jueves, 28 de abril de 2011

CideGa resume o seu programa en: Austeridade, transparencia, participación cidadá, creación de emprego e política social

A candidatura de Cidadáns de Galicia (CideGa) polo concello de Ordes.
Cidadáns de Galicia fai público o seu programa electoral

A formación Cidadáns de Galicia (CideGa), que concurre por vez primeira nas eleccións locais no concello de Ordes fixo hoxe público o seu programa electoral. Baixo o lema de "Porque somos cidadáns coma ti", a forza encabezada por Ana María Álvarez vertebra en sete aspectos o seu ideario político para esta convocatoria electoral.

1. Emprego, empresa e comercio.
- Creación de centros de formación continua.
- Favorecer o asentamento de novas empresas no Concello.
- Creación dun departamento específico de empresa e comercio que aborde os problemas destes sectores, garantindo unha comunicación continua co empresariado, comerciantes e asociacións.
- Creación dunha comisión municipal-empresarial para a resolución das deficiencias actuais do polígono empresarial, así coma para analizar a xestión e posta en marcha do novo poligono industrial.
- Potenciación de productos típicos da zona mediante a existencia dun mercado na praza de abastos, así coma fomentar a comercialización doutros de carácter gastronómico e cultural.
- Fomento da asociación do textil e demais gremios de interese.

2. Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM)
- Prioridade a que o PXOM estea en vixencia no menor plazo posible, pois é o instrumento que vertebrará o municipio nos vindeiros anos.
- Modificación axustada e severa das indicacións e variacións que expoña a Administración ó proxecto do PXOM presentado.
- Presentación pública do PXOM antes de dar comezo ó periodo de alegacións.
- Exposición pública do PXOM o maior tempo posible que permita a legislación.
- Habilitación dunha oficina específica para a exposición do PXOM e redacción das alegacións a este.
- Exposición pública en tódalas parroquias e redacción das alegacións.
- Rexistro de seguimento específico de cada unha das alegacións presentadas.

3. Servizos e equipamentos
- Acondicionamento e mellora das vias que forman o cordón circulatorio do pobo.
- Acondicionamento de zonas de aparcamento suficientes para as necesidades reais do pobo e revisión do actual sistema da ORA.
- Creación dun parque infantil cuberto adecuado as necesidades poblacionais actuais.
- Mellora e ampliación do alumeado público así como aumento da potencia eléctrica.
- Incremento no número de contedores de residuos urbanos e mediambientais.
- Actualización do rueiro municipal.

4. Medio Rural
- Impulso definitivo para rematar as concentracións parcelarias pendentes.
- Seguimento das necesidades reais das parroquias mediante os pedáneos (alcaldes de barrio), garantido mediante a obriga de emitir informes periódicos ó citado departamento.
- Acondicionamento e ampliación das vias rurais de primeiro e segundo orde.
- Posta en marcha dun Plan Integral de Infraestructuras e Equipamentos para dotar de auga e saneamento as parroquias.
- Limpeza, desbroce e acondicionamento de cunetas e antigos camiños rurais que ó paso do tempo conseguiu pechar.
- Construcción de balsas de captación de auga para tarefas contraincendios e usos agrícolas en tódalas parroquias.
- Acondicionamento de fontes, mananciais, cauces de auga , etc.
- Mantemento e creación de novos centros sociais.
- Ampliación da rede de tendido telefónico para o acceso a Internet.
- Remodelación completa da señalización das distintas aldeas e parroquias que conforman o noso municipio.
- Exposición permanente dos planos catastrais, normativa municipal, planos de exposicións e en xeral, todo tipo de información municipal nos centros parroquias.
- Fomento do uso dos centros parroquias mediante a realización de cursos, charlas, proxección de películas, actos culturais, etc.

5. Xestión municipal e económica
- Realización dunha auditoría externa e un estado de contas do Concello.
- Realización de orzamentos austeros e con control exhaustivo do gasto.
- Reducción da burocracia municipal, simplificando os tramites e promovendo a administración electrónica.
- Creación dun departamento de urbanismo dirixido por técnico urbanístico con poder de decisión e xestión, independentemente da existencia ou non da figura do concelleiro de urbanismo e obras.
- Garantir profesionalidade e dilixencia en tódalas xestións demandadas polos cidadáns.
- Descontos para xóvenes e maiores no uso das distintas instalacións e actos municipais.

6. Social e sanidade
- Fomento da participación cidadá e colectiva na xestión do devir municipal.
- Creación dun centro de día para os nosos maiores.
- Aumento do persoal de asistencia a domicilio para as necesidades de maiores e enfermos dependentes.
- Ampliación e mellora das instalacións do centro de saúde e aumento de persoal médico e de servizos.
- Potenciación e ampliación da carteira de servicios e aparataxe no centro de saúde.
- Apoio as familias e persoas en situación de carencias económicas e sociais graves, tales como nais e pais solteiras/os , os maltratados/os , familias numerosas, persoas con problemas de alcoholismo, drogodependentes, …
- Apoio os colectivos que traballan e velan polas persoas e familias mais desfavorecidas.
- Asesoramento e apoio á integración do colectivo inmigrante na sociedade ordense.
- Supresión de barreiras arquitectónicas e fomento de todo tipo de axudas persoais a maiores e discapacitados.
- Loita contra a droga, alcoholismo e sida.
- Creación dun local para a xuventude e unha ludoteca.

7. Educación, cultura e deporte
- Implicación directa cas APAS e cas direccións dos centros de ensino.
- Estudio, renovación e modernización de instalacións e equipamentos nos colexios e unitarias.
- Estudiar a posibilidade da ampliación de especialidades no Instituto de Formación Profesional.
- Apoio real as asociacións deportivas e culturais existentes.
- Apoio e proxección exterior da Banda, coros e grupos de música tradicional.
- Impulsar axudas por parte da Administración para a creación de talleres artísticos interdisciplinares para a infancia, xuventude e terceira idade.
- Potenciación do Museo do Traxe e do Museo Xoxardo, ca posta en marcha de actividades adicionais (Danza, talleres de pintura, etc..).
- Potenciación e mellora das escolas deportivas municipais.

*