Mostrando entradas con la etiqueta Florentino Ruibal. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Florentino Ruibal. Mostrar todas las entradas

martes, 3 de diciembre de 2013

Flor da Maquía, homenaxeado en Vigo

Florentino Ruibal, 'Flor da Maquía', o pasado sábado no teatro García Barbón de Vigo.
O gaiteiro ordense recibiu o recoñecemento na XXVI Homenaxe ao Gaiteiro

O pasado sábado, o gaiteiro ordense Florentino Ruibal, popularmente coñecido como ‘Flor da Maquía’, recebiu o recoñecemento na XXVI Homenaxe ao Gaiteiro organizada polo grupo etnográfico A Buxaina. O encontro, que contou coa colaboración do Concello de Vigo, celebrouse no teatro García Barbón de Vigo. 

Ata alí se desprazaron moitos dos seus veciños, veciñas e familiares, ademais do concelleiro de Cultura de Ordes, Xosé Ramón Vázquez Raña, quen lle fixo entrega dun agasallo do Concello de Ordes. 

No mesmos acto tamén se recoñeceu o traballo artístico de Santiago Canelleiro e Germán V. Soneira, que actuaron acompañados polas Cantareiras de Alende e pola A.C. Regionalista, respectivamente.

*


martes, 19 de noviembre de 2013

Homenaxe en Vigo ao gaiteiro de Poulo 'Flor da Maquía'

O gaiteiro ordense Florentino Ruibal Rivas, 'Flor da Maquía' // TVG.
O sábado 30 de novembro no Centro Cultural Novacaixagalicia

O Grupo Etnográfico A Buxaina de Coruxo (Vigo), coa colaboración do Concello de Vigo, celebrará próximamente a súa vixésimo sexta edición da Homenaxe ao Gaiteiro. 

Nesta edición, os homenaxeados serán os gaiteros Germán Vázquez Soneira, 'O gaiteiro dos Lamas', Santiago Caneiro Aneiros, e Florentino Ruibal Rivas, 'Flor da Maquía', de 85 anos de idade, este último natural da parroquia ordense de Poulo. 

Entradas
O encontro terá lugar o sábado 30 de novembro na sala de concertos do Centro Cultural Novacaixagalicia de Vigo, a partir das 19:00 horas. 

As entradas poderán retirarse con antelación no propio local do Grupo en Coruxo (Camposancos, 226) do 24 ao 29 de novembro, en horario de 12:00 a 14:00 horas (sábado e domingo) e de 20:00 a 22:00 horas, resto da semana.

Podes ver un vídeo de 'Flor da Maquía' baixo estas liñas:






*