Mostrando entradas con la etiqueta José Luis Martínez Sanjurjo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta José Luis Martínez Sanjurjo. Mostrar todas las entradas

jueves, 19 de junio de 2014

O PP reclama máis aparcamentos no centro de Ordes

Estado da rea Compostela, denunciado polo PP de Ordes.
Aseguran que os escasos estacionamentos dispoñibles actualmente, como o da rúa Compostela e outros, están cheos de fochancas sen que o Concello interveña para arranxar as deficiencias

O Partido Popular de Ordes aunciou o pasado martes que a vila de Ordes presenta unha seria carencia de prazas de estacionamento de vehículos. 

Lonxe de aportar solucións, o actual equipo de Goberno limitouse a reducir aínda máis a oferta dispoñible, como sucedeu coa construción dos baixos da Alameda, un proxecto que seis anos despois de ser executado segue sen reportar beneficios aos veciños,  malia que o seu custe millonario incrementou a débeda municipal e furtou a residentes e visitantes de preto de 100 prazas de aparcamento no centro da vila, aseguran desde o PP local.

Á vista desta carencia, o Partido Popular de Ordes no vindeiro Pleno municipal instará ao Concello para que habilite áreas de estacionamento na vila. Argumenta o PP local que, cunha xestión intelixente por parte do Concello, podería resultar doado habilitar novos espazos de aparcamento en áreas céntricas, o que se traduciría en maiores comodidades para os condutores, pero tamén en beneficios para o comercio local.

Mal estado dos aparcamentos
Ademais, o PP de Ordes reclamará que o Concello arranxe o deficiente estado de conservación das áreas de aparcamento libre, cedidas por propietarios particulares. Poñen como exemplo, os buratos que presenta o aparcamento da rúa Compostela, tanto nos seus accesos, como na explanada de estacionamento.

A frase de José Luis Martínez Sanjurjo, portavoz municipal do PP de Ordes 
“Vendo a realidade, semella que o alcalde de Ordes vive nun mundo de Yupi, xa que en lugar de preocuparse de arraxar os problemas reais, levita ocupado en asuntos que a ninguén interesan, como o alugueiro da estación da Pontraga, que custa máis de 1.000 euros anuais a todos os veciños, ou o amoblamento do novo salón de actos do Concello”

*

martes, 3 de junio de 2014

O PP alerta do "pésimo estado" das beirarrúas de Ordes

Estado dunha arqueta na zona de Vista Alegre, denunciado polo PP de Ordes.
Martínez Sanjurjo avanza que reclamará o proxecto de substitución de farolas para estudar posibles solucións

O Partido Popular de Ordes denunciou o pasado 31 de maio que a substitución de farolas efectuada o ano paso en diferentes rúas de Ordes ao abeiro dunha liña de axudas da Xunta de Galicia para o aforro enerxético saldouse con múltiples arquetas eléctricas baleiras e sen selar que supoñen un elevado risco para os peóns, especialmente para os nenos e maiores do noso municipio.

A maiores, o Partido Popular denuncia o deficiente estado de conservación que presentan a maior parte das beirarrúas da vila de Ordes, con losetas mal colocadas ou soltas que co paso do tempo acaban escachando, co conseguinte risco para os usuarios da vía pública. 

Estado dunha beirarrúa do Recreo.

Reclamacións patrimoniais
O voceiro popular, José Luis Martínez Sanjurjo, desvela que no Concello se acumulan reclamacións patrimoniais de usuarios por danos nos seus vehículos como consecuencia do pésimo estado de conservación da maior parte da  rede viaria municipal e agora cabe a posibilidade de que as fochancas nas beirarrúas provoquen lesións aos veciños, o que xeraría novas demandas.

O Partido Popular reclamará a vindeira semana o proxecto de substitución de farolas executado en Ordes para comprobar que solución contemplaba para as  arquetas dos anteriores puntos de luz. 

Con todo, considera que o sucedido é responsabilidade directa do alcalde e do seu concelleiro de obras, ben por consentir e alentar unha execución neglixente das obras, ben por non contemplar unha solución que evitase riscos como os que padecen agora o os usuarios das rúas que presentan arquetas baleiras e sen selar.

A frase de José Luis Martínez Sanjurjo, voceiro municipal do PP de Ordes
"A mala execución das obras, consentida polo Concello e contratadas xeralmente con empresas do círculo pechado do alcalde, atenta non só contra o patrimonio municipal, senón que poñen en risco a integridade física dos veciños”

*


viernes, 30 de mayo de 2014

O PP de Ordes denuncia a "inmensa soberbia" do Goberno municipal

Estado da pista de Trillán, en Buscás. 
Solicitaron diversos arranxos que ao seu xuízo, foron responstados polo Grupo de Goberno con arrogancia e "cobardía política" 

O Grupo municipal do PP de Ordes manifestou hoxe que o grupo de Goberno de Ordes deu resposta onte, "cunha chulería inadmisible para os cargos públicos", a parte dos rogos formulados polo PP "para arranxar algunha das diferentes carencias que os veciños veñen demandando deste hai meses ante a indiferenza municipal".


Espello convexo deteriorado en A Canle (Buscás).
Espello
Facéndose eco das demandas que lle trasladan os veciños a cotío, o Grupo Municipal do PP aproveitou o Pleno ordinario de maio para reclamar que o Concello atenda necesidades como o desbrozamento das pistas da rede de camiños de concentración parcelaria, o arranxo de fochancas  en diferentes puntos da rede viaria municipal e a substitución dun espello convexo de tráfico en A Canle (Buscás) que xa non cumpre a súa función polo deterioro que presenta.

Seguridade nunha ponte sobre o Lengüelle
O grupo que lidera José Luis Martínez Sanjurjo reclamou tamén que o Concello de Ordes arranxe a Ponte de Raña sobre o río Lengüelle, en Montaos, moi deteriorada e con riscos para a seguridade dos seus usuarios; que amplíe a capacidade da marquesiña que utilizan os nenos de Vilagudín (Lesta) para agardar o transporte escolar; que se conecte a aldea de Vilagudín á rede de abastecemento de Tordoia, situada a 400 metros, previo acordo co Concello veciño; e que se arranxen os desperfectos que presentan as beirarrúas da rúa Campeiras, no núcleo urbano de Ordes.

Fronte ás demandas trasladadas polo PP, aseguran que a tenente de alcalde respondeu en moitos dos casos cunha arrogancia impropia dun responsable público que ten entre as súas obrigas a de atender as necesidades dos cidadáns, argumentando baixo o pretexto da “toma en consideración”, que as obras reclamadas se farán só se o Goberno local o estima oportuno, “cando o decida o Goberno”.

A xuízo do Partido Popular, o tono e as respostas ofrecidas pola voceira do equipo de Goberno de Ordes poñen de manifesto a súa incompetencia, por non terse corrixido a tempo unhas carencias das que xa tiñan coñecemento; pero tamén unha “inmensa soberbia”, demostrando que lles molesta que o PP se convirta en altofalante dos veciños.

"Silencio do alcalde"

En opinión do portavoz municipal do PP de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, o silencio do alcalde, que volveu agocharse en lugar de responder ás necesidades dos veciños, acredita de novo a “covardía política dun rexedor que se parapeta na hipocresía de Silvia Marín por carecer de argumentos que ofrecer a uns veciños que están fartos de evasivas”.

*

jueves, 29 de mayo de 2014

Ordes pedirá á Xunta a derogación da cláusula 'anti festas' parroquiais

Un momento da celebración do pleno municipal, note nos baixos da Alameda de Ordes.
A aplicación da lei obrigaría ás comisións de festas a facer proxectos de seguridade, estructuras, contratar seguros, e moita documentación que cifran nuns 2000 euros

O pleno da Corporación municipal de Ordes acordou onte instar ao conselleiro de Economía e Industria a derogación do artigo 41 da Lei 9/2013 de 19 de decembro do emprendemento e da competitividade económica de Galicia. 

Unha medida “da que somos coñecedores e que sabemos que acarreará moitos inconvintes ás comisións, polo que queremos facilitarlle o traballo o máximo posible dende o Concello”, mnifestou a voceira do goberno, Silvia Marín. 

Según a moción presentada polo PSOE “isto acarreará uns gastos aproximados de máis de 2.000 euros e causará un conflicto ás comisións das festas parroquiais ao obrigarlles a presentar proxectos de seguridade e instalacións, contratar seguros que  e a instalación de escenarios e estructuras móbiles, entre outros aspectos”. 

Un texto ao que se lle engadiu unha emenda presentada polo BNG na que se acorda a colaboración do Concello coas comisións na elaboración dunha documentación estándar para abaratar custes. 

Finalmente todos aprobaron a medida excepto o PP que se abstivo alegando que moitas das medidas recollidas na normativa xa estaban vixentes con antelación, “polo que non se pode solicitar a derogación de aínda que sí se recoñece a necesidade de facilitar o máximo posible a labor das comisións na organización das festas”, precisou o voceiro popular, José Luis Martínez Sanjurjo.

Limpeza de cunetas
Por unanimidade tamén se acordou solicitarlle a Demarcación de Estradas do Estado a executar a limpeza das cunetas da N 550 ao seu paso por Ordes, sobre todo tendo en conta que o ano pasado non se levou a cabo dita limpeza co risco de incendio que isto suporá de cara á tempada de verán. 

A moción presentada polos socialistas tamén lembra a responsabilidade do mantemento do firme e do asfaltado na estrada nacional, o cal está enormemente deteriorado. Outra medida que contou coa aprobación de todos os grupos foi a que presentou o BNG en relación á sinalización da ponte medieval de Pereira e a súa inclusión nas guías turísticas municipais, así como a limpeza  e adecentamento do seu entorno.


Outra medida aprobada onte foi a delegación á Deputación Provincial da recadación da taxa por reserva na vía pública para aparcamento.

*

miércoles, 21 de mayo de 2014

Arias Cañete presentó su oferta a los ordenses en un abarrotado foro

De izq. a der. Carlos Negreira, Miguel Arias Cañete y José Luis Martínez Sanjurjo.
"Los hechos están dando la razón al presidente Rajoy. Empezamos a crecer. Empezamos a crear empleo", aseguró
El candidato afirmó que "ha llegado el momento de crecer y de bajar impuestos"
El candidato número 1 del Partido Popular a las elecciones europeas, Miguel Arias Cañete (Madrid, 1950), aseguró ayer en su mitin en Ordes que "vamos a sacar lo mejor de nosotros mismos para ganar estas elecciones y ganar a un socialismo que no ha hablado de Europa ni de lo que interesa a los españoles: de la economía, el empleo, la pesca, la agricultura, la energía o las redes de transporte. De eso nada". 
El candidato popular estuvo arropado por más de un millar de vecinos según fuentes del PP de Ordes, además del portavoz municipal del PP de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo; por el presidente provincial del PP, Carlos Negreira; y el secretario general del PPdG, Alfonso Rueda. 
Arias Cañete ha recordado que, de cara a la cita electoral del próximo domingo, "con el PP siempre se ha defendido a los españoles en la UE y venimos con las manos llenas y no con las manos vacías, venimos con resultados y no con eslóganes, venimos con palabras y no con mentiras".
"Cuando gobiernan los socialistas se dispara el paro y la Seguridad Social está en riesgo", ha expuesto Miguel Arias. Ocurrió en 1996, cuando el PP llegó al Gobierno central por primera vez y ha ocurrido ahora de nuevo. El problema es de raíz, ya que "el estado del bienestar no se puede financiar sin crecimiento económico y creación de empleo" y eso es algo que nunca ha entendido al PSOE, que "tira de talonario sin control alguno" e hipoteca la economía nacional.

Cambio de tendencia

Ahora, una vez pasado el peor momento, España es ya el segundo país en crecimiento de la zona euro. "Volvemos a estar donde debíamos estar", ha ratificado Miguel Arias antes de incidir en que lo peor del PSOE fue "el drama humano que nos dejaron", en referencia a las desigualdades sociales. "Los progres se han cargado el estado del bienestar", ha sentenciado.
"Los hechos están dando la razón al presidente Rajoy. Empezamos a crecer. Empezamos a crear empleo. La UE nos dice que en el año 2015 seremos el país que más crecerá del continente", manifestó. Al mismo tiempo, ha puntualizado que el PP cumplirá su programa a lo largo de la legislatura y ha llegado el momento de crecer y de bajar impuestos.

Agricultura

Respecto a la política agrícola, el que ha sido hasta hace poco ministro del ramo ha resaltado la forma de gestionar que ha demostrado el PP, "gobernando como hay que gobernar, con inteligencia, valor y firmeza". Gracias a estas pautas, se han conseguido 47.000 millones de euros en la nueva Política Agraria Común y se han obtenido porque "cuando íbamos a negociar no pensábamos en las cifras sino que había un millón de agricultores y ganaderos". "Creemos en la agricultura y en la ganadería. Nosotros lo defendemos porque lo conocemos", manifestó Miguel Arias ayer en Ordes.