O sábado haberá un acto público na sede dos populares na que interverá o presidente de NN.XX. en Galicia, Javier Dorado
A sede do Partido Popular de Ordes acollerá o próximo sábado o acto de constitución e presentación das Novas Xeracións do Partido Popular deste municipio. Está previsto que asistan o presidente de Novas Xeracións de Galicia, Javier Dorado; o presidente local de NN.XX. de Ordes, Marcos Ferreiro; e mailo candidato do Partido Popular á alcaldía de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, nun acto que tamén contará coa presenza de militantes e simpatizantes desta formación.
A partires das 19:00 horas este sábado
O acto, que se desenvolverá a partir das 19:00 horas do sábado na sede local do Partido Popular, enmárcase na estratexia de renovación e visualización que está a desenvolver o PP local de cara a recuperar a alcaldía deste Concello nas eleccións municipais do vindeiro 22 de maio.
A directiva de Novas Xeracións de Ordes estará presidida por Marcos Ferreiro Penas (Mesía, 1987) con José Antonio Liste Cores como vicepresidente. Aitor Noya Martínez actuará como secretario xeral e Rocío Vázquez Sueiro como tesoureira.
*