miércoles, 27 de abril de 2011

Curso de xestión laboral e tributaria para autónomos e desempregados

O obxectivo é familiarizar aos participantes coas obrigas fiscais e laborais básicas

O Concello de Ordes celebrará un curso dirixido a autónomos e desempregados. Nesta ocasión trátase dun curso sobre xestión laboral e tributaria básica. A duración do mesmo será de 120 horas, dando comenzo as clases o 9 de maio ata o 20 de xuño.

Tal e como explicaron dende Concello, os obxectivos do curso serán proporcionar unha visión global das obrigas laborais ás que debe facer fronte o pequeno empresario; familiarizar ao participante cos tipos de contratos e nóminas; proporcionar unha visión global das obrigas fiscais ás que debe facer fronte o pequeno empresario e familiarizar ao participante cos modelos e formularios.

Inscricións ata o 2 de maio
No curso, que será totalmente gratuíto, poderán participar un total de 14 persoas. Os que estean interesados en participar poden recibir máis información, así como inscribirse na Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Ordes, situada no 2º andar da Casa Consistorial, ou ben chamando aos teléfonos 981680002/ 981680157. O prazo para inscribirse estará aberto ata o vindeiro 2 de maio.

*