miércoles, 6 de abril de 2011

Os escolares do Maruxa Mallo xa coñecen como funciona un Punto Limpo

Momento da visita dos escolares do IES Maruxa Mallo ao Punto Limpo de O Balado.
Pedreira: "A xestión da auga e de parte dos resíduos prantexan un dos maiores retos da política medio ambiental de Ordes"

A Concellería de Medio Ambiente do Concello de Ordes continúa coa súa programación prevista dentro do calendario de visitas de escolares á Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP), á Estación Depuradora de Auga Residual (EDAR) e ao Punto Limpo do Concello de Ordes.

A explicación do funcionamento das diferentes instalacións municipais corre a cargo dos responsables das empresas concesionarias de augas e residuos, Espina & Delfin e SOL, respectivamente.

Preto de 70 alumnos do IES Maruxa Mallo visitaron o pasado luns estas instalacións e está previsto que o vindeiro luns 11 de abril sexan outros 50 escolares do mesmo centro os que realicen as visitas ás dúas estacións e ao Punto Limpo.

As frases de Xesús Pedreira, concelleiro de Medio Ambiente de Ordes
"Con esta actividade o que se pretende é poñer a disposición de tódolos centros escolares que estean interesados en visitar as ETAP, EDAR e o Punto Limpo do concello, as súas instalacións"

"Os escolares poderán coñecer de primeira man a xestión da auga e de parte dos residuos na nosa vila, aspecto que nos plantexan un dos maiores retos dentro da política medio ambiental que promovemos dende esta concellería para poder facilitarlle aos nosos veciños un servizo de xestión de auga e residuos de total calidade"

*