Terá lugar o vindeiro 26 de novembro ás 20:30 horas no salón de actos do Museo do Traxe Juanjo Liñares
O Concello de Ordes organiza unha nova charla de saúde dentro do seu programa Venres Saudables, que nesta ocasión abordará o trastorno da fibromialxia.
A Asociación Galega de Fibromialxia colabora co Concello de Ordes nesta iniciativa e será a súa presidenta, Mª Dolores Bermúdez Vázquez, a encargada de impartir a charla o vindeiro venres día 26 de novembro ás 20.30 h no Museo do Traxe Juanjo Liñares. No coloquio tamén participará o coordinador do Centro de Saúde de Ordes, o Dr. Jacobo Laya García aportando os seus coñecementos sobre o tema a tratar.
Podes ver a reportaxe que fixo Documentos TV para La 2 sobre a fibromialxia:
A frase de Xesús Pedreira, concelleiro de Sanidade de Ordes
“O obxectivo desta charla é o de servir de guía para todas aquelas persoas que padecen fibromialxia ou teñen algunha persoa moi achegada que padece este transtorno e intentar transmitir algúns consellos, recomendacións, estratexias, que a investigación psicolóxica demostrou son eficaces para a maioría das persoas que a padecen, e que poden axudarlle a convivir con esta enfermidade e, sobre todo, a vivir mellor a pesar de ela”
*
Mostrando entradas con la etiqueta Jacobo Laya. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Jacobo Laya. Mostrar todas las entradas
domingo, 21 de noviembre de 2010
sábado, 17 de octubre de 2009
Pedreira: "As posibilidades de curar o cancro de mama dependen da precocidade no diagnóstico"
.
O Concello de Ordes conmemorará este luns o Día Nacional contra o Cancro de Mama cunha campaña informativa e preventiva sobre esta doenza que terá lugar ao longo de cinco días: do 19 ao 23 de outubro
As frases de Xesús Pedreira, concelleiro de Sanidade
Xesús Pedreira Mirás, ademais de tenente de alcalde de Ordes e concelleiro delegado de Medio Ambiente, Medio Rural e Sanidade dende maio de 2007, é Diplomado en Enfermería. É especialista en Análisis Clínicos no CHUS (Santiago de Compostela) e Presidente da Asociación Española de Enfermería (EAC). Foi presidente do Colexio de Enfermería de A Coruña, e é ademáis Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais e Experto universitario en Xestión de Residuos pola Universidade de Cádiz.
O Concello de Ordes conmemorará este luns o Día Nacional contra o Cancro de Mama cunha campaña informativa e preventiva sobre esta doenza que terá lugar ao longo de cinco días: do 19 ao 23 de outubro Colaborará coa concellería de Sanidade, Emilia Vázquez, presidenta de AECC Ordes; e Jacobo Laya, responsable do centro de saúde
O obxectivo é que os veciños e veciñas se conciencien da importancia que ten a prevención temprana desta enfermidade
Así, durante todas as mañás, entre o 19 e o 23 de outubro, o Centro de Saúde de Ordes acollerá unha mesa informativa onde se resolverán todas as dúbidas das persoas que se acheguen por esta instalación sanitaria. Ademais, o venres 23 de outubro, ás 20:30 horas, a Casa da Cultura de Ordes acollerá unha charla sobre como previr o cancro de mama. Unha charla que este ano impartirá Marcos Calvo Martínez, psicólogo do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, e que tradicionalmente é unha das que máis público reúne de cantas se celebran anualmente en Ordes. De feito, nas dúas últimas edicións o auditorio da Casa da Cultura mesmo se quedou pequeno para albergar a tantos asistentes.
Estas actividades están organizadas pola Concellería de Sanidade, en colaboración coa Asociación Española contra o Cancro (AECC) e o Centro de Saúde de Ordes. Xesús Pedreira agradece “a gran e sempre boa predisposición a colaborar neste tipo de campañas por parte da presidenta en Ordes da AECC, Emilia Vázquez Pardo, e o responsable do centro de saúde de Ordes, Jacobo Laya”.
As frases de Xesús Pedreira, concelleiro de Sanidade“O noso obxectivo con esta campaña é que os veciños e veciñas de Ordes se conciencien da importancia que ten a prevención temprana desta enfermidade”
“A detección temprana é a mellor prevención, pois o cancro de mama é unha das poucas enfermidades cancerosas que se poden diagnosticar precozmente, é dicir, antes de que se note ningún síntoma”
Xesús Pedreira Mirás, ademais de tenente de alcalde de Ordes e concelleiro delegado de Medio Ambiente, Medio Rural e Sanidade dende maio de 2007, é Diplomado en Enfermería. É especialista en Análisis Clínicos no CHUS (Santiago de Compostela) e Presidente da Asociación Española de Enfermería (EAC). Foi presidente do Colexio de Enfermería de A Coruña, e é ademáis Técnico Superior en Prevención de Riscos Laborais e Experto universitario en Xestión de Residuos pola Universidade de Cádiz.
*
Protagonistas:
Jacobo Laya,
Xesús Pedreira
lunes, 19 de enero de 2009
O Centro de Saúde convértese no único servizo de atención primaria da comarca
.
Xesús Pedreira: “Ordes consegue a máxima categoría, o que nos permitirá contar con todos os servizos posibles coma o Sintrom”
O Centro de Saúde de Ordes vén de recibir a confirmación da súa transformación en Servizo de Atención Primaria (SAP), polo que se converterá no “centro de referencia en toda a comarca de Ordes”, sinala o xefe de Servizo, Jacobo Laya. Deste xeito, o centro de saúde ordense pasa de ser unha Unidade de Atención Primaria (UAP) a converterse en Servizo de Atención Primaria, a única existente na comarca de Ordes.
Uns servizos que se sumarán a outros xa implantados, como a historia clínica informatizada, no que o centro de saúde ordense foi pioneiro na comarca de Santiago e que está permitindo mellorar a atención sanitaria dos veciños e das veciñas de Ordes.
.
Que supón ser SAP?
Esta transformación en Servizo de Atención Primaria supón que o centro ordense acadará o nivel organizativo superior de xestión, planificación e apoio fixado pola Consellería de Sanidade, de xeito que dependerá directamente da Xerencia de Atención Primaria e podería mesmo chegar a integrar a outras Unidades de Atención Primaria da comarca.
Un centro para 15.000 habitantes
O centro de saúde de Ordes ten asignada unha poboación de 15.000 habitantes. Ademais, neste centro tamén se atopa ubicado o Punto de Atención Continuada, que presta servizo de atención urxente a 25.000 habitantes dos concellos de Ordes, Tordoia, Mesía, Trazo e Frades. Ademais, no centro de saúde existen outros servizos complementarios como farmacéutica, matrona, fisioterapia e odontoloxía.
Xesús Pedreira: “Ordes consegue a máxima categoría, o que nos permitirá contar con todos os servizos posibles coma o Sintrom”
O Centro de Saúde de Ordes vén de recibir a confirmación da súa transformación en Servizo de Atención Primaria (SAP), polo que se converterá no “centro de referencia en toda a comarca de Ordes”, sinala o xefe de Servizo, Jacobo Laya. Deste xeito, o centro de saúde ordense pasa de ser unha Unidade de Atención Primaria (UAP) a converterse en Servizo de Atención Primaria, a única existente na comarca de Ordes.
Uns servizos que se sumarán a outros xa implantados, como a historia clínica informatizada, no que o centro de saúde ordense foi pioneiro na comarca de Santiago e que está permitindo mellorar a atención sanitaria dos veciños e das veciñas de Ordes.
.
Que supón ser SAP?Esta transformación en Servizo de Atención Primaria supón que o centro ordense acadará o nivel organizativo superior de xestión, planificación e apoio fixado pola Consellería de Sanidade, de xeito que dependerá directamente da Xerencia de Atención Primaria e podería mesmo chegar a integrar a outras Unidades de Atención Primaria da comarca.
Un centro para 15.000 habitantes
O centro de saúde de Ordes ten asignada unha poboación de 15.000 habitantes. Ademais, neste centro tamén se atopa ubicado o Punto de Atención Continuada, que presta servizo de atención urxente a 25.000 habitantes dos concellos de Ordes, Tordoia, Mesía, Trazo e Frades. Ademais, no centro de saúde existen outros servizos complementarios como farmacéutica, matrona, fisioterapia e odontoloxía.
*
Protagonistas:
Jacobo Laya,
Xesús Pedreira
Suscribirse a:
Entradas (Atom)