos posan co alcalde Manuel Regos e o concelleiro de Medio Ambiente, Xesús Pedreira.

A frase de Manuel Regos, alcalde de Ordes
“Espero que a vosa estancia en Ordes sirva para que vos levedes un bo recordo do noso municipio e que poidades apreciar a xentileza e hospitalidade das nosas xentes. Esta experiencia servirá para que coñezades a nosa cultura, así como para que os nosos mozos e mozas coñezan as vosas, polo que espero que a aproveitedes o mellor posible”

*

sábado, 8 de enero de 2011

ORDENSES DEL AÑO (VII): ORDENSE DEL AÑO 2010

Candidatos:

Alberto Bouzas Mosquera. Cardiólogo del Centro Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC). En febrero de 2010, la pestigiosa revista médica británica The Lancet seleccionaba un trabajo suyo como el mejor artículo publicado en 2009, una reveladora investigación sobre la precisión diagnóstica de la ecocardiografía de esfuerzo en pacientes con problemas cardiacos. A sabiendas de este hito, por unanimidad del pleno municipal se acordó impulsar su nombre para los Premios Galicia de Investigación que convoca anualmente la Xunta de Galicia. Bouzas forma parte del equipo del también cardiólogo Jesús Peteiro y ya en 2002 había obtenido la más alta puntuación en el examen MIR de toda la universidad compostelana. En agosto, recibiría el Premio del Congreso Europeo de Cardiología, único médico español de la edición de 2010 en conseguirlo. Finalmente en diciembre de 2010, Diario Médico, la publicación de referencia en la Medicina profesional en España reconocía su investigación como una de las Mejores Ideas de la Sanidad durante 2010.

Ramón Carro. Empresario fundador de la constructora CRC Obras y Servicios. El 8 de mayo de 2010 recibía el reconocimiento de toda la corporación municipal haciéndolo merecedor de la más alta distinción que otorga el Concello de Ordes a sus vecinos: Hijo Predilecto de Ordes. Carro lo tuvo merecido, en palabras del alcalde Manuel Regos, por su trayectoria profesional, llevando el nombre de Ordes por todos sitios. Fundada en 1940, CRC es una de las mayores constructoras de Galicia con delegaciones abiertas en Madrid y Barcelona. Están especializados en obras hidráulicas, urbanizaciones, obras eléctricas y edificación. Solo durante 2010 le fueron adjudicadas 19 obras públicas entre Cataluña y Galicia. También el año 2010 le trajo una buena noticia al empresario, ya que el Tribunal Supremo fallaba a su favor en la confrontación judicial que tenía abierta contra el por aquel entonces alcalde de Ordes, Teodosio Martino en una demanda de intromisión ilegítima en el derecho al honor.    

Jaime de Castro García. Nacido en Ordes en 1913, el insigne jurista fallecía en A Coruña en mayo de 2010 a los 93 años de edad. Estudió la carrera de Derecho en la Universidad de Santiago de Compostela y fue juez en Cambados, Vigo y Bilbao antes de ser nombrado presidente de la Audiencia Provincial de A Coruña y posteriormente de las de Albacete, Extremadura y Valladolid. Condecorado con la Gran Cruz de Raimundo de Peñafort y miembro de honor de la Asociación de juristas gallegos en Madrid (Iurisgama), se jubiló como magistrado del Tribunal Supremo en Madrid. Era miembro de la Real Academia de Jurisprudencia de Galicia. Dos de sus hijos, Jaime y Luis, como uno de sus nietos, Luis de Castro, han seguido sus estela en la carrera judicial, este último en la actualidad magistrado del Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Rosa Maceiras. Directora del IES Maruxa Mallo y coordinadora, junto a la profesora Isabel Mato, del Programa europeo Comenius que posibilitó que un grupo de cuatro alumnos ordenses (Paula Martínez, Adrián García, Luis Fernando Cruz y Andrea Ariño) hicieran un intercambio de estudios con jóvenes de Polonia y Lituania. Por primera vez en su historia, el instituto ordense se abría a este Programa de Aprendizaje Permanente creado por la Unión Europea a través del Organismo Autónomo Programas Educativos Europeos (OAPEE). Ya en noviembre de 2009, estos cuatros ordenses, junto a Maceiras y Mato, pasaron una semana de intercambio en la ciudad polaca de Pszczyna. Tres meses más tarde, en febrero de 2010, ejercían de anfitriones de un grupo de seis estudiantes polacos y cuatro lituanos junto a cuatro docentes. Finalmente, a principios de octubre de 2010, cuatro profesoras del IES Maruxa Mallo y seis de sus alumnos viajaban hasta la ciudad lituana de Druskininai con ese mismo objetivo de enriquecerse cultural y educativamente en la inmersión en otras culturas y lenguas europeas.

Vota por tu favorito Ordense del Año 2010.

*

jueves, 3 de diciembre de 2009

¡Labas draugas!*

.
Manuel Regos, recibiu aos alumnos do IES Maruxa Mallo que viaxaron a Lituania a través do proxecto Comenius

Os catro alumnos ordenses entregáronlle un obsequio institucional do concello de Druskininkai, onde residiron durante unha semana

Manuel Regos, recibiu esta mañá aos catro alumnos e ás dúas mestras do IES Maruxa Mallo de Ordes que viaxaron a Lituania a través do proxecto Comenius que financia a Unión Europea.

No seu día o alcalde enviara un agasallo a través dos escolares para o Concello de Druskininkai, onde residiron estes catro mozos, e en resposta, foron agora os representantes da localidade lituana os que quixeron enviar un obsequio ao consistorio ordense.

Algúns xa teñen nocións de lituano
Ademais durante o acto, o alcalde interesouse polas experiencias vividas polos catro alumnos, Adrián García Muíño, Luis Fernando Cruz, Andrea Ariño Vilariño e Paula Martínez, que aseguraron que a maior das dificultades nada máis chegar foi o idioma, aínda que trala viaxe algún deles incluso chegou a demostrar ter xa uns coñecementos básicos de lituano.

As profesoras Isabel Mato e Rosa Maceiras, que acompañaron aos rapaces anunciaron que a última semana de febreiro visitarán Ordes alumnos lituanos e polacos que participan no proxecto, e en xuño está previsto que o centro ordense realice outra viaxe, nesta ocasión a Polonia.

*Labas draugas en lituano significa 'Hola amigos'.

*

martes, 10 de noviembre de 2009

O IES Maruxa Mallo viaxará a Lituania

.
Catro "brillantes estudantes" pasarán unha semana na cidade de Pszczyna

Poñerán en práctica os seus coñecementos de inglés

O vindeiro sábado, 14 de novembro, e dentro das actividades do Proxecto Comenius que financia a Unión Europea, comeza a viaxe que levará ata Lituania a Paula Martínez Díaz, Adrián García Muíño, Luis Fernando Cruz Ramos (3º ESO) e Andrea Ariño Vilariño (4ºESO), brillantes estudantes do IES 'Maruxa Mallo' de Ordes. Con eles viaxarán a Directora do Centro, Rosa Maceiras Miñán, e a Coordinadora do Proxecto, Isabel Mato Torres.

Durante a estadía dunha semana nese país o alumnado galego terá ocasión de comparar tres culturas, formas de vida e sistemas educativos. Poñerán, asemade, en práctica os seus coñecementos do inglés que será a lingua de comunicación do encontro no que tamén participarán os socios polacos do proxecto, alumnado e profesorado do Instituto Zespól Szkol nº1 da cidade de Pszczyna. Mentres o profesorado dos tres países prepara detalladamente as actividades para o resto do curso, o alumnado convivirá con familias lituanas e asistirá a clases no Instituto 'Atgimimo' da cidade de Druskininkai.
.
Levarán un vídeo do concello de Ordes
Pero os rapaces e rapazas de Ordes non chegarán coas mans baldeiras pois levan un vídeo onde presentan o centro educativo e o concello de Ordes. Este vídeo foi realizado polos profesores de Galego e Tecnoloxía, Xosé M. F. Castro e Raquel Rendo Martínez, e protagonizado polo alumnado da materia de Expresión Teatral, coa colaboración de todo o instituto.

Tampouco chegarán alí sen coñecementos previos do país porque, tanto eles como o seus compañeiros de nivel, procuraron activamente na internet a información necesaria para solucionar uns detallados cuestionarios sobre Lituania elaborados polos profesores de Historia, Leopoldo Fernández Gasalla e José Martínez Crespo, e adaptados polos mesmos estudantes ao idioma do encontro nas clases de Inglés.

O Concello de Ordes, que se brindou a colaborar, enviará un agasallo institucional ao concello de Druskininkai, que recibirá e dará a benvida aos galegos. Durante a visita achegaranse a diversos lugares turísticos e culturais e para contárllelo todo logo aos compañeiros, dispoñerán dun 'Diario de Viaxe', preparado pola Coordinadora do Proxecto, onde tomarán nota das súas experiencias coa familia, coa comida, co centro educativo e coa viaxe en xeral.

*

martes, 13 de octubre de 2009

O IES Maruxa Mallo, máis perto de Europa que nunca

.
Un grupo de estudantes ordenses viaxará a Polonia e Lituania durante este curso

Chegará en febreiro unha delegación deses dous países para convivir connosco durante uns días

O IES Maruxa Mallo de Ordes vai participar por primeira vez no programa europeo Comenius xunto con outros dous centros educativos, un de Lituania e outro de Polonia. O alumnado implicado dos tres países levará a cabo dous módulos de investigación: 'Diversidade cultural e diálogo intercultural' neste curso e 'Os ECOeuropeos e a calidade de vida' no vindeiro.

Por medio deste proxecto preténdense mellorar, entre outras, as destrezas comunicativas nun idioma estranxeiro, o inglés, xa que tódolos traballos terán que estar nesta lingua, así como as competencias dixitais, posto que elaborarán un xornal on-line. Este proxecto está financiado pola Unión Europea o que permitirá, por unha banda, que diferentes grupos de alumnado e profesorado viaxen aos outros dous países, e, por outra banda, farán de anfitrións cando os socios lituanos e polacos veñan a coñecer esta parte de Europa.

Os participantes do proxecto esperan adquirir amplos coñecementos sobre a cultura, estilo de vida e tradicións dos outros -aspectos bastante descoñecidos para unha gran maioría-, promovendo sempre o valor da diversidade, do respecto e da tolerancia cara ás culturas diferentes.

"Viaxaremos a Polonia e Lituania antes de que termine o curso"
A preguntas de Ordessiete, a coordinadora do proxecto, Isabel Mato, confirmounos a chegada dun grupo de estudantes polacos e lituanos para o vindeiro mes de febreiro. Do mesmo xeito, os ordenses tamén viaxarán a eses países, segundo Mato, "antes de que termine este curso". A intención agora do instituto e recadar a maior cantidade de fondos posibles para que sexan cantos máis mellor os xóvenes ordenses beneficiados do programa. Así, polo de agora, serán catro os alumnos que acompañen a Isabel Mato e a directora do IES, Rosa Maceiras, ata terras centroeuropeas.
____

Foto: Vista de Vilnius, capital de Lituania.

*