As actividades prolongaranse os días 19, 20 e 25 de abril en horario de 09:00 a 14:00 horas
O Concello de Ordes puxo onte luns en marcha unha nova edición do programa Conciliar será fácil e divertido que organiza a Concellería de Educación, Mocidade e Discapacidade que dirixe Silvia Marín.
Trátase de actividades dirixidas aos pequenos do municipio nas mañás das vacacións, co fin de facilitar a conciliación da vida laboral e familiar das familias ordenses, á vez de que os nenos e nenas participantes teñan un tempo de diversión e ocio con xogos e obradoiros.
As actividades, nas que participan preto dunha trintena de rapaces do municipio, prolongaranse os días 19, 20 e 25 de abril en horario de 09:00 a 14:00 horas. Esta iniciativa está dirixida a nenos e nenas escolarizados en educación infantil ou primaria no curso 2010/2011.
*