O concelleiro de Medio Ambiente, Xesús Pedreira, ante o novo depósito de auga de Ordes. |
Nuns dous meses entrará en funcionamento o novo depósito financiado co Plan E
A empresa galega de obras hidráulicas Espina & Delfín pediu onte disculpas aos veciños da vila de Ordes polas molestias causadas na traída da auga corrente. Por mor das intensas chuvias deste venres, provocouse un desprendimento de terra sobre o río do que se extrae a auga ao que sumouse a intensa demanda causada pola chegada de miles de visitantes na noite dese mesmo día co gallo da IV Gala contra o Cancro.
Unha vez resoltas estas incidenciasque enturbiaron a cor da auga, Espina & Delfín quixo disculparse ante os cidadáns ordenses polas molestias causadas, non sen lebrar que en ningún caso esta incidencia afectou á potabilidade da auga corrente.
Novo depósito de 1,2 millóns de litros
O concelleiro de Sanidade, Medio Ambiente e Medio Rural, Xesús Pedreira, lembrou que co novo depósito de 1,2 millóns de litros, que servirá de intermedio para decantar partículasen suspensión, "erradicaranse os problemas de turbidez da auga que padecemos dende fai decenios". Tamén apuntou que este depósito de decantación foi levado no programa do PSOE en 2007 e financiado co último Plan E do Goberno de España. Pedreira asegura que que dentro de "aproximadamente dous meses" entrará en funcionamento.
*