ust |
Captura da portada da web do candidato socialista Xesús Pedreira http://www.jesuspedreira.com/ |
Cuantifica en nove millóns de euros os investimentos en Ordes xestionados polos socialistas no periodo 2007-2011
O secretario xeral da Agrupación Socialista de Ordes, Xesús Pedreira, ven de mellorar a súa páxina web como candidato do PSdG-PSOE á alcaldía. O sitio, ao que se pode acceder na dirección http://www.jesuspedreira.com/, inclúe dende hoxe a posibilidade de que os veciños e veciñas de Ordes poidan enviarlle ao candidato preguntas, dúbidas e suxerencias sobre o municipio.
Emprego de calidade
http://www.jesuspedreira.com/ estrea tamén un vídeo promocional dos socialistas ordenses, no que o candidato á alcaldía adianta algunha das súas inquedanzas para o futuro da vila. O número 1 dos socialistas de Ordes adianta tamén que un dos seus grandes propósitos como alcalde para o próximo mandato será a creación dun Centro Tecnolóxico, que ampare a creación de empresas e de emprego de calidade, que “é algo primordial para o desenvolvemento de Ordes”.
Nove millóns de euros en investimentos conseguidos por Pedreira
A web tamén fai repaso da xestión dos socialistas no goberno municipal durante o mandato que remata. Recolle as deceas de investimentos obtidos por Pedreira neste tempo para os veciños do municipio, que en conxunto superan os nove millóns de euros. Entre eles, destaca o paseo fluvial, os obradoiros de emprego, a ampliación do tanatorio ou múltiples melloras nas infraestruturas viarias no municipio.
A páxina web do candidato socialista á alcaldía ordense é tamén un reflexo da aposta de Pedreira polas novas tecnoloxías. Así, os usuarios que accedan a http://www.jesuspedreira.com/ poden, desde ela, facerse fans de Pedreira en Facebook ou seguilo na súa conta de Twitter, que mantén permanentemente actualizada.
As frases de Xesús Pedreira, candidato á alcaldía de Ordes polo PSdG-PSOE
“Nós temos un programa electoral elaborado escoitando aos veciños e veciñas de Ordes. Pero non é un documento pechado, senón que segue aberto á participación de calquera veciño ben de xeito persoal ou ben a través da Internet”
“Na política local, para os socialistas o máis importante son os veciños”
"O meu propósito é seguir aumentando a calidade de vida nas parroquias e consolidar e ampliar os servizos públicos"
“Nós iniciamos o cambio e a transformación de Ordes, e debemos seguir liderando esa transformación e ese cambio poara ben de todos os veciños”
*